VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PENÉLOPE NAS LETRAS GALEGAS DO 2014

O noso personaxe mitolóxico, dicimos noso por seren grecolatino, serviu de inspiración ao autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Xosé María Díaz Castro entre os 12 idiomas que dominaba, sabía grego clásico e latín, linguas coas que entrara en contaco e que aprendera de mozo no Seminario de Mondoñedo,lugar onde el estudou. Coñezamos, pois ese maxistral poema que titulou Penélope:

Penélope
Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante e outro atrás, Galiza!


Xosé María Díaz Castro, Nimbos (1961)

Non foi Díaz Castro o primeiro nin o último en facer uso do mito e de Penélope como recurso singular da súa mirada sobre o mundo. Como dicía Cunqueiro : " Non hai nada que teña maior actualidade que os mitos. Son sempre noticias de última hora."

Tamén Cunqueiro escribiu versos inspirados na tea dos soños de Penélope:

" Pende en que pende Penélope pensativa
perdo novelo nove novamente canto...


Outro poema moi coñecido de Xohana Torres di:

PENÉLOPE


Declara o Oráculo:

"Que a banda do solpor é mar de mortos,
incerta, última luz, non terás medo.

Que ramas de loureiro erguen rapazas.
Que cor malva se decide o acio.

Que acades disas Patrias a vendima.
Que amaine o vento, beberás o viño.

Que sereas sen voz a vela embaten.
Que un sumario de xerfa polos cons.


Así falou Penélope:


Existe a maxia e pode ser de todos.
¿A que tanto novelo e tanta historia?

EU TAMEN NAVEGAR"


Xohana Torres (Do libro: TEMPO DE RÍA)


Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2013-14 - Publicado o 13-05-2014 21:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0