VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

TESEO E O MINOTAURO

Cóntase que en Creta reinaba Asterión quen casara con Europa despois de ser raptada (baixo a forma dun touro branco) e seducida por Zeus. Asterión adoptou aos seus tres fillos do deus e de Europa: Minos, Sarpedón e Radamantis. Á morte de Asterión, minos dixo aos seus irmáns que os deuses desexaban o seu mandato sobe a illa e que o demostrarían concedéndolle o que solicitase. Foi cando Poseidón, atendendo ás suplicas de Minos enviou como sinal un magnífico touro saído do mar, que debería ser sacrificado por Minos en canto fose proclamado rei. Mais o rei non sacrificou ao animal por conservar a súa raza entreos seus rabaños. A vinganza do deus non se fixo esperar.
1-De quen vén sendo fillo o Minotauro?Da raíña de Creta, Pasifae, esposa do rei Minos e dun touro sagrado enviado por Poseidón, que debería ser sacrificado polo rei como agradecemento ao deus do mar. O castigo por non cumprir o prometido foi que a raiña concebise unha paixón polo animal que rematou co nacemento dun monstro con cabeza de touro e corpo de home ao cal chamaron Asterión. Axiña foi encerrado nun labirinto obra do ateniense Dédalo.
2-De quen vén sendo filla Ariadna?De Minos e Pasifae, que tiveron varios fillos máis, entre eles Androxeo, quen logo morrerá en Atenas.
3-Onde naceu Teseo e cando parte cara Atenas?
Naceu en Trecén e parte cara Atenas, cando move a rocha onde o seu pai deixara unha espada para el. O motivo da partida é coñecer ao seu pai Exeo, rei de Atenas que acudira a Trecén coa intención de ter un fillo. Mais en Atenas agora gobernaba desposado coa meiga Medea.
4-Que principais fazañas realiza Teseo antes de chegar a Atenas?Matar os asasinos e os monstros dos camiños para que foran máis seguros. Son as aventuras do heroe que aparecen na ilustración. Lembra a lectura da aula: Sinis o asasiño dos piñeiros, Procustes o qu asasiñba nun leito viaxeiros. Perifetes ao que se enfronta cunha maza. Tamén está a Porca salvaxe de Cromión e Escirón quen arroxaba dende un cantil as súas vítimas cando ían lavarlle os pes, e logo no mar eran devorados por unha tartaruga xigante.
5-Como foi recoñecido polo seu pai?Pola espada e as sandalias que levaba, que era o que puxera o rei Exeo debaixo da rocha. No momnto en que o recoñece pola espada impide que beba un veleno mesturado co viño que Medea lle ofrecera para desfacerse del.
6-Que ocorre con Medea?
Cando se entera de que Teseo é aceptado polo seu pai, Medea dí un conxuro e desaparece antes de que Teseo poida facer nada. Durante moito tempo resoan no palacio as imprecacións da maga. Pero Exeo e o seu fillo nos lles conceden moita importancia.
7-Por que tiñan que ir os atenienses a Creta?Nun combate contra un touro en Atenas, Androgeo, fillo do rei de Creta morreu e seu pai, Minos, acusou á cidade de Atenas de ser responsábel da morte do seu fillo e esixíu que lle enviasen durante nove anos un tributo de sete homes e sete mulleres para lle servir de alimento ao Minotauro.
8-Como logra Teseo matar ao Minotauro?Ariadna sostén na entrada do labirinto un nobelo de fío de ouro.Teseo colle un extremo do fío, entra no labirinto, e mata ao Minotauro dándolle un terrible. Finalmente, Teseo sae do labirinto guiado polo fío de ouro que Ariadna sostén a saída. Ariadna parte con Teseo pois esa fora a promesa do heroe.
9-Casa Teseo con Ariadna?Non, Teseo abandona a Ariadna nunha praia da illa de Naxos, mentres durmía. Ariadna logo será liberada polo deus Dionisos.
10-Como se chama o pai de Teseo? Por que morre no mar que leva o seu nome? Exeo.Teseo esqueceuse cambiar as velas negras polas brancas da vitoria sobre o monstro como prometera. As velas negras eran sinal de infortunio. Cando Exeo viu as velas negras pensou que o seu fillo fora derrotado e lanzouse dende os cantís e morreu afogado no mar que agora leva o seu nome.

CARLA LAVANDEIRA.
Categoría: 4º A 07/08 - Publicado o 27-02-2008 06:53
# Ligazón permanente a este artigo
LUPERCALIA
As festas "lupercales" en Roma eran unhas festas que se celebraban o día 15 de febreiro, desterradas polo Papa Vixilio no século VI e substituílas pola Candelaria, que é unha festa da purificacion da Virxe María. O seu nome deriva de lupus (lobo) e hircus (macho cabrío ou animal impuro). Foron instituídas por Evandro o arcadio en honor de Pan liceo (tamén chamado fauno luperco, o que protexía o lobo, e protexía contra Februo ou tamén Plutón).


As festas en honor do fauno Luperco, que se celebraban o 15 de febreiro reciben o nome de lupercalia porque se celebraban no lupercal, unha gruta no monte Palatino onde, segundo a lenda, Luperca, a loba que amamantou aos xemelgos fillos de Marte, tiña a súa guarida.

Sobre o significado das lupercales, algúns autores clásicos poñen o acento no cariz purificador da festividade, mentres que outros fano sobre a aportacion da fertilidade.

Os lupercos eran elixidos anualmente e tiñan a súa sede en Lupercal. A tradición conta que foi instituída por Rómulo e Remo. Segundo Plutarco, ao principio os seus membros eran pastores aínda que, posteriormente, elexíanse entre as familias máis importantes da cidade. Estaban divididos en dúas seccións: Luperci fabiani e Luperci quinctiliani. Ao frente de cada división atopábase un magister.


En canto á orixe destas festas, era unha opinión moi estendida en Roma que proviña de épocas prefundacionais, e se remontaba á chegada dos arcadios. Para outros tratábase dunha festa puramente romana, instituída polos xemelgos ao permitirlles seu avó Numitor que fundasen outra cidade no lugar onde foron abandonados. Tras sacrificar unhas cabras, acoden correndo, cubertos coas peles das vítimas ata aquel lugar.

Seguindo a Plutarco e a Ovidio podemos estruturar así o ritual das lupercales:

1º. Un sacrificio animal dunha cabra, un can ou un macho cabrío na entrada do lupercal. Está presidido polo Flamen Dialis, quen só preside, xa que lle está vedado tocar ditos animais. Asisten tamén as vestais, que preparan a mola salsa á que Ovido chama februa. Ao concluír o sacrificio presentábanse diante do altar dous xoves aos que o sacerdote manchaba na súa fronte co sangue do animal, momento no que os unxidos debian rir.

2º. Namentres os lupercos, dedolan as cabras sacrificadas e cortan as peles en tiras longas, coas que cada un se confecciona un taparrabos e un látigo e inician unha carreira polo Palatino na que dan latigazos a toda persoa que se cruce con eles. As mulleres ofrecense voluntariamente a ser golpeadas nas maos ou nas costas, xa que se cree que os latigazos axudaban a concebir e dar á luz facilmente.

3º. Un banquete coa carne da vítima entre os membros do colexio sacerdotal puña fin á ceremonia pública do sacrificio.


Este acto de purificacion comezou no reinado de Romulo e Remo, cando as mulleres romanas se fixeron estériles. Despois de consultar o oráculo da deusa Xuno, no bosque Esquilo, esta responde: ? Nais do Lacio, que vos fecunde un macho cabrio peludo? e esta é a razón pola que os lupercos van uncidos en sangue de animais con peles, golpeando e golpeando cun látigo coma se fose un membro viril.

Para as mulleres este rito aumentaba a súa fertilidade póndolles as carnes de color de púrpura. Esta cor representaba ás prostitutas da época, en especial, ás que exercian a prostitución sagrada cos lupercos na Ara máxima, tamén chamadas lupas ou lobas.

A cristianización da festa
Co paso do tempo, o papa Xelasio I prohibiu e condenou, no ano 494, a celebración pagá das lupercales. Quixo cristianizar esta festividade e a substituíu polo 14 de febreiro, data na cal morreu martirizado un cristiano chamado Valentín.

As lupercalia tornaronse pois nunha procesión de candeas pedindo, en cánticos e letanías a mesma protección contra a morte e a fertilidade que procuraba o fauno Luperco. A pesar de todo, esta procesión das candeas desterrou o rito pagán con maior eficacia que todas as prohibicións anteriores.


Das lupercalia puidera asemellarse hoxe a tradición do entroido galego característico de Xinzo de Limia, Laza e Verín, onde os cigarróns ou peliqueiros azoutan á xente con débiles fustas de coiro, con cencerros en honor ós pastores dos cales o fauno Luperco era deus, e golpeando con vexegas de porco inchadas.



