Esta segunda etapa da República prodúcese como consecuencia de conformarse en Roma unha crecente sociedade escravista consecuencia directa das Conquistas fóra de Italia (a primeira das cales e, moi importante, será provocada polas Guerras Púnicas)
Roma, tras estas guerras, atopouse en poucos anos con moita riqueza, pero, en vez de distribuila, esa riqueza foi parar ás clases privilexiadas, terras e escravos para os terratenentes (agrupados no partido da nobilitas )o que provocou a ruína dos pequenos agricultores de toda Italia que se procuraron a vida na capital colapsada por indixentes.
Os tribuni da plebe e outros sectores progresistas (o partido do pobo) comezaron entón a reclamar o reparto de terras equitativo. Os seus contrarios poderosos puxéronse en acción matando primeiro a Tiberio Graco no ano 133 a.C. e dez anos máis tarde a Caio Graco, seu irmán, que tamén intentaba poñer en marcha leis de reparto máis xusto.
Comeza así a Crise da República, caracterizada entre outras cousas pola ambición de poder e os asasinatos políticos.
1ª AVALIACIÓN:
Mapa da Grecia antiga
Olimpíadas. ( Como eran que diferenzas coas modernas)
Do CAOS a ZEUS, pai dos deuses e dos homes.
Etapas da Historia da Grecia Antiga.
Concepto de Indoeuropeo
O invento da escritura ata o Alfabeto grego
O Minotauro
Os mitos da creación do Home. Prometeo.
Galicia país dos mortos.
Homero e a guerra de Troia.
2ª AVALIACiÓN:
Que sabemos de Troia.
A Ilíada: héroes e acontecementos.
A Odisea.
De Troia a Roma (Eneas).
As orixes do Teatro
Traxedia e Comedia
As Troianas de Eurípides.
As Asambleístas de Aristófanes.
Mundo Castrexo
Pegadas da Romanización.
Para os que canten a versión lusófona da cantiga (a música é a mesma) poden usar estoutra:
Felicitates tibi "parabens para ti" in hac die cara. "nesta data querida" Multas felicitates, "moitas felicidades" multos annos vitae "moitos anos de vida"
Hodie dies festum est, " Hoxe é día de festa" nostrae animae canant "cantan as nosa almas" ad puellula / ad puerulum "para a meniña ou meniño
.......... (dise o nome d@ que cumpre anos) unham copiosam palmam! "unha salva de palmas"
(Plaudite) (aplaudide!)
A continuación traducimos tamén este artigo ao galego tirado da páxina Hortus Hesperidum, para coñecer algo máis sobre as festas do Genius Natalis.
CUESTIÓN: Debes investigar que son todas conceptos que están en negriña no texto que segue:
O dies natalis é o día no que un naceu, é o aniversario. Considárabase xa entre os romanos o día contando desde a medianoite ata a seguinte medianoite, así deixou escrito Varrón citado en Aulo Gelio III, cap 2:
No seu libro sobre as cousas humanas no apartado dos días, Marco Varrón di: ?dise que os homes que naceron nas vintecatro horas, dende unha medianoite ata a próxima medianoite, naceron nese mesmo día.
Celebrábanse con festas privadas (vid. Festo, sub voce privatae feriae) os aniversarios do nacemento sobre todo o do chamado pater familias. Estes días considerados como felices, favorables, propicios ' (dies candidus),Tibulo I, VII, 63:
Pero ti, día do aniversario, que debes ser celebrado moitos anos
máis propicio, unha e outra vez máis propicio, vén
As festas consistían en festíns, e ofrendas de viño, flores, incenso, leite,...aos lares, ao Genius Natalis do home e a Iuno Natalis da mujer. Tíbulo en Carmina II, 2 narra así a ofrenda ao Genius e a solicitude do que cumpre anos:
Digamos palabras de bo augurio: achégase o Aniversario ao seus altares,
Todo o que asista, home e muller, garde silencio
Que se queime piadoso incenso nas lareiras, que se queimen os perfumes
que dende a súa rica terra envía o refinado árabe.
Que veña o Xenio mesmo a contemplar as súas honras,
cuxa sagrada cabeleira engalanen delicadas grilandas.
As súas vidallas zumeguen de nardo puro
e quede saciado co seu manxar e embébase de viño,
e, che propicie, Cornuto, calquera cousa que pedises.
Ea, pois ¿a que esperas? Que si di el: pídelle.
Intúoo, desexarás o fiel amor da túa esposa:
agora creo que isto os mesmos deuses o saben de previamente,
e non preferirías para ti todo o que no mundo enteiro
ara o robusto labrador co seu forte boi,
nin para ti é a variedade de perlas que nas Indias felices
se crían, por onde a onda do mar oriental faise de púrpura.
Os teus desexos cúmprense: oxalá batendo as súas ás voe xunto a ti
e traia as súas cadeas para vosa unión Amor,
cadeas, que perduren por sempre, incluso cando a torpe vellez
marque as súas enrugas e branquexe os cabelos.
