VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Período CICLÁDICO
Comezaremos por unha visión global do mundo grego

:

Despois de establecer dous grandes apartados no noso traballo coa Historia da Grecia Antiga. A liña divisoria quedamos que era o 800 a. C. aproximadamente, é dicir, o momento cando comezan as Olímpíadas (776 a. C.)e todo un proceso de transformación que vai dar paso á GRECIA CLÁSICA, berce da cultura occidental.
Imos falar da CIVILIZACIÓN CICLÁDICA ( 3200 a. C. ao 1500 a.C.)


A imaxe das deusas brancas á unha das máis representativas da arte das Illas Cícladas que logo vai a evolucionar co asentamento en Creta da Cultura Minoica.


O período CICLÁDICO (Idade de Bronce)
é anterior pois ao CRETENSE OU MINOICO.

Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 30-11-2010 07:08
# Ligazón permanente a este artigo
As Probas de outono no Magosto
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 29-11-2010 06:09
# Ligazón permanente a este artigo
Mitos e violencia de xénero
É frecuente na mitoloxía atoparse con relatos cargados de machismo e mesmo moitos dos denominados amores de Zeus en gran medida son produto dunha concepción das relacións onde a violencia exercida por Zeus vese como "natural" e "lóxica" por habitual e non cuestionada na época.

Són unha das relacións que se nos narran, en parte, ten un final distinto. É o mito de Sinope.

Sinope é o nome que leva a mesma cidade no Ponto Euxino. Filla do deus-río Asopo, outros din que á filla de Ares e de Exina. Zeus namorara dela e xurara concederlle o que quixese. A moza pediulle entón que a respectase, que desexaba pernacecer virxe, cousa que Zeus contan que concedeu polo amor que lle tiña, imposibilitando tdo tipo de relación con ningún mortal e co propio Apolo que máis tarde a raptou con intención de forzala.
Comentarios (0) - Categoría: NON SÓ FIARON LÁ - Publicado o 24-11-2010 23:30
# Ligazón permanente a este artigo
ETAPAS DA HISTORIA DA HÉLADE ANTIGA
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 24-11-2010 21:57
# Ligazón permanente a este artigo
A MORTE DE CLAUDIO
COMO MORREU CLAUDIO, O EMPERADOR?

Como estamos en novembro e co tema da morte, para situar o tema en Roma e na Antigüidade Clásica imos ver como morreu Claudio nunha versión da BBC que utilizou como guión a magnífica obra de Robert Graves: Eu Claudio. Este autor do século XX basea a súa historia en documentos da época como o famoso libro de Suetonio sobre a Vida dos Doce Césares de Roma.

UNHA MORTE IMPERIAL

Tiberio Claudio morreu no ano 54 d.C. un 13 de outubro.

C. SUETONIO TRANQUILLI é un historiador romano do século primeiro. Na súa célebre "DE VITA DUODECIM CAESARUM" (A vida dos doce Césares) elabora unha biografía ben documentada e contrastada coas diversas opinións que sobre a vida dos primeiros emperadores romanos (contando entre eles ao propio Xulio César)circulaban por Roma.

Sobre a morte de Tiberio Claudio o que el denomina o DIVUS CLAUDIUS escribe:

Quidam tradunt epulanti in arce cum sacerdotibus per Halotum spadonem praegustatorem; alii domestico convivio per ipsam Agrippinam, quae boletum medicatum avidissimo ciborum talium optulerat.Etiam de subsequentibus diversa fama est. Multi statim hausto veneno obmutuisse aiunt excruciatumque doloribus nocte tota defecisse prope lucem.

(Suetonio, De vita duodecim Caesarum- Divus Claudius 44).


"Aseguran algúns que foi o eunuco Haloto, catador dos seus alimentos, cando asistía a unha comida cos sacerdotes na fortaleza; outros din que foi a propia Agripina que nunha comida en palacio ofreceulle unha seta envelenada, a Claudio tipo de manxar do que tiña grande avideza.Circulan tamén diversas versións sobre os acontecementos posteriores. Moitos opinan que ao instante perdeu a fala pola queimante acción do veleno e con grandes dores atormentado durante toda a noite, morreu ao mencer."








