VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os descendentes de Eneas: Rómulo e Remo
Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2013-14 - Publicado o 17-03-2014 07:23
# Ligazón permanente a este artigo
CARA A ATENAS CLÁSICA DA DEMOCRACIA E O TEATRO
Imos adentrarnos na historia da Grecia Histórica. O camiño que imos percorrer é o da Grecia Arcaica, esa que comeza á vez que os Xogos Olímpicos, esa que comeza coa expansión colonial, esa que en Atenas, especialmente, provocará unha evolución política que xa na denominada época Clásica ve nacer a Democracia escravista, motor do seu imperio e á cidade-estado na que se vai ver florecer o teatro como unha das manifestacións culturais máis duradeiras desta civilización.







Deste dous vídeos imos tirar algunha conclusión:
1- Con que acontecemento podemos fixar o comezo da Grecia Arcaica no 776 a. C.?
2- Cales son as características das polis gregas?
3- Quen eran os Dorios? con que cidade da Grecia Arcaica podemos relacionalos?
4- Con que cidade podemos asociar aos Xonios?
5- Que diferenza había entre as cidades máis importantes deste período?
6- Que as fai semellantes? Son iguais a democracia ateniense que a actual? Por que?
7- A filosofía, a literatura, a arte gregas deste periódo clásico en que tema se centra?
8- Quen loitaba nas Guerras Médicas ? Quen gañou?
9- Quen eran rivais na Guerra do Peloponeso? Como remata e que consecuencias ten para a civilización grega?
10- Como definirías o período helenístico?








Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2013-14 - Publicado o 06-03-2014 08:04
# Ligazón permanente a este artigo
As sereas de Ulises
Un pequeno traballo de investigación vainos levar ante as sereas de Ulises.



Despois de visionar a película da Odisea hai unha aventura que nesta versión non aparece e que é, a pesares de non recollela neste guión, unha das máis coñecidas da Odisea. No libro de Homero son apenas unhas liñas, pero estes seres mitolóxicos tiveron un eco enorme e son hoxe moi populares, aínda que, como axiña descubriredes alguén cambiou o conto.

1- Localiza o texto onde se fala das sereas na Odisea e fai un resumo coas túas palabras desta aventura de Ulises.
2- Busca información de cal era a súa orixe e o seu aspecto.
3- Procura localiza varias imaxes da grecia antiga que representen ás sereas de Ulises.
4- Despois de realizar esta investigación sobre as sereas de Ulises en Homero, que diferenzas e semellanzas atopas coas sereas que ti coñecías por outros relatos?
5- Como cres que se produciron estes cambios tan rechamantes?
Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2013-14 - Publicado o 20-02-2014 06:44
# Ligazón permanente a este artigo
Quen promove as guerras?
SI VIS PACEM, PARA BELLUM dixo Xulio César, é dicir, "se queres a Paz, prepara a guerra", unha expresión claramente belicista e propia dun imperio en marha, ambicioso e perverso.

Despois de observar como as gueras, a de Troia, como modelo épico e mitolóxico, pero cunha base real, unha guerra que lonxe de ser como nos pinta Homero, unha guerra provocada polo amor, oculta motivos menos heroicos como son a conquista dun lugar abundante en riquezas e un asentamento estratéxico nas rutas comerciais cara Oriente.

Todas as guerras,logo, son produto dunha serie de intereses económicos que poden aparecer ocultos ou simplemete disimulados, pois acostuman ser totalmente inxustificados e lesivos para o conxunto dos pobos que as sofren. Por iso deberiamos transformar o dito que fixo famoso Xuio César nunha expresión claramente pacifista: SI VIS PACEM, PARA PACEM: " Se queres a Paz, prepara a Paz".
Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2013-14 - Publicado o 29-01-2014 06:28
# Ligazón permanente a este artigo
DO LATÍN ÁS LINGUAS ROMANCES
Podemos ir collendo unha certa confianza co latín como lingua se traballamos exercicios como so seguintes. Entrade a botar unha ollada e a practicar.