Estela Portela Pousada
Categoría: 4º B 07/08 - Publicado o 21-02-2008 06:50
# Ligazón permanente a este artigo
O MEU CALENDARIO TEN 13 MESES
O orixinal calendario romano, introducido cara o século VII a.C., tiña 10 meses con 304 días nun ano que comezaba en marzo. Dous meses mais, xaneiro e febreiro, foron engadidos posteriormente no século VII a.C., pero como os meses tiñan soamente 29 ou 30 días de duración, había que intercalar un mes extra aproximadamente cada segundo ano. Os días do mes eran designados polo incómodo método de contar cara atrás a partir de tres datas: as calendas, os primeiros do mes; os idus, ou mediados de mes, que caían o día 13 de certos meses e o día 15 de outros; e as nonas, ou o noveno día antes dos idus. O calendario romano fíxose enormemente confuso cando os funcionarios que tiñan encomendada a adición de días e meses abusaron da súa autoridade para alongar os seus cargos ou para adelantar ou retrasar eleccións.
Os meses quedarían así: januarius (29 días), februarius (28), martius (31), aprilis (29), maius (31), junius (29), quintilis (31), sextilis (29), september (29), october (31), november (29) y december (29). Non existen meses cun número de días par porque se consideraban de mal agoiro, agás febreiro, e por esa mesma razón o ano ten 355 días, no lugar dos 354 do ciclo luar. En febreiro celebrábanse as februales; unhas festas de purificación e apaciguamento dos mortos nos que se realizaban diversos sacrificios.

Como este ano era demasiado curto cada dous anos engadíase un mes de 22 ou 23 días (mercedinus, ou mercedonius). Este mes intercalábase entre o 23 e o 24 de febreiro, e os catro días que quedaban de febreiro considerábanse incluidos en mercedinus.
Os calendarios lunares baséanse no curso das fases lunares, constan de 12 meses de 29 ou 30 días: 354 días.
RECAMÁN SIMES, Yaiza
Categoría: IDUS ET KALENDAS - Publicado o 21-02-2008 06:43
# Ligazón permanente a este artigo
O ENTERRO DA SARDIÑA de MARÍN

Centos de persoas participaron no "Enterro da Sardiña" que recorreu as rúas Jaime Janer, Bastarreche, Exército e Mariña e Praza de España onde se leu a letanía ou ladaíña.O desfile abríanno os estandartes e os restos da Sardiña seguidos da tradicional Banda do Enterro. Autoridades e veciños, que con anterioridade acudiron ó velorio instalado no palco da música da Alameda, acompañaron despois ó féretro ata o paseo marítimo onde foi votado ó mar entre inmesos choros de dor. Trala morte da Sardiña, Marín pon fin ó entroido.

Cada quen faino como pode, como sabe ou como manda a tradición, pero cada vila ten o seu costume para despedir o entroido. Hainos con forma de animais e de figuras ou sen ningunha relación paarente nin simbólica nin de proximidade. O Meco en Santiago e Lugo, a Parrocha en Coruña, o Felipe en Ribeira, o Ravachol en Pontevedra e, máis común, a sardiña en numerosas localidades. Todos actos simbólicos e rituais para poñer colofón e punto e final a cinco días de escarnio, comparsas e celebración. Agora tempo de cuaresma.

?Sardiñas? por todos os sitios

A máis común e tradicional forma de despedir o entroido son os numerosos "enterros da sardiña" que encheron de lumeiras e de cor a despedida do Entroido. As sátiras e as críticas sociais foron os predominantes e en cada cidade e localidade houbo tamén un repaso aos temas de actualidade municipal. Por exemplo, na Coruña a parrocha foi enterrada no mar (desde a praia de Riazor) mentres que o deus Momo. En Santiago, queimaron o Meco que estivo na fachada do Pazo de Bendaña durante o tempo no que duraron os festextos. E de capital a outra, a Ourense, onde as viúvas do entroido enxoitaron o seu pranto cun cocido que se reparteu na alameda ourensá.

aLEXANDRE rODRÍGUEZ mOREIRA
Categoría: 4º B 07/08 - Publicado o 17-02-2008 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
A PALABRA ENTROIDO
Tamén chamado Antroido, Introido, Entruido, Entrudo, Entrudio (por ser a entrada á Cuaresma)

As orixes das palabras que denominan a esta festa son: o termo "Carne Vale" (é dicir "o adeus á carne"), do que despois derivou a palabra "Carnaval"; ó termo "Introitum" (que significa "a entrada á Coresma!) do que vén a palabra "Entroido" ou "Antroido".

O entroido fai referencia a unha época de "carne" , tomando o sentido literal da palabra. O Entroido quere significar, dende sempre, a volta ó mundo do revés, a subversión, a ruptura das convencións sociais e o cambio de roles. As características comúns destes días son o comer, beber e cantar, rirse do máis sagrado, é dicir , as cousas que non se fan habitualmente.

En sentido relixioso trátase do triunfo de "don Carnal" sobre "dona Coresma", que reinará nos seguintes corenta días, ata a celebración do Xoves Santo. Pero o Entroido foi deixando pouco a pouco o seu sentido relixioso como festa preparatoria da Coresma para converterse nun acontecemento cheo de xolda e desenfreo.

