VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A nosa visita a Lugo abre outra etapa na aula
A visita a Lugo sitúanos no Camiño da descuberta da Cultura Castrexa e do mundo Galaico-romano consecuencia dun proceso denominado ROmanización e que para este territorio peninsular supuxo a entrada na Historia a partir do contacto con Roma que comeza oficialmente no 137 a.C. cos derrota dos Galaicos (unha tribo procedente do esteiro do Miño) que loitaba xunto cos Lusitanos contra o invasor romano). galicia aínda non era Galicia nin en extensión territorial nin no nome. Como se chamaba Galicia daquela? A Ora Marítima, unha fonte do século V d.C. di que se chamaba Ofiusa e que os seus habitantes eran entre outros os Oestrimnios os cales non tardarían en ser invadidos polos Saefes ( ou o que moitos pensan que eran as tribos indoeuropeas portadoras de útiles propios da metarurxía do Ferro e procedentes de centroeuropa) estariamos falando do século VI-V a.C. cando comeza segundo aos arqueólogos a Cultura dos Castros que perdurará 1000 anos, ata o século V d. C. como fórmula máis estendida entre os habitantes do Noroeste penínsular. Que debemos saber sobre a cultura castrexa:
1-Orixe da cultura dos castros(procedencia)
2-Definición: ( do castro ou do castrexo, tipos...)
3-Territorio onde está presente a cultura castrexa.
4- Duración ou etapas polas que pasa a través do tempo.
5- Principais transformacións froito da Romanización.
6- A sociedade nos castros ( economía, vida cotiá...)
7- A relixión castrexa
8- Arqueoloxía ou achádegos ( pétreos, cerámicos e metálicos...)
9- Mitos populares acerca dos castros.

A este apartado sería interesante engadirlle un anexo sobre tres fitos que andan dacabalo entre a lenda e a historia relativos á conquista romana do territorio de Gallaecia. A primeira, a protagonizada por Décimo Xuno Bruto,denominado o galaico, sería a vitoria sobre 60000 galaicos que axudaban aos lusitanos nas súas loitas contra os romanos, que ten unha segunda parte ao cruzar o río Limia, identificado polos seus soldados como o temible río do Esquecemento, aló polo ano 137 a.C. Logo debemos lembrar a incursión de Xulio César no ano 61 a.C. para chegar a ver o solpor en territorio Ártabro, no Fin da Terra, e a terceira das anécdotas pseudohistóricas sería a que ten lugar no final das guerras de Augusto contra galaicos, cántabros e ástures no ano 14 a. C. cando rodean aos últimos bastións do exército destas tribos no Monte Medulio e considerados vencidos, os indíxenas deciden morrer matándose eles mesmos con espadas,lume e veleno de teixo que entregarse a Roma.

Podes consultar neste mesmo blog a categoría (ver á man esquerda) CULTURA CASTREXA.
Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 10-03-2010 22:57
# Ligazón permanente a este artigo
AS TROIANAS unha traxedia ben traballada

Unha grata sorpresa pois este grupo galego "A Parrocha", aínda que representou en castelán realizou un bo traballo e, en xeral, gustou ao público asistente que seguro esperaba menos dunha traxedia, mesmo a pesar da sobreactuación do coro (por veces cunha interpretación para o noso gusto moi forzaba) Neste sentido foron mellores os coros da comedia de pola mañá víamos do grupo Párodos, adaptados a ritmos e bailes tradicionais gregos para unha comedia, claro está. Houbo momentos e traballos actorais moi logrados e ben acabados, como por exemplo o de Casandra e non tanto o de Hécuba, algo máis complicado para unha rapaza nova como era a súa intérprete que resultou en todo caso moi digna.
Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 10-03-2010 22:32
# Ligazón permanente a este artigo
Festival de teatro de LUGO fotos e comentarios

Invitaría a deixar aquí abaixo algún comentario sobre a primeira das obras Asamblea de Mulleres de Aristófanes interpretada polo grupo Párodos do IES Siberia Extremeña, de Talarrubias, Badajoz que vimos pola mañá, ás doce no Auditorio Gustavo Freire e que tivo momentos brillante pola interpretación das rapazas que representaban a escena das dúas vellas desputándose a un mozo cunha rapaza nova.
Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 10-03-2010 22:02
# Ligazón permanente a este artigo
Imos a LUGO, O noso primeiro contacto con Roma
Imos ver dúas obras de teatro ao FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO a Lugo, pero tamén imos tomar contacto con ROMA coa súa civilización e coa cultura castrexa aquela que foi a primeira que de xeito singular se desenvolveu na terra que os romanos nomearon GALLAECIA.




