 DEREITO ROMANO
«Dereito romano» designa o ordenamento xurídico que rexeu aos cidadáns de Roma desde a súa fundación ata a morte de Justiniano I.
As fontes do dereito dependen da étapa do Imperio. Así diferéncianse:
- Fontes na Monarquía: os costumes dos antepasados ou ?MORES MAIORUM? que distinguen as normas morais e relixiosas.
- Fontes na República:
- Os costumes anteriores.
- A Lei das XII Táboas ou ?LEX DUODECIM TABULARUM?, texto que contiña as normas coas que se regulaba a vida romana. Foi o primeiro código co que se impuxo a censura.
- Os Plebiscitos ou ?PEBLI SCITA?, normas elixidas pola plebe e que nun comezo só eran válidas para esta ainda que máis tarde os patricios tamén as tiveron que acatar.
- Os Senadoconsultos ou ?SENATUSCONSULTUM?, básicamente eran os consellos dos senadores.
- A Iuris Prudentia, qu era o coñecemento da técnica xurídica.
- Os edictos dos maxistrados, cada ano os maxistrados publicaban nunha parede branca da súa oficina chamada álbum a lista de accións, exceocións etc. que se propuñan conceder ao pobo.
- Fontes no Imperio: as Constitución imperiais foron o primeiro dereito escrito e foron, básicamente, as normas que os emperadores establecían para o poder lexislativo, administrativo e xudicial.
As leis máis importantes eran:
- A ?LEX POETELIA PAPIRIA?.
- A ?LEX HORTENSIA?.
- A ?LEX AQUILIA?.
- A ?LEX OPIA?.
- A ?LEX ACILIA DE INTERCALANDO?.
- A ?LEX VILLIA ANNALIS?.
- A ?LEX GABINIA?.
- A ?LEX ACILIA CALPURNIA?.
- A ?LEX ANTONIA?.
- A ?LEX TITIA?.
FILOSOFÍA ROMANA
Os romanos eran homes prácticos que non se preocupaban demasiado polas teorías sobre a orixe do universo polo que a súa achega filosófica ven das escolas gregas instaladas en Roma. As principais son:
- Epicureísmo: os epicúreos basábanse na procura da felicidade. Non admitían ás divindades nos acontecemento humanos e no Estado. Isto fixo que non arraigase en Roma. Un dos filósofos máis importantes desta escola é Lucrecio.
- Estoicismo: para esta escola o universo está animado por unha chama divina chamada ?Logos? ou mente, da que ten parte todo ser humano. Tamén cre que a finalidade da vida, a felicidade, consiste na Virtude.
Existen 2 épocas nesta escola:
- Época temperá, na que chega a Roma e se instala. Aquí destacan filósofos como Panecio de Rodas ou Poidonio de Apamea.
- Época posterior, na que culmina esta doutrina ainda que máis tarde todos os filósofos serían expulsados de Roma. Destacan Lucio Anneo Séneca, Flavio Arriano e Marco Aurelio.
- Platonismo medio e Neoplatonismo: nestas escolas inténtase uni a filosofía platónica e aristotélica. Trátase dunha postura ecléctica que dá tamén entrada ás exixencias relixiosas de tipo oriental, a elementos pitagóricos etc. O máis importante foi Apuleio.
Darío Roldán Fraga |