As denominacións destas festas na maior parte de Europa teñen este sentido orixinal: desde o "Carne Vale" (Adeus á carne") ó "Introitum" co significado de entrada á Coresma, todos os calificativos para o Entroido fan referencia a que esta é unha época de carne (no sentido literal e no metafórico da Igrexa): "Carnal" na Idade Media, "Canestoltes" en Cataluña, "Carnestollendas" (de "carne" e "tolere", "levar a carne"). Carnisprivium, Canelevamen e formas semellantes en Francia, "darrers dies" (de carne) en Baleares...
O entroido é desde sempre a subversión, a volta ó mundo do revés, a ruptura das convencións sociais e o cambio de roles. O comer, beber e cantar ata rachar, o rirse do máis sagrado... todas son características comúns destes días.

A festa recibe en galego os nomes de entroido, antroido, intruido, entruido, entrudo e entroiro. Todos estes vocábulos teñen a súa orixe no termo latino introitus, co significado de entrada ou comezo. Daquela, o étimo fai referencia a un significado da festa como entrada ou comezo nunha nova estación -a primavera-, independentemente de que a súa apropiación por parte do cristianismo nos faga pensar na entrada na Coresma -sendo preciso, polo tanto, despedirse da carne-.
No noso idioma é admisible tamén a voz carnaval, con dous posibles étimos distintos. Para uns este termo procede do vocábulo italiano carnevale, e este, á súa vez, da expresión antiga carne levare -sacar a carne-. Para outros, a súa orixe está na expresión latina carrus navalis, ou sexa, unha carroza decorada que posiblemente saíse en desfile durante estas datas. Dunha ou doutra maneira, non cabe dúbida de que calquera das dúas acepcións fai referencia a elementos asociados ao carnaval actual.

Outras interpretacións
Pero a finais do século XX varios autores comezaron a sospeitar a orixe pagá do nome. Carna é a Deusa Celta das fabas e o toucino. Tamén estaría conectada con festas indoeuropeas, dedicadas ao Deus Karna (que no Mahabharatá aparece como un ser humano, irmán maior dos Pándavas, fillo do deus Sol e a raíña Kuntí). Algunhas personas creen que a palabra carnaval fai referencia a unha suposta antiga tradición pagá na que se ofrecía carne ao deus Baal (carna-baal) nunha festa onde todo o vale.

Nerea Pazos Janeiro e Bruno Pazos Martínez
Categoría: 4º B 07/08 - Publicado o 17-02-2008 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
AS FESTAS DIONISÍACAS

Entre os gregos antigos, as festas de Dionysos (Baco para os romanos) inscríbense no calendario agrícola xa que celebran os poderes da terra, a auga, o sangue e o esperma.
De igual modo simbolizan os excesos de vitalidade nas súas epifanías animais, convertido en touro, león ou macho cabrío.
Desde a época antiga, en Atenas celebrábanse catro festas en honra ao deus.
As dionisíacas dos campos tiñan lugar en decembro cando un cortexo paseaba en procesión un enorme falo acompañado por bailes e cancións.
Os festexos incluían competencias de destreza (especialmente en tomar viño), mascaradas e desfiles de personaxes disfrazados de animais.
A mediados do inverno celebrábanse as Leneas, entre febreiro e marzo celebrábanse as Antesterias e en marzo-abril as "Grandes Dionisíacas" onde se abrían as tinajas con viño da colleita anterior para ofrecer libacións ao deus e logo probábase o viño novo.
A euforia e a embriaguez anticipaba a aparición do deus na cidade e festexaba a renovación da vida.
Como se supuña que o deus viña do mar, a procesión incluía unha carroza en forma de barco "carrus navalis" sobre a que ía un Dionysos rodeado de acios de uvas e dúas sátiros que tocaban a frauta. Non faltaba o touro sacrificial.
A basilinna (esposa do rei da cidade) subía ao carro e alí desposábase co deus. Agora formábase un novo cortexo que se dirixía cara ao boukeleion, lugar sacro parecido a un cortello, onde o deus e a raíña consumaban a hierogamia.
É probable que esta unión simbolizase o matrimonio do deus coa cidade. Os tres días das Antesterias eran nefastos xa que retornaban os espíritos dos mortos e con eles as kéres, espíritos maléficos.
As Bacantes de Eurípides dános testemuño do frenesí que se apoderaba das mulleres durante as festas dionisíacas.
Os ritos celebrábanse de noite, lonxe das cidades, mediante o sacrificio de vítimas por descuartizamiento, comía a carne crúa dos animais que representaban as distintas epifanías do deus, aleitaban cervatos, derramaban leite e sangue na terra.
Que entre estas liberdades figura tamén a liberación con respecto ás prohibicións, regulacións e os convencionalismos de orde ética e social, parece certo, e iso explicaría, en parte, a adhesión masiva das mulleres" (MIRCEA ELIADE, Historia das crenzas e das ideas relixiosas, Edicións Cristiandad, Madrid, 1978, p.381
Ritos con participación de máscaras teriomorfas, falofaria, sacrificios de sangue, omofagia, antropofagia, evidencian, no mundo grego, o residuo ancestral das culturas prehistóricas, definitivamente incorporadas, xa que non deixaron de crear novos valores nas culturas que recibiron este legado.

