Na mitoloxía grega, Ifixenia (en grego Ίφιγένεια Iphigeneia, ?muller de raza forte?) era unha filla do rey Agamenón y da raíña Clitemnestra. As veces considérase una filla de Teseo e Helena criada por Agamenón e Clitemnestra.
O MITO
Artemisa castigou a Agamenón tras matar éste a un cervo sagrado nunha arboleda sagrada e alardear de ser mellor cazador. No seu camiño a Troia para participar na Guerra de Troia, os barcos de Agamenón quedaron de súpeto inmóviles ao deter Artemisa o vento en Áulide. Un adiviño chamado Calcas revelou un oráculo según o cal a única forma de apaciguar a Artemisa era sacrificar a Ifixenia, flla de Agamenón. Según algunhas versións, éste así o fixo, pero a maioría afirma que Artemisa a sustituíu no último momento por unha corza ou unha cerva y a transportou a Táurica, en Crimea, onde a convirtiu na súa sacerdotisa y tiña a misión de sacrificar aos estranxeiros como ofrendas a deusa.
Hesíodo chamábaa Ifimedia (en grego Ἰφιμέδεια) no seu Catálogo de mulleres e dicía que se convirtiu na deusa Hécate. Antonino Liberal dicía que Ifixenia foi transportada a illa Leuce, onde casou con Aquiles baixo o nome de Orsiloquia.
Según Eurípides, Ifixenia aparece na historia do seu irmán, Orestes. Para escapar da persecución das Erinias por matar a súa nai Clitemnestra y ao seu amante, Apolo ordenou a Orestes que fose a Táurica, tomase a estatua de Artemisa que caira dende o ceo e a levase a Atenas. Orestes marchou a Táurica co seu íntimo amigo Pílades, o fillo de Estrofio, e ambos foron encarcelados polos habitantes da rexión, os tauros, que tiñan a costume de sacrificar todos los estranxeiros a Artemisa. A sacerdotisa de Artemisa encargada de realizar o sacrificio era a súa irmá Ifixenia, quen se ofreceu a liberar a Orestes (sen saber que era o seu irmán) se éste levaba consigo unha carta hasta Grecia. Orestes refusou facelo, pero ofreceu a Pílades levar la carta mentras él quedabase para ser sacrificado. Tras un conflito de mutuo afecto, Pílades terminou por acceder, pero a carta fixo que Orestes e Ifixenia se recoñeceran y os tres escaparon xuntos levando con eles a imaxe de Artemisa. Tras o seu retorno a Grecia, Orestes tomou posesión do reino do seu pai, Micenas (matando ao fillo de Egisto, Aletes), ao que anexou Argos e Laconia, e Ifixenia depositou la imaxe no templo de Artemisa en Braurón, Ática, onde permaneceu como sacerdotisa de Artemisa Brauronia. Según os espartanos, a imaxe de Artemisa foi levada por eles a Laconia, onde a deusa foi adorada como Artemisa Ortia.
Ifixenia é coñecida polas fontes mitolóxicas gregas dende os séculos VII-VI a. C. e estaba tan estreitamente identificada con Artemisa, que algúns investigadores creen que orixinalmente era unha deusa da caza rival cuxo culto foi subsumido por Artemisa.
IFIANASA
Ifianasa (en grego Ἰφιάνασσα), unha das tres fillas de Agamenón na Ilíada de Homero (Libro IX, 145 y 287), é as veces confundida con Ifixenia. Homero no menciona o sacrificio de Ifixenia e o nome Ifianasa pode ser simplemente unha antigua variante de Ifixenia. A maioría dos investigadores coinciden sen embargo en que Ifianasa e Ifixenia, a pesar do parecido dos seus nomes, probablemente foran persoaxes bastante diferentes.
CIMÓN
O episodio de Ifixenia e Cimón que inspirou a pintores como Benxamín West (1773), John Everett Millais (1848) e Frederic Leighton (1884) non é en realidade un mito grego, senón unha novela tomada do Decamerón de Boccaccio, posteriormente desenrrolada polo poeta e dramaturgo John Dryden.
A historia pretendía demostrar o poder do amor. Cando Ifixenia durme nunha arboleda xunto ao mar, un nobre pero ordinario e inculto xoven chipriota, Cimón, vendo a beleza de Ifixenia, enamórase dela e, polo poder do amor, se convírtese nun culto e fino cortesano.
Normalmente considéraselle fillo de Laertes e de Anticlea, durante unha tormenta no monte Nérito de Ítaca.
