VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

No día de Defuntos
No día de defuntos viaxamos á Comunitat Valenciá onde atoparémonos con Eutico.



Comentarios (0) - Categoría: IDUS ET KALENDAS - Publicado o 01-11-2016 13:42
# Ligazón permanente a este artigo
INTROITUS
Velaí vén o san Antroido
coa facela cuberta
axuntaivos mozas todas
vámoslle facela festa.


Que é o Entroido e que relacións ten co mundo clásico é o que imos descubrir a partir das seguintes preguntas:

-Por que se chama así, ou cal é a orixe desta palabra?

- Cal é a orixe etimolóxica da palabra "carnaval"? Terá que ver coa expresión latina "carrus navalis" ou con ets outra "carnes tollendas"

Tamén chamado Antroido, Introido, Entruido, Entrudo, Entrudio (por ser a entrada á Cuaresma)

As orixes das palabras que denominan a esta festa son: o termo "Carne Vale" (é dicir "o adeus á carne"), do que despois derivou a palabra "Carnaval"; ó termo "Introitum" (que significa "a entrada á Coresma!) do que vén a palabra "Entroido" ou "Antroido".

O entroido fai referencia a unha época de "carne", tomando o sentido literal da palabra. O Entroido quere significar, dende sempre, a volta ó mundo do revés, a subversión, a ruptura das convencións sociais e o cambio de roles. As características comúns destes días son o comer, beber e cantar, rirse do máis sagrado, é dicir , as cousas que non se fan habitualmente.

En sentido relixioso trátase do triunfo de "don Carnal" sobre "dona Coresma", que reinará nos seguintes corenta días, ata a celebración do Xoves Santo. Pero o Entroido foi deixando pouco a pouco o seu sentido relixioso como festa preparatoria da Coresma para converterse nun acontecemento cheo de xolda e desenfreo.



As denominacións destas festas na maior parte de Europa teñen este sentido orixinal: desde o "Carne Vale" (Adeus á carne") ó "Introitum" co significado de entrada á Coresma, todos os calificativos para o Entroido fan referencia a que esta é unha época de carne (no sentido literal e no metafórico da Igrexa): "Carnal" na Idade Media, "Canestoltes" en Cataluña, "Carnestollendas" (de "carne" e "tolere", "levar a carne"). Carnisprivium, Canelevamen e formas semellantes en Francia, "darrers dies" (de carne) en Baleares...
O entroido é desde sempre a subversión, a volta ó mundo do revés, a ruptura das convencións sociais e o cambio de roles. O comer, beber e cantar ata rachar, o rirse do máis sagrado... todas son características comúns destes días.

A festa recibe en galego os nomes de entroido, antroido, intruido, entruido, entrudo e entroiro. Todos estes vocábulos teñen a súa orixe no termo latino introitus, co significado de "entrada ou comezo". Daquela, o étimo fai referencia a un significado da festa como entrada ou comezo nunha nova estación -a primavera-, independentemente de que a súa apropiación por parte do cristianismo nos faga pensar na entrada na Coresma -sendo preciso, polo tanto, despedirse da carne-.
No noso idioma é admisible tamén a voz carnaval, con dous posibles étimos distintos. Para uns este termo procede do vocábulo italiano carnevale, e este, á súa vez, da expresión antiga carne levare -sacar a carne-. Para outros, a súa orixe está na expresión latina carrus navalis, ou sexa, unha carroza decorada que posiblemente saíse en desfile durante estas datas. Dunha ou doutra maneira, non cabe dúbida de que calquera das dúas acepcións fai referencia a elementos asociados ao carnaval actual.

Outras interpretacións:
Pero a finais do século XX varios autores comezaron a sospeitar a orixe pagá do nome. Carna é a Deusa Celta das fabas e o toucino. Tamén estaría conectada con festas indoeuropeas, dedicadas ao Deus Karna (que no Mahabharatá aparece como un ser humano, irmán maior dos Pándavas, fillo do deus Sol e a raíña Kuntí). Algunhas persoas cren que a palabra carnaval fai referencia a unha suposta antiga tradición pagá na que se ofrecía carne ao deus Baal (carna-baal) nunha festa onde todo o vale.

