VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Biografía e obras de Plauto
Biografía:
Non se coñece a data do seu nacemento; se di que é 254 a. C. por unha noticia de Cicerón e sabemos que morreu no consulado de Plauto Claudio e L. Porcio, sendo censor Catón, é dicir, no 184 a.C. Trasladouse a Roma de mozo e alí foi soldado e comerciante. Posiblemente tamén realizou viaxes polo Mediterráneo. Arruinouse e tivo que empuxar a pedra dun muíño ao tempo que empezaba a escribir comedias palliatas adaptadas do grego. O seu enorme éxito lle valeu sair de muiñeiro para consagrarse a este novo oficio e morreu prácticamente rico con máis de setenta anos, envolto nunha gran popularidade.

Obra:
Se ben se lle atribuiron hasta 130 obras, xa Varrón no século I, na súa monografía De comoediis Plautinis, reduciu o seu número as 21 que se teñen por auténticas, separando deste grupo outras que se debían aos seus imitadores Cecilio e outros inxenios. En De comoediis Plautinis distinguiu tres grupos entre as obras atribuidas Plauto: as inequívocamente súas (21 comedias); un segundo grupo de 19 obras, nas que recoñecía a paternidad plautina por razóns históricas e estilísticas; e un terceiro grupo de obras, as restantes, que consideraba espurias. Conserváronse enteiras as comedias do primeiro grupo (denominadas fabulae Varroniatae), a excepción da Vidularía, que pola súa posición no arquetipo dos manuscritos se encontra gravemente dañada. Plauto inspirouse nos autores da Comedia nova grega, principalmente en Menandro, pero tamén en Dífilo ou Filemón entre outros, e máis ocasionalmente tamén na comedia media, mezclando a veces dúas obras, nunca soa (contaminatio). Non se limitou a traducir, senon que adaptou os orixinais ao gusto romano, e introduciu cancións e danza (por exemplo, a danza de escravos e de cociñeiros na Aulularia). Por iso en moitos textos plautinos conteñen indicacións escénicas. Nas últimas pezas de Plauto, os cantica ocupan maior espacio, sempre cunha enorme diversidade métrica que enriqueceu a lingua latina con esquemas descoñecidos entre os mesmos gregos.
A complicación das tramas a causa da contaminatio obrigou a Plauto non poucas veces a poñer un pequeno prólogo declamado por un actor, cuxa función era explicar os argumentos demasiado complexos para que o público non se desorientara.
As obras de Plauto son menos refinadas pero máis cómicas cas gregas. Os seus personaxes son os mesmos que nas comedias gregas: mozos alocados e calaveras, cortesanas, alcahuetes, flautistas, traficantes de escravos, escravos diabólicamente astutos que sacan sempre as castañas do lume a os seus señores, comerciantes, vellos verdes e gruñones, parásitos, soldados fanfarróns, etc.; o argumento estaba cheo de situacións de enredo, enganos , confusións. Pero Plauto añade variedade e orixinalidade aos temas e aos personaxes, sempre coa intención de facer rír ao público romano. A obra de Plauto influiu nas comedias medievales da monxa Hrostsvita e nas comedias humanísticas que se componían en latín nas universidades como traballo de fin de curso e no Renacemento. Hay moitos de Plauto, por exemplo, en El avaro de Molière, en Giovanni Boccaccio e nas comedias de Shakespeare.

CORVALÁN GARCÍA,Florencia
Categoría: 4ºB 08/09 - Publicado o 12-03-2009 05:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0