Os sentimentos pola paz sonche ben antigos. Un dramaturgo grego, Eurípides, exclamaba nunha das súas traxedias: Non hai ninguén tan estúpido que prefira as guerras á Paz. Mesmo un poeta latino, Tibulo, na época das cruentas guerras civís na Roma Imperial, comezaba un longo poema antibelicista interrogándose:
Quis fuit horrendos primus qui protuli armas?
Quam ferus et ver ferreus ille fuit!
Tum caedes hominum generi, tum proelia nata,
tum brevior dirae mortis aperta via est...
Que quere dicir:
Quen foi o primeiro que empuñou as horrendas armas?
Qué cruel e insensible foi aquel!
Daquela naceron as batallas e as matanzas do xénero humano, daquela foi aberto un camiño máis breve cara a terrible morte...
Comezamos así un periplo pola literatura grecolatina na procura das mulleres, sempre silenciadas,pero sempre presentes.
CUESTIÓNS:
1- As palabra sde Eurípides pronunciadas hai 2500 anos cres que teñen validez no mundo de hoxe? Argumenta a resposta.
2- Quen cres que son os protagonistas da obra de Eurípides? Por que cres que escolle a estes personaxes como protagonistas?
3-Como expresarías coas túas palabras os versos de Tibulo?