O HIPÓDROMO
En Olimpia atopábase cara o sur do Estadio, hoxe non queda rastro del porque foi arrasado pola crecida do río Alfeo. Sería de forma elíptica, seis veces maior có estadio. Tiña 600m. de longo por 200m. de ancho de terra cha e cos terrapléns, septentrional e meridional, destinados a acomodar aos espectadores, onde habería unha tribuna situada fronte a meta para xuíces e/ou as personalidades. Fronte alzábase unha estatua de Hipodamía cinguindo a cinta de vencedor a Pélope. Dúas columnas separadas a uns 400 m., cun muriño de pedra que marcaba o eixe lonxitudinal,arredor das cales xiraban un importante número de carros(uns 40). Unha volta equivalía a uns 780 m., é dicir, 4 estadios.
No Hipódromo tiñan lugar as probas máis aristocráticas dos xogos, un signo claro da progresiva exhibición de poder e riqueza que nos xogos facían os tiranos, reis e membros de familias ilustres e os seus carros de dúas rodas e catro radios moi pintados e vistosamente adornados. O auriga non recibía a coroa do premio, tan só unha cinta de lá que cinguía na fronte, era o dono dos cabalos que ás veces era unha polis (cidade-estado), un tirano, un neno ou mesmo unha muller quen eran considerados os vencedores.
O sistema de saída de carros e de cabalos en forma triangular regrado con cordas estaba deseñada para compensar aos que ocupaban os lados exteriores,
dado que a maior dificultade era sobrepasar o punto de volta chamdo ?nisa?, onde había numerosos accidentes.
CARREIRAS DE CARROS
As carreiras de carros empezaban co Téthripon,(cuádriga de cabalos de 5 ou seis anos), a máis antiga datada xa na XXV Olimpíada (680 a.C.). Os cabalos máis fortes e veloces colocábanse á dereita para coller mellor as curvas que cadraban á esquerda e ían guiados por un auriga. Daba 12 voltas ao hipódromo, uns 14 km. No ano 500 a.C. introducíuse a carreira ?apene? carreira de carro tirado por dous mulos, que desaparecerá axiña no 444 a.C. substituída pouco despois pola sinorís, carreira de 9 km. de carros tirados por dous cabalos. A cuádriga de poldros apareceu no 384 a.C. e logo a sinorís no 268 a.C. daban tres voltas ao hipódromo.
AS CARREIRAS DE CABALOS.
As carreiras de adultos aparecen no 648 a.C. e o xinete tiña que dar 6 voltas ao hipódromo. Na 131ª Olimpíada (256 a.C.)compiten poldros. Do 496 ata o 444 a.C. realizouse o calpe, unha proba realizada sobre égoas na que a derradeira volta o xinete ía a pé, suxeitando polas bridas a súa montura ata a meta. Os animais non levaban ferraduras, montaban a pelo e sen estribos, aínda que ás veces usaban esporas e látigo.
Pero o trato que se lles daba aos cabalos era bo, mesmo se lles daba sepultura en fermosas tumbas e se lles gardaba memoria, como é o caso da égoa Aurora de Fidola de Corinto, que a pesar de tirar ao xinete continuou soa ata a meta e obtivo a vitoria.
...cruxía o seu lombo, duramente presas polos fortes brazos. Suaban os corpos. Cruentos cardeais ...pintaban costados e lombos. Os dous desexaban furiosos lograr a vitoria e alcanzar con ela o fermoso trípode. Pero nin Odiseo derribaba a Aiax, nin este ao seu inimigo poderoso e forte. A loita seguía..."( Homero, Ilíada )
A descrición homérica sitúa a loita como competición en tempos preolímpicos. O combate entre Odiseo e Aiax, que rematou nulo, algo parecido a nosa loita libre. Na mitoloxía atopamos un elevado número de heroes que tomaron parte en combates de loita, pero a primeira descrición detallada achámola na Ilíada de Homero onde tamén narra un combate a puñetazos, algo similar ó noso boxeo.
A afección dos gregos á práctica de ámbalas disciplinas rematou por impoñelas nos Xogos Olímpicos.
A LOITA
A loita (palé en grego, de onde vén palestra) é o deporte máis antigo e popular no mundo enteiro por constituir a primeira forma de combate sen armas.
As escenas de loita dos heroes gregos contra os seus salvaxes adversarios, constituiu a forma máis clara de representar o enfrontamento da civilización e do espírito contra a barbarie.
Segundo certa versión, a loita foi inventada pola filla de Hermes, Palestra, para a alegría de toda a terra.
Segundo outros, foi Perseo cando se enfrentou a Cerción quen a inventou, e incluso á deusa Atenea, segundo outros, aparece como inventora deste deporte e das regras que o regulan.
Ademais da popularidade da loita entre a xente sinxela, tamén era deporte favorito entre os grandes personaxes. Platón, asegura que a loita exercita todo o corpo, outorgándolle elasticidade e beleza, e Plutarco sostén que a vitoria dos tebanos sobre os espartanos debeuse á habilidade de aqueles para este deporte. Algúns chegan ao extremo de definilo como unha combinación de arte e ciencia.
Na Grecia antiga existían dous tipos de loita:
a) horcía palé. Loita na area. O seu obxectivo era simplemente derribar ao adversario. Era a forma de loita máis popular e, por iso, incluíase no programa dos xogos, como parte do pentatlón.
b) kato palé. Loita na lama. O seu obxectivo era a rendición do contrario. Este deporte parecíase ao pancracio, no sentido de que os contrincantes continuaban o combate mesmo cando xa caíran ao chan, pero diferenciábase en que no kato palé estaban prohibidos os golpes e só se aplicaban chaves.
Quen contra quen?
As parellas decidíanse por sorteo. Os Helanodikes botaban nun xarrón de prata uns anacos de madeira de tamaño dunha xudía, en cada un dos cales estaba gravada unha letra. Había tantas letras como atletas participantes. Antes de que cada atleta collera unha das pezas de madeira, aproximábase á mesa onde estaba o xarrón e dirixía unha breve oración a Zeus. Enfrontábanse entre sí os que encontraran a mesma letra.
Seleccionábanse cinco parellas de atletas como mínimo e oito como máximo. Cando o número de atletas era impar, un deles tiña que pasar ao segundo turno, sen loitar. Era o chamado éfedros. A efedría concedíalle a vantaxe de combatir máis descansado. Por isto, nalgunhas inscricións, os atletas fan unha referencia especial ao feito de gañar cótino competindo en todas as probas.
Nestes deportes duros non se facía ningunha parada no transcurso das probas; pero en raras ocasións algún combatinte solicitou unha pausa para descansar e restañar as feridas.
Como competían
As chaves e técnicas que empregaban eran múltiples e recibían diversos nomes. As máis frecuentes eran as chaves no pescozo, na cintura, e tamén outra cos brazos e pulsos.
Os atletas competían co corpo cuberto de aceite e area. O aceite impedía que penetrasen nos poros o po e a area. A area que se botaban sobre o corpo untado de aceite axudaba a que non esvarasen as mans dos loitadores.