Aroa Pousa Entenza
Categoría: 4º B 07/08 - Publicado o 17-02-2008 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
O ENTERRO DA SARDIÑA EN MARÍN
Co enterro da sardiña pechouse o ciclo de Don Carnal e comeza a abstinencia. Atrás quedan os días de exceso e risos e por diante ábrese o tempo de xaxún que, no santoral católico, precede á Semana Santa. O primeiro enterro data de 1981 e participaron unicamente os Enterradores, unha comparsa de Marín (Xarangallo Mangallo) e mentras desfilaban, integráronse de forma imprevista, un grupo de Abelendo que máis tarde chamaríanse Renovación. Actualmente o enterro da sardiña en Marín consiste en ler unha pasaxe e despois facer un desfile aberto por uns estandartes, unha corte fúnebre de penitentes e os restos da sardiña seguidos da tradicional Banda do Enterro. Autoridades e veciños, qe anteriormente acudiron ao velatorio instalado no palco da alameda, acompañan despois ao féretro ata o paseo marítimo onde o arroxan ao mar entre inmensos berros de dor. Trala morte da sardiña, Marín pon fin ao entroido.

Salomé Cerviño Rosales
Categoría: 4º A 07/08 - Publicado o 17-02-2008 09:14
# Ligazón permanente a este artigo
O ENTROIDO GALEGO
AS ORIXES E OS RITOS DO ENTROIDO

O Entroido é celebrado en toda Europa dende épocas descoñecidas. Non se sabe con certeza a súa orixe, algúns pensan que vén da tradición celta, outros afirman cós comezos desta festa, pódense atopar na adoración a Baco ou Dionisos .

Coa chegada do cristianismo, moitas das festas pagás, que eran antigamente celebradas foron tomadas e cristianizadas. Deste xeito, esta celebración que tiña posiblemente o seu significado na despedida dos longos e duros días do inverno, mesturouse coa despedida da carne antes do período de abstinencia da Coresma que comeza no día mércores de Cinza (é dicir corenta días antes do domingo de Ramos).

As orixes das palabras que denominan a esta festa son: o termo "Carne Vale" (é dicir "o adeus á carne"), do que despois derivou a palabra "Carnaval"; ó termo "Introitum" (que significa "a entrada á Coresma!) do que vén a palabra "Entroido" ou "Antroido".

O entroido fai referencia a unha época de "carne" , tomando o sentido literal da palabra. O Entroido quere significar, dende sempre, a volta ó mundo do revés, a subversión, a ruptura das convencións sociais e o cambio de roles. As características comúns destes días son o comer, beber e cantar, rirse do máis sagrado, é dicir , as cousas que non se fan habitualmente.

En sentido relixioso trátase do triunfo de "don Carnal" sobre "dona Coresma", que reinará nos seguintes corenta días, ata a celebración do Xoves Santo. Pero o Entroido foi deixando pouco a pouco o seu sentido relixioso como festa preparatoria da Coresma para converterse nun acontecemento cheo de xolda e desenfreo.

O Entroido subsiste debido a que é unha festa que invita á participación de todos, sen prexuízos nin distincións. O anonimato que proporcionan as máscaras e os disfraces é un dos seus principais atractivos, pois permítelle á xente facer máis cousas que ó acostumado.

A FESTA DO ENTROIDO EN GALICIA

En Galicia o Entroido celébrase dende sempre. Existen manifestacións dunha moi fonda tradición e que aínda perduran hoxe, especialmente na provincia de Ourense, e nalgunhas partes de Lugo, mesturando esas tradicións ancestrais con outros elementos máis novos.