Deixamos aquí uns apuntamentos iniciais:

I-AS FONTES: A través dos achádegos arqueolóxicos e as referencias escritas da época, ou á época, podemos facernos unha composición de lugar do que supuxeron para Galicia dous momentos da súa historia. Por unha banda, a que se pode considerar a primeira cultura de importancia que se xera na nosa terra, a cultura Castrexa, e a inmediatamente posterior e que foi todo un proceso de superposición sobre o mundo castrexo, lento, pero inexorable, referímonos ao mundo Galaico-romano.

II-A CULTURA CASTREXA: ANTES DA CONQUISTA DE ROMA. Xorde na idade dos metais a finais da idade de Bronce arredor do século VII-VI a. de C. desenvolvéndose con elementos indíxenas, centro-europeos e mediterráneos producindo unha cultura específica no noroeste peninsular. Ata o século II a. C. podemos dicir que permanece afastada da influencia romana que se fará máis notable a medida que os romanos avanzan no proceso de conquista da Península ata finalmente dominar e conquistar mesmo o territorio castrexo tras distintas operacións bélicas que rematarán no I d. C. Precisamente do mundo Galaico-romano é do que coñecemos máis testemuñas, dado que a meirande parte dos castros escavados tiveron o seu momento máis álxido precisamente a partir do século II-III d. C., polo que podemos asegurar que aínda queda moito por estudar e concretar en canto a vida castrexa de antes da chegada dos romanos.






III- A CONQUISTA DA GALLAECIA: CREACIÓN DO HÁBITAT GALAICO-ROMANO. Os romanos desexosos de dominar aos pobos cántabros, galaicos e ástures decidiron a conquista, interesados en controlar especialmente o ouro e outros metais nos que este territorio era rico. As primeiras incidencias no contexto castrexo íanse notar claramente mesmo no xeito de construír e de vivir dos habitantes dos castros: as construcións cuadrangulares, as tégulas en lugar das cubertas vexetais, determinados obxectos de uso común como os muíños de man, o torno e a cerámica de importación ou sigilata, etc...Un lugar inmellorable para asimilar e entender in situ este proceso é sen lugar a dúbidas o Castro de Viladonga e o seu Museo, unha das visitas que imos realizar centrará o noso interese xaquelogo nestes aspectos de primeiras incidencias e maduración do proceso de Romanización que se estaría a dar na Gallaecia cando o castro estaba plenamente habitado.

IV-ROMANIZACIÓN: Lucus Augusti é a capitalidade dun dos tres conventus nos que os romanos dividiron administrativamente o territorio da Provincia Gallaecia. Era unha cidade do imperio romano, e como toda cidade haberá algúns elementos que non falten, pero sen dúbida tamén temos que dicir que ou non conservamos ou careceu dalgunhas das construcións típicas das cidades romanizadas. O máis chamativo son as súas murallas as únicas conservadas en toda Europa nas que os carros podían ir en ámbalas direccións, e que foron consolidadas a finais do século III d. C. por medo á inestable situación do Imperio que vivía unha forte crise. Nos arredores de Lugo, e mesmo na cidade atopáronse restos que nos poden indicar claramente por onde e como camiñaba o proceso de Romanización. Faremos un alto especial no apartado da epigrafía e inscricións especialmente abondosas no Museo Provincial de Lugo, utilizaremos certas nocións de epigrafía latina que demos na clase para poder distinguir entre aras e estelas, e outras inscricións honoríficas, as distintas claves e siglas máis frecuentes, etc... A súa Catedral será tamén obxectivo da nosa saída cultural.