Ao final, quitábanse esta capa de aceite e po cunha raedera, o estrínxilo, instrumento alongado e curvo por un dos extremos que formaba parte indispensable do equipo atlético.
Para que alguén se proclamase vencedor na horcía pale, tiña que derribar ao adversario tres veces, ou obrigarlle á "apagoreuein" (rendición). Considerábase caída cando calquera parte do corpo tocaba o chan. Se os loitadores caían ao mesmo tempo, non se tiña en conta. O atleta esgotado tiña o dereito de aceptar a súa derrota e levantaba o dedo índice.
Se o resultado do combate era dubidoso, ofrecíase a coroa a Zeus.
Tamén a loita tiña as súas normas, que debían respeitar os contrincantes. Estaban prohibidos os golpes e as chaves en órganos xenitais, os trabazos e a pelexa fóra dos límites do cuadrilátero. Cando traspasaban ditos límites, os xuíces interrompían o combate. Tamén estaba prohibido suxeitar as pernas, pero se podían entrelazar coas do adversario para derribalo.
Aínda que non cabe dúbida de que a loita era unha competición moi dura, só se sabe dunha única vítima mortal, no 484 a. C., cando ao saltar, un loitador rompeu o pescozo.
O recinto onde se levaba a cabo a horcía palé denominábase skama, un cuadrilátero, que estaba excavado e recuberto de area. O segundo tipo de loita tiña lugar nun terreo humedecido ata o extremo de converterse en barro.
"...apenas catro anos despois de adicarte á loita, xa ninguén no pobo te recoñece, ata os cans te miran coma un estraño. Se viras o teu semblante no espello, tamén ti xurarías ?de veras,ese non pode ser Estratofón?...
O PUXILATO
A pigme (puxilato) é un dos deportes que, apareceron na prehistoria. Polos achados arqueolóxicos sabemos que este deporte gozaba de gran popularidade entre os habitantes de Creta e das Cíclades, e que os loitadores levaban non só guantes, senón tamén cascos protectores para evitar os golpes na cabeza. Na Grecia antiga é Homero quen o menciona por primeira vez, onde conta que Epio gañou a Evríalo.
Como inventores deste deporte dítanse a varios deuses, como Heracles, Teseo, Apolo. Pero a pesares da súa longa historia, empezou a formar parte das probas dos Xogos Olímpicos no 688 a. C. O primeiro vencedor foi Onomastós de Esmirna, quen fixou, ademais , as normas deste deporte.
Dise que os púxiles cubríanse as mans con finas tiras de pel de boi, coa fin de protexer as articulacións dos dedos e dos pulsos, e tamén para suavizar os golpes. A lonxitude destes "malakoí imantes" (tiras brandas), oscilaba entre tres e tres metros e medio.
Estas tiras brandas utilizáronse ata finais do século V a. C., época en que foron sustituídas por outras que se chamaban "sfaires" (esferas). A finais do século lV a. C., este tipo de tiras foi sustituído por luvas de puxilato, os oxeis, reforzados nas articulacións dos dedos con coiro duro. As xemas dos dedos quedaban ó descuberto, e chegaban ata a metade do antebrazo, onde remataban nunha grosa capa de la. Estes "imantes" empregáronse en Grecia ata o século ll d. C.
En época romana inventouse o caestus, luva reforzada con ferro e chumbo, e, en ocasións, cravos, nas articulacións dos dedos.
Se observámola evolución, comprendémolos cambios na técnica do deporte, e tamén a evolución do deporte en xeral. Na descrición máis antiga dun combate de puxilato, Epios vence ó seu adversario cun forte golpe na cara, derribándoo ó chán, pero apresúrase a levantalo, o que vén a expresar o espírito deportivo que reinaba entón.
Naquela época, o puxilato esixía axilidade, destreza e intelixencia: en resumidas contas, arte. Coa aparición dos oxeis imantes, os golpes adquiriron maior dureza e os combates perderon en técnica pero fixéronse máis defensivos e violentos. O que revestía maior importancia era a constitución física, non a intelixencia. É característico o casco, capaz de evitar golpes dos adversarios durante días enteiros. Nesta época na que o puxilato se masifica, os espectadores, olvidados xa dos ideais dos heroes mitolóxicos, o único que desexan é violencia.
A medida que as luvas evolucionan, aumentou o múmero de accidentes, en ocasións mortais. O máis frecuente: caras desfiguradas, sobretodo o nariz, os dentes e as orellas, polo que estes deportistas eran con frecuencia obxecto de burla dos poetas satíricos.
Os púxiles entrenábanse máis ou menos coma hoxe en día. Cubríanse sempre as orellas coas epotides. Moitas veces entrenaban loitando amarrados só por un extremo das mans, exercicio coñecido acroquiriasmós. Cando non tiñan adversario para o adestramento, os púxiles realizaban un exercicio como se o tivesen enfronte. Noutras ocasións, empregaban ó córix, que colgado do teito chegáballes á altura dos ombreiros. Co córix adestraban diferentes tipos de golpes,
Tamén adestraban con levantamento de pesas. En Olimpia encontrouse unha lousa de 143?50 kg que leva unha inscripción en orgullo do atleta Bibon por tela levantado por riba da cabeza cunha soa mán.
O adestramento era semellante ó dos actuais, os combates propiamente ditos eran moi distintos. Na antigüidade, non se levaban a cabo nun espazo delimitado por cordas, o que reduciría a capacidade de movemento dos atletas e contribuiría a que un dos adversarios propinara golpes definitivos ó outro. Tampouco había un tempo determinado, remataba cando un dos contrincantes caía sen sentido ou cando se rendía. Ó final da xornada se ninguén se proclamara vencedor podía aplicarse o clímax, sistema segundo o cal os púxiles recibían golpes sucesivamente e sen poder defenderse. Alcanzaba a vitoria o que era capaz de resistir máis golpes. Decidíase por sorteo quén asestaría o primeiro golpe. O clímax era un sistema moi duro, só se aplicaba en casos excepcionáis, non había pausas, aínda que se di que o árbitro, podía interrompir o combate para recuperar forzas e curar as feridas.
Resulta impresionante que os púxiles se dividiran en categorías segundo a idade, pero non segundo o peso. As parellas de adversarios elixíanse por sorteo.
Co transcurso do tempo, o deporte foi perdendo en técnica e en velocidade.
Pola representación do puxilato na arte, observanos que os atletas empregaban as dúas mans. Mantiñan unha postura máis erguida que na actualidade, e asestaban golpes directos.
Os púxiles tamén tiñan gran mobilidade nas pernas, e sempre intentaban levar ó adversario ante a luz do sol, para que este non puidese observar ben os seus movementos.
Non debían de existir moitas regras no puxilato. Estaban prohibidos os trabazos, os golpes nos órganos xenitais, e as chaves.
O PANCRACIO
O pancracio era unha combinación de loita e puxilato. Non o atopamos en Homero, e aparece nos Xogos Olímpicos no 648 a. C.
