VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ECONOMÍA : Moedas, Pesos e Medidas nos Foros.
A ECONOMÍA NA ANTIGA ROMA
Historicamente a economía romana non mostra unha evolución estable. Igualmente nela, aínda que de xeito diferente á era actual, hai sucesións de progreso e crise e cambios das forzas produtivas. Estes acontecementos encontrámolos dende a época primitiva; na monarquía achamos dúas fases: a latina, de formación dun estado unitario, e a etrusca, de grande auxe económico e florecente desenvolvemento dos organismos estatais nos modos clásicos da cidade-estado. Non é senón ata o século IV d. n. e. onde vemos os iniciais avances económicos debido aos logros sociais que proporcionaron unhas colosais reformas, políticas e económicas a un tempo, malia que non se modificasen de forma radical os estilos das forzas produtivas.

Nas súas orixes Roma foi unha pequena aldea de procedencia indoeuropea, que estaban a descubrir a agricultura, como se cree pola presenza de grandes bosques, cuxo nome recordaba a toponimia, como Querquentual, Fagutal, Viminal. Así mesmo a relixión ten evidentes factores de índole pastoral da economía antiga. O particular lenda sobre os inicios de Roma, feita por historiadores gregos, como Timeo e Xerónimo de Cardia, que coñeceron as noticias directamente, tomándoas como fonte primaria, segundo os historiadores posteriores, das poboacións agrícolas da rexión, parece entrelazarse con elementos dunha sociedade pastoril. Investigadores, arqueólogos e naturalistas resaltan a condición silvestre e pastoral de Roma primitiva.

A diferenza doutras economías arcaicas, o medio de intercambio e a medida das multas, antes que aparecese a moeda exercendo as funcións de diñeiro, era o gando o que servía como medio de pagamento. Marco Terencio Varrón (Marcus Terentius Varro) o mais famosos dos economistas romanos, dinos que o nome do diñeiro, «pecunia», se deriva de «pecus», gañado, porque para os pastores, na antigüidade, o diñeiro consistía no gando quen había as súas veces.

Con relación á cría de gañados, a bovina era a máis común dende épocas moi remotas; tanto é así que as normas arcaicas prohibían matar bois, os que se consideraban como compañeiros do home no traballo rustico e ministros de Ceres; que infrinxise esta medida castigábaselle coa morte. Pero esta prohibición pertence a unha época na cal xa se desenvolvera a agricultura.

É importante sinalar que no primeiro período da monarquía latina a economía romana foi unha economía de transición do pastoreo á agricultura. As demais actividades produtivas deberon ser moi limitadas, debido tamén aos obstáculos habituais de intercambio e á escaseza de produtos para a exportación. Igualmente debemos afirmar que Roma era pobre en metais, non dispoñía de minas nin de materias primas. As minas de ferro da illa Elba eran de gran valor, contribuíron ao comercio etrusco, pero Roma apártase con lentitude da máis antiga da cultura de bronce. Non obstante, en períodos prehistóricos, os investigadores non encontran explicación á forma como se difundiu o cobre, o cal utilizaban en barras e o transformaban en bronce e lingotes para os intercambios. Isto lévanos a pensar que os romanos para esa época xa practicaban unha economía aberta, non obstante á condición familiar e domestica das máis primitivas; por conseguinte, o metal nos negocios era un medio de cambio (per aes et libram) e non unha mercadoría que se pagaba con outras mercadorías. Logo, con estas evidencias, podemos afirmar que estamos fronte a unha economía de cambio, se nos atemos á existencia de dúas liñas comerciais coñecidas: a de Oriente a través de Sicilia e outra de Oriente central a través da cidade de Emesa, hoxe Homs (Sirya).


Para saber máis

RODRIGO Castro Collazo
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 16-06-2011 00:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0