PARA AFONDAR: Material complementario estudar o fenómeno da Latinización ( á volta da saída)
V-A LATINIZACIÓN:O cristianismo e Priscilianismo. No proceso de expansión da lingua latina máis alá das cidades e campamentos romanos temos que saber que foi o cristianismo e concretamente Prisciliano unha das claves para que o latín se introducira dun xeito irreversible nas aldeas e lugares máis apartados das vías de Romanización. Precisamente o misterioso lugar de Sta. Eulalia de Bóveda pode ser unha das máis significativas e peculiar construción relacionadas co culto relixioso dos priscilianistas, mesmo se ten dito que podería ser o lugar onde Prisciliano foi soterrado despois da súa decapitación no 385 xunto con outros discípulos seus en Tréveris acusado de herexía, e que condenou tamén todos os seus escritos e documentación, contribuíndo a facer deste movemento, que forma parte do primeiro espertar cultural de Galicia, algo máis enigmático e misterioso. En todo caso sabemos que foi capela cristianizada e que conten unha serie de pinturas únicas no noroeste peninsular.
Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 08-03-2010 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
Mulleres na Grecia Antiga
As mulleres son as protagonistas fundamentais nas dúas obras de teatro, unha traxedia "AS TROIANAS" e unha comedia" AS ASAMBLEíSTAS" que imos ver en Lugo. Por iso imos tamén observar algo máis sobre a súa situación na Atenas do século V/ IV a.C. momento en que están escritas as obras de Eurípides e Aristófanes.

Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 07-03-2010 16:38
# Ligazón permanente a este artigo
As comedias na Atenas Clásica
Atenas era no século V aC. unha democracia escravista fortemente condicionada polo conflito que mantén con Esparta, a segunda cidade-estado en importancia nesta época e que dirixe a súa vida cun modelo ben distinto do ateniense. Este clima de confrontación vai provocar a conformación da Comedia Antiga do que será Aristófanes un dos mellores e máis coñecidos representantes.
Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 03-03-2010 07:11
# Ligazón permanente a este artigo
ATENAS, por que foi a creadora do teatro?
Na Grecia Antiga a partir do 800 a.C. dánse unhas circunstanciasque van coaxudar ineludiblemente a que naza o Teatro no século VI a. C.. Atenas celebraba en honra de Dionisos, deus asociado ao ciclo vexetal dous festivais no ano. Un no ms de xaneiro "Dionisias Rurais ou Grandes Leneas" e outra no mes de marzo "Urbanas ou Grandes Dionisias". Nelas pasouse de facer cantos relixiosos en honor ao deus ás representacións de danzas e máis tarde pezas teatrais con personaxes de modo que se consolide como xénero literario en Atenas pouco despois con autores como Esquilo, Sófocles e Eurípides.



Para que que isto fose posible houbo a sociedade grega tivo que dar varios pasos de gran transcendencia para a súa historia e para a historia europea occidental. Naceu a Filosofía nese camiño para descubrir a esencia do pensamento humano, a autoestima do home como ser fronte ao universo.

Comezou, por outra banda, unha evolución nas formas de goberno dende monarquía á democracia ateniense que como veremos era moito máis progresista que as aristocracias ou as oligarquías que sucederan ás monarquías e tamén máis adiantadas en cando formas de goberno que as tiranías. Sobre todos estes xeitos de gobernar deberemos reflexionar para entender como nace o teatro nunha polis (cidade estado) que será a vangarda dunha coalición cívico-militar a denominada Liga de Delos constituída con cidades afíns despois de vencer aos Persas, unha sociedade ligada ao poderío marítimo de Atenas que vai crear os temores de Esparta, outra das grandes potencias con distintas fórmulas de goberno que rematan nun enfrontamento aberto entre ambas polis e os seus aliados respectivos.
Neste contexto de conflito bélico no último terzo do século V e comezos do IV sucédense representacións teatrais que tocan o tema da Paz e da Guerra, é o caso de Aristófanes autor de comedias de sátira política ou do autor de traxedias Eurípides con traxedias como "As Troianas" de forte contido antibelicista.
Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 22-02-2010 07:50
# Ligazón permanente a este artigo
AS TROIANAS DE EURÍPIDES
"É preciso que rexeite a guerra todo aquel que sexa sensato"

Como empezamos a ler a obra é momento de ver este pequeno vídeo que fala dunha das últimas adaptacións teatrais desta obra:



Temos que reparar necesariamente, á hora de ler As Troianas, nas seguintes cuestións:

1-Estrutura dunha traxedia e desta obra en particular.
2-En que consiste cada unha destas partes e que personaxes actúan?
3- Cal é o significado etimolóxico das palabras: Prólogo, monólogo, párodos, episodio, estásimo e éxodo?
4- Que sentido ten o coro nesta traxedia, que aporta?
5- Cal é a finalidade desta obra?
6- Por que cres que esta traxedia é unha das máis representadas nos nosos días?