Disfrutaba de gran popularidae, os vencedores foron mencionados por grandes poetas.
Anque o pancracio se combinaban a loita e o puxilato, gabía elementos dos que carecían ámbolos deportes. Os atletas non levaban imantes, e por iso podían asestar golpes co puño e coa palma da man. Ó contrario que na loita libre, admitíanse os golpes coas pernas en tódalas partes do corpo. En líneas xerais, permitíanse tódalas chaves da loita e tódoslos golpes de puxilato, e só estaban prohibidos os trabazos, mete-los dedos nos ollos, boca e nariz do contricante ou rabuñalo. Tales prohibicións non se aplicaban no adestramento dos atletas de Espata, que consideraban o pancracio como preparación para a guerra.
Existían dous tipos de pancracio: o orzostaden e o kato pancracio. No primeiro, os contrincantes intentaban derribarse mutuamente, e no segundo, un deles lanzábase sobre o ouro, con intención de inmovilizalo e obligarlle a que se rindera. Nos xogos competían na modalidade de kato pancracio, mentras que o orzostaden, exercicio máis liviano, reservábase para os adestramentos.
No combate, os atletas tiñan que aunar forza e intelixencia. Existían certas técnicas que se aplicaban con frecuencia.
Cando un dos loitadores cáis ó chan, o adversario aplicáballe unha chave moi perigosa. Normalmente isto significaba o final do combate.
As probas realizadas en Olimpia sufriron cambios a través dos tempos, posiblemente as máis antigas foran as carreiras.
Olimpiónico: vencedor da carreira do estadio.
O estadio era a primeira carreira que se realizaba no 2º día das Olimpíadas, era a proba máis antiga e o seu vencedor daba nome á Olimpíada.
A saída:
Os atletas tomaban a saída en posición erguida, pisando sobre os dous sulcos da pedra de saída, balbis, con un pé un pouco adiantado, os xeonllos en flexión e os brazos estendidos en posición horizontal. A cada 1,25 m ensartan unha estaca para delimitar a posicón do corredor. As estacas ían apoiadas nuns paus móbiles que chegaban ao peito dos atletas e que impedían a saída ata que os fíos que os soportaban suxeitos polo afetes, o que daba a saída e que estaba detrás, se soltaban. Saían no momento en que daba a orde o trompetista ou un dos afetes ao berro de: ¡ápite!; se saltaba á pista antes de tempo era azoutado polo adestrador.
O recinto deportivo: o Estadio
O espazo non era máis ca unha pista rectangular. O principio, as probas se realizaban dentro do santuario, preto do templo de Zeus, pero co aumento do número de espectadores fíxose necesaria a construcción dun verdadeiro estadio. Construíuse o ?Estadio I? do ano 560 a.C que foi reemprazado por outro a finais do VI a.C, o ?Estadio II?. O ?Estadio III? construído a mediados do IV a.C. diferenciase en que se atopaba fóra do santuario, pode interpretarse como o crecente carácter político dos xogos, que irá gañando importancia en detrimento da dimensión relixiosa dos mesmos. O estadio carecía de gradas, tiña declives de césped para que se sentara o público (ata 45.000 espectadores). A entrada, cripta, consistía nun corredor por onde entraban os Helanodikes, adestradores e os atletas. Nun lugar destacado estaba a tribuna para as autoridades: os Helanodikes. A sacerdotisa de Deméter que contaba cun altar de pedra no estadio na parte septentrional fronte á tribuma. De pedra tamén era o punto de saída que servía para 20 corredores. Arredor dos 192,27 m e os seus 30 m. de ancho unha canle estreita pola que circulaba auga para refrescarse e catro cisternas con auga potable.
As carreiras nos Xogos Olímpicos
-Estadio: Carreira de velocidade de distancia dun estadio. Única proba do 776 ata o 724 a.C.
-Diaulos: Carreira de velocidade de dous estadios Introdúcese no 724 a.C.
-Dólicos ou macro: Carreira de marcha de 24 estadios. Introdúcese no 724 a.C.
-Pentatlón: Consistía en cinco probas (velocidade, disco, xavelina, salto e loita) comeza no 708 a.C.
-Hoplita dromos: Carreira de velocidade de dous estadios. Introducida no 650 a. C. As armas que levaban eran o casco, escudo e lanza. Pechaba a competición corrían 25 atletas.
A volta ó estadio:
Os estadios non tiñan curvas nos dous extremos. As antigas fontes sinalan o punto de retorno. Segundo outra opinión, cada un corría pola súa pista, xiraba o corpo 180º e continuaba a carreira ou utilizaba unha pista de ida e outra de volta, polo que se deduce que cada carreira participaban simultaneamente dez atletas.
As pistas sinalábanse co po branco de caliza.
AS PROBAS NO ESTADIO
Nos tempos de Homero os corredores usaban unha especie de pantalóns curtos, pero en certa ocasión en Atenas a un corredor se lle desprenderon e caeu, por iso se prohibiu o seu uso. En Olimpia os espartanos puxeron de moda correr espidos. Por iso é factible dividir as probas Gymnika, nas que os atletas competían desnudos no estadio e os Hipika que se facían no Hipódromo.
As carreiras pedestres:
Había catro tipos de carreiras pedestres todas realizadas en liña recta no estadio:
1-Stadion ou drómos: celebrábase no estadio, cunha lonxitude de 600 pés0 197,27 metros.
2-Diaulo: Era unha carreira pedestre de dobre lonxitude (1200 pés, uns 400 metros).
3-Dólixo: Carreira de resistencia de sete, dez, doce ou vintecatro estadios na que foron especialistas os cretenses.(24 estadios eran uns 4615 metros).
4-Hoplitodromía: Corríase portando armas unha distancia de dous estadios (Ben percorrían 384 ou 768 metros)
Tamén no pentatlón que constaba de cinco probas unha era a carreira de velocidade, o estadio.
As lampadedromía eran carreiras por relevos portando fachos en equipos de 6 a 10 corredores. Vencía quen chegaba á meta co lume vivo, como premio tiña o honor de acender a chama no altar do sacrificio.
O PENTATLÓN
"...antes dos tempos de Xasón houbera coroas separadas para o salto, o disco e a xavelina. En tempos do vello Argo, Telamón foi o mellor no lanzamento de disco, Linceo gañou coa xavelina, os fillos de Boreas foron os vencedores na carreira e no salto e Peleo foi o segundo nestas disciplinas, pero superou a todos na loita. Por tanto, cando se celebraban os Xogos de Lemo, Jasón desexando compracer a Peleo, combinaba os cinco exercicios e Peleo asegurábase da vitoria no conxunto...
(Filostrato, viaxe dos Argonautas)
Como o seu propio nome indica, trátase duna proba complexa consistente en cinco exercicios:
a) stadion (carreira pedestre).
b) salto.
c) lanzamento de disco.
d) lanzamento de xavelina.
e) Loita.
Considerábano a competición máis perfecta, porque exercitaba equilibradamente todas as partes do corpo, e proporcionaba aos atletas que o practicaban beleza física, harmonía e saúde.
