VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

DA GRECIA ANTIGA: Período CRETENSE
O período CRETENSE tamén chamado Minoico, polo coñecido personaxe da mitoloxía, o rei Minos e o terrible Minotauro.

Un texto moi interesante para completar o mito de Teseo e o Minotauro o de Jorge Luis Borges titulado "La Casa de Asterión" que foi inspirado por un cadro de George F. Watts sobre o Minotauro.

Comezamos pola mitoloxía para logo derivar na arqueoloxía da illa de Creta e do Palacio de Cnossos, a súa capital. O palacio do "Labris". Poucas pasaxes escritas sobre a Creta Minoica teñen tal poder de seducción como o capítulo primeiro (polo de agora ler só este capítulo) dun bo libro para achegarse á Historia dos Gregos, o que Indro Montanelli dedicou a Minos.

Outras curiosidades sobre Minos de interese poden ser saber algo sobre o seu filo Androxeo ou coñecer a famosa historia de Dédalo e Ícaro ou mesmo chegar a coñecer como morre este personaxe que posiblemente sexa tan só unha ficción mitolóxica.




Un vídeo tamén ben realizado sobre este período e no que fala da caída da civilización cretense:
Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 30-09-2009 21:42
# Ligazón permanente a este artigo
DA GRECIA ANTIGA: Período CICLÁDICO
Períodos da Historia da GRECIA ANTIGA


Despois de establecer dous grandes apartados no noso traballo coa Historia da Grecia Antiga. A liña divisoria quedamos que era o 800 a. C. aproximadamente, é dicir, o momento cando comezan as Olímpíadas (776 a. C.)e todo un proceso de transformación que vai dar paso á GRECIA CLÁSICA, berce da cultura occidental.
Imos falar da CIVILIZACIÓN CICLÁDICA ( 3200 a. C. ao 1500 a.C.)


A imaxe das deusas brancas á unha das máis representativas da arte das Illas Cícladas que logo vai a evolucionar co asentamento en Creta da Cultura Minoica.


O períodoCICLÁDICO (Idade de Bronce)
é anterior pois ao CRETENSE OU MINOICO.



Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 29-09-2009 21:46
# Ligazón permanente a este artigo
LUCTOR ET EMERGO e O ESPÍRITO OLÍMPICO
O lema deste curso xira ao redor da autoestima, e o lema do noso centro " Luctor et emergo" é claramente unha máxima que incide neste valor. Como facemos todos os cursos, comezamos o curso 2009/2010 traballando sobre este tema. Iremos á Grecia Clásica, cara Olimpia e o espírito co que alí se fundaron uns xogos onde a autoestima dos atletas brillaba a cada catro anos para orgullo dunha civilización como a grega que aportará á cultura occidental unha parte substancial da súa universalidade.

UNIDADE 0 LUCTOR ET EMERGO
?AUDE SAPERE ET CRESCES? Intenta aprender e medrarás

1-Na procura do espírito Olímpico antigo:
Todos os heroes son portadores dunha grande autoestima, a suma dun autocoñecemento, dunha autoaceptación e autovaloración evidentes. Pero por riba deles están os deuses quen ben son os que confían neles ou os que lles impoñen difíciles empresas, aventuras que deben superar.

Imos comprobar se o espírito olímpico na antigüidade e na modernidade ten algo que ver co noso lema ?Luctor et emergo?. Tamén imos comprobar as diferenzas e as semellanzas que existen entre o ideal olímpico antigo das primeiras olimpíadas ( que comezaron no 776 a. de Cristo) e o moderno instituído polo barón de Coubertin (que se poñen en funcionamento no ano 1896 en Atenas, despois dun intento frustrado de restauración a mediados do século XIX).

I-PRIMEIRA CUESTIÓN: A primeira descuberta que debes procurar saber é en que consistía o espírito ou o ideal das Olimpíadas que se prolongaron por un período aproximado de 1000 anos, dende polo menos o ano 776 a.C ( algúns din que dende o ano 884 a.C.) ata o 392 d. C.
Para dar unha resposta axeitada deberás redactar un texto definindo ese espírito olímpico comparándoo coa máxima ?Luctor et emergo? despois de visualizar o seguinte documental
www.Tu.tv
:
II- SEGUNDA CUESTIÓN: O espírito das Olimpíadas modernas conserva algún dos elementos do ideal das Olimpíadas antigas.Cales son?
III- TERCEIRA CUESTIÓN: Consulta que significa, a súa orixe e que opinas do lema ?ALTIUS, CITIUS, FORTIUS?

