VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Para rematar o curso como empezamos
Rematar o curso é sempre unha alegría e tamén un momento de reflexión sobre o realizado. imos rematar volvendo cara a mitoloxía agora para falar de Heroes. Comecemos coa primeira cuestión a solventar:

Que é un heroe?

Veremos e falaremos do heroe na mitoloxía, pero tamén e tomando como referencia a Lectura de final de curso. Refírome aos Relatos Verídicos de Luciano de Samósata. Trátase dun relato literario, un xogo logo de ficción , aínda que di ser de verdade, está xogando cos modelos de heroe que a literatura grecolatina tiña entre outras cousas. Por iso preguntamos:

O protagonista dos "Relatos verídicos" é un heroe? Argumenta ben a resposta procurando argumentos na propia lectura (a ser posible máis de de 3 e non menos de 5).

Outra cuestión a dilucidar é que tipo de influencias literarias son máis destacadas nesta obra de Luciano de Samósata Procura exemplos ao longo da lectura onde vexas este tipo de lecturas paródicas de obras da literatura clásica moi coñecidas.

Tamén a historia como xénero sae malparada desta obra crítica. Por que razón?

A filosofía é outro campo da creación que está no puntode nmira de Luciano. Xustifica esta afirmación convenientemente.

O texto está cheo de palabras complexas e compostas de nova creación, é unha das aportacións máis curiosas do texto. Comenta que quere parodiar con este tipo de léxico. Utiliza varios exemplos que te chamaran a atención.

A viaxe a Lúa é un dos relatos máis inxeniosos deste libro, non é o único. cales son os momentos que máis te chamaron a atención a ti? Por que?

Imos relacionar este traballo coa visualización de aventuras de heroes clásicos e mesmo de outras viaxes á lúa que foron famosas.

Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 08-06-2011 06:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0