Foi discípulo, coma moitos outros heroes, do centauro Quirón. Un xabarín feríulle un xeonllo no monte Parnaso mentres estaba de cacería co seu avó Atólico, o que moito máis tarde faría que o recoñecesen en Ítaca.
En Lacemonia é hóspede de Ífito, que lle regala o arco co que mata ós pretendentes de Penélope na Odisea.
Viaxa a Efira e pídelle a Ilo veleno para as súas frechas, sen conseguilo. Despois Anquílano dállo en Tafos.
Cando se converte en rei é xusto, hospitalario e goza da protección de Atenea. Pedíu a man de Helena, pero desanimouse ó ver a cantidade de pretendentes pide o matrimonio a unha curmá desta, Penélope. Para gañar a amizade de Tindáreo, pai de Helena, e xa que se caracteriza por ser moi astuto, aconséllalle que os pretendentes desta xuren protexer ao elixido para ser seu esposo. Grazas a isto pode casar con Penélope.
Despois de ter un fillo, Telémaco, Paris rapta a Helena, e Ulises faise o tolo arando a praia e prantando sal para non ir á guerra. En Homero, Odisea, XXIV, 110; di Agamenón: "...¿Ou non te lembras cando cheguei ao voso palacio en compañía do divino Menelao para incitar a Odiseo a que nos acompañara a Ilión?...Durante un mes recorremos o ancho mar e con dificultade convencemos a Odiseo, destructor de cidades..." O que indica que Ulises non quería ir á guerra ó principio. Pero Palamedes puxo a Telémaco no seu camiño e tivo que colaborar. Axudou a reclutar reis, foi como embaixador a Troia para negociar e sacou a Aquiles do seu escondedoiro, nos aposentos das mulleres do palacio do rei Licomedes. Disfrazouse de mercader e entrou, e mentres as mulleres miraban as teas, Aquiles disfrazado coma unha, foi ver as armas e descubriuse. Pero na película ?Troia? Ulises convence a Aquiles mentres adestra ó seu primo Patroclo e falando tranquilamente.
Penélope:
Posíblemente é filla de Icario e Peribea. Tamén pode ser sobriña de Tindáreo. Icario non quería que Penélope se fose, e pediulle a Ulises que quedase. Dixo que non e deixou decidir a Penélope, que o elixiu a el.
Hai un mito que dá explicación ó seu nome. Chamábase Arnea. Un dos seus pretendentes, Nauplio, dixolle que Ulises morrera, e tirouse por un precipicio. Pero uns patos salvárona e decidiu chamarse Penélope (Pato salvaxe). Despois da noticia da suposta morte de Ulises instaláronse un centenar de pretendentes a casar con ela, e Penélope dixo que se decidiría cando rematase un suario para o seu sogro, que facía durante o día e desfacía pola noite ata que a traizoou unha criada.
Cando Ulises volve a Ítaca e despois de matar ós pretendentes de Penélope, esta só o recoñece porque lle conta cousas da súa noite nupcial que só eles coñecen. Atenea alonga a noite para que gocen de máis tempo xuntos.
Cando Helena chegou a idade para casarse, tivo moitos pretendentes que acudiron de tódalas partes de Grecia, animados pola fama da súa gran beleza e porque ela e o seu esposo reinarian en Esparta. Tindáreo temendo provocar unha guerra entre os pretendentes rexeitados seguiu un consello de Odiseo. E a cambio prometeulle a súa axuda para conseguirlle a súa sobriña Penélope como esposa.
O consello de Odiseo consistía en arrincarlle aos pretendentes o xuramento de acatala decisión sobre quen seria o esposo de Helena e a obriga de acudir ó auxilio do elixido se en algún momento a súa esposa fose disputada. Unha vez realizado o xuramento, Helena elixiu como esposo a Menéalo, irmán de Agamenón, rei de Micenas (noutras versións de Argos)que a súa vez casou coa súa irmá Clitemnestra.
Menelao e Helena tiveron unha filla chamada Hermíone.
Troia, a cidade lendaria das guerras entre gregos e troianos cantada por Homero na Ilíada.
No século XIX un comerciante alemán que cría ciegamente en Homero quixo demostrar que a guerra de Troia non era a fantasía dun poeta. Heinrich Schliemann, que falaba oito idiomas e sabíase a Ilíada de memoria, lograra o diñeiro suficiente para viaxar a Turquía. Alí explorou a costa dos Dardanelos coa Ilíada na man, seguindo fielmente as indicacións de Homero sobre o emprazamento da cidade e deduciu que esta só podía acharse no outeiro de Hissarlik. Schliemann comprou dita outeiro e comezou a excavar.
