VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

TROIANAS DE EURÍPIDES
Atoparás tres versións ben distintas da famosa traxedia de Eurípides ao final desta entrada:

Antes recomendamos que vexas catro anacos da obra que che irán situando no contido da traxedia que terás que visualizar e resumir:











AS TRES VERSIÓNS:
Escolle logo unha destas tres propostas para ver e resumir a trama da obra máis representada de Eurípides: TROIANAS.

1ª Versión íntegra do 2017:



2ª Versión dos anos 60 de Teatro da RTVE:


3ª A versión máis modesta, pero cargada de traballo e boas intencións de NOITE BOHEMIA, unha mágoa que sendo galegos non a fagan na lingua de Galicia.



Comentarios (0) - Categoría: TEATRO - Publicado o 22-03-2020 16:05
# Ligazón permanente a este artigo
Para un día internacional do Teatro


Para saber máis sobre esta gran obra e ver máis versións ANTÍGONA

Versión de Anouilh en RTVG

Outra versión e unha boa introdución á representación Antígona 2006

Antígona XXI:
Comentarios (0) - Categoría: TEATRO - Publicado o 22-03-2020 15:41
# Ligazón permanente a este artigo
Inversa... teatro clásico?
Unha obra curiosa con raíces clásicas
Comentarios (0) - Categoría: TEATRO - Publicado o 14-12-2018 19:04
# Ligazón permanente a este artigo
Plauto
Plauto 2018
Comentarios (0) - Categoría: TEATRO - Publicado o 06-02-2018 06:14
# Ligazón permanente a este artigo
Filosofía, teatro e democracia en Atenas.
A influencia da filosofía e da democracia no teatro grego:

A invención do teatro está intimamente ligada a evolución política de Atenas, e esta evolución tamén é unha consecuencia do paso do mito ao logos, é dicir, da aparición da filosofía, do coñecemento do mundo e do ser humano con carácter científico.

Se o lema "coñécete a ti mesmo" do templo de Apolo en Delfos (o templo data do século VII)auguraba os mellores tempos para a filosofía grega, non poderemos entender tampouco a evolución dos ritos sagrados de Dionisio cara a unha manifestación cargada de ideoloxía do teatro en Atenas. O teatro é unha ferramenta política da Atenas democrática para concienciar, popularizar e difundir o novo réxime político e as súas institucións. Un exemplo moi claro podemos velo na obra das Euménides de Esquilo, onde se pasa do mito ao logos, de deidades primitivas como as Erinias a deuses novos como Apolo/Atenea que promoven novas fórmulas de goberno e das súas institucións (Areópago).

O interese da filosofía polo mito como exemplo e reflexión sobre a existencia humana, a súa realación cos deuses,etc... propiciou axiña a súa aparición no teatro cun uso moi semellante.

A función dos mitos que a traxedia utiliza e remodela ou reinventa, consiste en ser a expresión dunha "época pasada", con patróns políticos caducos e obsoletos, que se mostra como "allea" en relación coas normas actuais, as novas formas de goberno da polis de Atenas.


E se a traxedia escolle o mito e unha linguaxe elevada e transcendente para educar ao pobo. A Comedia ateniense do século V a.C. é claramente política e se sitúa no medio do debate a crítica aberta das opinións contrarias como podemos comprobar nas obras de Aristófanes.

Os mestres da verdade (tanto autores tráxicos como de comedias) son conscientes da función do teatro, pero tamén os propios gobernantes que se implicaban na organización dos concursos teatrais, presidían as repesentacións e procuraban habilitan espazos como o teatro de Dionisos en Atenas que reunían a máis de 15.000 persoas ao redor destes eventos de masas e de gran transcendencia social.

A traxedia e a comedia permitían o encontro cos límites da condición humana e coas leis que regulan tal condición no contexto da polis, á vez que posibilitaba e fomentaba a unidade dos cidadáns. Pero o teatro non só reunía a pobo na diversión, senon que tamén -sobre todo-, o educaba (tiña unha función pedagóxica e identificadora -construtora da identidade social-, na sociedade ateniense).

O teatro serviu desta maneira, para vehicular os ideais democráticos que naceron en Atenas e que facía ver a outras cidades tamén a través das representacións teatrais, ben porque se exportaran dende alí, ou debido aos espectadores estranxeiros invitados ás Grandes Dionisíacas.
Comentarios (0) - Categoría: TEATRO - Publicado o 31-03-2016 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
DE DELFOS A ATENAS nas Euménides de Esquilo

A traxedia de Esquilo titulada Euménides, non deixa de ser unha peza tráxica realmente chamativa porque, entre outras cousas, aínda que parte dunha serie de asasinatos e toca temas transcendentais que aborda un heroe como Orestes, non remata coa morte do mesmo.