Outras posibilidades de ver palabras patrimonias e cultas derivadas do latín.
Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2013-14 - Publicado o 27-01-2014 00:34
# Ligazón permanente a este artigo
Paris versus Menelao en Homero

?O combate singular de Paris e Menelao?
(versión película TROIA)


- Paris loitaba polo amor de Helena, pero Menelao loita na procura da vinganza polo rapto da súa muller.
Empezan a batalla e Paris deféndese como pode e Menelao prescinde do seu escudo e ataca a Paris golpeándolle ata que lle quita o escudo ao troiano e rise del. Menelao persegue a Paris ata ferilo nunha perna. Paris cae no chan e Menelao ía matalo, mais Paris foxe a refuxiarse entre as pernas ás pernas do seu irmán Héctor. Héctor mata a Menelao ante a insistencia do rei grego por rematar co combate e con Paris. Paris logrou sobrevivir grazas ó seu irmán Héctor, e fpxe defnitivamente cara o interior das murallas mentres comeza unha batalla de Agamenón que na morte do seu irmán ten xa un pretexto para non dilatar máis o ataque contra a cidade, rica en ouro, que desexa someter.


?O combate singular de Paris e Menelao?
(Versión Ilíada de Homero)


- A Guerra comeza debido a que Menelao vén en busca de Helena. Os troianos fan un trato cos gregos. Un combate singular para evitar grandes matanzas. Un home por cada bando. O gañador lévase a Helena e conclúe aí a guerra. Xuraron e asinaron todo ante Ares, deus do Olimpo. Paris, tamén chamado Alexandre empeza lanzando a súa xabelina e non pasou nada, logo Menelao lanzou a súa e rozou a túnica de Paris. Despois foron a loitar con espadas e Paris tirado no chan non sabe que facer, entón Menelao vaino matar e nese intre a deusa Afrodita salva a Paris provocando unha densa néboa entre os dous exércitos que impide ver que sucede e permite fuxir a Paris, tamén provocará que os troianos violen as normas e dea comezo unha batalla, unha vez que Paris está seguro tras das murallas.

CUESTIÓN: Despois de ler os dous textos indica cales son as semellanzas e as diferenzas entre a película e a Ilíada de Homero?
Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2013-14 - Publicado o 21-01-2014 23:43
# Ligazón permanente a este artigo
BRISEIDA E CRISEIDA, A CÓLERA DE AQUILES
Quen eran Briseida e Criseida?

Briseida.
Seu nome verdadeiro era Hipodamía. Era filla de Brises, de quen toma o nome de Briseida. Brises era irmán de Crises, pai de Criseida, e, como éste, sacerdote (de Apolo), na cidade de Lirneso, tomada e saqueda por Aquiles durante a guerra de Troia.

Hipodamía ou Briseida estaba casada con Mines, que foi matado por Aquiles. Este lévaa cautiva, e Patroclo, para consolala, promételle que Aquiles a faría a súa esposa; e, en efecto, chegou a ser a escrava favorita do heroe, "que a amaba ternamente".

Cando a Asamblea dos gregos obrigou a Agamenón a devolver a Criseida o seu pai e o rei, en compensación, pediulle a Aquiles que lle entregara a Briseida, este, airado e dolorido, negouse a combater. Agamenón, entón, enviou unha embaixada a Aquiles para tratar de aplacalo e prometerlle devolver a Briseida e, só con esa promesa, logrou reconciliarse con el.

A tradición representa a Briseida como unha muller alta, morena, de brillante mirada e ben ataviada. Parece que foi ela a que lle tributou a Aquiles os honores fúnebres.

Criseida.
Criseida é a filla de Crises, de quen toma nome, sacerdote de Apolo na ciudade de Crisa, en Tróade.O seu nome verdadeiro é Astínome. Foi raptada polos gregos durante unha expedición contra a ciudade de Tebas, Misia, onde se atopaba en casa de Ifínoe, irmá do rei Eetrión, e entregada a Agamenón como parte do botín.

Seu pai acudíu a reclamarlla o rei, pero este non accedeu. Os gregos obrigaron a Agamenón a restituir a Criseida, pero o rei pediulle a cambio a entrega de Briseida, orixinando a cólera de Aquiles.

