Co enterro da sardiña pechouse o ciclo de Don Carnal e comeza a abstinencia. Atrás quedan os días de exceso e risos e por diante ábrese o tempo de xaxún que, no santoral católico, precede á Semana Santa. O primeiro enterro data de 1981 e participaron unicamente os Enterradores, unha comparsa de Marín (Xarangallo Mangallo) e mentras desfilaban, integráronse de forma imprevista, un grupo de Abelendo que máis tarde chamaríanse Renovación. Actualmente o enterro da sardiña en Marín consiste en ler unha pasaxe e despois facer un desfile aberto por uns estandartes, unha corte fúnebre de penitentes e os restos da sardiña seguidos da tradicional Banda do Enterro. Autoridades e veciños, qe anteriormente acudiron ao velatorio instalado no palco da alameda, acompañan despois ao féretro ata o paseo marítimo onde o arroxan ao mar entre inmensos berros de dor. Trala morte da sardiña, Marín pon fin ao entroido.
Salomé Cerviño Rosales
|