Polo seu carácter complexo, debeu de ser inventado en época histórica, e se ben Filostrato o menciona como competición prehistórica, e Homero descoñeceo.
O pentatlón empezou a formar parte dos Xogos Olímpicos no 708 a. C. e nél participaron adolescentes.
Resulta problemático descifrar a orde que seguían as diversas probas, e tamén cómo se elexía ó vencedor. Pero queda fóra de toda dúbida a gran importancia da loita e do feito de que o pentatlón rematase con esta proba.
Chegamos á conclusión de que o lanzamento de disco precedía o de xavelina e á loita, e o salto de lonxitude precedía ó lanzamento de disco. A sucesión das probas podería ser tal e como segue:
- carreira pedestre
- salto
- lanzamento de disco
- lanzamento de xabalina
- loita
Non existe unanimidade no referente á elección do vencedor. Parece incríble que o mismo atleta pudiera gañar na cinco probas. Probablemente, bastaba con que vencera en tres delas, una das cales era a loita.
No panorama olímpico, resultaba evidente que o pentatleta tiña unhas cualidades óptimas de guerreiro: rapidez, axilidade, forza, habilidade, valor, resistencia, destreza no manexo de armas...; de feito, a xavelina era unha arma de guerra; o disco, aparte de ser un obxecto votivo, parece o remedo da pedra empregada coma arma arroxadiza. Houbo competicións anteriores ó disco.
O tamaño dos discos empregados nas olimpiadas debeu ser variable. Primitivamente, foron de pedra, pero en Olimpia xa se empregaron de bronce. A técnica de lanzamento debeu de ser múltiple. As marcas logradas có disco deberon supera-los 30 m.
A xavelina tivo, ó menos, tres tipos de emprego olímpico: alcance, precisión e emprego dende cabalo. A forma de lanzamento un enterado e preciso narrador en Jenofonte, que escribía:
?Unha vez asida a xabalina, débese adiantar o lado esquerdo do corpo despois de inclinar o dereito cara atrás. Con brusca sacudida dos muslos lánzase entón a xabalina cara enriba?.
O salto grego é, a especialidade pentatloniana máis polémica e máis difícil de explicar actualmente. Añade dificultades á circunstancia de que se saltase con alteras nas mans, que facilitaban o impulso do atleta e que eran soltada no momento de iniciar o voo o que , eran levadas por diante no momento de iniciar o salto e recollidas violentamente cara atrás ó chegar ó punto de caída. Ese posible impulso non xustifica o desmesurado récord, que a carreira para tomar impulso realizábase sobre un chán de area. As xustificacións máis importantes falan dun posible triple salto ou da suma lograda en tres intentos.
"...levantuse furioso dando un salto, tomou un disco maior que o que lanzaban os feacios, impulsouno coa destra e mandouno silbando polo aire. Os varóns de Esqueris, os remeiros que bogaban polos mares, agacháronse temerosos polo voo da pedra que voaba lixeira como unha ave..."
Podemos dividir en dous grandes grupos os edificios que, segundo a súa orixe, tras excavacións arqueolóxicas sabemos que houbo en Olimpia. Correspóndense aos diversos momentos de apoxeo dos Xogos, fundamentalmente do período arcaico ao clásico e xa no clásico da Olimpia máis xenuína e logo outras aportacións macedonias, helenísticas ou romanas que respostan a evolución das Olimpíadas onde se observa unha clara profesionalización dos atletas e unha utilización política de Olimpia, como por exemplo fixeron os romanos que servíalle ao imperio como símbolo do seu poder internacional. Se atendemos ao seu uso destacan as de utilización relixiosa ou para a organización e elementos ornamentais situadas no recinto do Altis, as deportivas que están fóra do bosque sagrado.
1-Ximnasio (II a.C.)
Edificio retangular, a carón do río Cladeo, de catro galerías de columnas de estilo dórico. Servía de lugar de entrenamento dos atletas que participaban en competicións coma o lanzamento, o disco e as carreiras( unha galería media un estadio).
2-Palestra ( III a.C.)
Era o lugar de adestramento do dos atletas da loita(palé) e tamén de salto. Era cadrada conformada por un patio rodeado por galerías de columnas dóricas adecuadas para o entrenamento dos atletas. Tiña anexas salas para untarse de aceite e area e para as clases teóricas ou reunión de oradores. Había tamén un estanque de 1,40 de profundidade para o baño frío.
5-Theikoleon ( V a.C.)
Trátase dun edificio rectangular con habitacións arredor dun patio central que servía de sede para os Theikoloi, sacerdotes de Olimpia e os seus axudantes
8-Leonideon ( 159 d.C.)
Era un hostal para hospedar ás delegacións oficiais nos xogos. Tiña dúas plantas, composto por un patio central rodeado por unha columnata doria con 44 columnas nos seus lados interiores e de habitacións que daban ao patio. Na súa parte exterior o edifico enteiro estaba rodeado por unha columnata xónica.
19-A Boulé ou Bouleutirion ( VI a.C.)
Edificio de 4 partes de distintas tendencias arquitectónicas. Servían de sede a Boulé do Consello Olímpico Helénico.
OUTROS LUGARES FÓRA DO ALTIS
3 e 4-Baños helénicos e piscina
6-Obradoiro de Fidias, escultor da estatua de Zeus.
7-Hostal de época romana.
17 e 30- Baños meridionais e orientais.
18 -Galerías de columnas ( mercado)
25- Columnata canda o hipódromo.
26- Mecanismo de saída de carros.
27- Altar de Taraxipo do hipódromo
28-Golfiño.
29-Estatua de Hipodamía no hipódromo.
31-Meta do hipódromo.
32- Hipódromo destruído polas inundacións do río Alfeo.
33- Tribuna dos árbitros no estadio.
34- Altar de Deméter no estadio.
35- A evolución do estadio I, II e III.
9-Pritaneion( V a.C.)
Aquí celebrábanse os banquetes aos vencedores. Na parede do interior había semicolumnas corintias e no fondo do sikos había unha tribuna, altar de Hestia, semicircular, co lume que nunca se apagaba. Había moitas habitacións e un patio peristilo. Era o centro cultural do santuario que sufriu numerosas modificacións e extensións.
11-Templo de Hera (VII a.C.)
Un templo dórico de 6 X16 columnas onde había estatuas Hera sentada no trono e Zeus ao seu carón. Aquí estaba o disco de Ifito co texto da Tregua Sagrada e multude de estatuas entra as que se atopou a de Praxíteles Hermes con Dioniso. Tras unha escalinata interior estaba o templo máis antigo de Olimpia, o de Gaia, a deusa nai.
13-Gran altar de Zeus( VI a.C.) Estaba rodeado dunha tapia de pedra, conformado pola cinza acumulada de sucesivos sacrificios de animais (hecatombe) e da fogueira do Pritaneion. As chuvias fixeron que iso se esparcise. Dicíase que entre o altar e o templo de Zeus había un piar do antigo pazo de Enómao.
