Un mito que parte de Atenas e que nos leva a Creta é o do inventor Dédalo e o seu fillo Ícaro.
Dédalo tivo que fuxir da súa cidade, por que?
Para que foi contratado por Minos en Creta?
Contan que tamén axudou en segredo a Pasifae, en que cousa? Sería esta a causa do seu posterior castigo?
Cal foi o castigo de Minos?
Como se liberou de semellante castigo?
Que lle ocorre finalmente ao seu fillo Ícaro?
Onde acaba os seus días Dédalo? Cal é o derradeiro encontro co rei Minos? Como din que morre Minos?
Este mito de Dédalo ten moitos paralelos coa historia de Teseo e o Minotauro. Por quen cres que foi inventado? Razoa a resposta. |