Veñas aquí Natalis e xa avós lles deas netos
para que unha grea infantil xogue ante os vosos pes.
Os cidadáns romanos levaban vestidos novos de cor branca e poñíanse o annulus natalitius, o anel do nacemento. Persio Sat I, v 15:
Así é, repeiteado e con toga recente e brillante, en fin coa natalicia ágata, ...
Tamén se chamaba así o anel regalado ao patrón polos clientes ou amigos polo seu aniversario, que nas comedias de Plauto soluciona algúns enredos ao permitir o recoñecemento de personaxes, como vemos en Gorgojo, V, 2,26:
Ther:Por Xúpiter! É o que che regalei polo teu aniversario. Coñézoo tan ben coma min mesmo. Ola irmá!
Plan: Ola meu irmán!
Podemos asistir os preparativos da festa en Plauto Pseudolus. Acto I, escena II. Balión ordena aos escravos arranxar a casa para que reluza, que dispoñan os leitos e fagan brillar a prata, que todo estea limpo e perfumado...
pois hoxe é o día do meu aniversario e todos debedes festexalo. Xamón, lacón, touciño, chourizo, pon ti a cocer. Escoitáchesme? Quero agasallar opiparamente a uns grandes personaxes, para que crean que son rico.
Despois da ordes tamén ás súas cortesás
que sobre a miña casa caia unha chuvia de agasallo procedentes dos vosos amantes tedes que procurar. Pois se hoxe a despensa de provisións para un ano non queda chea, mañá os convertereinas en mulleres da rúa. Que hoxe é o día do meu aniversario.
Era habitual que os amigos se fixesen agasallos, como aneis, pendentes, vestidos, dedicánranse libros, poemas, etc... Mesmo había quen para recibir regalos simulaban cumprilos varias veces, así lemos en Marcial:
Para pedir un regalo e esixilo, Clito, naces oito veces nun só ano e creo que só consideras que non son o teu aniversario tres ou catro calendas.
Como vemos os costumes mantense nos nosos días, fanse festas con familiares e amigos, estréase roupa, recébense regalos, pídense desexos , pero... e a torta de aniversario? Quizá estea relacionada cos pasteis redondos rodeados de velas que se ofrecían á deusa Ártemis Munychia no porto de Atenas, o Pireo o 16 do mes de Munychion, aniversario da batalla de Salamina, porque nesa noite a lúa chea iluminou completamente o mar.
Mediante festas públicas celebrábanse os aniversarios da fundación dos templos, da fundación de Roma, dos emperadores. O calendario de Philocalo recolle o aniversario de dezaoito emperadores: Augusto, Vespasiano, Tito, Nerva, Traxano...
Hoxe é un bo día para comezar a estudar o paso da Monarquía á República en Roma.
SPQR, non significa San Pedro Quere Rosquillas, senón o Senatus PopulusQue Romanum ( o Senado e mais o Pobo de Roma).
Foi efectivamente o Senado quen asumiu tras a expulsión do último Rei de Roma e dos Etruscos o poder efectivo na cidade que acababa de derrotar a unha civilización, a Etrusca, que en boa medida era parte do seu ser. Roma non era só a capital do Lacio, a zona central de Italia, viña de facerse dona dunha boa parte do norte da Península.
Os senadores, ese consello de anciáns, determinaraon escoller para gobernarse aos magistrati, cargos políticos e militares que tiñan unha duración limitada: 1 ano case todos eles, e eran cargos colexiados, é dicir, que o desempeñaban dúas ou máis persoas á vez.
Tamén repartiron os poderes nos distintos cargos dos maxistrados que non cobraban eran o cursus honorum.
Cargos CUM IMPERIUM ( os máis importantes e aos que se accedía despois de pasar polos outros de menor importancia) eran:
Consules (político-militar) Praetores (xudicial)
Estes eran escollidos nos Comitia Centuriata.
Os cargos SINE IMPERIO son: Aediles (goberno do municipio) Quaestores (administración da facenda.
Estes eran escollidos nos Comitia Tributa.
Uns cargos especiais serían os Censores (que duraban 5 anos por ser os que nese período comprobaban os recursos económicos para elaborar o padrón de votantes ou censo). Escollidos entre os ex-consules, é dicir, entre os patricios.