14-Pelopeion( VI a.C.)
Un monumento co estatua do heroe Pélope e un altar onde sacrificaban un carneiro negro en honor dun fundador dos Xogos en Olimpia.
15-Templo de Zeus ( 470 a.C.)
O templo, corazón neurálxico das Olimpíadas.
22-Tesouros ( VI a.C.)
Encóntrase nun terraplén do monte Cronio. Trátase de pequenas edificacións en forma de templo con dúas columnas na fachada que gardaban valiosas ofrendas das cidades.
OUTROS ESPAZOS DENTRO DO ALTIS
10-Filipeion cosntruído por Filipo, con estatuas de ouro súas, da súa esposa Olimpíada e de Alexandro.
12- Ninfeon, edificio de época romana, acueducto do santuario con fontes e estatuas votivas.
16-Entrada pola rúa da ?Pompa? (do desfile) ao recinto sagrada do Altis.
20-Metroon (Rexistro de competidores)
O lugar onde estaba o rexistro era un templo dórico consagrado ao culto da nai dos deuses, Rea ou Cibeles, posiblemente un dos máis antigos do recinto. Na época romana foi transformado no templo de Augusto e dos emperadores romanos.
21-Zanes (16 estatuas consagradas das multas impostas polos Heladínicos postas para dar exemplo na entrada ao Estadio.
23- Estoa ou galería de Eco, de época macedonia, decorada con frescos, onde secelebraban o concurso de heraldos e trompetistas.
24- Santuario da deusa Hestia.
QUEN ORGANIZABA AS OLIMPÍADAS?
Un Consello Olímpico Helénico era o órgano supremo de carácter aristocrático relacionado orixinalmente coa realeza. No 884 a.C. tres reis (Ifito, Licurgo e Cleóstenes) concluíron un tratado: a Tregua Sagrada, que foi respeitada ao longo dos máis de mil anos de celebracións e en circunstancias moi dramáticas. Este pacto gravado polos habitantes de Élide sobre unha placa de bronce, chamada ?disco de Ifito?, estaba exposto no templo de Hera. Para asegurar o cumprimento do mes sagrado (hieromenía) que a cada catro anos prohibía a guerra entre todos os gregos, os organizadores dos Xogos enviaban heraldos especiais, os espondóforos, ás diversas polis gregas.
A TREGUA SAGRADA
1.Interrupción de toda actividade bélica entre as cidades gregas.
2.Prohibición de entrar en Olimpia a toda persoa portadora de armas.
3.Aprazamento de toda sentencia a morte.
OS XUICES DOS GREGOS
O Consello tamén escollía aos helanódicos, é dicir ?os xuíces dos gregos?, un órgano executivo que eran os xuíces que supervisaban o desenvolvemento dos xogos dende dez meses antes da Olimpíada ata a coroación dos campións, cando eran apuntados no catálogo oficial do ximnasio. Chegaron a ser nove ou dez. Tres encargábanse do pentatlón, tres da hípica e os demais do resto dos deportes. Era un título inicialmente vitalicio, pero logo escollíanse por sorteo entre cidadáns de reputación intachabel.Vivían dez meses con nomofílakes que lles ensinaban as leis olímpicas. Para logo ser eles quen dividían os atletas en grupos segundo a idade e a súa autoridade chegaba mesmo ata impoñer cuantiosas multas por corrupción.
O Consello Olímpico de Olimpia era un estamento relixioso encargado de controlar o cumprimento dos rituais sagrados e as súas reformas. A súa sede era o Bouleuterio. As prácticas relixiosas eran o eixe central nos primeiros tempos, pouco a pouco foron invertídose os termos e cobrando cada vez maior importancia as competicións. Foise impoñendo unha preponderancia destas pola dimensión política que tiñan as victorias en Olimpia no conxunto das polis gregas alí reunidas.
DENDE TODA GRECIA As teorías eran as delegacións oficiais de autoridades cargadas de magníficos presentes aos deuses de Olimpia que cada cidade enviaba a Olimpia dende Asia Menor, Sicilia e as colonias do sur de Italia ata as do Exipto ou o norte de África de Chipre ou de Creta. Estas embaixadas habitualmente dedicaba monumentos aos seus campións.
Ademais dos atletas e os seus entrenadores, ademais dos espectadores que acudían de toda Grecia, había tamén outros funcionarios en Olimpia encargados da orde pública e de levar a cabo sacrificios e outras actividades específicas como cociñeiros, heraldos, músicos e ata un médico e un arquitecto.
Normas de selección dos atletas
Para poder participar nos xogos había que ser grego, varón e cidadán libre de moralidade íntegra, quedaban excluídos os estranxeiros, os escravos e en boa medida as mulleres. Os participantes tiñan que pasar un mes na Elis onde entrenados polos xuíces ( helanodikes).
Os xuíces xuzgaban : o carácter, a moral, o vigor, a resistencia física e a preserverancia. Dous días antes do inicio dos xogos dirixíanse da Elis (lugar de entrenamento) á Olimpia para realizar os xogos.
Supremo Deus que reinas soberano en Olimpia, Zeus Pai, sé propicio
sempre aos meus cantos... e acolle este triunfal cortexo de coroas...
Píndaro ,Olímpica XIII 24-27
O carácter relixioso que nacera xa de cultos agrarios en Olimpia asentouse o sentido sacro para todos os gregos no momento en que se instaurou a Tregua Sagrada. As Olimpíadas residía na ofrenda en agradecemento a ZEUS como deus donador da forza vital coa que logo ían competir os atletas e desputar a victoria que se pensaba un regalo divino. Arredor de dito ritual, primeiro como algo secundario, logo con maior protagonismo unhas probas deportivas completaban o programa olímpico.
PROGRAMA OLÍMPICO
Os xogos celebrábanse en Olimpia a cada catro anos no primeiro plenilunio, entre o 15 de xullo e o 15 de agosto.
A duración dos xogos variou os máis antigos durarían unha ou dúas xornadas, pero logo os xogos duraron cinco días, seis e ata sete días. Unha Olimpíada podería seguir o seguinte programa:
Primeiro día: Solemne acto relixioso, chegaba a Olimpia a comitiva que partira dous días antes de Elis. Encabezada por sacerdotes e xuíces ademáis das delegacións oficiais e atletas dirixíase cara o Altis a celebrar a primeira cerimonia que consistía no xuramento oficial no Bouleuterion ante a estatua de Zeus. Alí sacrificábase un xabarín, e os atletas, adestradores e helanodikos xuraban que respetarían as regras dos xogos. Inscribíanse aos atletas segundo idade. Finalmente se facían ofrendas nos alteres de Zeus e na tumba de Pélope e os concursos de trompetistas e heraldos, proba de voz e claridade na proximidades do estadio.
Segundo día: Soaba unha trompeta e o heraldo daba o inicio dos certames infantis. Tras dos sorteos para os postos de saída, a primeira proba: stadion, despois a loita libre, o puxilato e o pancracio. Os vencedores recibían palmas de mans dos Helanodikes coas que entraran a primeira hora pola cripta do estadio que estab abarrotado de público.
Terceiro día: Eran un día esperado pola vistosidade das probas hípicas de cabalos e carros que remataban ó mediodía. Pola tarde adicábanse ao pentatlón dos adultos.
Cuarto día: Coincidía coa lúa chea e comezaba co maior sacrificio dos xogos: a hecatombe, na que se inmolaban 100 bois no altar maior de Zeus. Dos animais degolados só se queimaban os muslos. A xornada continuaba con: o stadion, o diaulo, o dólico, a loita libre, o pugilato e o pancracio. Remataban coa carreira hoplita.
Quinto día: Os vencedores das probas coas palmas, reuníanse no templo de Zeus, onde os helanodikes máis vellos coroábanos co cótinos, ramas de oliveira silvestre cortadas segundo costume cun coitelo de ouro e que fora plantada por Heracles e estaba gardada polas ninfas kalistéfanas perto do templo. Colocadas nunha mesa de ouro e marfil na entrada do templo de Zeus. Aos gañadores botábanlles flores e levábanos sobre os ombreiros. Os élides ofrecían aos gañadores unha comida oficial no PRITANEION e pola noite se seguía rendíndo homenaxe aos vencedores entre himnos, cantos e bailes: os Xogos Olímpicos tacaban ao seu fin.
O TEMPLO DE ZEUS O CORAZÓN DE OLIMPIA
Era o templo máis grande do Peloponeso, o máis impoñente de toda Olimpia. Comezouse a construir no 470 a.C.,e rematouse no 456 a. C. a arquiecto foi Livón da Élide, de estilo dórico rodeado de 6 X 13 columnas, utilizando a pedra do río Alfeo, semellante ao material das cunchas, barnzada cunha mesura de mármore e pintura. Sendo de mámore branco os frisos, frontóns e metopas e destacando unha rica ornamentación e estatuaria tanto exterior como no seu interior.
A ESTATUA DE ZEUS
Ou ben o deus descendeu á terra para descubrirche o seu rostro, ou ben ti, Fidias, sibiches ao ceo para velo. Epigrama, Filipo de Tesalónica
Unha famosa estatua de marfil e ouro realizada por Fidias (438 a.C.) e que medía 12,40 metros, considerada unha das 7 marabillas do mundo antigo estaba instalada na naos do templo. Aparecía sosegado e sentado no trono coroado de oliveira e cunha niké(Victoria alada) na palma da man dereita e in cetro cunha águia na outra man, símbolo do seu poder. Contan que Fidias rogou a Zeus que lle dera unha proba de que estaba satisfeito e un raio caeu sen destruir nada, pero séculos máis tarde Calígula, o emperador, quixo trasladala a Roma e o barco que mandou afundiuse no medio dunha treboada. A estatua desapareceu despois de ser levada a Constantinopla no 395 d.C. e incendiarse cara o ano 475 da nosa era.
As leis de Zeus leváronme a cantar a competición extraordinaria que, perto do antigo sepulcro de Pélope, instituíu Heracles, erguendo seis altares... Alí mediu un bosque divino , que consagrou ao seu pai supremo. Poñendo un valo ao seu redor, delimitou o Altis nun claro, e destinou a zona do arredor ao ocio do banquete vespertino, honrando así á corrente do Alfeo entre os doce deuses soberáns.(Píndaro I, 10 25-51).
Cando a sona dos santuarios sobrepasaba os límites locais, críase entón que os templos e os xogos que eran parte dos ritos relixiosos foran fundados por deuses ou heroes. Numerosas e moi variadas son as tradicións sobre a fundación dos Xogos en Olimpia, froito da historia dos seus habitantes e das distintas crenzas que alí se asentaron. Nunha primeira etapa, a mediterránea, na que Xea, a Terra-Nai é obxecto de culto á fertilidade, un fillo seu, Sosípolis, sería o elemento masculino, que logo na época micénica se asocia ao culto a Pélope, heroe que daría nome á península onde se atopa Olimpia e fundaría alí xogos para expiar a morte do seu sogro. A partir do século XII a.C. as innovacións culturais gregas deron paso ao culto a Zeus e o seu fillo Heracles será o fundador dos Xogos na honra do seu pai, donador da forza vital.
ANTES DAS OLIMPÍADAS
OLIMPIA E A MITOLOXÍA MEDITERRÁNEA ?No chamado Xeion, hai un altar da deusa Xea, feito tamén con cinsas...? conta Pausanias ao describir a súa visita a Olimpia no ano 174 d. C., ano no que se seguían celebrando carreiras rituais femininas en honor da deusa Terra-Nai.
CARREIRAS PRE-OLÍMPICAS
Endimión, rei de Elis, celebrou unha carreira entre os seus fillos para deixar ao vencedor o reino.
PÉLOPE E HIPODAMIA Enómao, rei de Pisa, recibira un vaticinio polo cal sería asasinado polo seu xenro. Por esta razón, só ofrecería a man da súa filla Hipodamía a aquel que lle gañase nunha carreira de carros (tiña uns cabalos divinos regalo do seu pai o deus Ares). Pélope, fillo de Tántalo, gañou grazas a que Hipodamia namorárase del e procurou que o eixe do carro do seu pai rachase, facendo que este morrera ao caer do carro. Fundouse un lugar chamado Pelopeion onde se realizarían os primeiros xogos na honra de Pélope.
AS OLIMPÍADAS NA HONRA DE ZEUS.
HERACLES, FUNDADOR DOS XOGOS.
Heracles fillo de Zeus e a mortal Alcmena (tamén coñecido polo nome de Hércules) foi mandado por Euristeo a limpar o esterco que enchía as cuadras do rei da Élide, Auxias. Hércules pediu a Auxias unha parte dos seus rabaños e a cambio prometeu limpar o esterco nun día. Hércules tras rematar reclamou o acordado, pero Auxias negouse; entón Hércules comezou unha campaña na súa contra e matou a Auxias. Foi cando erixíu en Olimpia altares en honra do seu pai Zeus e foron fundados os Xogos Olímpicos.
Óxilo, rei de Elis, tras dar paso aos descendentes de Heracles no Peloponeso, restaurou os Xogos instaurados polo fillo de Zeus en Olimpia.
OUTROS MITOS LOCAIS: Cronos tiña un templo en Olimpia, os ?basiles? facían cada ano un sacrificio no lugar onde se enforntara co seu fillo Zeus. Tamén alí outros deuses competirían posteriormente entre eles: Apolo vencería a Ares en puxilato e nunha carreira a Hermes.
OUTRA VERSIÓN E OUTRO HERACLES
Dos tempos de Cronos cinco irmáns os Ideos ou Curetes, que ocultaran na súa nenez a Zeus no monte Ida en Creta, chegaron a Olimpia e para divertir a Zeus, o maior deles, Heracles, pideu ós seus irmáns que competisen nunha carreira de velocidade. Coroou ao gañador de aquel xogo cun ramo de?kotinos?(oliveira salvaxe). Os Xogos Olímpicos naceron nos tempos posteriores ao tempo de Cronos e Heracles Ideos chamou a eses xogos Olimpios e decidiu que se celebraran cada 5 anos, tantos como irmáns eran.