ALGUNHAS CUESTIÓNS POR RESPONDER:
-O Entroido é unha festa móbil, por que razón e en función de que se celebra cada ano nunha data distinta?

- Onde e como se facía uso da máscara no mundo clásico? Ten algo que ver coa orixe do teatro?

- En Roma como se celebraba o Entroido?

-Os entroidos tradicionais de Galicia, considerados entre os dez máis orixinais do mundo (podes consultar en vieiros da escola no enlace de máis abaixo) que agocha, que ten de especial? Hai neles algo que lembre ás Lupercais romanas?

- Que orixe teñen os "enterros da sardiña" e eventos semellantes?
Comentarios (0) - Categoría: IDUS ET KALENDAS - Publicado o 11-02-2015 06:17
# Ligazón permanente a este artigo
As Saturnalia e a celebración do Sol Invictus.

A festividade romana de Natalia Solis Invicti pode ter unha clara conexión coas nosas celebracións de Nadal como veremos.

Mitra foi un dos deuses solares máis venerados que renacían no solsticio de inverno ao igual que se celebra anualmente o nacemento de Cristo. O culto de Mitra difundiuse moito máis alá de Persia, o seu país de orixe, e estendeuse sobre todo en Roma, en Grecia, en Egipto e en Asia Menor. A súa festa, o solsticio de inverno, en Roma chamábase Natalia Solis Invicti, é dicir, o "Nacimento do Sol Invencible". Non é por casualidade que algúns dos ritos que o rodean sexan semellantes aos ritos xudeo-cristáns que conciden cos de Xesús. Mitra naceu nunha cova, un 25 de decembro dunha nai virxe. Veu do ceo e era coñecido como ?O Salvador?...Cos seus discípulos viaxou por países afastados ensinando unha doutrina de amor e iluminación para os homes. Foi enterrado nunha tumba da cal resucita(acontecimento que era celebrado alegremente todos os anos?)

A festa de Brumales era unha festa pagá dedicada ao sol, levada a cabo no solsticio de inverno, cara o 25 de decembro. A festa de Saturnalia empezaba o 17 de decembro e duraba 7 días, en honor a Saturno, o deus da semente e do viño. Tales festas tiñan características moi semellantes á que hoxe coñecemos como Nadal. Ao final da Saturnalia, o 25 de decembro, celebrábase o nacemento do Sol ?Natalis Solis Invictis (nacemento do sol invencible)? personificado no deus Mitra. Aínda que o culto a Mitra tiña orixes persas, converteuse na relixión dominante en Roma, especialmente entre os soldados.


O Nadal cristián rempraza o Natalia solis invictis
O emperador Constantino I fora un seguidor fiel das tradicións pagás ao deus Sol. A súa conversión ao Cristianismo débese a unha visión que tivo cando viu unha cruz fronte ao sol e ía co seu exército e escoitou unha voz que lle dixo «Baixo este signo vencerás» (in hoc signo vinces). Isto foi motivo para levar o símbolo dunha cruz no seu estandarte e gañar a batalla da Ponte Milvio.

A festa de Nadal comezou a celebrarse como unha festa cristiá a partir desa época, xa que anteriormente era imposible por motivo das persecucións relixiosas que sufriu o Cristianismo. No ano 336 apareceu por primeira vez tal festa no calendario romano, e gradualmente foi entrando nas tradicións oficiais da Iglexa cristiá, ata que no século V, queda instaurada oficialmente, eclipsando e sopalando a festa do Sol invictus. A práctica do mitraísmo, como a de todas as relixións pagás, foi declarada ilegal no ano 391 polo emperador Teodosio.

A tradición de dar agasallos navideños vén dos pagáns romanos que tiñan ese costume durante a festa de Saturnalia, un festival en honor ao deus Saturno. Tamén foi unha festa de Ano Novo, onde se daban regalos en nome dos seres queridos que morreran no ano anterior. Os primeiros exploradores e conquistadores romanos levaron esta tradición a través de Europa, onde permaneceu e se transmitiu na celebración de Nadal.

