VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Un cadro para comentar: COSMOGONÍA


Estaría ben que buscarades quen é o autor a quen representa este cadro barroco. Hai outro dun pintor posterior co mesmo tema e seguro máis coñecido. Trátase de Goya e o seu famoso
"Saturno devorando aos seus fillos".

Esta historia remóntanos á Teogonía de Hesíodo (autor do século VII a. C.) o libro que mellor nos narra a Cosmogonía, é dicir, a creación do Cosmos( universo ou natureza ordenada). Efectivamente os gregos antigos pensaban que a función dos deuses era a de ordear a natureza caótica nun principio.
Ovidio, un poeta romano do século I, nas súas Metamorfoses dicíao así:

Ante mare et terras et, quod tegit omnia, caelum
unus erat toto naturae uultus in orbe,
quem dixere Chaos, rudis indigestaque moles...


"Antes do mar e das terras e do ceo que todo o cobre, a natureza tiña un só aspecto en toda a súa extensión, ao cal chamaron Caos, unha mole confusa e revolta..."

O propio Ovidio tras narrar a Titanomaquía, a guerra entre os Titáns e os Olímpicos, di sobre Saturno:

Postquam Saturno tenebrosa in Tartara misso
sub Iove mundus erat...

Unha vez enviado Saturno(Cronos) ao tebroso Tártaro, o mundos estab baixo o poder de Xúpiter(Zeus na súa denominación grega).
Comentarios (1) - Categoría: 4º 2011/12 - Publicado o 20-10-2011 23:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Me ha gustado muchisimo el video que nos has dejado y #blgtk08#la imagen tambien, asi que espero que nos pongas mas!
Comentario por Musica (23-10-2011 15:24)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0