VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Estrutura dunha comedia
A COMEDIA.


INTRODUCIÓN.
Os datos que temos sobre as súas orixes nolo da Aristóteles, quen di que surxiu dos que dirixen as procesións fálicas, aínda en uso nalgunhas cidades. Estas procesións parecen haber sido auténticas festas de entroido nas que abunda a obscenidade. Durante largo tempo foron improvisadas e só máis tarde se estruturan de forma literaria. O seu nome deriva de kwmwdia ?canto do cortexo? que fai referencia a estas procesións grotescas.
Se quixo ver unha influencia da comedia siciliana na comedia ática, palpable sobre todo na tipoloxía, e tamén os peloponesios reivindican para sí a orixe da comedia, especialmente os megarenses, pero onde aparece por primeira vez xa con forma definida é en Atenas e, o mesmo que a traxedia, asociada a Dioniso. Se representaban nas festas Leneas, adicadas a este deus, que tiñan lugar no mes de Gamelión (xaneiro-febreiro) e cuxo nome parece derivar de Ihnai ?ménades, mulleres que participan nos cultos orxiásticos de Dionisio?. Desde 442 a. C. sabemos que as representacións de comedias tiñan carácter oficial nestas festas. Os alexandrinos dividiron a comedia en Antiga (arcaica), Media (mesh) e Nova (nea) abarcando cada unha ata 400 a. C., o 330 a. C. e 250 a. C. Os principais representantes destas etapas foron:
? Antiga: Cratino, Crates, Aristófanes e Eupolis. Comedia ?política? por canto que a temática se centra na crítica de persoas, institucións ou problemas importantes para a vida da cidade. O coro é importante na acción e na expresión da opinión do autor.
? Media: Platón, Antífanes, Eubulo e Alexis. A parodia mitolóxica ou as peripecias novelescas constitúen os ingredentes deste tipo de comedia. Abundantes temas eróticos e personaxes tipo repetidos coma o rufián, as prostitutas, o esclavo, o cociñeiro, a vella cómica, etc.
? Nova: Filemón, Dífilo e Menando. Practican temas costumistas e moralizantes. Os temas cómico-grotescos dan paso a evasión e o entretenemento propios da xente burguesa. Despois de moito enredo todo acaba ben e a virtude é recompensada.


ESTRUTURA DA COMEDIA ANTIGA.
As seis partes das que consta son as seguintes:
? Prólogo, introduce a temática da obra, incluíndo a presentación do heroe e o plan co que pretende afrontar a situación.
? Párodos, o coro plantexa o seu canto de repulsa ou adhesión ao heroe.
? Agón, o heroe se enfronta a algún detractor do seu plan, para rematar triunfando.
? Parábasis, onde o coro ou o seu xefe se dirixe ó público e lle fala en nome do poeta.
? Explotación do éxito, o heroe ha de facer fronte a quenes, malinterpretando a súa victoria, queren solapala ou aproveitarse dela.
? Comos, apoteose da victoria do heroe introducida polo poeta como un festexo.

*Esta estrutura irase simplificando ata a desaparición do coro e a distribución de Menandro nun prólogo e cinco actos.


COMEDIA NOVA.
A comedia nova surxiu na época helenística, con características propias, nun momento en que o xénero teatral da traxedia desaparecía. Polo contrario, a comedia tivo un renacer ao que os antigos chamaron comedia nova. Estas obras son pezas de costumes que se extenderon por todo o oriente helenístico. As características e estrutura cambiaron con respecto a anterior: comedia antiga.

NOVA ESTRUTURA E TEMAS.
Desapareceron o coro e a parábasis, o argumento foi dividido en actos e estableceuse un prólogo no cal o autor presentaba as súas opinións.
O tema principal soía ser o amor, con toda clase de contrariedades ao longo da representación, chegando sempre a un final feliz. Os caracteres dos personaxes eran o resultado dun minucioso estudo e aumentaron en número ata chegar a ser 44: nove de anciáns e adultos, 17 de mulleres, 11 de xóvenes e 7 de esclavos. O ton xeral da obra seguiu sendo alegre, utilizando a fala familiar da xente común coma soldados, cociñeiros, esclavos que se vían sempre inmersos e situación cómicas e as veces grotescas.

MIRIAM
Categoría: 4ºB 08/09 - Publicado o 12-03-2009 05:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0