A Roda do Ano é simbolizada pola coroa que se lle colga na honra de Yule na véspora de Aninovo para conmemorar un novo comezo do ciclo continuo da vida. Existe unha amplia evidencia arqueolóxica para apoiar o feito de que as grilandas foron usadas deste xeito simbólico durante máis de 4.000 anos. O seu círculo non ten principio nin fin, o que ilustra que a Roda do Ano é tamén así, con cada cousa no seu tempo de volver ao seu punto de orixe e desde alí viaxar, unha e outra vez. O uso moderno das coroas chegou a ser usado no Nadal a través da influencia dos ritos pagás escandinavos que lles colgaban en Yule (véspera do Aninovo).

Un ano por diante: CALENDARIO DE BETANZOS


Comentarios (0) - Categoría: IDUS ET KALENDAS - Publicado o 16-12-2013 23:44
# Ligazón permanente a este artigo
MARZO O PRIMEIRO MES DO ANO
Marzo é o mes de Marte, un deus etrusco que pouco a pouco foi asociado polo deus da agricultura polo da guerra que os gregos chamaban Ares.

Iniciemos pois unha pequena reflexión sobre o cómputo do tempo tempo moi presente que o calendario tal e como o coñecemos hoxe, débelle moito aos romanos.

Nos enlaces de máis abaixo podes recoller a información presisa para ir dando unha resposta ás seguintes cuestións:

Por que escollerían os romanos e outros pobos o mes de marzo para comezar o ano?

Por que este mes se lle dedica ao deus Marte?

Como é que o mes de xaneiro pasou a ser logo o primeiro mes do ano? Cando ocorreu tal cambio?

Cal é o significado do nome de febreiro? Que festas realizaban os romanos neste mes? Con que outras festas da nosa terra poden ter relación?


vídeo sobre o mes de FEBREIRO
sobre o mes de MARZO
Categoría: IDUS ET KALENDAS - Publicado o 05-03-2009 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
OS IDUS DE MARZO
O día 15 de marzo son os idus do mes, día marcado polo magnicidio de Xulio César. Sempre celebramos na aula un recordatorio deste día, esta curso serve para introducir a historia de Roma e preguntarnos: por que mataron a César?
Sen dúbida é unha resposta complexa de aí que vaiamos a percorrer a Historia de Roma para entender os conflictos que na crise da República derivan na morte de César.

Aquí está un primeiro achegamento a través da visión do momento tráxico da morte de de César aos pés da estatua de Pompeio e un anacao da película que realizou Mankievicz no ano 1953, un clásico do cine, unha versión sobre o famoso drama escrito por W. Shakespeare.



O cruel asasinato podémolo ver reproducido dun xeito moi realista e duro na serie Roma do que tamén temos aquí unha mostra (Advertimos que son imaxes desagradables):


para saber máis sobre a película, textos do fotograma,etc...
Categoría: IDUS ET KALENDAS - Publicado o 13-03-2008 06:36
# Ligazón permanente a este artigo
O MEU CALENDARIO TEN 13 MESES
O orixinal calendario romano, introducido cara o século VII a.C., tiña 10 meses con 304 días nun ano que comezaba en marzo. Dous meses mais, xaneiro e febreiro, foron engadidos posteriormente no século VII a.C., pero como os meses tiñan soamente 29 ou 30 días de duración, había que intercalar un mes extra aproximadamente cada segundo ano. Os días do mes eran designados polo incómodo método de contar cara atrás a partir de tres datas: as calendas, os primeiros do mes; os idus, ou mediados de mes, que caían o día 13 de certos meses e o día 15 de outros; e as nonas, ou o noveno día antes dos idus. O calendario romano fíxose enormemente confuso cando os funcionarios que tiñan encomendada a adición de días e meses abusaron da súa autoridade para alongar os seus cargos ou para adelantar ou retrasar eleccións.
Os meses quedarían así: januarius (29 días), februarius (28), martius (31), aprilis (29), maius (31), junius (29), quintilis (31), sextilis (29), september (29), october (31), november (29) y december (29). Non existen meses cun número de días par porque se consideraban de mal agoiro, agás febreiro, e por esa mesma razón o ano ten 355 días, no lugar dos 354 do ciclo luar. En febreiro celebrábanse as februales; unhas festas de purificación e apaciguamento dos mortos nos que se realizaban diversos sacrificios.

