|
|
|
NARCISO NA PROCURA DO EU |
|
 ?pide que o camiño sexa longo, rico en experiencias, en aprendizaxes
Konstantínos Pétrou Kaváfis
Estreamos hoxe venres 29 de maio a nosa versión do mito de Narciso. despois dun longo percorrido que vai dende a plantación dos narcisos en outono, da floración na primavera, agora ímolo ver morrer en escena.
Imos ao teatro a ver, porque a vida é mirar, unha mirada reflexiva que o teatro reflicte como un espello. Un actor e un personaxe son realmente espellos de nós mesmos.
Narciso é un dos mitos máis dramáticos da mitoloxía grega, un fermoso eco das crenzas que había na antigüidade arredor do misterio da floración en primavera, ese rexurdir cíclico das plantas.
Pero aquel Narciso foi medrando e acumulando simbolismos que nos levan a reflexionar hoxe, no ano de Darwin, sobre a propia evolución do ?homo sapiens? coma un proceso de coñecemento constante de si mesmo que tal vez nunca deberá culminar. O ser humano deberá superarse sabéndose finito e limitado, nunha eterna procura da súa identidade.
Neste curso que falamos sobre a interioridade, reflexionamos sobre o absurdo do EU sen un NÓS. Por iso aparece Eco a carón de Narciso, para evidenciar esa necesidade. O amor é unha das mellores e máis habituais vías para explorar esa proxección do eu nun nós.
Logo está o tema do espello, da imaxe que de nós mesmos temos, ou do que de nós mesmos descoñecemos, a pesar de mirarnos a ese espello cada mañá.
Textos de Platón, Ovidio ou Cortázar e tamén o catálogo da exposición da Domus da Coruña sobre Darwin contribuíron a dar forma a esta persoal e singular adaptación coral do mito grego de ECO e NARCISO.
AULA DE TEATRO San NARCISO 08/09
Narcisos: Ángel Rodríguez, Noel Fandiño, Alejandro Roldán, Iván Santiago, Samuel Acuña, Breogán Veiga.
Ecos: Flor Corvalán, Belén Diz, Paula García, Jessica Pastoriza, Andrea Rodríguez, Alba Moraña, Nerea Pazos e Sara Pereira.
Coreografía: Ángeles Marín.
Vídeos: Alumn@s 4º Eso B e Darío Suárez.
Luz e Son: Conchi Pérez e Dani Vidal.
Dirección: Manuela Rodríguez e Héctor Silveiro.
|
|
|
|
O grupo BALBO representou Antígona e Mostellaria |
|
 O grupo Balbo do IES Sto. Domingo do Puerto de Sta María de Cádiz, realizaron a representación destas dúas obras o pasado día 10 de marzo en Lugo no Festival de Teatro Grecolatino 2009. Un grupo de 22 alumn@s do Colexio San Narciso acudiron e gozaron co espectáculo ben realizado deste grupo experimentado que a cada catro anos vai sufrindo, como recoñecía o seu director antes de comezar a representación de Antígona, unha remodelación lóxica e necesaria.
A súa Antígona presentaba unha introdución onde se presentaban os momentos previos á traxedia o enfrontamento entre Eteocles e Polinices e a súa morte. Para pasar logo ao texto da traxedia de Sófocles. Os coros aínda que recortados e comprimidos en extensión estaban moi ben traballados e lograban non ser nin monótonos , nin pesados para un público pouco paciente e experto en teatro clásico. Resultaban chamativos xogos de voces, aínda que resulte realmente complexo lograr meter na trama de cheo a espectadores tan heteroxéneos e pouco formados. de todos os xeitos a Antígona faltáballe forza e había un certo desequilibrio entre ela e o Creón moito máis acabado. Este foi baixo o meu punto de vista un dos principais obstáculos á hora de conseguir meterse ao público de cheo no bolso.
Cousa distinta foi a comedia, que xa pola temática resulta máis próxima e viva. Hai que dicir que a clave do gran éxito que acadou foi o feito de que os actores saíron a divertirse volcados co público que respondeu á invitación do grupo. E aínda que os argumentos e máximas da comedia non son nada complexos, pouco profundos, e a posta en escena era a esperable o que realmente agradeceu o espectador, tanto o non cultivado como o xa sabido, foi o traballo de personaxes como o do Filólaques e o logrado acabado que se traía a escena, tanto é así que mesmo o esperable e habilidoso personaxe do escravo Tranión, que é sen dúbida un protagonista , víase relegado ao papel de coprotagonista co do seu amo mozo. En xeral é de destacar pois a rotunda pericia á hora de actualizar con referencias ao presente o texto orixinal, sen recargar, pero ben situadas para gañar ao público sempre a carón das vellas e universais claves do humor plautino ben dosificadas e postas en escena.
As continuas entradas e saídas por entre o público deulle vigor, lonxe de cansar ao espectador que parecía estar esperando unha sorpresa pois a entrega do conxunto dos personaxes e o traballo actoral caricaturizando tanto os máis importantes como os de menor transcendencia para a trama lograron sen dúbidas un éxito na representación.
|
|
|
|
Terencio, o outro autor de Comedias |
|
|
|
|
|
Filemaquia cargada de "tópicos" machistas |
|
|
|
|
|
A Domus romana |
|
Domus
A Domus: e a vivenda romana por excelencia pola oposición a Casa.
Polas diferentes características a domus pode clasificarse en tres clases distintas:
? A Casa señorial (tipo pompeyano): vivenda particular,ocupada normalmente por un solo propietario e a sua famila.