As dúas etapas nas que se adoita dividir a República Romana, que durou do 509 ata o 27 a.C., son:
-Loita pola equiparación de dereitos patricio-plebea. Ao pouco de proclamada a República os Plebeos inician unha longa carreira pola obteción de dereitos políticos dos que estaban exentos.Comezou no ano 494 cunha Folga xeral. Os plebeos marchan ao monte Sacro ameazando aos patricios con segregarse de Roma. A cidade quedou colapsada e os patricios acordaron que os plebeos tivesen uns maxistrado spropios os "tribuni plebis" con dereito a veto sobre calquera actuación do Senado e dos outros maxistrados que serían escollidos nos "concilia plebis", unha asemblea só de plebeos.Tampouco serían feitos escravos polo impago das débedas. No 451 a reivindicación lévase ao terreo das leis, solicitan os plebeos que estas sexan escritas para evitar malas interpretacións que favorezan as irregularidades. O código de leis coñecido como "Lei das XII Táboas". Unha das leis inxustas era a de non poder casar entre patricios e plebeos, este dereito foi aprobado no 440. Finalmente os plebeos mellor situados economicamente foron accedendo a cargos políticos tradicionalmente nas mans dos patricios. No ano 342 por vez primeira dous plebeos foron cónsules. A equiparación de dereitos estará plenamente conquerida no 287 cando o Senado recoñece forza de lei ás decisións das asambleas da plebe e mesmo admite que prevalezan sobre as súas decisións. Os patricios e os plebeos ricos vanse entender xa e situación das clases sociais en Roma está xa cambiado o que vai derivar na segunda etapa a da crise que coincide no tempo co comezo das conquistas romanas fóra de Italia, outro factor desestabilizador da sociedade da gens, esta que caracteriza tanto monarquía como á primeira etapa da república.
- Crise da república(comezo da expansión de Roma fóra de Italia).
A primeira etapa da Historia a denominada monarquía romana que navega entre capítulos pseudomitolóxicos e lendarios como o referido a Rómulo e Remo , por exemplo, ou ao Rapto da Sabinas. Pero debemso saber que en realidade hai unha diferenza substancial entre as clases existentes na primeira Roma fundada por pastores, posiblemente os patricios á beira do río Tíber e aproveitando as importantes rutas comerciais que facían do lugar un lugar estratéxico de interese onde se asentan tamén novos poboadores, posiblemente os plebeos. Os patricios contan con todos os dereitos políticos fornte aos plebeos que aínda que son considerados habitantes da cidade están desprovistos de dereitos políticos. Son os patricios os que gobernan e escollen ao rex. O rei que acaparaba todos os poderes o civil, o xudicial, o militar e o relixioso na súa persoa tiña carácter vitalicio e era escollido nunha asemblea só de patricios chamada "comitia curiata", deixándose aconsellar de cando en vez polos máis vellos e experimentados patricios, un consello de anciáns denominado Senatus ( senex en latín significa vello.
Do 753 ao 509 a.C. din que houbo 7 reis en Roma, catro de linaxe albano-sabina e tres de orixe etrusca.
Esta historia como vén sabedes comeza en Troia e coa viaxe de Eneas
Esquema que imos seguir para desenvolver a Historia de Roma
Como podedes comprobar no apartado de IDUS E KALENDAS situamos a morte de Xulio César nos idus de marzo como introducción inicia ao achegamento á historia de Roma. Pregunta básica: Por que mataron a César? provoca unha reflexión sobre a historia romana centrándonos no momento álxido da crise da República no ano 44 a.C. Esta historia que agora ides reelaborar, tentará por unha banda lembrar a división tradicional da historia de Roma estudada en cursos anteriores aquilo de: MONARQUÍA, REPÚBLICA e IMPERIO, para acto seguido poñer en cuestión esta visión divindindo este período da Historia da Antiga non por sistemas de goberno, senon polo verdadeiro motor da historia, a socio-economía, é dicir, Roma pasou da sociedade da GENS (onde a linaxe era fundamental para a estrutura social de Roma)á sociedade dos SERVI (isto é ESCRAVISTA) pois vai ser o "servus", o escravo, o motor desta etapa (un de cada tres habitantes de Roma será un escravo).
O noso camiño seguirá os seguintes pasos:
- A fundación de Roma: Rómulo e Remo.
- A monarquía romana: Reis latino-sabinos e reis etruscos.Entre a lenda e a historia (753 a.C. a 509 a.C.)
- Ampliación:Os etruscos e Roma.
-SPQR: A república romana versus monarquía (o Senado, os maxistrados e o Populus ou asembleas para votar).
- Un proceso de democratización interno (loita pola igualdade de dereitos patricio-plebea 495 a.C.-287 a.C.)
- As guerras de defensa en Italia e as guerras Púnicas, de conquista no Mediterráneo Occidental (do 509 a.C ata o 146 a.C.) e finalmente expansión cara o Mediterráneo Oriental.
- A Crise da República:Trazos e protagonistas da mesma (133 a.C.- 31 a.C.) .Lembraremos nomes como os Escipións, Tiberio e Caio Graco, Mario e Sila, Cicerón e Catilina,Espartaco, Craso, Pompeio e, como non, a César, mesmo Marco Antonio, Cleopatra, Lépido e o que logo vai ser o emperador Octavio Augusto.
- Xulio César momentos e ditos da súa vida.
- A expansión do Imperio.
- Os doce primeiros Césares.
- A crise e a caída do Imperio no ano 476 d.C.