VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

As sereas de Ulises
Un pequeno traballo de investigación vainos levar ante as sereas de Ulises.



Despois de visionar a película da Odisea hai unha aventura que nesta versión non aparece e que é, a pesares de non recollela neste guión, unha das máis coñecidas da Odisea. No libro de Homero son apenas unhas liñas, pero estes seres mitolóxicos tiveron un eco enorme e son hoxe moi populares, aínda que, como axiña descubriredes alguén cambiou o conto.

1- Localiza o texto onde se fala das sereas na Odisea e fai un resumo coas túas palabras desta aventura de Ulises.
2- Busca información de cal era a súa orixe e o seu aspecto.
3- Procura localiza varias imaxes da grecia antiga que representen ás sereas de Ulises.
4- Despois de realizar esta investigación sobre as sereas de Ulises en Homero, que diferenzas e semellanzas atopas coas sereas que ti coñecías por outros relatos?
5- Como cres que se produciron estes cambios tan rechamantes?
Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2013-14 - Publicado o 20-02-2014 06:44
# Ligazón permanente a este artigo
Os primeiros amores de Zeus
Os primeiros amores de Zeus tiveron lugar con Titánides.

A primeira relación que tivo o deus olímpico, considerado polos seus irmáns pai dos deuses por ser o seu liberador do ventre paterno de Cronos, foi Metis, a deusa da prudencia, esa calidade que Zeus tentará integrar na súa cabeza tragándose á titánide ao saber que estaba enbarazada e temendo que nacese un fillo máis poderoso ca el. Quen naceu precisamente da súa cabeza, como xa sabemos, foi Atenea (Minerva para os romanos)deusa da intelixencia.

A segunda relación que tivo Zeus foi cunha titánide chamada Temis, a deusa da xustiza divina, outra das calidades que pretende encarnar como deus supremo. Temis era a irmá maior de Cronos e con ela vai ter as denominadas Horas, asentadas sobre a cabeza de Zeus, eran Eunomia (Ευνομια, ?boa orde? é dicir da lei)Dice (Δικη, ?xusticia? era deusa da xustiza moral dos humanos) e Irene (Ειρήνη, ?paz?). Tamén tivo outras tres temidas fillas, ás Moiras (Parcas en latín)que son Cloto (Κλωθώ, ?fiandeira?) fiaba o fío da vida,Láquesis (Λάχεσις, ?a que bota a sortes?) medía coa súa vara a lonxitude do fio da vida e Átropos (Ἄτροπος, ?inexorable? ou ?inevitable?, literalmente ?que non xira?,ás veces chamada Aisa) era quen cortaba o fio da vida. O mesmo Zeus estaba submetido aos caprichosos designios da Moiras fiandeiras.

Coa oceánide Eurínome(a do bo goberno) vai ter ás tres Cárites ou Gracias (Eufrosine, Talia e Aglaia).

O número tres é un número que por veces se triplica así ocorreu coas nove noites que Zeus pasou coa Titánide (filla de Urano e Xea) Mnemósine, deusa da memoria, da que naceron as nove Musas:
Calíope (Καλλιόπη, ?a de belo rostro?) da elocuencia e poesía épica.
Clío (Κλειώ, ?a que celebra?)da historia
Erato (Ἐρατώ, ?amorosa?)da poesía lírica.
Euterpe (Ευτέρπη, ?deleite?)da música.
Melpómene (Μελπομένη, ?cantar?)da traxedia.
Polimnia (Πολυμνία, ?moitos himnos?)poesía sacra.
Talía (θάλλεω, ?florecer?)da comedia.
Terpsícore (Τερψιχόρη, ?deleite da danza?).
Urania (Ουρανία, ?celestial?) da astronomía.

Comentarios (0) - Categoría: AMORES DE ZEUS - Publicado o 17-02-2014 07:04
# Ligazón permanente a este artigo
DE REGRESOS DE TROIA
Tras da caída de Troia na épica grega, en Homero e noutros relatos mitolóxicos teñen gran presenza os regresos da guerra entre gregos e troianos. O regreso de Agamenón e de cada un dos heroes que remataron vivos a contenda, mesmo de Helena e de Menelao. Unha gran parte dos relatos mitolóxicos axiña van ser obsecto de diversas versións que logo servirán para darlle pulo aun novo xénero que vai nacer na Grecia Arcaica, pero que se desenvolverá plenamente na Clásica. Falamos do Teatro.

Mais antes de ir na procura das orixes deste xénero e das creacións máis espectaculares dos autores gregos debemos rematar esta parte do curso dedicada á Épica traballando con dúas obras universalmente coñecidas e de gran repercusión na literatura posterior. Referímonos á Odisea de Homero que fala do dilatado regreso de Ulises a Ítaca e, por outra banda, a Eneida do autor latino Virxilio que relata a fuxida do heroe troiano Eneas na procura dunha nova terra onde asentarse. Esta última obra vainos levar ás orixes de Roma, outra das cidades clásicas por excelencia.


CUESTIÓNS

1- Vaiamos logo informándonos da razón pola que Odiseo non chegará ao seu reino canda os outros caudillos gregos. Quen ocasiona o seu retraso? Por que motivo?

2- Quen é Eneas? Con quen foxe de Troia? a quen deixa atrás antes de escapar?

3- Enumera as aventuras de Odiseo antes de residir na illa de Calipso e que son narradas poe el mesmo estando no país dos Feacios. Consulta os cantos VIII ao XII da Odisea.

4- Eneas atópase con Dido en Cartago. Onde está situada? Que acontece neste encontro e como remata?

5- A primeira parte da Odisea transcorre en Ítaca, quen a protagoniza? Prociura redactar o teu propio resumo destes primeiros cantos.

Un enlace coa Película da "Odisea"

Finalmente un poema do século XX do poeta grego Kavafis titulado Ítaca:

Comentarios (0) - Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 04-02-2014 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0