O proceso de Romanización da Gallaecia iníciase con tres fases de conquista do territorio do Noroeste peninsular:
A campaña de Décimo Xuño Bruto, do ano 137 a.C. que realizou unha campaña de castigo das tribos galaicas que axudaron aos Lusitanos na súa resistencia contra a invasión romana. Tras da vitoria perto do Douro sobre uns 60.000 galaicos, dos que morreron uns 50.000, o xeneral romano recibirá honores baixo a denominación do "gallaicus" e será o que cruce contra a superstición o río Limia que as tropas se negaban a facer por temendo que fose o río Leteo ou do Esquecemento, é dicir, a entrada ao mundo dos mortos. No mapa aparece coa liña de cor violeta.
A campaña de César no ano 61-60 a.C. "per loca maritima" unha expedición pola costa tamén dende o sur cara a costa dos ártabros chegando ao que hoxe é a Coruña. No mapa corresponde coa liña amarela.
A que serñia definitiva sería a campaña bélica de conquista dirixida por Octavio Augusto no ano 29-19 a.C. que remata co famoso episodio do Monte Medulio. Está no mapa coas liñas vermellas.
Temos que ter en conta que esta campaña foi máis complexa pois atacou a galaicos, a cántabros e ástures.
|