Estaría ben que buscarades quen é o autor e a quen representa este cadro barroco.
Hai outro cadro dun pintor posterior co mesmo tema, pero seguramente é máis coñecido. Trátase dun cadro de Goya, o seu famoso
"Saturno devorando aos seus fillos".
Esta historia remóntanos á Teogonía de Hesíodo (autor do século VII a. C.) o libro que mellor nos narra a Cosmogonía, é dicir, a creación do Cosmos(universo ou natureza ordenada). Efectivamente os gregos antigos pensaban que a función dos deuses era a de ordear a natureza caótica nun principio.
Máis tarde, Ovidio, un poeta romano do século I, nas súas Metamorfoses dicíao así:
Ante mare et terras et, quod tegit omnia, caelum
unus erat toto naturae uultus in orbe,
quem dixere Chaos, rudis indigestaque moles...
"Antes do mar e das terras e do ceo que todo o cobre, a natureza tiña un só aspecto en toda a súa extensión, á cal chamaron Caos, unha mole confusa e revolta..."
O propio Ovidio tras narrar a Titanomaquía da que falaremos en profundidade na próxima entrada, a guerra entre os Titáns e os Olímpicos, di sobre Saturno:
Postquam Saturno tenebrosa in Tartara misso
sub Iove mundus erat... Unha vez enviado Saturno(Cronos) ao tebroso Tártaro, o mundos estaba baixo o poder de Xúpiter(Zeus na súa denominación grega).
Bótalle agora unha ollada ao vídeo ( parte 1/2 e 3) logo resúmeas: