VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

As comedias na Atenas Clásica
A COMEDIA

Procede o seu nome dos cantos xocosos dos campesiños, asociados tamén ás leneas ou ménades que participaban dos cultos orxiásticos (de danza) a Dionisio. No século V a Comedia chamada Antiga é de temática política e crítica da situación social. No século IV a temática preferida será o amor. A comedia ten un agón ou debate entre actores e unha parábase cargada de incisos destinados ao público. Faise uso dun vocabulario obsecno e atrevido cheo de ironías.

ARISTÓFANES(445-387 a.C) é o mellor representante da Comedia antiga ou política. Así é como se expresa un dos personaxes dunha comedia defendendo o papel da mesma na Atenas do século V a. C.:


Bobecino: "Non me tomedes a mal, oh público honorable, que sendo un esmoleiro, aquí entre cidadáns fale de política na metade dunha comedia, pois a verdade tamén sabe a comedia...? Acarnienses, de Aristófanes.


Conservamos once obras escritas despois do comezo da guerra entre Esparta e Atenas, por iso ?Acarnienses?, ? A Paz? tocan o tema da guerra aínda que o seu carácter antibelicista aparece vencellado ao tema da muller en ?Lisístrata? e ? Asambleistas?. ?As Nubes? é unha crítica do filósofo Sócrates. Ao político Cleón e ao goberno da cidade critícaos en ?Cabaleiros?, ?Aves? e ?Avespas?, reservando ?As Rás? para meterse co autor dramático Eurípides. Á farsa fantástica protagonizada por xentes correntes, caracterizados psicoloxicamente como antiheroes audaces e astutos.



Unha das súas últimas comedias foi da titulada Pluto que xira ao redor do poder cego do diñeiro:




MENANDRO (342-293 a.C.) A creación de personaxes-tipo, como o parásito, o escravo intrigante, os namorados serán terán unha gran influencia máis tarde en Plauto e Terencio no teatro latino. ?O misántropo? ou ? a arbitraxe? son dúas comedias de tema amoroso.
Comentarios (0) - Categoría: 4º eso 2012-13 - Publicado o 02-04-2013 06:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0