VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

II- QUE VÉN SENDO UN MITO?
Mito é unha palabra grega aplicada a calquera tipo de relato, tanto as alegorías de Platón, como ás fábulas de Esopo, pero o termo especializase ao designar narracións dunha época ideal transmitidos por tradición oral inicialmnete, en todo caso de época remota e imprecisa, cuxos protagonistas son seres divinos ou semidivinos.

Hoxe consideramos mitos:
O mito propiamente dito: protagonizado por deuses relacionado coa relixión. O exemplo máis evidente o mito cosmogónico do principio do mundo.

A lenda heroica: relatos protagonizados por heroes ou semideuses sendo estes dunha orixe e natureza diferentes aos dos relatos de deuses. Son feitos históricos deformados, chegando estes a relatar acontecementos pertences ao segundo milenio a. C. Un exemplo serían os Heraclidas, considerados os derradeiros heroes, por ser o seu relato o que tivo menos tempo para cargarse de elementos inverosímiles.

O conto popular: relatos que en orixe non teñen nada que ver coa mitoloxía pero que se incorpora a esta porque se diviniza o seu protagonista. Un motivo como a esposa que espera ao seu home ausente e asediada de pretendentes é o que se incorpora na lenda de Odiseo.

MITO E HISTORIA

Unha parte importante da mitoloxía semella ser historia máis ou menos desfigurada, especialmente na lenda heroica existe unha certa veracidade. Segundo Julia García Moreno hoxe contamos con máis recursos por ver se podemos a través da mesma reconstruír o pasado ao que fai referencia.(no caso da guerra de Troia comprobaremos que é posible afirmar isto moi sucintamente). O mito en todo caso non é historia. A historia vén despois do mito?


Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 27-09-2010 23:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0