Aproveitando o mes de defuntos imos ir achegándonos á lingua latina a través da epigrafía. Imos saber así o que son as estelas botando man do noso fondo hai unha serie de estelas atopadas na nosa terra.
CUESTIÖNS:
1- Quen está enterrado nas estelas que aparecen nas seguintes inscricións? Un home ou unha muller? Fíxate nas letras que suliñamos:
HIC SITUS EST
HIC SITA EST
HIC SITI SUNT.
Das distintas partes que habitualmente presenta unha inscrición nunha estela, cales son as que aparecen nestas dúas lápidas?
URBANILLA ANNORUM XXV. (A Estrada)
CUM QUI VIXIT ANNOS XVIII (Lugo)
OS MORTOS TAMÉN FALAN
O costume romano de enterrar (in humus: inhumar)era máis frecuente entre as persoas de posición, aínda que normalmente se facía unha incineración ( in cinis) previa e logo se enterraban as cinzas onde se colocaban unha estela. En non poucos casos a inscrición dirixíase ao que estaba a ler, son as lápidas parlantes, como se os espíritos dos mortos falasen cos vivos. Fixádevos nesta inscrición dunha lápida parlante:
UT, QUI LEGIS DICAS: "SIT TIBI TERRA LEVIS" (Lugo)
Da inscrición da imaxe dun Museo de Vigo imos tentar identificar cada unha das partes nas que se divide o seu texto:
D(is) · M(anibus) · s(acrum) / Placidus / et Pollio / p(atri) · Rebilo / ann(orum) LX / r(ecordationis) c(ausa) f(ecerunt)
Para consultar un dicionario:
LATÍN:
DO ESPAÑOL A LATÍN
GREGO:
ETIMOLÓXICO: |