Entre os chamados "ritos de grupo" (a súa orixe e significado é descoñecida) pódense citar:

Os Cigarróns que son personaxes enmascarados e adornados (coma en Verín), as Pantallas que amolan ós viandantes con dúas vexigas cheas de aire (moi común no Entroido de Xinzo da Limia) , os distintos Peliqueiros (coma en Laza), personaxes que se distinguen pola súa animalización: non falan, levan chocas coma os animais, zorregan á xente e levántanlle a saia ás mulleres. Animais como pode ser unha vaca, o burro ou o galo, xa sexa reais ou simulados simbolizan o Entroido en si e interveñen na festa, ben para ser burlados e escarmentados, ben para actuar activamente facendo falcatruadas; os Correos, que van pola veciñanza ofrecendo cós Xenerais "canten" a cada unha das casas a cambio dunha doazón, os Xenerais, vistosamente disfrazados con sombreiros, medallas e fitas que lembran de xeito choqueiro os uniformes do século XIX. Nalgunhas das parroquias realízanse tamén encontros ou "saltos" entre os xenerais, facendo un repaso satírico da vida cotiá.

Os disfraces no medio rural sempre foron moi variados, a súa simbolización é a da volta ó mundo do revés... Por iso hai homes vestidos de mulleres e mulleres vestidas de homes, de curas ou monxas... Moitas veces os que non tiñan disfrace, vestíanse coa roupa do lado do revés.

No Entroido todo está permitido. Son moi comúns os discursos coma os testamentos, os chamados arranques ou as coplas, que son sátiras da realidade e de feitos sucedidos durante o ano, incluíndo ós referidos ós veciños e ás institucións públicas.

Dende o século XIX, comezou a celebrarse nos liceos de cidades e vilas un entroido máis burgués, con disfraces e bailes máis elaborados. Xa no século XX, e durante a época da guerra e da posguerra o entroido foi perseguido, polo que algunhas das tradicións perdéronse. Pero, dende os anos 70 deu comezou un proceso de recuperación destas tradicións máis ancestrais, tanto nas aldeas coma nas cidades; nestas ultimas con desfiles, concursos e disfraces nas rúas acompañados con música.

Pero o que sempre primou do Entroido, e o espírito de crítica contra todo, e a posibilidade de dicir esas cousas con ton de sátira.

A COMIDA NO ENTROIDO

Dentro da filosofía do Entroido está a de comer e beber ata o límite. En Galicia a comida sempre foi un elemento fundamental, sendo as máis tradicionais as filloas, a cachucha,a androlla, a bica, as orellas ou tamén outros doces. Os chourizos, o lacón con grelos ou o caldo que son consumidos en masa e son ideais para estas datas do inverno.

OS PERIODOS DA ESMORGA

Domingo Fareleiro ou Borrallento: Coincide co domingo de septuaxésima, e nesta da é costume que os veciños se manchen uns ós outros con "borralla" ou "farelo", a fariña de peor calidade.

Xoves de Compadres: Neste día realízase unha tradicional pelexa entre sexos. As mozas fabrican un boneco ou varios bonecos que representan os homes e tentan queimalo, mentres os mozos loitan por llo roubar.

Domingo Corredoiro ou Oleiro: Nesta data realízanse celebracións moi diferentes segundo os lugares. Tradicionalmente era cando se facía a corrida do galo; en Laza lánzanse formigas enriba da xente e faise a farrapada, loita con farrapos enchoupados en lama ou esterco. Na Praza Maior de Xinzo celébrase o xogo das olas, en que os participantes se pasan olas de barro, e a aquel que a rompa debe pagar unha rolda.

Xoves de Comadres: Ó revés do de Compadres, son os homes os que fan un ou varios bonecos con feitura de muller e son estas quen loitan por llelo sacar.

Domingo de Entroido: Comeza a festa maior.

Martes de Entroido: En moitos lugares celébranse os "Testamentos" do Entroido e entérrase a representación da festa.

Mércores de Cinza: É a data na que todo remata, e a escolleita en moitas vilas e aldeas para enterra-la sardiña

Destácanse o Entroido de Verín, Laza, Xinzo da Limia, Manzaneda, Maceda, Viana, Sarreaus, Vilariño de Conxo, Ulla, etc.

Dentro do Entroido urbano, pódese nomear ó da cidade de Pontevedra que se remonta ó ano 1877, cando, pola iniciativa da familia Muruais foi organizada unha grande representación da batalla entre o Rei Urco, que viña tomar a cidade e Teucro, mítico fundador e defensor da mesma. A batalla, realizada con armas de pan, rematou coa sinatura da paz e un desfile pola cidade. Desde entón, o Entroido foi celebrado ata os anos da prohibición. Pero a festa volveu ás rúas no ano 1984.

Na cidade da Coruña, o Entroido conta cunha tradición que vén xa desde o século XIX, con celebracións na rúa e a representacións do "Apropósito", esperpéntica obra de teatro que anualmente repasaba a actualidade en clave satírica mesturando personaxes reais e míticos.