Forma parte dunha triloxía (algo habitual),de feito é a única do autor que se nos conserva, pero á vez é, das tres obras das que forma parte, a menos representada: Agamenón e As Coéforas foron con moito sempre máis populares.

As últimas adaptacións realizadas desta obra deixan ver a todas luces a súa singularidade. Aínda que contamos cun traballo da Universidade de Barcelona moi interesante e completo para podérmonos achegar a esta obra de Esquilo, imos realizar unha síntese que nos permita entender cales son estas peculiaridades a grandes trazos.

DE DELFOS A ATENAS

A obra sitúa a acción en dous lugares ben distintos e distantes, en lugar dun só espazo como é o que acontece con case que todas as obras conservadas. Os espazos son o santuario de Delfos de Apolo e a democrática Atenas.

Ao utilizar o adxectivo democrática, estamos indicando dalgún xeito unha segunda característica específica das Euménides: o salto do tempo mítico ao tempo coetáneo á representación, é dicir, a Atenas do século V a. C. Fanse mencións a institucións e apelacións directas á cidadanía ateniense do momento, cousa tamén estraña á traxedia grega.

Xa indicamos un tercer aspecto raro como é que o heroe, lonxe de morrer, viva.

O desprazamento de Delfos a Atenas, que vén acompañado da presenza de dous deuses "novos" é fundamental para entender a trama desta peza que xira ao redor da xustiza e que nos leva á reflexión sobre o nacemento de novas formas e leis para conquerir unha verdadeira xustiza. Logo o desprazamento espacial ten tamén unha lectura política e social.

É moi importante sinalar que o teatro nace e ten unha compoñente relixiosa innegable, pero á vez é incuestionable que evoluciona cara a unha fórmula política e didáctica de socialización. As obras de teatro son dependentes do poder e contribúen poderosamente a perfilar moralmente ao conxunto dos cidadáns de Atenas. O teatro é unha ferramenta moi útil para educar á sociedade desta polis que estaba en pleno desenvolvemento dun novo sistema político chamado democracia.

Neste sentido Esquilo entendeu perfectamente a funcionalidade do xénero do que foi un deses mestres da verdade, se ben aínda non é quen de centrar os conflitos plenamente no ámbito humano e outórgalle aos deuses un papel central nas súas tramas.
Comentarios (0) - Categoría: TEATRO - Publicado o 28-03-2016 15:15
# Ligazón permanente a este artigo
A EVOLUCIÓN DO RITO DE DIONISIOS ATA SER TEATRO
DO RITUAL AO TEATRO:Imos ver dúas descricións da orixe e evolución do Teatro:





Cuestións: SOBRE UN DOS PRIMEIROS AUTORES GREGOS:
1-Resume a trama da obra de Esquilo titulada Agamenón.

O ESPAZO CREADO PARA AS DIONISÍACAS:O deus Dionisios, deus do viño e do teatro.







Cuestión:
2- Repara nas distintas partes do teatro grego:

Imos coñecer aos mestres da verdade, os autores da traxedia máis destacados da Atenas do século V a. C.:



Agora saberemos como nacen e evolúen: o Drama satírico e a Comedia Antiga e a Comedia Nova:



Cuestións:
Que é un drama satírico e en que se diferenza dunha Comedia?
Quen era Aristófanes? Cales sons as características da Comedia antiga? Ler "un día no teatro".

Cales son as características da Comedia Nova de autores como Menandro?

A herdanza do teatro grego pasou finalmente a Roma:





Comentarios (0) - Categoría: TEATRO - Publicado o 24-03-2015 16:18
# Ligazón permanente a este artigo
Xéneros, autores e ciclos do teatro grego
A TRAXEDIA

A orixe do nome da traxedia ponse en relación co culto á fertilidade no que aparecen os sátiros ?tragoi?(machos cabríos). Os oferentes de Dionisio disfrazábanse así porque era esa forma de aparición do deus. "Tragodia"será o canto dos machos cabríos, dos sátiros, segundo Aristóteles este novo xénero dunha evolución do drama satírico, producida grazas a introdución dun actor, personaxe que dialoga co coro atribuído ao autor Tespis instaurado o concurso de traxedias por Pisístrato no 534 a.C.

Os cantos rituais dos coros irán perdendo relixiosidade pasando a ser un canto heroico. Esquilo máis tarde introducirá o segundo actor protagonista, e Sófoclés contará con un terceiro actor para os diálogos co que pouco a pouco a extensión dos cantos líricos do coro redúcese.

