VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os escravos (servi)
A EscravitudeOs habitantes da Roma antiga forman dous grupos básicos: libres e escravos.

1. Orixes dos escravosPodian chegar a ser escravos de moitas formas:
a) Escravo por nacemento tamén chamado Verna; cando son fillos de escravos
b) ? Os presos de guerra, o neno abandoado polo pai, venda do fillo polo pai ou de persoas raptadas ou compradas, incluso venda voluntaria.

2. HistoriaNos primeiros tempos os escravos son Famulus,pouco numerosos e están intengrados na familia, case todos traballan no campo e a súa vida e moi semellante a dos seus amos.
Dende o século III a.C, coas conquistas e o enriquecemento dos cidadáns, chegaron a Roma grandes cantidades de escravos presos de guerra, que se vendian nos mercados como calquera outra cousa.
Por exemplo durante a guerra de Macedonia o territorio foi dividido en 3 repúblicas independentes, o Epiro foi destruido e 150.000 epiros foron vendidos como escravos.


Os escravos dividense en dous grupos:
Esclavos públicos: eran os que pertencian o Estado, adicados a construir e a manter servicios colectivos ou a atender comercios ou insustrias en beneficio dunha colectividade.

Esclavos privados: Os que traballaban na cidade adicábanse ó servivio doméstico, algúns Instruidos levan a contabilidade, a biblioteca, a educacion dos nenos... eran persoas de confianza imprescindibles para os seus amos, o seu nivel de vida dentro do que cabe é bo, algúns deles incluso chegan a ter unha mellor vida que persoas libres. Outros adicanse o comercio,e as insustrias do seus amos.
Os que traballan no campo son os que viven en peor condicións, ainda que alguns propietarios intentan facer que teñan unha mellor vida para que poidan conseguir máis rendemento dos ?aprechos? que pagara. Tamén tiñan castigos, un deles era trasladalos da cidade o campo senón traballaban ben, e outo era o castigo das minas e as canteiras que era o traballo maís duro que había , os que estaban alí eran normalmente culpables dalgún tipo de crime.
Hai un descontento polos malos tratos que se producen é que dan lugar a fugas e sublevacións como a encabezada no ano 73 a.C polo gladiador Esparto, a última rebelión e máis significativa dos oprimidos comezou na Sicilia, pero acabou fóra da illa. Espartaco foi un gladiador dos 200 mozos que estaban na escola de gladiadores, na cidade de Capua. Era o escravo máis famoso que comandou a maior revelion dos escravos contra a republica de roma.

Na época imperial considérase deshonroso que unha familia non tivese escravos.

Séneca é un defensor da dignidade humana do escravo grazas a él a sociedade vai mellorando por influencia do estoicismo e do cristianismo, ainda que a causa fundamental é que o sistema económico vaise modificando e a escravitude é inadecuada e innecesaria para o novo sistema de producción.


3. O dereito
En principio os escravos non teñen ningún dereito considéranse unha cousa e podese facer con eles o que se queira. A súa realación nunaca ten catgoría de matrimonio e non pode ter ningunha propiedade.
?Mancipium era a forma de venta romana, tivo por sustento a organización pleveia da familia romana dentro da cal, como xa manifestaron, o pater era o dono absoluto de todos os bens e de todas as persoas que dependian del, as cales podia dar en venta real ou finxida.

? Contubernium: e o que lle chaman o matrimonio entre escravos, ainda que os fillos que teñan vans ser propiedade dos amos.

? Peculium: Chamabanlle asi os aforros que se lles permitia xuntar, a base de propinas e outras ganancias para compraren a sua vez outro escravo que o axude, o sustituia ou incluso para comprar a liberdade.

? Manusissio: Liveracion que fai con frecuencia un amo dun escravo. Isto ten varios procedementos:
 manumissio per vindictam: consiste en tocar o escravo cunha variña chamada vindicta en presencia de maxistrados e testigos
 manumissio censu: o amo inscribe o escravo no censo como cidadan
 manumissio testamento: o amo dálle a liberdade no testamento
 manumissio per epistulam, per mensam inter amicos, ou sexa por medio dunha carta ou convidandoo á sua mesa ou anunciandollelo os amigos, anque estes procedementos non teñen valor legal senón só de feito.
 Rescate cos seus propios aforros.


Os escravos que son liberados chamnse Libertus, adoptan o praenomen e o nomen do amon que ven sendo o seu nome de pila e conserva como cognomen que é o segundo apelido, o nome que xa tiña, queda vinculado a familia do amo coas obrigas propias da clientela e como home de confianza, de tanta confianza as veces que algun libertos imperiais chegaron a ministros e a abusar do seu poder.
Ainda que estan libres non teñen todos os dereitos, so os de:
 adicarse os negocios
 o dereito a votar nas asambleas
 o dereito de casar legalmente


4. REVOLTAS : 1 de cada tres persoas era ?servi?
EUNO: (m. 132 aC) era un escravo de Apamea en Siria. ,dirixiu a revolta de escravos en Sicilia durante a guerra servil. Eunus alcanzou o liderado da revolta pola súa reputación como un mago e profeta. Ademais destas habilidades, Eunus foi capaz de engulir lume e expulsalo a través da boca e dixo que recibiu visións da deus Derceto, unha gran deusa da súa terra natal, que é identificada coa deusa Deméter Latina. Segun euno , unha das revelacións de Derceto foi que a revolta de escravos tendría exito na captura da cidade de Enna.

ESPARTACO: era o cabecilla da famosa revelion de escravos que comezou en Capua, cando un reducido grupo de gladiadores 74 según Livio foran reunidos alí para ofrecer un espectáculo, pero sublebaronse e deron a morte os seus gardas é buscaron refuxio nas ladeiras do Versubio.


Para contrastar información ben neste sitio ou aquí

Sara Lòpez Pazos
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 13-06-2011 20:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0