VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

SAÚDE E MEDICIÑA EN ROMA
1. Infraestruturas para a saúde: termas e acueductos
Os acueductos tiñan a función de transportar a auga en forma de fluxo contínuo dende o lugar onde se accede a ela de forma natural ata o punto de consumo, a través dun sistema acoplado a outros. É una obra de enxeñería na Antiga Roma. Aínda se poden apreciar os arcos na cidade, o cal significa una gran atracción turística.
Roma tiña 7 colinas e 11 acueductos. Eran canais construídos con cemento a proba de auga e cubertos con lousas de pedra. A través das cañerías de chumbo, terracota ou madeira, a auga chagaba ata Roma e abastecía as fontes e edificios públicos de auga fresca e limpa.
As termas convertíronse nun feito importante para a saúde pública, un ben común,un centro de reunión accesible a persoas de calquera condición e estatus, eran lugares de encontro, charla e culto ao corpo. Chegáronse a contar centos, algúns públicos e outros privados.
A hixiene en Roma rodeou as termas, que non só eran baños senón conxuntos lúdicos e de ocio con ximnasios, museos, xardíns? era onde cada sexo tiña un baño, o das mulleres chámase Balnea, compartían baños cos homes pero con diferente horario, xa que os problemas cos baños mixtos fixeron que os emperadores instaurasen un horario para non coincidir.
Tiñan centos de persoas encargadas de arranzar as infraestructuras e servizos.
Nas entradas poñían ?Apodyteria? ou vestiarios, logo o Tepidarium sala tíbia na que podías pasar ao frigidarium ou ao caldearium, a primeira desconxestionaba os músculos e o outro todo o contrario, do chan saían tuberías de auga quente.
Os baños estaban rodeados por salas de ximnasia chamadas Scholae, logo un paseo verde con fontes e uns edificios con tabernas, tendas, bibliotecas para cultivar a mente e o corpo, coma os gregos.

2. A medicina nos primeiros temposA medicina romana era medio maxia, medio relixión.Todo se confiaba á protección de múltiples deuses especialistas como Febris( protexe da febre e da malaria), Lucina(presidía o nacemento dos nenos) e Bona Dea( fertilidade, castidade e saúde).
Sabemos que os etruscos eran habilidosos practicantes da adiviñación, eran non menos habilidosos de próteses dental.
Unha lei atribuída polo rei Numa prescribía a cesárea cando a nai morría próxima ó parto, para salva-la criatura. Pero non menciona médico ningún. Probablemente cada un facía o que sabía en caso de apuro.

3. A influencia grega na medicina( escolas médicas)

A medicina grega que chega a Roma vén dividida en dúas escolas:
- A de Hipócrates, convencido da vis medicᾱtrix natῡrae e polo tanto seguidora dun método expectante, consistente en non violenta-lo curso da enfermidade. Hipócrates dicía que o primeiro é non facer mal.
- A de Asclepíades era partidaria de actuar para que a curación se producise cito, tuto ac iucunde (?rápida, segura e agradablemente?) porque quen cura é o médico, non a natureza. Utiliza dietas, masaxes, medicamentos e a música. Chegou a practica-la traqueotomía.
Nas obras de Celso atopamos descritas operacións de ciruxía plástica, extirpación de pólipos nasais, amígdalas, etc.
Galeno(130-200) xa practicaba a disección de cadáveres, pero con animais, porque estaba moi mal visto o estudio anatómico de cadáveres humanos na sociedade pero non se impresionaba polos espectáculos de gladiadores de refinada crueldade.

4. Organización sanitaria
Roma foi moi orixinal neste aspecto. Da época etrusca é xa a cloᾱaca máxima, alcantarillado que ademais introduce en Occidente o arco. A gran aportación de Roma é o sistema hospitalario. Non tiñan nada previsto para un escravo enfermo e levábano á illa tiberina e deixábano alí; así é que a illa volveuse o refuxio de tódolos enfermos pobres;ese foi o primeiro hospital: un morredeiro. Despois viñeron os hospitais militares, que foron precisando conforme as guerras que se facían lonxe de Roma e resultaba imposible mandar para casa ós soldados feridos. Creáronse lugares estratéxicos. Apareceron restos deles en Carnuntum(preto de Viena) e en Novesium.
Os médicos que acompañaban ás lexións eran suficientes: un en cada corpo , en cada barco, en cada destacamento e todos sometidos ó médico da lexión que só obecedía ó dux( xefe). Estaban libres de gardas, combates e traballos e tiñan a consideración de oficiais.
Os hospitais públicos apareceron primeiro nas provincias e co tempo apareceron os hospitais de caridade. O primeiro en Roma creouno unha tal Fabiola no s IV d.C.

5. O material cirúrxicoNon era tan rudimentario como puidese parecer, a xulgar polo que aparece na casa dun médico en Pompei. Hai tamén indicios de que se coñecía o espectáculo dental e as propiedades antisépticas de certas unturas.

Sara García Villanueva
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 16-06-2011 00:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0