Mentras o texto dos protagonistas medra pasándose dunha forma lírica a outra fórmula onde importa máis a análise de caracteres. A traxedia xirará arredor dunha vivencia transcendental e de carácter universal pola que pasa o heroe, obriga a facer unha reflexión sobre sobre o home de aí a intemporalidade da traxedia. Entendeuse deste xeito o teatro coma un medio válido para a educación dos cidadáns.


OS MESTRES DA VERDADE

En Grecia e en Atenas, en especial, tiñan unha gran predilección polos autores teatrais considerados mestres da verdade pola súa función educadora. Destacan tres autores tráxicos.

ESQUILO 525-456 a. C. Dise que escribíu 90 obras das cales conservamos 7 completas: ?As Suplicantes?, ?os Persas?, ?Sete contra Tebas?, ?Prometeo encadeado?. É autor tamén da triloxía que xira sobre o mesmo tema: ?Agamenón?, ?as coéforas? e ?as Euménides?. No concurso das Grandes Dionisias do ano 468 a.C. foi derrotado por Sófocles. Os seus personaxes manteñen sempre unha gran dependencia das divinidades e sufren unha fonda dor.






SÓFOCLES. 495-405 a.C. Consérvanse del tamén 7 traxedias: ?Aiax? ?Antígona?, ?Traquinias?, ?Edipo rei?, ?Electra?, ?Filoctetes?, ?Edipo en Colona? e o drama satírico ?Os sabuesos?. Son obras dun poderoso transfondo humano, que á vez reflicten o esplendor político da Atenas de Pericles.

? Moitos son os misterios, pero nada máis misterioso que o home...ensinouse a sí mesmo a linguaxe e o alado pensamento asemade as civilizadas formas de rexirse...?
Coro de Antígona de Sófocles.

Antígona, nunha versión cinematográfica de 1961:





Versión de B. Brecht cara o século XXI:


E unha de tantas adaptacións modernas:



EURÍPIDES 484-406 a.C. Algunhas das súas obras conservadas son ?Andrámaca?, ?As Heraclidas?, ?as Troianas?, ?Helena?, ?Medea?, ?Electra? e ?As Bacantes?. Achégase máis a aspectos cotiáns como a relacións entre as persoas, a situación da muller,a guerra, o amor, preferindo unha expresión retórica e elaborada.

Troianas vesións en cine e teatro moderno:




A COMEDIA

Procede o seu nome dos cantos xocosos dos campesiños, asociados tamén ás leneas ou ménades que participaban dos cultos orxiásticos a Dionisio. No século V a Comedia chamada Antiga é de temática política e crítica da situación social. No século IV a temática preferida será o amor. A comedia ten un agón ou debate entre actores e unha parábase cargada de incisos destinados ao público. Faise uso dun vocabulario obsecno e atrevido cheo de ironías.

ARISTÓFANES(445-387 a.C) é o mellor representante da Comedia política. Conservamos once obras escritas despois do comezo da guerra entre Esparta e Atenas, por iso ?Acarnienses?, ? A Paz? tocan o tema da guerra anque o seu carácter antibelicista aparece vencellado ao tema da muller en ?Lisístrata? e ? Asambleistas?. ?As Nubes? é unha crítica do filósofo Sócrates, Ao político Cleón e ao goberno da cidade critícaos en ?Cabaleiros?, ?Aves? e ?Avespas?, reservando ?As Rás? para meterse co autor dramático Eurípides. Á farsa fantástica protagonizada por xentes correntes, caracterizados psicoloxicamente como antiheroes audaces e astutos.


MENANDRO (342-293 a.C.) A creación de personaxes-tipo, como o parasito, o escravo intrigante, os namorados serán terán unha gran influencia máis tarde en Plauto e Terencio no teatro latino. ?O misántropo? ou ? a arbitraxe? son dúas comedias de tema amoroso.


Bobecino: "Non me tomedes a mal, oh público honorable, que sendo un esmoleiro, aquí entre cidadáns fale de política na medtade dunha comedia, pois a verdade tamén sabe a comedia...? Acarnienses, de Aristófanes.


O DRAMA SATÍRICO
Despois da triloxía de traxedias en forma dun drama tráxico cómico cos coreutas vestidos de sátiros representaba o drama satírico.


OS CICLOS TEMÁTICOS DA TRAXEDIA GREGA:

Micenas: Membros da familia reinante na cidade: Agamenón, Clitemnestra, Electra, Ifixenia e Orestes.

Tebas:Edipo é o personaxe central, Laio seu pai e a súa nai-esposa Iocasta, e os catro fillos deste matrimonio: Eteocles, Polinices, Antígona e Ismene. Creonte, irmán de Iocasta. A este ciclo pertence Penteo, neto de Cadmo e vitima da furia das Bacantes.

Troia: Hécuba e as Troianas, ou Aiax o heroe grego que morre en Troia.

