 Este curso o lema xira arredor do respecto. A palabra procede do latín, podémola dividir en dous elementos:
RE-: un prefixo moi habitual que signifca"volver atrás, repetir".
SPECTARE:o verbo "mirar, atender".
Respectare: é pois algo asi como deterse para observar con atención algo, mesmo mirar cara atrás.
Iso é o que imos facer baixo un lema adaptado á nosa materia que di RESPECTA ET AUDE SAPERE; CRESCAS "Mira cara atrás e atrévete a saber, medrarás!"
Con esta intención, a de saber máis mirando atrás, comezamos este curso e para facelo dun xeito máis agradable botaremos man dun relato mítico moi fermoso, o da nosa heroína Atalanta, que é esa rapaza que detén a súa carreira para recoller unha mazá de ouro do chan que arroxara o seu competidor. |