VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os ciclos temáticos da traxedia
CICLOS TEMÁTICOS DA TRAXEDIA.


A TRAXEDIA CLÁSICA.
Durante o século V a. C. se produciu un extarordinario desenvolvemento da traxedia, sobre todo de mans dos tres grandes dramaturgos do momento: Esquilo, Sófocles e Eurípides.
A través das obras destes autores podemos observar como a traxedia vai evolucionando. Ese proceso de evolución se observa, principalmente, en dous aspectos:
? Teatrilidade: desde formas máis narrativas as obras van adquirindo elementos cada vez máis teatrais.
Isto se comproba, por exemplo, no aumento de número de actores en escea, que fan avanzar a acción mediante o diálogo, en detrimento do coro, elemento teatral máis narrativo.
? Humanización: os personaxes da traxedia sofrena o longo do tempo un cambio que lles leva ata comportamentos cada vez máis cercanos ó humano que culminará nos dramas de Eurípides.

Os argumentos e motivos temáticos das traxedias gregas conservadas poden agruparse en torno a unha serie de ciclos:
? O ciclo de Tebas: as obras pertencentes a este ciclo versan sobre a lenda da cidade de Tebas e da familia de Edipo, castigado pola súa involuntaria culpabilidade, o cal provocará a súa cegueira e exilio, así como a maldición dos seus fillos: Polínices, Eteocles e Antígona. Os episodios que desenvolven as obras do ciclo son:
o A profecía de que o rei de Tebas sería asesinado polo seu fillo, o cal acabaría casándose coa súa propia nai.
o O abandono de Edipo, que é criado por outra familia.
o A mesma profecía que lle é comunicada a Edipo, polo que éste abandona á que cre a súa familia, crendo que así pode escarpar ó oráculo.
o Edipo convírtese en rei de Tebas: mata ao rei ?sen saber que o é-, resolve o enigma da esfinxe e casa coa raíña.
o Edipo coñece a verdade: autocastigo e autoexilio en busca do perdón.
o Herencia da culpa e do castigo: enfrontamento dos dous fillos varóns de Edipo e norte de ambos.
o Rebeldía da Antígona. Castigo pola súa rebeldía.
? O ciclo de Troia: partindo da obra homérica, os tráxicos gregos compuxeron dramas nos que se representan episodios posteriores á guerra de Troia e, en moitos casos, directamente vinculados con ela. A este ciclo pertencen as obras de Sófocles sobre Aiax e Filoctetes e tamén o conxunto de traxedias que tratan sobre a familia de Agamenón: a Orestiada, de Esquilo, que desenvolve os seguintes episodios:
o O sacrifico que Agamenón quere realizar sobre a súa filla Ifigenia para alcanzar o favor dos deuses.
o A venganza de Clitemnestra, muller de Agamenón, que toma un amante para asesinar despois ó seu marido.
o A venganza de Orestes, que mata a súa nai, Clitemnestra, como castigo pola súa acción.
? O ciclo contemporáneo: a este grupo pertencen as obras que abordan acontecementos históricos pretos ós autores, pero non son tratados de maneira realista, se non situandolles no nivel da lenda ou o mito.
? O ciclo dos heroes culpables: este grupo o integran as obras protagonizadas por heroes mitolóxicos caídos en desgraza. Sobre Heracles tratan as Traquinias, de Sófocles, e Alcestes, de Eurípides. En Jasón inspírase Medea, de Eurípides. Esquilo compón Prometeo, sobre o titán que levou o lume ós seres humanos.

MIRIAM
Categoría: 4ºB 08/09 - Publicado o 12-03-2009 05:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0