Excavaciones posteriores revelaron a existencia de 9 Troias, unha encima doutra en diferentes épocas. A cidade destruída polos gregos está en dúbida entre Troia VIN e Troia VII, pero parece esta última a máis fiable porque Troia VIN fué destruída por un terremoto e Troia VII por un incendio cara a 1200 A.C., como se explica na Ilíada.
A cidade situábase nunha posición estratéxica, cunha ciudadela cos edificios mais representativos, rodeada de imponentes murallas e as casas particulares situadas fóra da mesma, en pártea sur da cidade.
O estudo de Bleguen e o seu equipo admitiron que Houbo unha expedición grega que foi a destrución de Troia VII-A cara a o 1250 a.C., pero ata agora non xa podido demostrar quen foron os atacantes de Troia VII-A.
Moses Finley nega os elementos místicos dos poemas homéricos e sinala as ausencias de probas arqueolóxicas achega da historicidade do mito.
Joachim Latacz aprobou a orixe micénico da lenda, pero, coa historia da guerra, mostrouse cauto e só a admitido que é probable a existencia dun sustrato histórico da lenda.
Carlos Moreu interpretou unha inscripción exipcia de Medinet Habu no que narra os ataques sobre Exipto dos pobos do mar. Os aqueos atacaran varias rexións de Anatolia: Troia e Chipre.
Homero é o nome dado ao poeta e rapsoda grego antigo ao que tradicionalmente se lle atribúe a autoría das principais poesías épicas gregas ? A Ilíada e a Odisea - .
ETIMOLOXÍA.
O nome de Hómēros é una variante xónica do eólico Homaros. O seu significado é refén, prenda ou garantía. Hai unha teoría que sostén que o seu nome provén dunha sociedade de poetas chamados os Homēridai, que literalmente significa ?fillos de reféns?, é dicir, descendentes de prisioneiros de guerra. Dado que estes homes non eran enviados á guerra ao dubidarse da súa lealdade no campo de batalla, non morrían neste. Por tanto se lles confiaba o traballo de recordar a poesía épica local, para lembrar os sucesos pasados, nos tempos anteriores á chegada da literatura escrita.
BIOGRAFÍA.
Na figura de Homero conflúen realidade e lenda. A tradición sostiña que Homero era cego, e varios lugares reclamaban ser o seu lugar de nacemento: Quíos, Esmirna, Colofón, Atenas, Argos, Rodas, Salamina, Pilos, Cumas e Ítaca.
Datos biográficos recollidos pola tradición.
O Himno Homérico a Apolo Delio menciona ?que é un cego que reside en Quíos, a rochosa?. O poeta lírico Simónides de Amorgos atribúe ao ?home de Quíos o seguinte verso da Ilíada ?¿Por que me preguntas a miña linaxe? Como a linaxe das follas son?. Luciano de Samósata di que foi un babilonio enviado a Grecia como refén (grego antigo ὅμηρος, homêros, e de aí o seu nome.
Pausanias transmite unha tradición dos chipriotas, quen tamén reclamaban para si a Homero:
Din que Temisto, unha muller do lugar, era a súa nai, e que Euclo profetizou o nacemento de Homero nestes versos:
E entón na costeira Chipre existirá un gran cantor,
ao que dará á luz Temisto no campo, divina entre as mulleres,un cantor moi ilustre lonxe da moi rica Salamina.
Deixando Chipre mollado e levado polas ondas,
cantando el só o primeiro as glorias da espaciosa Hélade.
Será inmortal por sempre e non coñecerá a vellez.
Sen embargo, tamén se conserva o seguinte epigrama, atribuído ao poeta helenístico Alceo de Mesene, no que Homero protesta sobre a súa orixe salaminia, e nega que se puxese unha estatua súa nesta cidade e que o seu pai fora un tal Demágoras:
Nin aínda que o martelo surxir como Homero de ouro me fixera entre raios flameantes de Zeus, son nin serei salaminio nin o fillo de Meles o será de Demágoras; ¡tal a Hélade o vexa! Con outro poeta probade; e os meus versos vós aos Helenos, Musas e Quíos, cantádeos!
Hai un rumor que di que morreu en Íos.
Pausanias recolle isto e fala sobre unha estatua de Homero que viu e un oráculo que leu, no Templo de Apolo en Delfos:
Podes ver tamén (no pronaos do Templo de Apolo en Delfos) unha estatua de bronce de de Homero sobre unha estela e nela lerás o oráculo que din que tivo Homero:
Ditoso e infortunado, pois naciches para cambiar cousas,
Buscas unha patria. Tes unha terra natal, pero non unha patria. A illa de Íos é a patria da túa nai, que cando morras te recibirá. Pero vixía o enigma dos novos mozos.
Ademáis sinala que:
Os de Íos ensinan tamén un sepulcro de Homero nunha illa e noutro lugar un de Clímene, e din que Clímene era a nai de Homero.
Aínda xa na época da Grecia Clásica non se coñecía nada concreto e seguro acerca de Homero, a partir do período helenístico empezaron a xurdir unha serie de biografías acerca do que recollían tradicións moi diversas e a miúdo datos de contido fabuloso. Nestes relatos menciónase que antes de chamarse Homero se chamara Meles, Melesígenes, Altes ou Meón, así como datos moi diversos e con numerosas variantes acerca da súa ascendencia.
Existe unha tradición na que se di que Pitia deu unha resposta ao emperador Adriano acerca da procedencia de Homero:
Pregúntasme pola ascendencia e a terra patria de unha inmortal serea. Pola súa residencia é itacense; Telémaco é seu pai e a nestórea Epicasta súa nai, a que o alumeou con moito ao varón máis sabio dos mortais.
OBRAS QUE LLE FORON ATRIBUÍDAS.
Ademais da Ilíada e a Odisea, a Homero se lle atribuíron outros poemas, como a épica menor cómica Batracomiomaquia (?a guerra das ras e os ratos?), o corpus dos himnos homéricos, e varias obras fragmentadas como Margites. Algúns autores antigos atribuíanlle o Ciclo épico completo, que incluía máis poemas sobre a Guerra de Troia así como epopeas que narraban a vida de Edipo e guerras entre arxivos e tebanos.
A CUESTIÓN HOMÉRICA.
Denomínase cuestión homérica a unha serie de incógnitas prantexadas en torno aos poemas homéricos. Entre os interrogantes máis debatidos atópanse quen foi ou foron os seus autores e de que modo foron elaborados.
Os investigadores están xeralmente de acordo en que a Ilíada e a Odisea sufriron un proceso de estandarización e refinamento a partir do material máis antigo no século VIII a. C.
Un papel importante nesta estandarización correspondeulle ao tirano ateniense Hiparco, quen reformou a recitación da poesía homérica na festividade Panatenea. Esta reforma implicou a confección dunha forma canónica escrita.
MIRIAM MARTINEZ IGLESIAS
Deixamos aquí un par de enlaces para poder consulatr e ler os cantos da Odisea de Homero. Lembrade que imos traballar cos cantos VIII ao XII principalmente.
Tetis e Peleo.
Peleo na mitoloxía grega foi o pai de Aquiles, polo cal Aquiles é chamado a veces Pelida. Era fillo de Éaco e de Endeis, reis dos mirmidóns de Egina. Neto de Zeus e Egina (pai) e Estirón e Carido (nai).
PELEO EN FTÍA
Sendo aínda el xoven príncipe de mirmidón, Peleo viaxou a Ftía, un pequeno país na costa Egea de Tesalia, donde reinaba Acasto. Alí a muller de éste, A stidamia, enamorouse de él. Sen embargo, Peleo rechazouna. Ante o cal, presa do despeito, a reina acusouna ante o seu home de intentar seducila.
O reí, con intención de vingarse, invitou a Peleo a unha caza nos seus territorios da fronteira norte do reino. No transcurso do cal, os homes do reí apresaronno, roubaronlle a súa espada, valiosa regalada polo seu pai, atarono e abandonaronno a súa sorte, sen cabalo e sen comida, nun territorio no que vivían os centauros. El primero destes seres co que se encontrou foi Quirón, de quen pronto se fixo amigo e axudoulle a regresar ao seu fogar. Ésta converteriase nunha amistad de por vida, e Peleo, coñecendo a sabiduría de Quirón, máis adiante confiarialle a educación do seu fillo Aquiles.
Unha vez de regreso e a a salvo no seu fogar do palacio de Egina, relatou todo o sucedido ao seu pai. Éste, todo furioso, concedeulle o mandó ao seu exercito. De ese modo regresou a Ftía,matou a o rei e a reina pola súa infamia e adueñoso definitivamente do país, no cal se convertería na nova terra dos mirmidóns que o acompañaron.
VIAXE DOS ARGONAUTAS
No seu exercito non solo marchaban mirmidóns, sinon moitos outros heroes gregos.Foi así como coñeceu a Jasón e a os Dióscuros. Con eles converteuse na parte da tripulación dos Argonautas no temerario viaxe a Cólquida na busca de Vellocino de oro.
A o seu regreso de Cólquida, Peleoestableceuse en Ftía, donde, a morte do seu pai, foi coronado rei dos mirmidóns, trasladando de Egina a Ftía a capital do seu reino.
VODA DE PELEO E TETIS
Cando Peleo se enamorou de Tetis pideu consello a Quirón para encontrar a forma de seducila xa que, como todas as nereidas, podían cambiar de forma a o seu antoxo. Quirón recomendoulle que unha vez que a atrapara, non a soltase, sen importar en que se transformase. Así o fixo, e cando está se transformou en calamar, atrapouna por un brazo e non a soltou asta que regresou a súa forma de muller,no momento en que Peleo pudo tomala a forza.
A boda de Peleo e Tetis celebrouse na cova de Quirón, no monte Pelón. Case toda a nobleza grega e incluso os mismos dioses asistiron. Durante a ceremonia Peleo recibiu, como regalo do centauro, unha lanza de fresno feita polos mismos Hefesto e Atenea. Celebrouse o grande, Quirón tañou a lira e as nereidas bailaron toda a noite. Pero aquel feliz momento foi aguado por algo que traería terribles consecuencias. Case todos os deuses habían sido invitados a aquela festa, menos Eris, a deusa da discordia. Furiosa por iso, pensó un plan para vingarse. Primeiro pideu unha mazá de ouro (pudo ser unha laranxa probable) do xardín das Hespérides. Naquela mazá escribeu :kallisti(para a máis fermosa) e lanzouna no medio da boda de Peleo e T etis. A o vela, Hera, Atenea e Afrodita, alexandose cada unha ser a máis fermosa, polo tanto poseedora do premio, disputaronse. O que lle traería o xuízo de Paris e a posterior guerra de Troia.
Aquiles
Da unión de Tetis e Peleo naceu o poderoso Aquiles, o cal grazas a o seu pai pideu a Quirón para que se encargase do seu entrenamento e a súa educación, converteuse nun hábil tocador de lira en un poderoso guerreiro.
Pasaron os anos, e Peleo, xa embellecido e cansado, non se animou a participar persoalmente na guerra de Troia, preferindo enviar a Aquiles a o mandó dos mirmidóns, unha vez que os gregos sacaron a este do seu escondite, no palacio do rei Licomedes da isla de Esciro, e a reclutaron.
ÚLTIMOS ANOS
Non se volve a saber de Peleo asta o final da guerra, da cal Aquiles non regresou. Sen embargoa súa vida durou suficiente como para presenciar o glorioso retorno do seu neto, Neoptólemo, do cal non se sabe si no momento do encontro siquera o coñecía. O famoso xoven, a o que se lle atribuía o papel principal na toma de Troia, regresou a Ftía para reclamar o reino do seu pai. Peleo non parece haber tido inconveniente e tan pronto como éste arribó as costas gregas, abdicou no seu favor.
Así, o vello rei viveu tranquilamente baixo o reinado do seu neto, o cal se casou con Hermíone, a fermosa filla do rei Menéalo e Esparta. Sen embargo, ésta nunca deu un fillo a Neoptólemo. Máis si o tuvo coa súa esclava, Andrómana, a cal pareu a un rapaz chamado Moloso. Narra Eurípides que cando a celosa reina Hermíone pideu axuda a o seu pai, durante a ausencia de Neoptólemo, intentarón matar a Andrómana e a o pequeno, foi o ancián Peleo quen se encarou co poderoso rei espartano e por medio da palabra consiguió que se marchase sin facerlles dano. Entón foi cando Andrómana e Moloso fuxiron do palacio para perder rumbo a o norte.
Neoptólemo, frustado porque a súa muller non lle daba fillos, decidiu pedir consellos ao oráculo de Delfos, dentro de cuxo recinto foi asasinado por Orestes. Entón, Peleo, xa nos seus últimos días, non quedandolles descendientes, e non querendo deixar as súas terras a Menélao, pensou que o máis sensato era darllas en herdanza ao servo de máis confianza de Neoptólemo. Foi así como, tras a morte de Peleo, Héleno, antigo príncipe de Troia e logo escravo do fillo de Aquiles, recobrou a súa dignidade converténdose no rei de Ftía.
Tras visualizar TROIA, a película do ano 2004, imos na procura de semellanzas co texto básico da mesma:
Propoñemos estas cuestións para resolver cos textos de Homero diante:
NA PROCURA DE PARECIDOS
1- As razóns históricas e mitolóxicas da guerra de Troia aparecen claras na película?
2- A cólera de Aquiles ou da Briseida do cine á Briseida/ Criseida en Homero). Canto I.