7-Quen era Eurípides? Aquí quedan algúns datos sobre el:



Aquí deixamos unha versión que coa adpatación de Antonio Gala emitiu hai moito tempo a TVE e que agora se pode ver íntegra na rede:























Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 17-02-2010 20:24
# Ligazón permanente a este artigo
ENTROIDO e TEATRO
Que teñen que ver o Entroido e o Teatro?
Debes procurar unha resposta de inmediato utilizando distintas entradas antigas deste blog.
Podes consultar en primeiro lugar varios vídeos sobre a orixe do teatro en Grecia, na cidade de Atenas que aparecen na categoría TEATRO (as categorías están situadas na marxe esquerda do blog).
Logo de visualizar os vídeos e sintetizar as ideas fundamentais debes comparar eses datos cos que aparecen sobre a palabra entroido de 4º B e de 4ºA 07/08, e neste mesmo lugar a entrada LUPERCALIA e AS FESTAS DIONISíACAS
Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 17-02-2010 20:22
# Ligazón permanente a este artigo
DESPOIS DE TROIA, A ODISEA
Xa comezamos a traballar coa Odisea imos facer pois unha lectura selectiva dos seguintes cantos VIII- XII deste segundo libro de Homero.
Logo dun traballo cos textos iremos ao visionado dalgunhas secuencias da película que máis recentemente recreou a viaxe de regreso dende Troia do astuto Ulises, rei de Troia.
Aquí tedes outra versión da Odisea

Estes son os primeiros versos da obra:

Cóntame, Musa, a historia do home dos moitos camiños,

que andou errante moito despois de asolar Troia sagrada;

viu moitas cidades de homes e coñeceu o seu talante,

e dores sufriu en gran núrero no mar tratando

de asegurar a vida e o retorno dos seus compañeiros.


Notas de comprensión lectora dos Cantos VIII e IX

CANTO VIII

1- En que lugar se encontra Odiseo, como se chaman os seus habitantes? Lembra que o epíteto ou fórmula con que son nomeados varias veces por Homero é : "os amantes de manexar os remos".
2- Como se chama o rei deste lugar?
3- Que deusa lle axuda baixo apariencia mortal?
4- Que xogos contempla Odiseo? Participa nalgunha competición persoalmente?.
Neste canto Homero lembra por boca dun aedo os amores adúlteros de dous deuses. Narra a historia e logo procura os cadros mitolóxicos de Velázquez asociados a este curioso relato.
5-Que agasallos recibe ademáis dunha nave disposta para o refreso a súa patria?
6-Despois do baño con que personaxe feminino se atopa e fala? Que lle agradece?
7-Logo canta o aedo relatos sobre Troia Onde se fala de Teucros e Dánaos. Que levan os teucros a súa agora?
Alcínoo observou a Odiseo chorar ao escoitar semellantes relatos e suplícalle que lle diga que cousa?

CANTO IX
"Que cousa relatarei en primeiro lugar, cal en último termo, sendo tantos os infortunios que me enviaron os celestiais deuses? O primeiro, quero dar conta do meu nome para que o saibades, e en diante, despois que me libere do día cruel, sexa eu o voso hóspede, a pesar de vivir nunha casa que está moi lonxe. Son Odiseo Laertíada, tan coñecido dos homes polas miñas astucias de toda clase."
1- Que relata a continuación? Que pasa cos cicóns e cos lotófagos?
2-Cal é a terceira aventura? Quen é Polifemo?
3-Cantas naves ían con Odiseo? De onde sacaran o viño?
4-Cando aparece Polifemo, que desastre provoca antes de quedar durmido? Por que nese intre non o mata Odiseo?
5-Ao día seguinte, que ocorre? Como di chamarse Odiseo ante Polifemo? Como saen finalmente da cova?
6-Cal é o designio final que augura Polifemo a Odiseo e os seus compañeiros?

Aquí deixo unha versión que non é igual a do texto de unha parte deste canto IX:


Agora debes seguir ti lendo os cantos X, XI e XII. Ánimo.
Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 28-01-2010 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0