? A insula: vivendas de varios pisos construidas para albergar certo número de familias diferentes
? A Villa: casa situada no campo e que podía estar dedicada o recreo, en cuxo caso considerase unha villa urbana ou ben, ademáis de servir para descansar, serve tamén como explotación agrícola o gandeira, denominándose entón villa rústica
As vivendas romanas sufriron con especial dureza o paso dos séculos. As cidades,como organismos vivos, vanse renovando co paso dos anos e isto afecta os seus edificios. Non ten nada de especial polo tanto que hayamos conservado poucos exemplos de casas romanas ata o descubrimento de Pompeya no século XVIII. En efecto,Pompeya y Herculano deixáronnós os mellores exemplos de tipo de vivenda romana predominante nesa zona no cambio de era. Grazas a estes descubrimentos arqueolóxicos e outros posteriores en diversos ámbitos do Imperio, estamos agora en condicións de estudar e coñecer mellor cómo vivían os romanos.
|
|
|
|
Vita brevis en Plauto |
|
|
|
|
|
O espazo nas comedias de Plauto: Grecia ou Roma? |
|
|
|
|
|
Mostellaria, comedia de contrapunto de personaxes |
|
Mostellaria, comedia de contrapunto de personaxes porque normalmente hai dous personaxes que son case opostos, mostrarei alguns exemplos que o afirmen:
? Escafa e Delfia contrapunto de Filemacia
? Tranión contrapunto de Grumión: Escravos os dous, pero un é mais sensato que o outro (as súas personalidades son completamente opostas).
? Fanisco contrapunto de Pinacio: Un é un escravo respectuoso e moi sensato mentres que o outro non é máis ca un parásito
? Filólaques e Calidámates: O primeiro namorouse dunha escrava e, aínda que lle gustaba a festa non estaba así en tódalas situación (pois algunas veces era máis serio) pero Calidámates sae como borracho, coma soldado roñento?
Jessica |
|
|
|
Os nomes parlantes das comedias de Plauto |
|
NOMES PARLANTES DA COMEDIA MOSTELLARIA
Os nomes dos personaxes son nomes parlantes, é dicir que reflexan algunhas das características do personaxe.
Por ejemplo:
Filólaques é ?aquel ao que lle gusta o bullicio?
Filemacia ?a que ama o combate?
Calidámates ?o que domina as mulleres belas?
Teoprópides ?o que se postra ante os deuses?
Miságrides ?o que odia o diñeiro?
Diaponcio ?que a cruzado o mar?
SANTIAGO CALVIÑO, Iván |
|
|
|
Un escravo romano como vivía en realidade? |
|
O escravismo era unha institución social en Roma. En Roma calquera podía ser escravo; a fonte de escravos proviña sobre todo de pobos conquistados, pero tamén de delincuentes ou outra xente que fose degradada a esa clase social por algún motivo. En realidade o escravismo non era máis que a clase social máis baixa. E como toda clase, tamén era posible ascender ás veces comprando a propia liberdade, ou simplemente polo desexo expreso do amo que se formalizaba co acto de manumisión, un privilexio exclusivo de todo propietario que convertía ao escravo en liberto (escravo liberado).
Os escravos de cidade adoitaban ter familia e unha gran autonomía. Podían lograr a liberdade de diferentes formas:
? Coa súa propia morte - bastante irónico - cando o liberaban para que tivese un enterro de home libre.
? Coa morte do seu amo, en cuxo testamento adoitaban liberar aos seus escravos como mostra de xenerosidade. Cando eran liberados deste modo, se deixáballes algunha propiedade ou diñeiro.
? Comprando a súa liberdade, xa que despois de haber pasado anos de intermediario do seu amo nos negocios, podían gañar un peculio.
? Por declaración diante dun maxistrado. Amo e escravo defendían a súa liberdade diante dun maxistrado. Se era aceptada, se lle poñía unha caxata na cabeza como sinal da súa liberdade
Moitos emancipados permanecían en súas casas facendo as mesmos labores, aínda que con maior dignidade.
Os escravos eran propiedade absoluta do seu dono. Carecían de propiedade e ata de familia propia, porque o seu matrimonio, aínda conseguido co permiso do amo, considerábase un simple concubinato, e os fillos eran propiedade do amo. Os escravos domésticos eran recibidos cunha cerimonia, e se purificáballes botándolle auga sobre a súa cabeza.
Eran os encargados de recibir aos invitados. Os máis guapos e de mellores modais servían o xantar vestidos de cores vivos. Os máis agraciados servían o viño e cortaban os manxares mentres que os que limpaban os pratos e recollían as mesas iban peor vestidos. Os que nacían como escravos e eran educados, formaban unha clase privilexiada entre a servidume. Ós escravos se lles adxudicaban as tarefas de acordo ó seu nivel cultural.
Ós escravos se lles podía poñer un colar cunha placa na que se lería ?tenemene fucia et revo cameadomnum et viventium in aracallisti?, traducido como "detenedme se escapo e devolvédeme ao meu dono".
Algúns escravos tiñan a consideración de homes libres, ben pola humanidade dos seus amos ou polo traballo intelectual que desenvolvían. Isto pasou cos escravos procedentes da Antigua Grecia, que en certo modo o amo consideraba de maior educación que a súa. No século III reducíronse as masas de escravos e estes empezaron a valorarse case como home libres. O emperador Diocleciano era fillo dun escravo que comprara a súa liberdade.
Os libertos foron partir do século VI segundo o emperador Justiniano I cidadáns sen distinción algunha, procedentes da escravitude. Se non conservaban os lazos de fidelidade a súas casas eran chamados libertos ingratos. Exercían maioritariamente o labor de comerciantes ou artesáns, e en menor medida de mestres romanos, banqueiros ou médicos, que non cobraban.
A economía romana, como a súa sociedade, dependían do traballo de escravos, que eran fundamentais nos latifundios, minas e industrias.
ROLDÁN FRAGA, Alejandro
|
|
|
|
|
|
|
|