Como este ano era demasiado curto cada dous anos engadíase un mes de 22 ou 23 días (mercedinus, ou mercedonius). Este mes intercalábase entre o 23 e o 24 de febreiro, e os catro días que quedaban de febreiro considerábanse incluidos en mercedinus.
Os calendarios lunares baséanse no curso das fases lunares, constan de 12 meses de 29 ou 30 días: 354 días.
RECAMÁN SIMES, Yaiza
Categoría: IDUS ET KALENDAS - Publicado o 21-02-2008 06:43
# Ligazón permanente a este artigo
O CALENDARIO Á ROMANA?
Pois si...

1.Calendarios solares e calendarios lunares:
Os problemas dos calendarios nacen de que nin no ano solar(365 d., 5h., 48´ , 46¨)nin o ano lunar(354 d., 8h., 48´)son divisibles sen residuo entre 12 meses ou lunacións, nin tampouco equivalentes entre eles, de xeito que faciliten unha medida única para os dous fenómenos astronómicos que tanto inflúen na actividade humana: Sol e lúa.
Os exipcios seguían un calendario solar. Os musulmáns o lunar. Os gregos usaban un calendario lunisolar(ano lunar de 345 días,pero adaptado ó sol, engadindo periodicamente un mes 13º para agardaren polo sol). Na
Grecia clásica ese mes engadíase cada 4 anos e deu orixe ás Olimpíadas).

2.O ano romano:
Os romanos tiñan un ano inicialmente lunar que empezaba en marzo, como demostran os nomes dos meses derradeiros:DECEMBER(mes 10º), NOVEMBER(9º), OCTOBER(8º), SEPTEMBER(7º), SEXTILIS(6º), QUINTILIS(5º). Os demais meses estaban dedicados a IANUS(Iahuarius"xaneiro"), FEBRUA e Febres(frebarius"febreiro"),a MARS(Martius"marzo"), a APRILIA, unha dubidosa etrusquización de Afrodita ou ás festas parilias(Aprilis"abril"), á parella MAIUS-Maia (Maius "maio") e a IUNO (Iunius "xuño").
Marzo,maio,quintilis e outubro levaban 31 días,febreiro 28 e o resto 29. Para concordaren este ano lunar co curso do sol, o Pontifex Maximus cada dous anos engadía o mensis intecalaris de 20 días.

3.A partir de cando se contan os anos:
Como sabes, hai moitas eras a partir das que conta-los anos,segundo as diversas culturas ou acontecementos. Hoxe contamos pola era cristiá. No mundo clásico usáronse sobre todo a das Olimpíadas e a romana.

Era das Olimpíadas:sistema usado polos gregos, de períodos de catro anos empezando pola primeira Olimpíada(776 a.C.) en que saíu vencedor Corebo de Elea.

Era romana.Tiveron varios sistemas:
*AB VRBE CONDITA(A.V.C.): "dende a fundación da cidade" (753/754 ou mesmo 750 a.C.).
*POST REGES EXACTOS:dende a expulsión dos reis (509 a.C.;era menos usada).
*CICERONE ET ANTONIO CONSULIBUS"sendo cónsules Cicerón e Antonio" (63 a.C.);polo nome dos dous cónsules que ese ano gobernaban:a máis usada. A lista dos anos ordenados así eran os fasti consulares.
*ANNO QUINTODECIMO IMPERII TIBERII CAESARIS "no ano 15º. de goberno de Tiberio César"(29 d. C.); polos anos que o emperador levaba no poder. O exemplo é do evanxeo de Lucas (3,1).

4.¿Como se contan os días do mes?
Xa vimos que os 12 meses son unha reminisciencia das 12 lunacións que aproximadamente ten o ano. Hoxe contamos os días polo número de orde a partir do 1º. Mais non sempre foi así.
Os romanos tiñan no mes datas fixas(Kalendae,Nonae e Idus) e contaban os días que faltaban para chegar ó próximo deses feitos temporais, coa particularidade de contaren ó xeito romano (incluíndo día de partida e día de chegada).

KALENDAE:día 1. Antigamente o rex sacrorum convocaba (kalare) a unha xuntaza na que anunciaría cando ían ser nese mes as Nonae e os Idus e outras festas.(Cfr.Non pérda-lo teu latín desta mesma Unidade).
NONAE: Oito días antes dos Idus (noveno, polo sistema romano). Eran o 5,non sendo en marzo,maio,xullo e outubro (mar-mai-iul-oct) que caían o 7. Adornaban o lar con flores.
IDUS: Iduare é un verbo arcaico que significa "partir en dous", é dicir, dividían o mes. Eran o 13 de cada mes, a non ser nos meses de marzo, maio, xullo e outubro que eran o 15. Parece ser que os días do idus eran os de lúa chea, mentres os das Kalendas os de lúa nova.

5.Saberías poñer a data do teu nacemento á romana?
Aplica estas cinco normas:
-Se naciches o primeiro día porás "Kalendis" e o mes que sexa, por exemlo "Februarii".
- Porás "Idibus" se naciches o día 13 de todos os meses agás do de marzo, maio, xullo ou outubro que porás "Idibus" se naciches no día 15 do mes.
- Se naciches nas Nonas porás "Nonis" (xa sabes o día 5 a non ser en marzo, maio, xullo ou outubro que coincide no día 7).
-Pero se naciches calquera outro día tes que contar cantos días faltan ben para as nonas, ben para os idus, ben para as kalendas do seguinte mes, sempre como o facían os romanos o día de partida (o do teu aniversario) e o día de chegada a data fixa que corresponda(nonas, idus ou kalendas). Por diante debes colocar estas palabras " ante diem ". O día 17 de febreiro sería no cómputo á romana "ante diem XIII kalendas martias" , é dicir que faltan 13 días segundo contan os romanos para o día primeiro de marzo.
- Só queda un detalle importante se naciches o día antes de calquera desta datas sinaladas das kalendas, nonas e idus debes poñer tan só "Pridie kalendas, nonas ou idus" do mes que corresponda. Por exemplo o que naceu o 31 de decembro á romana sería " Pridie kalendas ianuarias".

Carla González Castro.
para saber máis
sobre o calendario romano
Categoría: IDUS ET KALENDAS - Publicado o 17-02-2008 06:55
# Ligazón permanente a este artigo
INTROITUS

Velaí vén o san Antroido
coa facela cuberta
axuntaivos mozas todas
vámoslle facela festa.

Que é o Entroido e que relacións ten co mundo clásico é o que imos descubrir a partir das seguintes preguntas:

-Por que se chama así, ou cal é a orixe desta palabra?

- Cal é a orixe etimolóxica da palabra "carnaval"? Terá que ver coa expresión latina "carrus navalis" ou con ets outra "carnes tollendas"

-O Entroido é unha festa móbil, por que razón e enfunción de que se celebra cada ano ununha data distinta?

- Onde e como se facía uso da máscara no mundo clásico?

-Os entroidos tradicionais de Galicia, considerados entre os dez máis orixinais do mundo (podes consultar en vieiros da escola no enlace de máis abaixo) que agocha, que ten de especial? Hai neles algo que lembre ás Lupercais romanas?

- Que orixe teñen os "enterros da sardiña" e eventos semellantes?

NOTA: Se queres ir de romano ou de castrexo podes seguir as instrucións da fotografía.
aquí podes saber máis sobre o entroido en Galicia
Categoría: IDUS ET KALENDAS - Publicado o 07-02-2008 07:06
# Ligazón permanente a este artigo
IDUS ET KALENDAS

É un espazo para ir colocando unha serie de datas e datos do calendario e da Cultura Clásica procurando ir descubrindo as relacións existentes no día a día.

Na cabeceira do asunto está o deus romano Xano(Ianus) que simboliza a entrada e a saída do ano, aínda que, como imos ver proximamente, o comezo e a duración do ano non foron sempre como o calendario xuliano impuxo.
Categoría: IDUS ET KALENDAS - Publicado o 03-02-2008 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0