3- O combate entre Menelao e Paris. Morre alguén? Como o conta Homero? Cantos III-IV
4- A morte de Patroclo, semellanzas e diferenzas entre cine e texto? Canto XVI.
5- Combate de Aquiles e Heitor, cales son as semellanzas e diferenzas ? Canto XXII.
6- Como remata a Ilíada de Homero? Canto XXIV.
7- O cabalo de Troia qué sabemos deste episodio pola mitoloxía.
8- Sobre a morte de Aquiles a versión do cine sitúao dentro de Troia, que hai de certo?
9- Lembra cinco personaxes gregos e cinco troianos que aparezan na película.
NOTA: Podes utilizar a dirección de máis abaixo para consultar os textos da Ilíada de Homero e algúns xogosde preguntas e respostas sobre a cuestión.
Peleo e o centauro Quiron.
Peleo , fillo de Eaco, atopábase lonxe de Exina, a súa cidade natal. Incribles aventuras conducirano primeiro a Pitia, onde o rei Euritión lle dera a súa filla Antígona en matrimonio. Por desgraza, matou accidentalmente ao seu sogro no curso dunha cacería en Calidón e tivo que exiliarse de novo.
Atopara refuxio na corte de Acaste, que lle purificou daquela morte. Por que razón non recobrou inmediatamente a súa esposa, que permanecera en Pitia a historia non o precisa. Este retraso estivo a piques de provocar a súa perdición.
Era Peleo un bo mozo e Astidamía, muller de Acaste experimentou por el un violento amor. Naturalmente Peleo non quería traizoar nin a Antígona, á que amaba ternamente, nin ao seu hóspede que o recibira con tanta xenerosidade. Foi entón cando el lle dixo á raíña:
-Debemos pensar nos nosos compromisos. Maldigamos a nosa sorte por non termos coñecido antes, pero, por favor, tratemos de cambiar este amor imposible en amizade.
Astidamia finxiu aceptar a prudente solución. Pero desexou vingarse pois o seu amor frustrado transformarase en ira. Comezou por enviar secretamente un mensaxeiro a Pitia. Ntígona estaba sen novas do seu home dende facía moito tempo. E o seu corazón deu un chimpo de alegría, pero ao ler a carta que dicía que Peleo mantiña amores coa esposa do rei Acaste palideceu ao instante e decidiu, levada da desesperación, aforcarse na intimidade da súa habitación.
Axiña foi Astidamía na procura do seu esposo para acusar a Peleo da falta da que ela mesma era culpable. O rei gardou un silencio sombrío e estivo varios días sen falar para, por fin anunciar que á mañá seguinte partiría de cacería.
-Serás dos nosos? ? preguntoulle a Peleo.
E pelo aceptou non sen temer algunha trampela, pois o silencio dos últimos días non lle parecía un bo presaxio. Mais Acaste non decidira ánda a forma de tomar vinganza. Non lle permitían as leis da hospitalidade cometer homicidio e pensou que unha cacería aumentaría as ocasións de accidente.
A cacería foi moi animada, ninguén dos participantes sospeitaba nada. A caza era abondosa e se facía apostas sobre quen conseguiría maior número de pezas. Como o día estivera xa moi avanzado preguntaron a Peleo cantos animais abatera. Amosando o seu saco descubriu quince presas e todos os cazadores recoñecérono coma o mellor da xornada. Moitos despois de festexalo deitáronse no chan e botaron unha soneca. Peleo foi un deles. O rei pensou que chegara o momento, e tras comprobar que Peleo durmía, achegouse sen ser visto e quitoulle a espada agocándolla non moi lonxe de alí. Despois xuntou aos cazadores esperando que durante a noite as feras da montaña caeran sobre o heroe desarmado.
Cando Peleo espertou viuse rodeado de bestas monstruosas, e chegou a crer nun principio que aquilo era unha borma dos compañeiros de caza, porque estes monstros levaban unha cabeza de home e de tal tiñan o peito, pero o resto dos seus corpos era o dun cabalo. Eran os centauros, axiña caeu na conta do perigo no que estaba porque estes animais de dobre natureza se alimentan de carne crúa. Cando foi buscar a espada, non a atopou, e sen apenas moverse estaba pensando en que sería mellor, loitar ou facerse o morto. De súpeto un dos centauros achegouselle cunha espada na man.
-Cóllea- díxolle- foi a que che quitou o rei Acaste, Quirón devólvecha para que poidas escapar da furia dos seus semellantes.