Na cidade de Ourense, a pesar de ser un Entroido urbano, mantense moitas características propias da celebración tradicional galega. Así, na Cidade das Burgas, na súa Praza Maior son celebrados os "Xoves de Comadres" e os "Xoves.


Enrique Gonzalo Martín e Conchi Pérez Blanco




Categoría: 4º A 07/08 - Publicado o 17-02-2008 09:02
# Ligazón permanente a este artigo
FESTAS LUPERCAIS
A festa das Lupercais (en latín lupercalia) era unha festa que se celebraba ante diem XV Kalendas Martias, que equivale ao 15 de febreiro. As Festas Lupercais eran, na antiga Roma e foron desterradas polo Papa Vixilio no século VI ao substituílas pola candelaria.
O seu nome deriva supostamente de lupus (lobo, animal que representa a Fauno Luperco) e hircus (macho cabrío, un animal impuro). Foron instituidas por Evandro o arcadio en honor de Pan Liceo (tamén chamado Fauno Luperco, o que protexía ao lobo, e protexía contra Februo, ou tamén Plutón).Un corpo especial de sacerdotes, os Lupercos ou Luperci (Sodales Luperci ou amigos do lobo) eran elixidos anualmente entre os cidadáns máis ilustres da cidade que debían ser na súa orixe adolescentes que sobrevivían da caza e o merodeo no bosque durante o tempo da seu iniciación na idade adulta, o que por aquel entón era un tempo sagrado e transitorio en que se comportaban como lobos humanos. Reuníanse o 15 de febreiro na recentemente atopada gruta do Lupercal (máis tarde chamada Ruminal en honor a Rómulo e Remo) no monte Palatino. Segundo a tradición foi neste lugar onde Fauno Luperco, tomando a forma dunha loba, aleitara os xemelgos Rómulo e Remo, e en cuxo honor se facía a festa. A tradición conta que alí había unha figueira cuxas raíces detiveran a cesta en cuxo interior se atoparan os xemelgos Rómulo e Remo. Baixo a sombra desta venerable figueira, a Ruminalis, celebraban o sacrificio dun can e dun macho cabrío, animais que eran considerados impuros. Despois tocábase a fronte dos luperci co coitelo tinguido co sangue da cabra e a continuación borrábase a mancha cun mechón impregnado en leite do mesmo animal. Este era o momento en que os lupercos prorrumpían nunha gargallada de ritual. Logo cortaban a pel dos animais sacrificados en tiras, chamadas februa, que xunto coa deidade sabina Februo, e o sobrenome de Xuno, Februalis (a que purifica), son os posibles candidatos a darlle nome ao mes de Febreiro. Con este aspecto e case espidos, só tapados cunhas tiras de coiro, saían ao redor do monte Palatino onde golpeaban a todos os que atopaban ao seu paso. O ser azoutado polas tiras de coiro dos luperci equivalía a un acto de purificación, e era chamado februatio.Este acto de purificación comezou no reinado de Rómulo e Remo, cando as mulleres romanas se fixeron estériles. Logo de consultar o oráculo da deusa Xuno, no bosque Esquilo, esta responde: "Nais do Lacio, que vos fecunde un macho cabrío peludo". E é esta a razón pola que os luperci van espidos uncidos en sangue de animais impuros (coma se viñesen de caza) con peles de lobo, golpeando co látigo como se fose un membro viril.Para as mulleres, este rito aumentaba a súa fertilidade poñéndolle as carnes de cor púrpura. Esta cor representaba as prostitutas da época, en particular as que exercían a prostitución sagrada cos lupercos no Ara Máxima, tamén chamadas lupas ou lobas. Desta cor vestiu Helena de Troia para ofender o seu marido Menelao, que como todos os reis da época, trataban como unha escrava ás súas mulleres.(Hoxe en día é cor do feminismo).Esta celebración adoptouna o emperador Xustiniano I no imperio de Oriente o ano 542, como remedio para unha peste que xa abordelara Exipto e Constantinopla e ameazaba o resto do imperio.

A cristianización da festa
Co paso do tempo o Papa Xelasio I prohibiu e condenou, no ano 494, a celebración pagana das Lupercais. Quixo cristianizar esta festividade e substituílo polo 14 de febreiro, data na cal morreu martirizado un cristián chamado Valentín, no ano 270 d.C. As lupercais trocáronse pois nunha procesión de candeas pedindo, en cánticos e letanías, a mesma protección contra a morte e a fertilidade que procuraba Fauno Luperco, agora elevada a esperanzas dunha vida e saúde moito máis alta. Malia todo, esta procesión das candeas desterrou o rito pagano moito máis efectivamente que todas as prohibicións anteriores. Esta celebración uniuse máis tarde á liturxia da Presentación, pola referencia que Simeón fai, no seu canto, a Cristo como "luz das nacións", asociada aos cirios, antorchas e candeas acendidas nas mans dos fieis. O 2 de febreiro cumpríanse corenta días desde que, na época de San Ambrosio, se fixa o 25 de decembro como data do nacemento de Xesús, tamén para desterrar o festexo pagano do culto ao Sol.