A TREGUA SAGRADA: Ífito, rei de Elis, consultou o Oráculo de Delfos para que lle dese unha solución aos problemas que axexaban á rexión ao que lle contestou: ?deberedes renovar o festival olímpico? . Ífito foi quen renovou os xogos establecendo por vez primeira cos reis de Pisa e Esparta unha tregua de paz para celebrar os certames cara o ano 884 a.C. comezando o período histórico das Olimpíadas.Ífito era fillo de Éurito, rei de Ecalia, Ífito foi un dos grandes argonautas que firmou, con Licurgo e Cleóstenes, a primeira Tregua Sagrada. Era anunciada polos Espondoforos ante de cada Olimpíada.
A CARREIRA DO HOME GREGO POR COÑECERSE ?¡ Olimpia, nai dos Xogos de áureas coroas!¡ Soberana da verdade, onde os adiviños coa súa observación do lume dos sacrificios, tantean os designios de Zeus de refulxente raio para ver se ten nalgunha estima aos homes que anhelan de corazón acadar unha gran gloria e respiro as súas fatigas! Pois grande é sempre a gloria de quen recibe o teu espléndido galardón? Píndaro: Olímpica , 8, 1-5.
O atletismo é un fenómeno no que descubrimos orixes en moitas civilizacións orientais desde o terceiro milenio a.C. Segundo mostran os obxetos arqueolóxicos atopados, os sumeiros, os babilonios e os asirios practicaban diversos deportes, pero en todos os casos tratábase dun deporte de mero entretemento, para diversión dos que participaban neles. Pola contra, na Antiga Grecia o deporte non só formaba parte de vida cotiá dos cidadáns senon tamén parte esencial da educación, encamiñada a crear ciudadanos máis alá de adestrar guerreiros. Este feito é o único na historia universal, porque se dá exclusivamente na Antiga Hélade e desaparece coa súa decadencia. Polo tanto, non nos equivocamos ó decir que foi neste país onde se creou a idea do deporte.
No territorio grego coñecíanse deportes, en Creta concretamente, dende a época minoica, pero quen lle outorgaron carácter de competición foron os micénicos, un pobo bélico, de ideais heroicos, un pobo cun fondo sentimento de competitividade.
Foron eles os que inventaron as carreiras pedestres, a loita libre, o puxilato, e o máis aristocrático dos deportes, as carreiras de carros. Probablemente, os deportes que
menciona Homero, como o lanzamento de disco, o tiro con arco, a loita con armas e o lanzamento con xavelina, teñen a súa orixe na época de decadencia do mundo micénico. O último foi o salto de lonxitude, xa que só aparece nomeado na Odisea.
A orixe dos Xogos Olímpicos e a súa relación cos deportes da época prehistórica é algo que aínda seguen debatindo os especialistas no tema. Parece máis próxima a realidade a teoría de que os xogos gardan relación coas competicións en honor os heroes mortos, como cerimonias funerarias de carácter relixioso e intimamente ligadas aos seus valores culturais.
Olimpia,o berce dos Xogos onde os gregos competirán entre iguais para manifestar a súa diferencia, está situada na rexión da Élide no noroeste da península do Peloponeso, cuxa capital, Elis acollía aos atletas uns meses antes do inicio das competicións, que se celebraban no recinto sagrado do Altis ao pé do monte Crono, na confluencia dos ríos Cladeo e Alfeo.
Olimpia, na Grecia antiga, é o berce do espírito olímpico e do deporte tal e como o entendemos hoxe. O deporte máis alá dun entretemento ten unha forte funcionalidade social por iso forma parte da educación do cidadán memso por riba da preparación dun bo soldado.
Se ben na etapa cretense ou minoica había xa exercicios acrobáticos con intencións relixiosas e probas de iniciación como o puxilato, logo na etapa micénica coñecemos competicións na honra dos mortos como relata Homero, os Xogos Olímpicos parecen nacer na época arcaica.
Unha ollada atrás, cara o Mediterráneo.
Ao estar tan próximas as Olimpíadas será esta unha das primeiras Unidades deste curso 2011/12.Propoñémoslles aos alumn@s unha visualización da exposición realizada o ano pasado, botar unha ollada cara o Mediterráneo na Antigüidade:
Grecia é un país montañoso, chea de accidentes naturais e vales profundos. Esta complexa xeografía e as distintas invasións de tribus procedentes do norte e de orixe indoeuropeo, propiciaron a formación de rexións diferenciadas e facilitaron a existencia de diversas cidades estado ailladas, chamadas ?polis?. Olimpia entrará na historia no 3000 a.C.
ETAPAS DA HISTORIA GREGA
Época pre-grega ou minoica(2600-1500 a.C.)
Predominio de Creta, o exército era naval e as cidades non tiñan murallas. En Olimpia parece haber un santuario adicado a Xea, a deusa Terra, á que se lle adican cultos agrarios da fertilidade propios das culturas mediterráneas.
As primeiras invasións, a etapa micénica
Os primeiros gregos, pobos indoeuropeos, dominaron o sur de Grecia entre 1600 e 1200 a.C. O seu principal asentamento foi Micenas, no Peloponeso. Os micénicos eran guerreiros constructores de cidades fortificadas que recorreron o Mediterráneo buscando metais como cobre, estaño e ouro.É a época da guerra de Troia. Existe unha escritura en silabarios e as competicións deportivas na honra de heroes mortos é unha práctica habitual.
Época doria, unha etapa escura (1100-776 a.C.)
A invasión dos dorios, outra tribu grega que usa o ferro, coñecida na mitoloxía como ?o retorno dos Heraclidas? provoca grandes movementos da poboación buscando un asentamento definitivo. Período confuso no que mesmo desaparece a escritura e impónse novos cambios nos cultos relixiosos, aparecendo como deus máis venerado Zeus..
Época arcaica: a maduración da cultura da polis. (776 a.C.-490 a.C.)
Cara o século VIII a.C. vai impoñéndose unha nova dinámica, a da colonización, o comercio por todo o mar Mediterráneo e a consolidación da polis, a cidade estado. Co uso do alfabeto e da moeda, a recuperación da escritura e a posta en marcha de eventos como os Xogos Olímpicos vai nacer a sociedade que fará inmortal a súa cultura.
A GRECIA ARCAICA DAS POLIS E O DEPORTE
A partir do século VIII a.C. os gregos comenzaron a construír cidades, soían facelo arredor dunha gran rocha elevada (acrópolis) para que a súa defensa resultara máis doada. Adornaban as súas cidades con numerosos edificios fermosos entre os que non podían faltar nin o templo nin o ximnasio. Cada unha tiña a súa moeda, as súas leis e costumes, pero os deuses e a lingua eran comúns a todas as cidades da Antiga Hélade. Esa identidade que os levou a combater a inimigos comúns fai tamén que se xunten relixiosamente en Olimpia a cada catro anos, é o que lles fará sentiren a manifestación deportiva dunha mesma maneira, pois os xogos gregos que se celebraban en moitas das polis gregas, despois do éxito dos de Olimpia, evidencian unha complexa concepción relixiosa e política do mundo. Quizais o espíritu agónico, ese gusto ritual pola competitividade tamén sexa culpable do declive do mundo grego ao non saber manter ese equilibrio preciso entre a igualdade e a diferencia.