Así soubo Peleo que o centauro Quirón non era como os outros. O seu nacemento fora máis nobre. Namentres os outros descendían do rei de Tesalia Ixión. El lle debía a vida a unha filla de Océano, Filira e do deus Cronos. Ademais era un bo amigo dos homes non era nómada vivía nunha cova ao pé do monte Pelión, pois os demais centauros non tiñan domicilio fixo. Quirón practicaba a mediciña que lle ensinara Apolo. Quirón tamén ensinaba, era mestre de moitos heroes gregos. Estaba dotada do don da adivinación e coñecía a historia de Peleo, mesmo a morte da súa mulleur Antígona que el ignoraba aínda. Foi Quirón quen lla narrou co maior dos coidados e ofreceuse a axudarlle sempre que o necesitase. Tamén foi Quirón quen lle animou a coñecer a Thetis, cando xa pasara algo máis dun ano desde que se coñeceran.
-Coñeces a Deus do mar Thetis?
-Oín falar que Zeus e Poseidón son os seus pretendentes, pero porque me fas esa pregunta, Quirón?
-A deusa Thetis non se casará con ningún destes pretendentes. Prometeo, encadeado no Caúcaso por orde de Zeus, revelou que o Destino faría nacer dela un fillo superior ao seu pai. De golpe, os deuses retiraron as súas intencións e constituíronse en consello para debater que mortal será a que a despose.
-Non sei en que me interesará a min esta historia?
-Reflexiona, ti es novo e non vas seguir viúvo para o resto dos teus días? xa sabes que o porvir éme coñecido. Pois ben sei que este matrimonio está reservado para ti polo Destino.
Peleo sorprendido non manifestou entusiasmo, pero, que podía facer contra os mandatos do Destino?
Os deuses no Olimpo amosaron a súa satisfación, non podían correr o risco de que casara con outro deus, mais Thetis rexeitou a proposición. Zeus foi taxante e deulle ordes de que aceptase a man de Peleo. Pero a deusa cada vez que este se achegaba transformábase en lume ou en auga, en vento , en paxaro e logo fuxía axiña. Aquilo estimulou o amor propio do heroe conquistado ademais pola beleza da filla de Nereo.
Foi Quirón o seu amigo o centauro quen lle dará as claves par impedir que escapase nun próximo encontro, debería suxeitala e soportar dpacientemente unha multitude de transformacións ata que a deusa casase e volvese a súa forma orixinaria.
Así foi e finalmente a voda realizouse no monte Pelión e a ela asistiron os deuses e as musas. O centauro Quirón regaloulle unha lanza de freixo que tiña o don de sandar as feridas que fixera. Todo parecía ir ben , pero aquela voda estaría marcada pola Discordia. Eris que non fora invitada arroxou unha mazá dourada coa lenda ? para a máis fermosa? para provocar as disensións entre as deusas e aquel matrimonio, a pesar de que Peleo colmaba de atencións á deusa, non sería feliz.
Tetis tivo un primeiro fillo e a deusa pensou no medio de eliminar do seu ser todos os elementos que o facían mortal. Axudándose do lume e na ausencia de Peleo botouno no medio das lapas e aquel neno morreu. Pasou o mesmo co segundo, o terceiro e así ata o sexto. Peleo estaba desesperado pois a primeira vez lledixera que fora un accidente, pero xa no terceiro a deusa acosada por polas preguntas do noso heroe confesou a verdade.
-Só pretendo quitarlles a súa humanidade e aínda que o fago mal prefíroo velos morrer así a que leven unha vida indigna da súa nai.
Pero Tetis seguira burlando a súa vixilancia. Cando o nacemento do sétimo se chegaba Peleo lembrouse do seu amigo o centauro, Quirón seguro lle podería axudar. Como non se daría antes conta de pedirlle consello? Tería salvado esas vidas inocentes.
-Estaba esperándote. Sei a que vés. O teu sétimo fillo non perecerá entre as lapas. Convertiráse en alguén máis grande ca ti. Mais deberás estar moi vixilante en canto naza.
O neno naceu e déronlle o nome de Aquiles. Era un bebé fermoso e forte cos beizos curvados nunha especie de sorriso. Peleo sentía a Tetis nerviosa, irritable a medida que os días pasaban, epro el non baixaba a garda.
Un día a deusa ausentouse, peleo pensou poder abandonar a vixilancia durante uns instantes, pero non fora máis que unha das astucias de Tetis. Cando quixo volver á habitación, xa estaba botando ao lume ao neno. Peleo arrebatoulle ao recén nacido das mans e a deusa vencida marchouse definitivamente a residir no mar coa súas irmás, negándose a volver ao seu carón para sempre. Pero Peleo estaba agora preocupado polas queimaduras que sufrira o pequeño. Sobreviviría? Só en dous lugares aparecía tocada a criatura. Nos beizos e no talón dereito. Tomou o neno no colo tras envolvelo coidadosamente e dirixiuse ás presas cara a cova do centauro Quirón.