A peste
Os Gregos sufrirán os ataques durante nove días do propio deus Apolo como solicitara o seu sacerdote (Crises) ao non devolverlle Agamenón inicialmente a súa filla. Foi Aquiles quen convocará en asemblea aos gregos para intentar volver a casa e devolverlle Criseida a seu pai, Crises. Entón Agamenón, tras unha primeira negativa, accede despois de impoñer escoller unha nova escrava como botín de guerra. A escrava de Aquiles, Briseida, pasará a ser así propiedade de Agamenón, polo que Aquiles encolerizado deixará de pelexar, e de novo os troianos lograrán unha vantaxe fronte aos gregos.


Unha tradición conta que Crises devolveulle voluntariamente a súa filla a Agamenón porque fora ben tratada. Criseida tivo de el dous fillos: Ifigenia e Crises, chamado este así en memoria do seu avó.

A tradición precisa que Criseida tiñaa 19 anos, que era loira, delgada e de talla pequena. En cambio, Briseida era morena, alta de tez branca e moi elegante. E formaban unha parella que resumía os dous tipos de beleza feminina.


A cólera de Aquiles.
Esta etapa caracterizase pola loita entre Aquiles e Agamenón. Despois de saquear Troia repartironse o botín pero Agamenón, para reafirmar a súa autoridade sobre Aquiles, quitoulle a súa escrava Briseida.
Foi aquí cando Aquiles encolerizouse. Non só era un insulto ao seu honor, senon que era unha grande inxustiza, xa que Aquiles fixera a maior parte do necesario para conseguir todo o tesouro e o botín do que Agamenón cría que tiña dereito a disfrutar. Como consecuencia, Aquiles retirouse a súa tenda e decidiu non tomar parte na loita.
A loita foise agravando pouco a pouco e os gregos sufrían unha forte presión sen Aquiles. Agamenón viuse forzado a ofrecer a Aquiles riquezas de todo tipo e a devolución de Briseida, pero o gran guerreiro negouse.
Patroclo, familiar e/ou amigo de Aquiles, tomou parte da loita dirixindo as súas tropas e coa súa armadura. Finalmente, foi asesinado por Héctor, o mellor guerreiro do bando troiano. Aquiles, apenado polo seu amigo e pola perda da súa armadura, entrevístase coa súa nai Tetis quen lle deu unha nova armadura. Aquiles volveu con Argamenón e regresou ao campo de batalla. Tras haber matado a moitos troianos e sobrevivir o ataque do río Escamandro, Aquiles puido finalmente encontrar ao seu principal adversario, Héctor.
Finalmente, ambolos heroes encontraronse e tras dar tres voltas a muralla de Troia, enfrontáronse cara a cara. Aquiles enviou a súa lanza a garganta de Héctor e unha vez morto someteuno a numerosas vexacións para vingar a morte do seu querido Patroclo.
A continuación, Aquiles organizou un funeral. Os restos de Patroclo puxéronse nunha urna e enterráronse nun montículo. Cada día, á alba, Aquiles arrastraba o corpo de Héctor ao redor do montículo. Príamo, pai de Héctor,dirixiuse ao campamento de Aquiles para pedirlle que enviara o corpo de Héctor a Troia para poderlle facer un funeral pola súa morte. Aquiles conmoveuse e aceptou a súa súplica.

Cambios respecto á película.

Criseida non sae na película Troia.
A peste provocada por Apolo non aparece na película, pero si a dificultade pola que pasan as tropas gregas polos ataques dos troianos ata que morre Patroclo, e Aquiles decide entrar de novo en combate corpo a corpo contra Héctor.

( Dos datos recollidos na aula tras da lectura dos textos homéricos e procurar máis información.
Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2013-14 - Publicado o 21-01-2014 23:28
# Ligazón permanente a este artigo
VEMOS A PELÍCULA PARA COMENTALA?
A Guerra de Troia do mito, a de Homero e a do cinema son distintas?

Imos ver na aula a película de Wolfgang Petersen titulada Troia, pero á vez imos ir procurando semellanzas e diferenzas da película co mito e co relato de Homero.

Comezamos coas primeiras escenas que son a introdución do filme, onde destacan o rapto de Helena e o logro do astuto rei de Ítaca, Ulises, ao convencer a Aquiles que se embarque cos gregos.

Sobre os personaxes que se nos presentan axiña botamos en falta aos deuses, omnipresentes na Ilíada e que aquí desaparecen como personaxes activos, tan só aparecerá dun xeito moi sutil a nai de Aquiles, a deusa mariña Tetis, imitando aqueles diálogos que Homero introduce no seu relato en distintas ocasións.