Outros:Heracles ou Prometeo protagonizan outras traxedias.
Comentarios (0) - Categoría: TEATRO - Publicado o 04-03-2012 21:38
# Ligazón permanente a este artigo
O TEATRO ASOCIADO Á VIDA DA POLIS

O Teatro era un feito social de primeira importancia na Atenas do século V a. C. O pobo acudía en masa enchendo as 15000 prazas do teatro de Dionisio. Por iso non debemos esquecer o contexto histórico no que naceu.
O teatro representaba un fenómeno complexo como institución cívica e relixiosa relacionada intimamente coa vida da polis. Compartía coa democracia ateniense do século V a. C. o seu mellor momento, un sen a outra non se entenderían. Segundo o filósofo Aristóteles o espectáculo tráxico causaba nos seus espectadores unha purificación (katharsis) da que se deducen os seus efectos sobre a moral pública dos cidadáns. Os gregos crían na función educativa do teatro , por iso o propio goberno da cidade era o encargado de organizar as representacións. O arconte como xefe do goberno e cos cartos públicos anualmente escolle aos autores e actores protagonistas de máis sona e a un corego (un cidadán rico que toma como un honor pagar un coro e as súas vestimentas). Arredor do festexo sempre existía unha propaganda e concienciación cívica dos cidadáns.
Comentarios (0) - Categoría: TEATRO - Publicado o 28-02-2012 21:35
# Ligazón permanente a este artigo
EDIPO REI DE SÓFOCLES


Vimos unhas secuencia da película de Pasolini Edipo, fillo da fortuna (1967) gravada con ese xeito de facer cine dos autores italianos dos 60 chamado "neorealismo". Procuran recrear cunha montaxe austera unha atmmósfera verosimil para como é o caso unha traxedia que orixinalmente ocorre na Grecia antiga, en lugares como a Tebas mitolóxica ou Corinto. O director gravou a película en Marrocos entre os pastores, usando como banda sonora os propios cantos tradicionais marroquís e unha paisaxe que ben podería ser simbolicamente equivalente a Hélade de Edipo e da súa nai e esposa Iocasta.

Os precedentes da traxedia son os primeiros en aparecer, xusto despois dunha imaxes rodaddas e ambientadas na Italia de comezos do século, para tamén deixar no cabeceira e no final unhas imaxes de contraste entre o mundo europeo e a meirande parte da película que transcorre en espazos semidesérticos de Marrocos como dixemos. É un peculiar xeito de insinuar o denominado "complexo de Edipo" ao asociar o espazo Italiano a infancia previa ao abandono de Edipo por parte dos seus pais verdadeiros e finalmente despois do desenlace da traxedia antes de marchar ao desterro, consumado pois para o espectador triste final do que nos deixou narrado Sófocles na súa traxedia Edipo rei, e insinuando para os coñecedores do mito a súa partida para Colono. Estamos por outra parte nos precedentes doutra das grandes traxedias de Sófocles: Antígona.

É conveniente coñecer os promenores desta traxedia antes de pasar á lectura de Antígona, unha das fillas de Edipo.

Estas preguntas axudaránte a facer memoria:
- Quen Fundara Tebas?
- Por que lle din a neno recén atopado, seus pais de Corinto, "os meus peciños inchados"?
-Por que fora abandonado edipo e con que fin?
- Como comeza Edipo a súa procura de si mesmo?
- Que era unha pitonisa? Onde residía?
- Cal era o nome do rei que viaxaba nun carro que mata nun cruce de camiños?
- Que é unha esfinxe? Descríbea. Cal é o enigma que lle propuxo solucionar a Edipo? Procura unha pintura de Edipo e a esfinxe de Tebas.
- Cal era o premio por liberar a tebas da esfinxe?
Resume o argumento da traxedia de Sófocles, Edipo rei que comeza cunha nova peste na cidade de Tebas. Cal é a causa de dita peste?
- Como descubre o motivo da peste Edipo?
- Que papel xoga na descuberta o adiviño Tiresias?
- Cal é a reacción de Iocasta?
- Cal é a reacción de Edipo ao coñecer a orixe da peste de Tebas?
-Quen reinará en Tebas unha vez que Edipo abandona a cidade?
- Quen son Eteocles e Polinices? Que tipo de relación teñen? Por que causa están enfrontados?
- Quen era Creonte?
- Realiza unha árbore xenealoxica da familia de Edipo, podes comezar cos fundadores de Tebas.

Deixamos aquí un vídeo sobre Sófocles o autor de Edipo:

para saber máis sobre EDIPO REI
Un artigo máis completo sobre EDIPO
o texto da traxedia de Sófocles
Categoría: TEATRO - Publicado o 05-03-2009 00:11
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0