-Tiñas razón cando dixeches que o meu fillo viviría-díxolle- pero está malferido. Ti podes curalo. Non permitas que unha enfermidade o marque ata a fin dos seus días.
O centauro comprobou que o óso fora case totalmente calcinado, había que colocarlle un novo. Quirón pensou en Damisos. Un xigante particularmente rápido na carreira. Acababa de morrer. O centauro desenterrouno e sacoulle da súa perna dereita o talón do pé que lle adaptou ao do neno. Polo que Aquiles ía logo ser chamado por Homero por iso ?o dos pés lixeiros?, aínda que o seu nome literalmente significa ?sen beizos? porque esa marca non foi reparada por Quirón. Hai quen asegura que Tetis marchara e non volvería a ver a Aquiles na súa infancia porque conseguira bañalo sendo un bebé nas augas da Estixe, río do inferno que facía invulnerables a todos os que nela se mergullaban, pero foi no talón precisamente por onde a deusa sostivo á criatura para podelo meter na auga que lle conferiría a invulnerabilidade a Aquiles, case que total a non ser por aquel lugar polo que a deusa o agarrara.
Peleo vendo que Tetis non volvía e comprobando o cariño con que trataba o centauro ao seu fillo, pediulle ao seu amigo que aceptara facerse cargo da súa educación. Naturalmente o centauro aceptou, alimentado pola súa esposa a ninfa Cariclo nos primeiros anos para logo ensinarlle a cazar a domar cabalos e tamén algo de mediciña. Qurón daríalle tamén carne de león e xabarín para que lle comunicaran poder e tamén de mel para que fose doce. Soubo por el que era a música e o canto o desprezo dos bens materiais e medoru axiña un heroe sabio e forte digno dos cantos que Homero inmortalizou na Ilíada.
Na máis recente versión cinematográfica da guerra de Troia, a única ocasión na que aparece unha deusa en escena é aquela na que Aquiles vai ser visitado de novo pola súa nai Tetis para advertirlle das dúas posibilidades que ten ante a guerra con Troia que Agamenón prepara. Opta por unha vida curta e gloriosa indo embarcándose na expedición dos gregos ou ben vivir moitos anos, pero sen gloria. Aquiles aceptará a primeira segundo Homero, aínda hai autores posteriores que defenden que Tetis foi quen de ocultar na corte do rei Esciro. (Investiga sobre esta curiosa versión e quen e como se consigue que Aquiles finalmente vaia á guerra contra Troia)
Seguimos á voltas coa mazá da Discordia. Despois do que sería un primeiro acontecemento relacionable coa Guerra de Troia como é a voda de Tetis con Peleo, temos por forza que desviar a nosa mirada cara os fillos de Príamo e Hécuba, os reis daquela cidade, especialmente estes tres: Casandra, Héctor e Paris. Este vai ser o desencadeante dun moi famoso xuízo que por orde de Zeus tivo que realizar e que lle permitirá lograr algún día o amor dunha fermosa muller, a que dina era a máis fermosa de toda Grecia.
Poucos aben que daquela Paris estaba namorado e que era un pastor de rabaños cando este xuízo acontece. El non estaba na corte de Troia a carón do seu pai nese momento porque din que algo ocorreu ao nacer que o mantivo lonxe do pazo real de Troia, por un tempo. Que representa a imaxe que acompaña a esta información? Quen son os seus personaxes?
É recomendable antes de comezar a vixa cara a Troia saber máis dos heroes principais desta historia.
Adoitamos usar do que din foi a cauas real do castigo de Zeus a Prometeo, o misterio que gardaba o titán sobre o futuro do deus que ´foi finalmente sabido polo deus do raio e que fixo que tanto el como o seu irmán Poseidón declinaran ter unha relación amorosa coa Oceánide Tetis, pois o fillo que esta divindade enxendrara ía ser máis forte que o seu pai. Por iso procuraron un mortal aposto como Peleo para que Tetis tivese descendencia. Naceu efectivamente tras dunha voda un tanto convulsa ( xa sabedes o que é a mazá da discordia?) o seu fillo que vai ser o famoso Aquiles.
Porque é tan especial esta criatura? Que lle ocorreu na súa infancia? por que lle chaman " o dos pes lixeiros"? Son preguntas que admiten resposta complexas, pero importantes para logo entender o que vai pasar con Aquiles en Troia.