Vimos unhas secuencia da película de Pasolini Edipo, fillo da fortuna (1967) gravada con ese xeito de facer cine dos autores italianos dos 60 chamado "neorealismo". Procuran recrear cunha montaxe austera unha atmmósfera verosimil para como é o caso unha traxedia que orixinalmente ocorre na Grecia antiga, en lugares como a Tebas mitolóxica ou Corinto. O director gravou a película en Marrocos entre os pastores, usando como banda sonora os propios cantos tradicionais marroquís e unha paisaxe que ben podería ser simbolicamente equivalente a Hélade de Edipo e da súa nai e esposa Iocasta.
Os precedentes da traxedia son os primeiros en aparecer, xusto despois dunha imaxes rodaddas e ambientadas na Italia de comezos do século, para tamén deixar no cabeceira e no final unhas imaxes de contraste entre o mundo europeo e a meirande parte da película que transcorre en espazos semidesérticos de Marrocos como dixemos. É un peculiar xeito de insinuar o denominado "complexo de Edipo" ao asociar o espazo Italiano a infancia previa ao abandono de Edipo por parte dos seus pais verdadeiros e finalmente despois do desenlace da traxedia antes de marchar ao desterro, consumado pois para o espectador triste final do que nos deixou narrado Sófocles na súa traxedia Edipo rei, e insinuando para os coñecedores do mito a súa partida para Colono. Estamos por outra parte nos precedentes doutra das grandes traxedias de Sófocles: Antígona.
É conveniente coñecer os promenores desta traxedia antes de pasar á lectura de Antígona, unha das fillas de Edipo.
Estas preguntas axudaránte a facer memoria:
- Quen Fundara Tebas?
- Por que lle din a neno recén atopado, seus pais de Corinto, "os meus peciños inchados"?
-Por que fora abandonado edipo e con que fin?
- Como comeza Edipo a súa procura de si mesmo?
- Que era unha pitonisa? Onde residía?
- Cal era o nome do rei que viaxaba nun carro que mata nun cruce de camiños?
- Que é unha esfinxe? Descríbea. Cal é o enigma que lle propuxo solucionar a Edipo? Procura unha pintura de Edipo e a esfinxe de Tebas.
- Cal era o premio por liberar a tebas da esfinxe?
Resume o argumento da traxedia de Sófocles, Edipo rei que comeza cunha nova peste na cidade de Tebas. Cal é a causa de dita peste?
- Como descubre o motivo da peste Edipo?
- Que papel xoga na descuberta o adiviño Tiresias?
- Cal é a reacción de Iocasta?
- Cal é a reacción de Edipo ao coñecer a orixe da peste de Tebas?
-Quen reinará en Tebas unha vez que Edipo abandona a cidade?
- Quen son Eteocles e Polinices? Que tipo de relación teñen? Por que causa están enfrontados?
- Quen era Creonte?
- Realiza unha árbore xenealoxica da familia de Edipo, podes comezar cos fundadores de Tebas.
Deixamos aquí un vídeo sobre Sófocles o autor de Edipo: