DE HOMERO Á VERSIÓN DO CINEMA MÁIS RECENTE SOBRE A GUERRA DE TROIA
Homero din que viviu no 800 a.C. cando xa pasaran 400 anos da que, segundo os estudos realizados, puido ser a famosa guerra de Troia (arredor do 1200 a.C.)
Unha gran parte dos acontecementos narrados na Ilíada forman parte esencial da película:
Canto I: Enfrontamento entre Agammenón e Aquiles por Briseida.
Canto II ao X: Combate de Menelao e Paris, combate de Aiax e Héctor.
Canto XI: Avance troiano. Os xefes aqueos préganlle a Aquiles que volva á guerra.
Cantos XII ao XVI: Enfrontamento Héctor e Patroclo.
Cantos XVII ao XXIV: Combate de Aquiles contra Héctor. Encontro do Pélida Aquiles con Príamo, solicitandolle este o cadáver do seu fillo e os seus funerais.
Foron realmente 1000 naves gregas contra Troia? A Ilíada no canto II fai unha relación de reis e naves que asisten e facendo números ( 50 remeiros por nave) das 1186 que cita Homero, darían un número de 59.300 homes como mínimo.
Xa vimos na aula cal é a verdadeira Troia, a descuberta polos arqueólogos e podemos logo responder a esta pregunta:Foi Helena a causante da guerra de Troia? Todas as guerras teñen causas económicas.Troia esta situada nun lugar estratéxico de gran interés para o control de rutas comerciais.
Helena parece responder máis a un motivo literario.
O TEMA DA ILÍADA
Na mitoloxía a guerra durou dez longos ano, por que A Ilíada de Homero comeza no noveno ano de asedio da cidade de Príamo?
O seu tema central será: a cólera de Aquiles !
Os aqueos, Aquiles e Agamenón, discuten por unha escrava que, en realidade, son dúas: Criseida e Briseida.
No noveno ano do asedio un sacerdote de Apolo ofrece un rescate para que os aqueos lle devolvan a súa filla Criseida, escrava de Agamenón, o atrida rei de Micenas. Apolo castiga aos gregos ao non consentir inicialmente o rescate. O divino Aquiles será o que insista ante Agamenón.
Entón Agamenón, rei de reis, quítalle a Aquiles a súa escrava, botín de guerra que se chama Briseida.
Os deuses son para Homero personaxes principais, pola contra serán os grandes ausentes da película.
En Homero apoian aos gregos:
Atenea
Hera
Poseidón
Hermes
Hefesto
Tetis
Apoian aos troianos:
Afrodita
Ares
Apolo
Artemisa
Leto
Escamandro
Na Ilíada os deuses están atentos aos combates, pelexan mesmo entre eles a favor dos seus heroes, aos que alentan constantemente. Son uns personaxes activos. Vexamos un exemplo:
Nun combate inicial que teñen o esposo de Helena e o príncipe troiano que a levara a Troia, a deusa Afrodita salva a Paris dunha morte segura a mans de Menelao. Logo Helena chama covarde a Paris cando seguro tras das murallas chega ante ela e dílle: ?Vés da loita... E deberías perecer a mans do esforzado varón que foi o meu anterior marido! Dicías ser superior a Menelao, caro a Ares en forza y no uso da lanza; pois provócalle de novo a singular combate. Pero non: mellor que desistas, e non queiras pelexar nin contender temerariamente co loiro Menelao; non sexa que axiña sucumbas, ferido pola súa lanza.
Contestou Paris: ?Muller, non me botes en cara amargas críticas. Hoxe venceu Menelao co auxilio de Atenea; outro día vencereille eu, pois tamén temos deuses que nos protexen?.
O FINAL DA GUERRA
Homero, que narra a cólera de Aquiles, que deixa de pelexar ata que volve a guerra, non porque os gregos estean case derrotados, senón pola morte de Patroclo.Tras da morte do principe troiano Héctor remata a Ilíada cos funerais de Patroclo e de Héctor, con Aquiles vivo e Troia sen conquistar.
Por outro libro de Homero, A Odisea e outros como A Eneida de Virxilio, autor latino, saberemos como foi conquistada Troia.
Das grandes diferenzas entre A Ilíada e outros textos épicos e mitolóxicos que nos narran o final da guerra de Troia é importante tomar nota, porque son claves para valorar a película no seu xusto termo.
7 DIFERENZAS ESENCIAIS ENTRE A PELÍCULA E A MITOLOXÍA
1ª Aínda que se basa na Ilíada na película o asedio parece durar varios días, Homero di que foron 9 longos anos.
2ª Na película faltan todos os deuses agás Tetis.
3ª Morren personaxes que Homero nunca matou como Menelao ou Agamenón.
4ª Na película faltan personaxes femininas como Criseida, escrava de Agamenón ou Hécuba e Casandra, a raíña de Troia e a súa profética filla.
5ª Patroclo non era curmán de Aquiles.
6ª O Paris da mitoloxía morre na guerra, na película sálvase.
7ª Aquiles na mitoloxía nunca estivo no cabalo de madeira, e morre antes de que os gregos entren en Troia.
CANTO I
"Canta, oh deusa, a cólera do Pelida Aquiles; cólera funesta que causou infinitos males aos aqueos e precipitou ao Hades moitas almas valorosas de heroes, aos que fixo présa de cans e das aves de rapina ?cumpríase así a vontade de Zeus ?desde que se separaron disputando o Atrida, rei de homes, e o divino Aquiles..
Cal dos deuses promoveu entre eles a contenda para que pelexaran? O fillo de Zeus e de Letó,
airado co rei, suscitou no exército maligna peste e os homes perecían pola ultraxe que o Atrida infrinxiu ao sacerdote Crises. Este, desexando redimir a súa filla, presentouse nas rápidas naves aqueas cun inmenso rescate e as ínfulas do frechador Apolo que pendían de áureo cetro, na man; e a todos os aqueos, e particularmente aos dous Atridas, caudillos de pobos, así lles suplicaba:
?¡Atridas e demais aqueos de fermosas glebas! Os deuses, que posúen olímpicos palacios, os permitan destruír a cidade de Príamo e regresar felizmente á patria. Poñede en liberdade a miña filla e recibide o rescate, venerando ao fillo de Zeus, ao flechador Apolo.
Todos os aqueos aprobaron a voces que se respectase ao sacerdote e se admitira o espléndido rescate: mais o Atrida Agamenón, a quen non agradou o acordo, enviándolle de malas formas con ameazadora linguaxe:
?Que eu non te atope, ancián, cerca das cóncavas naves, xa porque demores a túa partida, xa porque volvas logo; pois quizás non che vaian o cetro e as ínfulas do deus. A ela non a soltarei; antes lle chegará a vellez na miña casa, en Argos, lonxe da súa patria, traballando no tear e compartindo o meu leito. Pero vaite; non me irrites, para que poidas irte san e salvo.
Así dixo. O anciá sentiu temor e obedeceu o mandato. Sen despregar os labios, foise pola beira do estrondoso mar, e en tanto se marchaba, dirixía moitos rogos ao soberano Apolo, fillo de Letó, a de fermosa cabeleira:
?Óeme, ti que levas arco de prata, protexes a Crisa e á divina Cila, e imperas en Ténedos poderosamente! Oh, Esmintio! Se algunha vez adornei o teu agraciado templo ou queimei no teu honor grosas coxas de touros ou de cabras, cúmpreme este voto: ¡Paguen os dánaos as miñas lágrimas coas túas frechas!
Tal foi a súa pregaria. Oíndoa Febo Apolo, e irritado en su corazón, descendeu dos cumios do Olimpo co arco e o cerrado carcax ás costas; as setas resoaron sobre os ombreiros do anoxado deus, cando comezou a moverse. Ía parecido á noite. Sentouse lonxe das naves, tirou unha frecha, e o arco de prata deu un terrible estalido. Ao principio o deus disparaba contra as mulas e os áxiles cans; logo dirixiu as súas mortíferas setas aos homes, e continuamente ardían moitas piras de cadáveres.
Durante nove días caían sobre a tropa as frechas do deus. No décimo, Aquiles convocou ao pobo para unha xunta: púxollo no corazón Hera, a deusa dos níveos brazos, que se interesaba polos dánaos, a quen vía morrer. Acudiron estes e, unha vez reunidos, Aquiles, o dos pés lixeiros, ergueuse e dixo:
?¡Atrida! Creo que teremos que volver atrás, indo outra vez errantes, se escapamos da morte; pois se non, a guerra e a peste unidas acabarán cos aqueos. Mais, ea, consultemos a un adiviño, sacerdote ou intérprete de soños ?tamén o soño procede de Zeus? para que nos diga por qué se irritou tanto Febo Apolo: se está queixoso con motivo de algún voto ou hecatombe, e se queimando como agasallo graxa de cordeiros e de cabras escollidas, quererá apartar de nosoutros a peste ".
ANALICEMOS O QUE CONTA HOMERO E COMO O CONTA:
Xa levamos nove anos de asedio e os gregos capturaran á filla dun sacerdote de Apolo.
A Aquiles por que lle din o Pélida, por que o chaman divino?
Quen son os Aqueos: Dánaos:
Hades:
Zeus:
Atrida, rei de homes e os dous Atridas?
Quen é Príamo:
E o fillo de Zeus e Letó: porque era o frechador?:
De que deus é sacerdote Crises: Como se chamará a súa filla?
Que querían facer coa filla do sacerdote os aqueos:
pero que quería Agamenón, o seu rei?
Cal era o trato que lle esperaba a unha muller botín de guerra?
Cal foi a reacción de Crises?
Febo Apolo (cal é a orixe destes dous nomes do deus)?
Que é o Olimpo:
Un sinónimo de frecha que empeza por s-
Pira vén do grego e significa:
Quen era Hera, a deusa dos níveos brazos:
Con que bando estaba na Guerra de Troia que duraba xa nove anos?
Xa levaban nove días de
Quen convoca unha asemblea
Ten os pés lixeiros, por que?
Por que razón vai a encolerizarse Aquiles?
OS DEUSES ESTÁN MOI PRESENTES NA ACCIÓN
Os deuses están presentes na acción narrativa como calquera outro personaxe. Veremos a continuación un anaquiño do canto IV
Combate Menelao e Paris: E brandindo a longa lanza, acertou a dar no escudo liso do Priámida. A inxente lanza atravesou o terso escudo, cravouse na labrada coiraza e rachou a túnica sobre a perna. Inclinouse o troiano e evitou a negra morte. O Átrida sacou entón a espada adornada de arxénteos cravos; pero ao ferir ao inimigo na á do casco, caéselle da man, rota en tres ou catro anacos. Suspira o heroe, e alzando os ollos ao extenso ceo, exclama:
?¡Pai Zeus, non hai deus máis funesto ca ti! Esperaba castigar a perfidia de Alexandre, e a espada quebra nas miñas mans, a lanza resulta inútil e non consigo vencer.
Di e arremetendo a Paris, cóllelle polo casco adornado con espesa crinas de cabalo e arrástrao cara aos aqueos de fermosas grebas, medio afogado pola bordada correa que, atada por debaixo da barba para asegurar o casco, abafáballe o delicado pescozo. E sería levado, conseguindo inmensa gloria, se non o advertise Afrodita, filla de Zeus, que rachou a correa, feita do coiro dun boi degolado: o casco baleiro seguiu a robusta man, o heroe volteouno e botoullo aos aqueos, de fermosas grebas, e os seus fieis compañeiros recollérono. De novo asaltou Menelao a Paris para matalo coa lanza de bronce; pero Afroditaarrebatou ao seu protexido con gran facilidade, por ser deusa, e levouno, envolto en densa néboa, ao recendente e perfumado tálamo. Logo foi a chamar a Helena, atopándoa na alta torre con moitas troianas; tirou suavemente do seu perfumado veo, e tomando a figura dunha anciá tecelá que en Lacedemonia lle preparaba a Helena fermosas teas e era moi querida de esta.
Afrodita tras salvar a Paris dunha morte segura a mans de Menelao, lévao xunto a Helena tras das murallas. Esta chama covarde a Paris e dille:
?Vés da loita... E deberías perecer a mans do esforzado varón que foi o meu anterior marido! Dicías ser superior a Menelao, caro a Ares en forza y no uso da lanza; pois provócalle de novo a singular combate. Pero non: mellor que desistas, e non queiras pelexar nin contender temerariamente co loiro Menelao; non sexa que axiña sucumbas, ferido pola súa lanza.
Contestou Paris: ?Muller, non me botes en cara amargas críticas. Hoxe venceu Menelao co auxilio de Atenea; outro día vencereille eu, pois tamén temos deuses que nos protexen?.
Lembramos que neste combate non morreu Menelao, como se quere facer crer na película.
Imos traballar sobre a realidade arquoelóxica e histórica de Micenas e de Troia para así interpretar o mito da Guerra de Troia coas claves antropolóxicas e literarias que ten.
O primeiro o documental da BBC realizado pouco antes da estrea nos cines da última versión de Hollywood sobre este famoso evento cantado por vez primeira por Homero na Ilíada. Homero din que viviu no 800 a.C. cando xa pasaran 400 anos da que, segundo os arqueólogos, puido ser a famosa guerra de Troia (arredor do 1200 a.C.):
Na clase xa visualizamos este documental sobre o tema elaborado por National Geografic.
Intenta respostar a tres dilemas:
1º Existiu realmente Troia? Esta antiga cidade foi localizada no século XIX, tras perdérselle a pista durante séculos e crer que era unha cidade ficticia inventada por Homero. Quen levou a fama desta reaparición de Troia? Foi H. Schliemann. Pero como o logrou? Que outras excavacións de importancia fixo? O tesouro que el chamou de Príamo, rei troiano, ou a máscara de Agamenón, rei grego de Micenas, pertenceron realmente a estes personaxes?
2º Tivo lugar realmente a guerra de Troia? Foi Helena o seu motivo? Parece ser que outro arqueólogo, Carl Blegen nas súas excavacións de 1932-1938 axudou a respostar á primeira pregunta ao atopar os niveis VI e VII de Troia. Pero serían excavacións máis recentes as dos anos 1993 as que aporten datos máis clarificadores sobre unha posible guerra de Troia de dimensións máis grandes e acordes coa que aparece nos textos de Homero. Lembra os datos do documental visto para responder a estas dúas preguntas.
3º Existiron realmente Helena, Menelao, Agamenón, Aquiles, Príamo ou Paris? Parece ser que os estudos dos textos Hititas xunto con datos arqueolóxicos ofrecen información sobre algúns destes personaxes ao aparecer neles tanto a cidade de Troia baixo a denominación de Wilusa que transcrito ao grego daria Ilios ou Ilión, nome co que se denomina Troia (lembra que o poema homérico chámase precisamente A Ilíada, porque narra unha parte da guerra de Ilión). Tamén aparece un rei denominado Alaksandu, que ben podería ser Alexandre, é dicir o outro nome de Paris. Mesmo citan aos seus inimigos o rei de Ahijawa (que podería ser Acaia, é dicir os aqueos, unha das denominacións dos gregos).
Finalmente no documental aparecen tres hipóteses sobre o cabalo de Troia:
1- A que fose certo o mito, unha trampa de Odiseo.
2- A que sexa unha metáfora dun terremoto, Poseidón era o deus do mar e dos terremotos, cuxo animal é o cabalo.
3- A que sexa unha arma de asalto en forma de cabalo que permitira entrar en Troia aos gregos.
- As idades do home de Hesíodo e Ovidio: definición e comparación do mito coas etapas da Prehistoria e a historia real dos seres humanos: Paleolítico, Neolítico, Idade de Bronce e Ferro...
- Prometeo, Pandora e os mortais: reflexión creativa sobre os deuses e os seres humanos (homes e mulleres) na mitoloxía grega e as semellanzas e diferenzas con outros relatos mitolóxicos.
- Deucalión e Pirra: Que semellanzas e diferenzas existe con outras mitoloxías. Con que etapa das idades do home de Hesíodo coincidiría? Houbo un diluvio universal?
- Un mito da creación máis filosófico: Platón e o mito dos androxinos. Será verdade iso que se di do amor e o da media laranxa?
- O mundo dos mortos. Descrición do mundo Subterráneo. O sorteo dos mundos: Hades, como chega a ser o deus dos mortos? Ubi sunt?
En segundo lugar, debemos estudar ben o traballado sobre AS PRIMEIRAS ETAPAS DA GRECIA ANTIGA: De Creta a Micenas:
-As primeiras etapas da historia grega: De Creta a Micenas: Os pobos mediterráneos do Exeo, a civilización cicládica das illas Cícladas e a civilización minoica de Creta. Estudar ben as distintas etapas ata chegaren os aqueos (primeira tribo indoeuropea) e finalmente os dorios (a derradeira tribo en entrar na Grecia continental).
Intenta indicar quen é quen na voda da nereida Tetis e do mortal Peleo.
Que deuses coñeces? Como os recoñeciches?
Que sucedeu con Eris (denominada en latín Discordia) ?
Din que este é o primeiro capítulo dunha das máis famosas guerras da Antigüidade. Por que?
Oe, pero quen viña sendo Helena, de quen era filla?
A historia lévanos de novo cara os deuses do Olimpo. Compróbao.
Que foi o quen fixo posible o seu casamento finalmente en Esparta?
Outro dos personaxes importantes nesta historia contan que naceu así:
Imos entrar nos detalles do Xuízo de Paris xa que nos interesa saber os motivos polos que comeza esa relación tan transcendente entre o príncipe troiano Paris e Helena de Esparta, que como xa sabedes estaba xa casada con Menelao.
Sobre PARIS:
1-Que debemos saber sobre o seu nacemento Paris?
De quen era fillo? Que problemas tivo para acabar como pastor de ovellas se en realidade era un príncipe?
2-Por que motivo foi escollido el para ser o xuíz das tres deusas que querían ser as agraciadas coa mazá da Discordia? Cales son as promesas das deusas e cal foi a agraciada coa mazá? Localiza tres cadros de distintas épocas que representen o xuízo de Paris.
Sobre HELENA:
3-Por outro lado, de quen vén sendo filla Helena?
Quen son os seus irmáns e como se chama a súa irmá?
4-A beleza de Helena sempre causoulle problemas, xa antes de casar, pero sobre todo á hora de casar. Como foi seleccionado o seu marido entre os moitos pretendentes que tiña? Que promesa ataba a todos os que desexaban casar con ela? Tivo algo que ver con tal xuramento o astuto Ulises?
5- Os problemas despois de casada non remataron, cal foi o maior dos problemas que tivo e debido ao que se fixo máis famosa?.
6-Localiza tres cadros que representen a historia dos pais de Helena.
Sobre Helena e Paris, os antecedentes da guerra de Troia, existe unha versión cinematográfica do ano 2003 pouco fiel ao mito da que podemos destacar varias escenas o nacemento de Paris, o rapto da nena Helena por Teseo ou o xuramento dos pretendentes no minuto 48 aproximadamente:
Un traballo persoal por cada un dos alumnos/as da clase deberá tratar sobre un dos famosos amores de Zeus. Sabemos que Zeus aínda que houbo un tempo en que se lle pasara pola cabeza ter relacions con Tetis, soubo o segredo de Prometeo e rexeitou casra con ela. Pero Zeus tivo numerosas
Zeus coas deusas olímpicas, as súas irmáns Deméter e Hera:
Zeus e mortais:
- Io en Argos (Épafo)
- Sémele (Dionisio)
- Dánae (Perseo)
- Zeus e Europa, que xa coñecemos ( Minos, Sarpedón e Radamantis)
-Calixto ( Arctos)
- Leda (Castor e Pólux / Helena e Clitemnestra)
- Ganímedes
- Alcmena (Heracles)
Tetis e Peleo
- Coñeces á deusa do mar Tetis?
- Oín falar que Zeus e Poseidón son os seus pretendentes, pero porque me fas esa pregunta, Quirón?
- A deusa Tetis non se casará con ningún destes pretendentes. Prometeo, encadeado no Caúcaso por orde de Zeus, revelou que o Destino faría nacer dela un fillo superior ao seu pai. De inmediato, os deuses retiraron as súas intencións e constituíronse en consello para debater que mortal será a que a despose.
- Non sei en que me interesará a min esta historia?
- Reflexiona, ti es novo e non vas seguir viúvo para o resto dos teus días? xa sabes que coñézo o porvir. Pois ben sei que este matrimonio está reservado para ti polo Destino.
Peleo sorprendido non manifestou entusiasmo, pero, que podía facer contra os mandatos do Destino?
Os deuses no Olimpo amosaron a súa satisfación, non podían correr o risco de que casara con outro deus, mais Tetis rexeitou a proposición. Zeus foi tallante e deulle ordes de que aceptase a man de Peleo. Pero a deusa cada vez que este se achegaba transformábase en lume ou en auga, en vento , en paxaro e logo fuxía axiña. Aquilo estimulou o amor propio do heroe conquistado ademais pola beleza da filla de Nereo.
Foi Quirón o seu amigo o centauro quen lle dará as claves par impedir que escapase nun próximo encontro, debería suxeitala e soportar pacientemente unha multitude de transformacións ata que a deusa cansase e volvese a súa forma orixinaria.
Así foi e finalmente a voda realizouse no monte Pelión e a ela asistiron os deuses e as musas. O centauro Quirón regaloulle unha lanza de freixo que tiña o don de sandar as feridas que fixera. Todo parecía ir ben, pero aquela voda estaría marcada pola Discordia. Eris que non fora invitada arroxou unha mazá dourada coa lenda ?para a máis fermosa? para provocar as disensións entre as deusas e aquel matrimonio, a pesar de que Peleo colmaba de atencións á deusa, non sería feliz.
Tetis tivo un primeiro fillo e a deusa pensou no medio de eliminar do seu ser todos os elementos que o facían mortal. Axudándose do lume e na ausencia de Peleo botouno no medio das lapas e aquel neno morreu. Pasou o mesmo co segundo, o terceiro e así ata o sexto. Peleo estaba desesperado pois a primeira vez convencérao de que fora un accidente, pero xa no terceiro a deusa acosada por polas preguntas do noso heroe confesou a verdade.
-Só pretendo quitarlles a súa humanidade e aínda que o fago mal prefiro velos morrer así a que leven unha vida indigna da súa nai.
Pero Tetis seguira burlando a súa vixilancia. Cando o nacemento do sétimo se chegaba Peleo lembrouse do seu amigo o centauro, Quirón seguro que lle podería axudar. Como non se daría antes conta de pedirlle consello? Tería salvado esas vidas inocentes.
-Estaba esperándote. Sei a que vés. O teu sétimo fillo non perecerá entre as lapas. Converterase en alguén máis grande ca ti. Mais deberás estar moi vixilante en canto naza.
O neno naceu e déronlle o nome de Aquiles. Era un bebé fermoso e forte cos beizos curvados nunha especie de sorriso. Peleo sentía a Tetis nerviosa, irritable a medida que os días pasaban, pero el non baixaba a garda.
Un día a deusa ausentouse, Peleo pensou poder abandonar a vixilancia durante uns instantes, pero non fora máis que unha das astucias de Tetis. Cando quixo volver á habitación, xa estaba botando ao lume ao neno. Peleo arrebatoulle ao recentemente nacido das mans e a deusa vencida marchouse definitivamente a residir no mar coa súas irmás, negándose a volver ao seu carón. Pero Peleo estaba agora preocupado polas queimaduras que sufrira o pequeno. Sobreviviría? Só en dous lugares aparecía tocada a criatura. Nos beizos e no talón dereito. Tomou o neno no colo tras envolvelo coidadosamente e dirixiuse ás presas cara a cova do centauro Quirón.
-Tiñas razón que o meu fillo viviría -díxolle- pero está malferido. Ti podes curalo. Non permitas que unha enfermidade o marque ata a fin dos seus días.
O centauro comprobou que o óso fora case totalmente calcinado, había que colocarlle un novo. Quirón pensou en Damisos. Un xigante particularmente rápido na carreira. Acababa de morrer. O centauro desenterrouno e sacoulle da súa perna dereita o talón do pé que lle adaptou ao do neno. Polo que Aquiles ía logo ser chamado por Homero por iso ?o dos pés lixeiros?, aínda que o seu nome literalmente significa ?sen beizos? porque esa marca non foi reparada por Quirón. Hai quen asegura que Tetis marchara e non volvería a ver a Aquiles na súa infancia porque conseguira bañalo sendo un bebé nas augas da Estixe, río do Inferno que facía invulnerables a todos os que nela se mergullaban, pero foi no talón precisamente por onde a deusa sostivo á criatura para podelo meter na auga que lle conferiría a Aquiles a invulnerabilidade case que total, a non ser por aquel lugar polo que a deusa o agarrara.
Peleo vendo que Tetis non volvía e comprobando o cariño con que trataba o centauro ao seu fillo, pediulle ao seu amigo que aceptara facerse cargo da súa educación. Naturalmente o centauro aceptou, alimentado pola súa esposa a ninfa Cariclo nos primeiros anos para logo ensinarlle a cazar a domar cabalos e tamén algo de medicina. Quirón daríalle tamén carne de león e xabarín para que lle comunicaran poder e tamén de mel para que fose doce. Soubo por el que era a música e o canto o desprezo dos bens materiais e medrou axiña un heroe sabio e forte digno dos cantos que Homero inmortalizou na Ilíada.
Na máis recente versión cinematográfica da guerra de Troia, a única ocasión na que aparece unha deusa en escena é aquela na que Aquiles vai ser visitado de novo pola súa nai Tetis para advertirlle das dúas posibilidades que ten ante a guerra con Troia que Agamenón prepara. Opta por unha vida curta e gloriosa embarcándose na expedición dos gregos ou ben desexa vivir moitos anos, pero sen gloria. Aquiles aceptará a primeira segundo Homero, aínda hai autores posteriores que defenden que Tetis foi quen de ocultalo na corte do rei Esciro.
CUESTIÓNS:Despois de ler lembra e contesta:
5- Cal era o segredo que gardaba Prometeo e que ten que ver con Peleo?
6- Con quen casa Tetis finalmente? Que problema ten cos seus fillos?
7- Quen e como logrará que vaia a diante o sétimo dos fillos de Tetis? Por que Tetis mergulla ao seu fillo na lagoa Estixe? como se chama ese fillo?
8-Quen criará finalmente a este afortunado rapaz?
9- Porque cres que a Tetis intenta ocultar ao seu fillo, sendo xa todo un mozo, segundo nos conta Homero? Saberás investigar ata atopar quen é, e como consigue que finalmente o gran fillo de Tetis e Peleo vaia á guerra contra Troia?
Para poder resolver o misterio que gardaba Prometeo temos que coñecer a historia dun heroe chamado Peleo. Imos saber quen era:
Peleo e o centauro Quirón.
Peleo, fillo de Eaco, atopábase lonxe de Exina, a súa cidade natal. Incribles aventuras conducírano primeiro a Pitia, onde o rei Euritión lle dera a súa filla Antígona en matrimonio. Por desgraza, matou accidentalmente ao seu sogro no curso dunha cacería en Calidón e tivo que exiliarse de novo.
Atopara refuxio na corte de Acaste, que lle purificou daquela morte. Por que razón non recobrou inmediatamente a súa esposa, que permanecera en Pitia, a historia non o precisa. Este retraso estivo a piques de provocar a súa perdición. Era Peleo un bo mozo e Astidamía, muller de Acaste experimentou por el un violento amor. Naturalmente Peleo non quería traizoar nin a Antígona, á que amaba tenramente, nin ao seu hóspede que o recibira con tanta xenerosidade. Foi entón cando el lle dixo á raíña:
- Debemos pensar nos nosos compromisos. Maldigamos a nosa sorte por non termos coñecido antes, pero, por favor, tratemos de cambiar este amor imposible en amizade.
Astidamia finxiu aceptar a prudente solución. Pero desexou vingarse pois o seu amor frustrado transformarase en ira. Comezou por enviar secretamente un mensaxeiro a Pitia. Antígona estaba sen novas do seu home dende facía moito tempo. E o seu corazón deu un chimpo de alegría, pero ao ler a carta que dicía que Peleo mantiña amores coa esposa do rei Acaste palideceu ao instante e decidiu, levada da desesperación, aforcarse na intimidade da súa habitación.
Axiña foi Astidamía na procura do seu esposo para acusar a Peleo da falta da que ela mesma era culpable. O rei gardou un silencio sombrío e estivo varios días sen falar para, por fin anunciar que á mañá seguinte partiría de cacería.
- Serás dos nosos? ? preguntoulle a Peleo.
E Peleo aceptou non sen temer algunha trampela, pois o silencio dos últimos días non lle parecía un bo presaxio. Mais Acaste non decidira aínda a forma de tomar vinganza. Non lle permitían as leis da hospitalidade cometer homicidio e pensou que unha cacería aumentaría as ocasións de accidente.
A cacería foi moi animada, ninguén dos participantes sospeitaba nada. A caza era abondosa e facíanse apostas sobre quen conseguiría maior número de pezas. Como o día estivera xa moi avanzado preguntaron a Peleo cantos animais abatera. Amosando o seu saco descubriu quince presas e todos os cazadores recoñecérono coma o mellor da xornada. Moitos despois de festexalo deitáronse no chan e botaron unha soneca. Peleo foi un deles. O rei pensou que chegara o momento, e tras comprobar que Peleo durmía, achegouse sen ser visto e quitoulle a espada agochándolla non moi lonxe de alí. Despois liscou xuntou aos cazadores esperando que durante a noite as feras da montaña caeran sobre o heroe desarmado.
Cando Peleo espertou viuse rodeado de bestas monstruosas, e chegou a crer nun principio que aquilo era unha broma dos compañeiros de caza, porque estes monstros levaban unha cabeza de home e de tal tiñan o peito, pero o resto dos seus corpos parecían os dun cabalo. Eran os centauros e axiña caeu na conta do perigo no que estaba porque estes animais de dobre natureza se alimentan de carne crúa. Cando foi buscar a espada, non a atopou, e sen apenas moverse estaba pensando en que sería mellor, loitar ou facerse o morto. De súpeto un dos centauros achegóuselle cunha espada na man.
- Cóllea- díxolle- foi a que che quitou o rei Acaste, Quirón devólvecha para que poidas escapar da furia dos seus semellantes.
Así soubo Peleo que o centauro Quirón non era como os outros. O seu nacemento fora máis nobre. Namentres os outros descendían do rei de Tesalia Ixión. El debíalle a vida a unha filla de Océano, Filira e do deus Cronos. Ademais era un bo amigo dos homes non era nómada vivía nunha cova ao pé do monte Pelión, pois os demais centauros non tiñan domicilio fixo. Quirón practicaba a mediciña que lle ensinara Apolo. Quirón tamén ensinaba, era mestre de moitos heroes gregos. Estaba dotado do don da adiviñación e coñecía a historia de Peleo, mesmo a morte da súa muller Antígona que el ignoraba aínda. Foi Quirón quen lla narrou co maior dos coidados e ofreceuse a axudarlle sempre que o necesitase. Tamén foi Quirón quen lle animou a coñecer a Tetis, cando xa pasara algo máis dun ano desde que se coñeceran.
Despois de ler lembra e contesta:
1- Peleo tivo mala sorte no seu primeiro matrimonio a causa da morte do seu sogro, que ocorreu ?
2- Que lle pasou coa raíña Astidamía, de que acusa a Peleo ante o rei Acaste?
3- Cal foi a reacción de Acaste?
4- Que vai a librar a Peleo dunha morte segura?
A nova entrega do Caderno dixital terá un prazo do día 9 de decembro abordará os seguintes proxectos:
A aparición dos mortais na mitoloxía grega:
- As idades do home de Hesíodo e Ovidio: definición e comparación do mito coas etapas da Prehistoria e a historia real dos seres humanos: Paleolítico, Neolítico, Idade de Bronce e Ferro...
- Prometeo, Pandora e os mortais: reflexión creativa sobre os deuses e os seres humanos (homes e mulleres) na mitoloxía grega e as semellanzas e diferenzas con outros relatos mitolóxicos.
- Deucalión e Pirra: Que semellanzas e diferenzas existe con outras mitoloxías. Con que etapa das idades do home de Hesíodo coincidiría? Houbo un diluvio universal?
- Un mito da creación máis filosófico: Platón e o mito dos androxinos. Será verdade iso que se di do amor e o da media laranxa?
- INVESTIGA: O mundo dos mortos. Descrición do mundo Subterráneo. O sorteo dos mundos: Hades, como chega a ser o deus dos mortos? Ubi sunt?
LECTURAS RECOMENDADAS:
Hesíodo: Os traballos e os días (As Idades vv. 106-202). Ademais para Pandora en Teogonía535-570 e Traballos e os días, 47-58 e 90-105)