Comezamos pola mitoloxía para logo derivar na arqueoloxía da illa de Creta e do Palacio de Cnossos, a súa capital. O palacio do "Labris". Poucas pasaxes escritas sobre a Creta Minoica teñen tal poder de seducción como o capítulo primeiro (polo de agora ler só este capítulo) dun bo libro para achegarse á Historia dos Gregos, o que Indro Montanelli dedicou a Minos.
Outras curiosidades sobre Minos de interese poden ser saber algo sobre o seu filo Androxeo ou coñecer a famosa historia de Dédalo e Ícaro ou mesmo chegar a coñecer como morre este personaxe que posiblemente sexa tan só unha ficción mitolóxica.