AS ORIXES DO TEATRO
- O teatro nace en Grecia, pero antes do seu nacemento xa existían manifestacións teatrais no mundo: os bailes, as danzas, que constituen as máis remotas formas do arte escénico. Estas primeiras manifestacións dramáticas son as prehistóricas danzas mímicas que executaban os magos das tribus, acompañándose de música e de masas corais nos seus conxuros co obxeto de escorrentar os espíritus malignos, e outras pantomimas e mascaradas, así como as danzas córicas en honor de Dionisos, renovación do culto de Príapo, que se celebraba o pé da Acrópolis de Atenas.
Os himnos, entoados por sátiros e náyades que non cesaban de danzar durante o traxecto, eran dun poeta do Peloponeso, chamado Arión, que pode ser considerado o precursor dos autores dramáticos.
Estos festivais foron logo modificándose, e se introduxeron, en lugar do xa anacrónico mito, heroes e reis, primeira pedra do arte escénico, colocada case simultáneamente por Tespis, por Epigenes e por Arión. Con anterioridade a Tespis, o teatro reducíase a un corifeo que narraba as aventuras dun heroe ou dun deus e un coro que o acompañaba e o interrumpía de vez en cando con preguntas e con exclamacións de xúbilo ou de dolor. Tespis imaxinou representar o heroe, encarnarlo. Tespis era natural de Icaria e naceu cara o ano 540 antes de xesucristo.
O maquillaxe na súa máis rudimentaria forma surxe, tamén con Tespis, que obligaba a embadurnarse o rostro coas heces do viño a todo-los compoñentes do coro.
Primeiro houbo un so actor ?corifeo-, e só necesitaba unha mesa xunto o altar de Dionisos para dialogar cos chorentae, mesa o carro que se colocaba no centro da orchestra. Cando, aumentan os actores a mesa se converte en plataforma, e por fin a importancia da representación require xa unha habitación ou barraca onde os actores se disfrazan. Tamén enton se levantan gradas de madeira para o público, xa que éste aumenta cada vez máis e xa non pode situarse en filas, de pe, o redor do altar (thymele). Vitrubio, no seu libro V, describe as tres partes principais do teatro grego: o muditorio, a orchestra e a barraca ou scena.
As localidades estaban colocadas en semicírculo, apoiadas sobre a pendente rocosa da Acrópolis. Ó final do graderío existía unha columnata e detrás continuaban os asentos. No centro da orchestra estaba o altar de Dionisos. O seu redor danzaba o coro. A scena estaba enmarcada por tres muros. Un de frente e outro a cada lado. O muro do centro solía adornarse con columnas, estatuas e frisos. Tiña tres pOrtas. Pola central, de maIor tamaño, entraban os deuses e os heroes. As otras dous eran para os personaxes secundarios. Nos muros laterais había tamén sendas portas.
A traxedia ocorría en templos ou en palacios; a comedia, en interiores, en calles, en plazuelas, en mesones; e a sátira, en grutas ou arboredas. As primeiras traxedias gregas ensalzaban as virtudes dos deuses. Na comedia grega podese considerar tres etapas: antiga, media e nova.
Nun principio, o autor e o actor eran unha mesma persoa. Esquilo elevou a dous o número de actores que interviñan na representación dramática. Na época de Sófocles eran tres xa os actores, e incluso máis, xa que as veces sucedía que nalgunha representación precisabanse máis intérpretes. Esquilo nació en Eleusis el año 525. Foi Soldado e poeta.
yohansi minaya jimenez |