2-Historia de Pélope epónimo de Peloponeso:
Un dos mitos da fundación das Olimpíadas é o que nos narra a vida de Pélope, epónimo do Peloponeso. O Peloponeso é unha península ( nome que vén de paene insula ?case unha illa?) de feito o Peloponeso significa literalmente ?a illa/península de Pélope?.
Antes de resumir os principais feitos da vida de Pélope, debes realizar unha breve investigación xeográfica.
IV- CUARTA CUESTIÓN: Localiza nun mapa os lugares máis importantes que va a aparecer neste mito. Peloponeso, Élide, Olimpia, Pisa, ? (Debes saber que tanto os nomes de lugares como dos personaxes mitolóxicos (moi lonxe do que acontece cos contos) son un trazo distintivo da mitoloxía da que tamén debes saber xa que sempre che vai falar dun tempo remoto e impreciso, dun pasado indefinido,un mito nunca dará referencias temporais precisas).

V-QUINTA CUESTIÓN: Resume a Historia de Pélope e a súa relación co nacemento dos Xogos Olímpicos.

3- A Xeografía da Grecia Antiga:
VI-SEXTA CUESTIÓN: Como contaban o paso do tempo os gregos da Antigüidade?
Debemos deternos por un momento para observar cal era a xeografía da Grecia Antiga. Os lugares nos que iremos desenvolvendo por unha banda os principais feitos das distintas etapas da súa historia e onde iremos situando os lugares que se citan nos mitos gregos máis importantes que ides coñecer.
VII-SÉPTIMA CUESTIÓN: Realiza un mapa da GRECIA ANTIGA e sitúa nela os seguintes nomes: a península do Peloponeso, a rexión da Elide,as cidades de Olimpia, Atenas, Esparta ou a illa de Creta

4- O meu nome ten historia:
VIII-OITAVA CUESTIÓN: Antes de seguir adiante imos realizar unha actividade de autocoñecemento curiosa. Imos saber algo máis sobre o noso propio nome, a súa orixe, procedencia e significado. Cantos nomes de orixe grega hai na clase? Cal é o motivo de que algúns dos nomes da clase sexan gregos?
IX- NOVENA CUESTIÓN: Que outras procedencias son máis comúns nos nomes da clase? Cales son os motivos?

5-Etapas da Historia de Grecia Antiga:



Como podes comprobar a data das primeiras olimpíadas o 776 a.C. marca un antes e un despois na historia da Grecia Antiga. Poderíamos entón falar de dous grandes momentos: A GRECIA DE ANTES DAS OLIMPÍADAS e A GRECIA POSTERIOR AO COMEZO DAS OLIMPÍADAS.
X-DÉCIMA CUESTIÓN: Realiza agora un esquema da etapas da historia da Grecia Antiga.

CICLÁDICO (Idade de Bronce)
CRETENSE OU MINOICO (2600/1500 a.C.)
MICÉNICA ou AQUEA (1700/ 1200 a.C.)
IDADE ESCURA OU DORIA (1100/800 a.C.)

ÉPOCA ARCAICA (776/ 490 a.C.)
ÉPOCA CLÁSICA (490/ 336 a.C.)
ÉPOCA HELENÍSTICA (336/ 31 a.C.)
ÉPOCA ROMANA (31 a.C./ 476 d.C.)


Asocia agora cada un dos períodos anteriores a cada un dos distintos pasos de EVOLUCIÓN DA LINGUA:
Dialectos mediterráneos
Lineal A (non grego)
Lineal B (grego silábico)
Perda da escrita
Alfabeto grego
Dialectalismos
Koiné (grego común)
Expansión do latín, pero o grego lingua de cultura.


6- A Historia da lingua grega
Realizaremos agora unha breve reflexión sobre o nacemento dun dos grandes inventos da Humanidade: o alfabeto.
XI- ONCENA CUESTIÓN: Como se inventou o alfabeto? Cales son as etapas previas polas que pasa a evolución da comunicación escrita ata chegar ao alfabeto?
XII-DUODÉCIMA CUESTIÓN: Aprende o alfabeto grego. Escribe o teu nome coas letras gregas.





7- A Grecia anterior ao 800 a.C.:
Camiñaremos da man da Mitoloxía e da Historia para saber máis sobre os comezos da Grecia Antiga. Fagamos pois unha breve, pero necesaria reflexión sobre as diferenzas entre a Mitoloxía e a Historia, e mesmo a Literatura.


Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 20-09-2009 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0