O grupo Balbo do IES Sto. Domingo do Puerto de Sta María de Cádiz, realizaron a representación destas dúas obras o pasado día 10 de marzo en Lugo no Festival de Teatro Grecolatino 2009. Un grupo de 22 alumn@s do Colexio San Narciso acudiron e gozaron co espectáculo ben realizado deste grupo experimentado que a cada catro anos vai sufrindo, como recoñecía o seu director antes de comezar a representación de Antígona, unha remodelación lóxica e necesaria.
A súa Antígona presentaba unha introdución onde se presentaban os momentos previos á traxedia o enfrontamento entre Eteocles e Polinices e a súa morte. Para pasar logo ao texto da traxedia de Sófocles. Os coros aínda que recortados e comprimidos en extensión estaban moi ben traballados e lograban non ser nin monótonos , nin pesados para un público pouco paciente e experto en teatro clásico. Resultaban chamativos xogos de voces, aínda que resulte realmente complexo lograr meter na trama de cheo a espectadores tan heteroxéneos e pouco formados. de todos os xeitos a Antígona faltáballe forza e había un certo desequilibrio entre ela e o Creón moito máis acabado. Este foi baixo o meu punto de vista un dos principais obstáculos á hora de conseguir meterse ao público de cheo no bolso.
Cousa distinta foi a comedia, que xa pola temática resulta máis próxima e viva. Hai que dicir que a clave do gran éxito que acadou foi o feito de que os actores saíron a divertirse volcados co público que respondeu á invitación do grupo. E aínda que os argumentos e máximas da comedia non son nada complexos, pouco profundos, e a posta en escena era a esperable o que realmente agradeceu o espectador, tanto o non cultivado como o xa sabido, foi o traballo de personaxes como o do Filólaques e o logrado acabado que se traía a escena, tanto é así que mesmo o esperable e habilidoso personaxe do escravo Tranión, que é sen dúbida un protagonista , víase relegado ao papel de coprotagonista co do seu amo mozo. En xeral é de destacar pois a rotunda pericia á hora de actualizar con referencias ao presente o texto orixinal, sen recargar, pero ben situadas para gañar ao público sempre a carón das vellas e universais claves do humor plautino ben dosificadas e postas en escena.
As continuas entradas e saídas por entre o público deulle vigor, lonxe de cansar ao espectador que parecía estar esperando unha sorpresa pois a entrega do conxunto dos personaxes e o traballo actoral caricaturizando tanto os máis importantes como os de menor transcendencia para a trama lograron sen dúbidas un éxito na representación.
Categoría: 4ºB 08/09 - Publicado o 12-03-2009 06:31
Domus
A Domus: e a vivenda romana por excelencia pola oposición a Casa.
Polas diferentes características a domus pode clasificarse en tres clases distintas:
? A Casa señorial (tipo pompeyano): vivenda particular,ocupada normalmente por un solo propietario e a sua famila.
? A insula: vivendas de varios pisos construidas para albergar certo número de familias diferentes
? A Villa: casa situada no campo e que podía estar dedicada o recreo, en cuxo caso considerase unha villa urbana ou ben, ademáis de servir para descansar, serve tamén como explotación agrícola o gandeira, denominándose entón villa rústica
As vivendas romanas sufriron con especial dureza o paso dos séculos. As cidades,como organismos vivos, vanse renovando co paso dos anos e isto afecta os seus edificios. Non ten nada de especial polo tanto que hayamos conservado poucos exemplos de casas romanas ata o descubrimento de Pompeya no século XVIII. En efecto,Pompeya y Herculano deixáronnós os mellores exemplos de tipo de vivenda romana predominante nesa zona no cambio de era. Grazas a estes descubrimentos arqueolóxicos e outros posteriores en diversos ámbitos do Imperio, estamos agora en condicións de estudar e coñecer mellor cómo vivían os romanos.
Mostellaria, comedia de contrapunto de personaxes porque normalmente hai dous personaxes que son case opostos, mostrarei alguns exemplos que o afirmen:
? Escafa e Delfia contrapunto de Filemacia
? Tranión contrapunto de Grumión: Escravos os dous, pero un é mais sensato que o outro (as súas personalidades son completamente opostas).
? Fanisco contrapunto de Pinacio: Un é un escravo respectuoso e moi sensato mentres que o outro non é máis ca un parásito
? Filólaques e Calidámates: O primeiro namorouse dunha escrava e, aínda que lle gustaba a festa non estaba así en tódalas situación (pois algunas veces era máis serio) pero Calidámates sae como borracho, coma soldado roñento?
Jessica
Categoría: 4ºB 08/09 - Publicado o 12-03-2009 05:50