Claudio nos dous anacos de vídeo que ides ver aparece no primeiro xa vello e sen folgos... é por iso que explica ao seu fillo Británico o problema da súa herdanza. Claudio desexa que permaneza vivo e espape dos perigos que lle rodean en Roma, sobre todo se Claudio morre.
O segundo vídeo comeza esta parte final da obra nun diálogo entre Británico, fillo de Claudio e Narciso,un amigo, ante o cadáver do emperador. Británico corre gran perigo pois a segunda esposa de Claudio, Agripina, nai de Nerón, fará o imposible para que sexa o seu fillo quen goberne en Roma.










CUESTIÓNS PARA DESPOIS DE VER OS DOUS VÍDEOS:

Que perigos axexaban a Claudio e a Británico en Roma?

Como se chaman os personaxes que aparecen no final do primeiro vídeo? Que relación teñen con Claudio?

Como morreu Claudio?

Quen herdou o seu posto?

Que lle pasou a Británico?

Quen era a Sibila?

A que barca e barqueiro fai referencia a Sibila nas últimas palabras?

Que semellanzas e que diferenzas atopas entre o que escribiu Suetonio e o que nos conta Robert Graves na súa novela en versión para TV?

Lembras "dun erro faise un enterro"


LER E PENSAR

Deberás entrar dende a páxina de inicio da web do San Narciso nos departamentos didácticos, procura a entrada do departamento de Clásicas e logo debes clicar onde pon ROMA. Alí atoparás un texto para traducir en latín, (trátase dunha lápida) e outros textos xa coñecidos sobre Claudio e un pouco máis abaixo unha proposta titulada UN TEXTO PARA LER E PENSAR que ten tan só unha cuestión que responder, faino, pero sobre todo reflexiona sobre a lectura, será importante para emprender a viaxe que pretendemos realizar a continuación para voltar a Grecia onde comezamos o curso.

Aquí queda tamén a proposta dun pequeno traballo sobre esta impresionante imaxe dun patricio romano portando as máscaras de cera dos seus antepasados, garantía da súa nobreza, é o denominado: " Ius Imaginum ".
Cuestión para quen queira curiosear máis. Indaca pois que era o Ius Imaginum ?


Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 04-11-2010 17:55
# Ligazón permanente a este artigo
DEUCALIÓN E PIRRA

Contan que estando xa na Idade de Bronce Zeus quixo comprobar que os mortais deixaran de cumprir coas súas obrigas para cos deuses. Eran impíos e irrespectuosos mesmo cos sacrificios. Presentouse do palacio dun tal Licaón. Ninguén creu que era un deus e mesmo o rei propúxose desenmascarar a quen cría un mortal , se é un deus descubrirá que a carne que lle darei na cea é realmente carne humana. Foi entó cando Zeus amososuse con todo o seu poder e fixo que todos aqueles se convertensen en lobos e vagasen polos montes. Acto seguido convocou ao seu irmán Poseidón para provocar un gran diluvio de nove días e nove noites no que todos so mortais desaparecerían agás Deucalión, fillo de Prometeo e Pirra, filla de Epimeteo e Pandora, dous mortais realmente piadosos. A barca vararía no monte Parnaso purificándose nun regueiro de auga diríxense cara as ruinas dun templo onde Temis, deusa dos oráculos e a adivinación díxolles:

"velate caput cinctasque resolvite vestes
ossaque post tergum magnaeiactate parentis!"

"...descubride a cabeza e soltade as cintas dos vosos vestidos,
lanzade ás vosas costas os ósos da vosa gran nai!"

- Que é o que lle mandou facer a Deucalión e a Pirra a deusa Temis? Cales son eses ósos?
-Procura información sobre o que ocorre inmediatemente despois de que cumpren co mandato dos deuses.
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 01-11-2010 20:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0