As Lupercais e o Entroido galego.
Das lupercais procede hoxe a tradición do carnaval galego característico de Xinzo de Limia, Laza e Verín, onde os cigarróns, pantallas ou peliqueiros azoutan á xente con débiles fustas de coiro, con chocas en honor aos pastores dos que Fauno Luperco era deus, e golpeando con tripas de porco inchadas coa man.
Segundo outros autores a orixe do entroido está nas Lupercais romanas que se celebraban 14 días antes das kalendas de marzo. Conta a lenda que atopándose Rómulo no monte do capitolio, cerca da cova Lunaria onde fora amamantado por unha loba, decatouse de que se lle perdera o gando que estaba pacendo. Desesperado, pediulle axuda ó deus fauno Luperco, protector das reses e da fertilidade. Despois de ofrecerlle un sacrificio, o deus ordenoulle correr espido na súa procura polo monte abaixo. Así Rómulo deu con el, e coa soa axuda dun pequeno látego de coiro, voltou a reunir o gando suficiente para continuar fundando o primeiro imperio de occidente. Esta é a orixe das festas Lupercais, que co paso dos séculos convertéronse nunha grandísima celebración orxiástica na que participaba todo o pobo o 15 de febreiro. O folión principiaba cando os mozos baixaban correndo do Capitolio batendo na xente cunha badana. As similitudes entre os mozos romanos e os peliqueiros lázanos é clara, sobre todo tendo en conta a forte romanización que afectou á Gallaecia. Os peliqueiros conservan a pelica que antes era de gato e agora é sintética para cubrirse. A súas máscaras, dende tempos inmemoriais que se remontan á dominación romana, están vencelladas ós animais totémicos que coinciden cos sacrificados nas festas das Lupercais: os cánidos (lobo, raposa ou can) e os cápridos (cabra,año ou carneiro).

Alba Moreira Martínez
para saber algo máis sobre FEBREIRO
Categoría: 4º A 07/08 - Publicado o 17-02-2008 08:31
# Ligazón permanente a este artigo
SOBRE A PALABRA ENTROIDO E CARNAVAL
1-Entroido ou carnaval

A palabra "entroido" ou "antroido" deriva do latín introitus, que significa "entrada" ou "comezo" facendo referencia á preparación da primavera e do rexurdimento da vexetación. Na zona norte de Galiza emprégase antroido, como no antroido ribadense, mentres que no sur é máis frecuente entroido. A palabra aparece citada desde o século XIII. O antroido coñécese tamén como carnaval (vid. infra), que tamén é un termo galego, ou co francés de mardi gras, "martes graxo" ou da graxa (touciño). Nalgúns países onde o entroido desapareceu por presión eclesiástica ou policial, cando foi recuperado utilizouse o termo carnaval (así no Brasil).

4-Orixe da palabra carnaval

A palabra vén do italiano carnevale, que ten como orixe segundo a maioría dos etimoloxistas modernos o latín vulgar carne-levare, que significaba "abandonar a carne" (o cal xustamente era a prescrición obrigatoria para todo o pobo durante todos os venres da Coresma). Noutras zonas, como en Cataluña ou España as denominacións populares de carnestoltes ou carnestolendas, respectivamente, parecen indicar que esta é a opción etimolóxica máis sensata (do latín tolere, retirar).

Posteriormente xurdiu outra etimoloxía manexada no ámbito popular: a palabra italiana carnevale significaría que durante a época do carnaval a "carne vale", ou sexa que se pode comer. Tamén se propón outra etimoloxía sen fundamento que provén da expresión latina carrus navalis, ou sexa unha carroza decorada que posiblemente saíse en desfile durante estas datas.

Pero a fins do século XX varios autores comezaron a sospeitar a orixe pagá do nome. Carna é a deusa celta das fabas e o touciño. Tamén estaría conectada con festas indoeuropeas, dedicadas ao deus Karna (que no Mahabhárata aparece como un ser humano, irmán maior dos Pándavas, fillo do deus do Sol e a raíña Kuntí). Algunhas personas creen que a palabra carnaval fai referencia a unha suposta antiga tradición pagá na que se ofrecía carne ao deus Baal (carna-baal) nunha festa onde todo o vale.

Chantal Apuzzo Dopazo e Lucía Baez Bustillo







Categoría: 4º A 07/08 - Publicado o 17-02-2008 07:59
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0