PANEM ET CIRCENSES
A paixón dos romanos polos xogos ( LUDI) era moi alta e adquiriu o seu apoxeo no imperio . Os emperadores animaban esta paixón con espectáculos ; o pobo non se preocupaba da política , senón que só ansiaba dúas cousas : pan e espectáculos(PANEM ET CIRCENSES) , iso dixo o poeta Juvenal .
Os xogos públicos tamén chamados ludis estaban organizados polos ediles , que normalmente o facían para gañar votos para facerse mais grandes .
Os lugares de representación eran :
- O circo ou ludi circenses :
Os xogos de circo comezaban cun desfile chamado ?pompa? que recorría a cidade e era dirixido polo maxistrado que ofrecía os xogos . No circo realizábanse : o ludis troianus ( batalla entre xovenes aristocraticos) ; exhibicións secuestres ( acrobacias a cabalo );carreiras pedestres e , a mais importante de elas e polo tanto a mais vista , as carreiras de carros (Durante o imperio , dividíanse en fractiones de diferentes cores : branco , azul... e os aurigas que eran os conductores dos carros convertíanse en estrelas canto mais gañasen . )
O circo máis grande e antigo é o circus Maximus.
- O teatro ou ludi scaenci :
Este foi o menos representativo en Roma . As traxedias e comedias eran apreciadas nas clases cultas pero non nas demais . O teatro ten a súa orixe nos diálogos improvisados dos campesinos que pouco a pouco engadíuselle música e danza . As únicas traxedias que se conservan son as de Séneca e tamén da fábula togata , do que pertencen as obras de Terencio e Plauto .Plauto triunfou como actor de comedias e a intención das suas obras é rir , mentres que a intención das obras de Terencio era moralizante. Unha obra de Plauto é ? A cestita? ( obra lida na clase)
A organización no teatro : Os actores agrupabanse en compañias dirixida polo dominus gregis que interpretaba os primeiros papeis . Nos festivais representabase cada día unha comedia e unha traxedia .
Os actores eran todos homes que se colocaban máscaras . No teatro había di´ñalogo , música e danza . os teatros eran semicirculares con gradas ea escea cun muro decotrado con relieves , ...
- Xogos de anfiteatro
O anfiteatro máis emblemático era o Coliseo romano.
Todo anfiteatro conta con : subterráneo( alerías onde esperaban os gladiadores ) , arena ( parte central onde se realizan os espectáculos) ; e cávea ( graderío dividido en tres )
No anfiteatro realizábanse tres espectáculos :
Os combates de gladiadores( combate preferido dos romanos . Os gladiadores convertíanse en tales se eran condenados a morte , a traballos forzosos , ser escravo ou por renunciar aos dereitos como cidadán .Entrenábanse en escolas onde eran alquilados ou vendidos aos organizadores dos xogos .
Antes de loitar , desfilaban ante o emperador co saúdo de : ave caeser morituri te saluta . O ferido da pelexa morría ou non según o que dixera o emperador movendo o pulgar para arriba ou para abaixo . Os vencedores tiñan como premio simbólico unha palma e cantas máis tiveses recoñeceriante como estrela.
- Espectáculos de animais salvaxes ( loitas entre fieras e entre homes e bestas . Os animais eran enviados polos gobernadores das provincias ata Roma . A maior masacre de animais foi nos xogos de tito coa morte de 5000 bestas e moitos gladiadores.
- Naumaquias( simulacros con navíos reais dentro do anfiteatro , o que se enchía de auga para estes xogos . Os combatentes eran gladiadores e criminais . Eran espectáculos caros polo que se deixaron de celebrar.)