
Na mitoloxía grega, a Titanomaquia (en grego antigo Τιτανομαχία Titanomakhía, ?Guerra dos Titáns?) foi a serie de batallas libradas durante uns imprecisos trescentos anos entre as dúas razas de deidades moi anteriores á existencia da humanidade: os Titáns, loitando dende o monte Otris, e os Olímpicos, que chegarían a reinar no monte Olimpo. É coñecida tamén como a Batalla dos Titáns o a Guerra Titánica. É confundida por algúns autores (como Ovidio) coa Xigantomaquia a pesar das múltiples diferenzas entre ambas.
Os gregos da idade clásica coñecían varios poemas sobre a Titanomaquia. O principal de eles, e o único que se conservou, era a Teogonía atribuida a Hesíodo. Un poema épico perdido titulado Titanomaquia e atribuido ó bardo cego tracio Tamiris, á sua vez unha personaxe lexendaria, era mencionado de pasada no ensaio Sobre a música unha vez atribuido a Plutarco. Os Titáns tamén xogaban un papel prominente nos poemas atribuidos a Orfeo. Aínda que só se conservan fragmentos dos relatos órficos, revelan interesantes diferenzas coa tradición hesíodica.
Estes mitos gregos da Titanomaquia caen dentro dunha clase de mitos similares presentes en Europa e Oriente Próximo, onde unha xeración do grupo de deuses enfróntase aos dominantes. Ás veces estes son suplantados. Outras os rebeldes perden e son totalmente apartados do poder ou ben incorporados ó panteón. Outros exemplos serían as guerras dos Aesir cos Vanir e os Xotunos na mitoloxía escandinava, o épico Enuma Elish babilónico, a narración hitita do «Reino do Ceo» e o escuro conflito xeracional dos fragmentos.
Os Olímpicos, guiados por Zeus, declararon a guerra á anterior xeración de deidades, os Titáns. Éstes foron encabezados por Crono e incluían a Ceo, Crío, Hiperión, Xápeto, Atlas e Menecio. Os Olímpicos eran guiados por Zeus e incluían a Hestia, Hera, Deméter, Hades e Poseidón. Probablemente Estixia e os seus fillos tamén loitaron no bando dos Olímpicos. Ademáis, os Hecatónquiros e os Cíclopes, que foran enxaulados por Crono, axudaron ós Olímpicos. Decía que os Hecatónquiros axudaron ós Olímpicos arroxando enormes pedras ós Titáns, de cen en cen. Os Cíclopes axudaron fabricando as famosas armas de Zeus, os raios, o tridente de Poseidón e o casco de Hades.
Lograda por fin a victoria tras toda unha década de guerra, os Olímpicos divideron o botín entre eles, outorgando o dominio do ceo a Zeus, o do mar a Poseidón, e o do inframundo a Hades. Procederon entón a encerrar ós derrotados Titáns no Tártaro, as máis fondas profundidades do inframundo. Porén, dado que durante a guerra Océano e as Titánides, é dicir, Tea, Rea, Temis, Mnemósine, Febe e Tetis, permaneceron neutrais, no foron castigadas por Zeus. Algúns outros titáns que non foron encerrados no Tártaro foron Atlas, Crono, Epimeteo, Menecio e Prometeo. Zeus deu a Atlas un castigo diferente: Urano, o ceo, case se derrubara sobre a terra, Xea, trala guerra debido á enorme loita ocorrida baixo el, polo que Zeus dispuxo que Atlas suxetase os ceos por toda a eternidade. Epimeteo, Menecio e Prometeo cambiaron de bando e axudaron a Zeus na guerra, polo que non foron castigados. Crono logrou fuxir trala guerra, evitando así ser encerrado no Tártaro (aínda que segundo Hesíodo sí foi encerrado). Os Hecatónquiros quedaron montando garda sobre os prisioneiros.
Alejandro Roldán Fraga |