Botamos en falta en Troia á raíña Hécuba, esposa de Príamo, unha lamentable simplificación, e tamén chama a atención a inexistencia da princesa profética troiana Casandra, aínda que alguén pode pensar que a Briseida da película é, en parte, Casandra. Sobre Briseida logo falaremos.

Imos lembrar algúns pormenores previos aos combates en Troia. Procura pois as respostas axeitadas:

1º Que soño tivo Hécuba?
2º Que facía Aquiles no xineceo, ou dependencias das mulleres? Quen o descobre?
3º Quen é Ifixenia e que ten que ver con Aquiles?

Logo seguindo coa película TROIA do ano 2004, imos na procura de semellanzas co texto básico da mesma Ilíada de Homero:
Propoñemos estas cuestións para resolver cos textos de Homero diante:

NA PROCURA DE PARECIDOS
1- As razóns históricas e mitolóxicas da guerra de Troia aparecen claras na película?

2- A cólera de Aquiles é o tema inicial da Ilíada. No filme aparece Briseida, pero na Ilíada de Homero Briseida e tamén Criseida.
Le o Canto I. e intenta explicar que semellanzas atopas entre a personaxe do cine e as orixinais de Homero.

3- Paris enfróntase a Menelao. Morre alguén neste singular combate? Como conta este asunto Homero consulta os cantos III e IV da Ilíada?


CONTINUARÁ
Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2013-14 - Publicado o 08-01-2014 19:37
# Ligazón permanente a este artigo
Da voda de Tetis ao xuizo de Paris
Imos entrar nos detalles do Xuízo de Paris xa que nos interesa saber os motivos polos que comeza esa relación tan transcendente entre o príncipe troiano Paris e Helena de Esparta, que como xa sabedes estaba xa casada con Menelao.

Sobre PARIS:
1-Que debemos saber sobre o seu nacemento Paris?
De quen era fillo? Que problemas tivo para acabar como pastor de ovellas se en realidade era un príncipe?
2-Por que motivo foi escollido el para ser o xuíz das tres deusas que querían ser as agraciadas coa mazá da Discordia? Cales son as promesas das deusas e cal foi a agraciada coa mazá?

Sobre HELENA:
3-Por outro lado, de quen vén sendo filla Helena?
Quen son os seus irmáns e como se chama a súa irmá?

4-A beleza de Helena sempre causoulle problemas, xa antes de casar, pero sobre todo á hora de casar. Como foi seleccionado o seu marido entre os moitos pretendentes que tiña? Que promesa ataba a todos os que desexaban casar con ela? Tivo algo que ver con tal xuramento o astuto Ulises?

5- Os problemas despois de casada non remataron, cal foi o maior dos problemas que tivo e debido ao que se fixo máis famosa?.

6-Que ten que ver a ilustración que acompaña esta entrada con Helena? De quen é este famoso cadro. Investiga os detalles deste mito.

Sobre Helena e Paris, os antecedentes da guerra de Troia, existe unha versión cinematográfica do ano 2003 pouco fiel ao mito da que podemos destacar varias escenas o nacemento de Paris, o rapto da nena Helena por Teseo ou o xuramento dos pretendentes no minuto 48 aproximadamente:



Pero para falar de Troia debemos distinguir o mito da realidade histórica. Imos facelo con este documental por exemplo:




Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2013-14 - Publicado o 09-12-2013 06:19
# Ligazón permanente a este artigo
Quen é quen na voda de Tetis e Peleo?

Intenta indicar quen é quen na voda da nereida Tetis e do mortal Peleo.
Que deuses coñeces? Como os recoñeciches?

Que sucedeu con Eris (denominada en latín Discordia) ?
Din que este é o primeiro capítulo dunha das máis famosas guerras da Antigüidade. Por que?



Oe, pero quen viña sendo Helena, de quen era filla?

A historia lévanos de novo cara os deuses do Olimpo. Compróbao.

Que foi o quen fixo posible o seu casamento finalmente en Esparta?

Outro dos personaxes importantes nesta historia contan que naceu así:


Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2013-14 - Publicado o 05-12-2013 06:24
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0