Época Clásica: o esplendor cultural grego entre escravos e guerras. (490 a.C.-323 a.C.)
O imperio persa unirá contra un inimigo común a todas as cidades gregas nas chamadas Guerras Médicas. Foi o momento de maior esplendor dos xogos de Olimpia (500-478 a.C.) Atenas inventa a democracia e, tras da súa supremacía no mar, a Liga de Delos. As diferencias entre Atenas e Esparta, potencia militar terrestre, darán lugar a Guerra do Peloponeso, unha guerra fratricida que facilitará a entrada dos macedonios na política grega. Ao final desta época Alejandro Magno conquista Grecia.
Época helenística: comezo dun lento declive.
Fragmentación do imperio de Alejandro e Atenas deixa de ser o centro do mundo a favor de Alexandría. Os Xogos Olímpicos van perdendo relevancia pola guerra en Oriente e a decadencia política e social. Os xogos tiveron unha evolución paralela á da civilización helena, pero non esmoreceron por completo ata a época en que o imperio romano fai oficial o Cristianismo.
I- OLIMPIA: A CARREIRA DO HOME GREGO POR COÑECERSE
Fai un mapa do Mediterráneo e localiza Olimpia e a península do Peloponeso.
- O deporte tal e como o entendemos é un invento grego porque:
a)
b)
II- A GRECIA ANTIGA, O BERCE DO ESPÍRITO OLÍMPICO.
- ¿Que destacarías como máis peculiar das actividades da Antiga Grecia?
- ¿En que época nacen e se desenvolven os Xogos Olímpicos?
a) Na etapa anterior á chegada dos pobos indoeuropeos que falan grego
b) Na época que florecen as polis e o dominio comercial grego por mar
c) Na época da conquista dos romanos de Grecia.
III- ORIXES MITOLÓXICAS DOS XOGOS.
-¿Quen era Pélope, e que pasou con Hipodamía? ¿Por que din que fundaron uns xogos en Olimpia?
-Quen é o fundador máis popular dos Xogos olímpicos e que plantou a carón do Santuario?
IV- A ORGANIZACIÓN DAS OLIMPÍADAS.
- ¿Quen organizaba os xogos e a cada canto se realizaban?
- ¿Que era a Tregua Sagrada?
V- XOGOS NA HONRA DE ZEUS OLÍMPICO.
- Por qué se di que as Olimpíadas teñen carácter relixioso.
- Quen foi o autor da gran estatua Zeus que anteriormente en Atenas fixera unha de Atenea.
VI-ESPAZOS NA OLIMPIA DOS XOGOS
- Que é o Altis
- Cales eran o nome e os símbolos cos que se identifica ao deus máis importante de Olimpia.
- Onde se realizaban as probas deportivas de Olimpia
VII- AS PROBAS GIMNÁSTICAS I:
-Onde se realizaban as carreiras pedestres
-Qué tipos de carreiras a pé había en Olimpia
- Qué diferencia a topas coas que se levan acabo hoxe en día.
VIII-AS PROBAS GIMNÁSTICAS II:
-Qué diferencia atopas entre o salto de lonxitude de hoxe e o que se practicaba na Antiga Grecia.
-Que significa a palabra grega ?discobolo?
IX- AS PROBAS HÍPICAS
-Qué tipo de probas se realizaban no hipódromo
- Sabes que as coroas de vencedores destas probas non eran para o xinete, si para os donos do cabalo/os ¿por que?
a)Porque os xuíces olípicos eran moi inxustos.
b)Porque os xinetes morrían todos nestas competicións tan duras.
c)Porque era un deporte aristocrático e só os ricos podían pagar unha cabaleiría.
X ? A MULLER NAS OLIMPÍADAS
-Por que non competían as mulleres nas probas das Olimpíadas. Busca un motivo:
a)Si había competicións femininas, pero non eran en honra de Zeus
b)Porque tiñan menos preparación física.
c) Porque había homes espidos no estadio.
A quen estabam adicadas as probas feniminas máis antigas, posible orixe dos Xogos en Olimpia.
a) Estaban adicadas aos deuses do mal
b) Eran probas rituais adicadas á Deusa Nai, deusa mediterránea da fecundidade dos campos.
c) Estaban adicadas a deusa do amor.
XI- O ESPIDO NAS COMPETICIÓNS.
-Por que corrían espidos os gregos:
a) Para demostrar que eran iguais uns aos outros.
b) Porque pensaban que a perfección do corpo era unha manifestación do poder dos deuses.
c) Porque competían máis cómodos ao non haber mulleres no estadio.
XII-AGÓN(COMPETICIÓN) E NIKÉ ( VICTORIA).
-Por qué os gregos tiñan ese gusto pola competición:
a) Polo seu egoismo.
b) Por unha demostración aristocrática de valor e o seu afán de superación.
c) Por que gañaban moito diñeiro nos premios.
-Cales eran os premios nunha olimpíada:
XIII-O XIMNASIO E A VIDA DOS ATLETAS.
- En cada cidade estado grego non podía faltar un ximnasio, por qué se chama así:
- Para qué se empregaba o aceite por parte dos atletas.
XIV- OS OUTROS XOGOS PANHELÉNICOS.
- Qué significa ?panhelénicos?
- Cales eran os outros xogos e a qué deus se dedicaban:
Nemeos: Poseidón
Pitios: Heracles, fillo de Zeus
Istmicos: Apolo
XV- DECADENCIA DOS XOGOS
- Cal cres ti que poden ser dúas causas da decadencia dos xogos:
a)Perdida do espíritu olímpico ao ir profesionalizándose máis os atletas
b) Pola presión dos emperadores cristianiáns que fan destruir o templo de Zeus
c)Porque os turcos roubaron a estatua de Zeus Olímpico.
EDIPO E A FAMILIA DOS LABDÁCIDAS
Edipo é un personaxe mitolóxico, fillo dos reis de Tebas Laio e Iocasta. Ao nacer, un oráculo revela que matará o seu pai, ante o cal decídese que morra. Un pastor é o encargado de executalo, pero só o abandona no monte, no que é atopado por outro pastor, no leste de Corinto, o cal o leva ante os reis de Corinto, que o adoptan dada a súa incapacidade para ter fillos.
Edipo medra, e sendo xa un home, escoita que matará o seu pai e xacerá coa súa nai. Horrorizado, marcha de Corinto sen destino fixo. Nunha encrucillada de camiños atopa un home ancián, que resulta ser Laio, co seu séquito, e logo dunha trifulca, Edipo mátaos a todos, descoñecendo as súas identidades, excepto a un que resulta ser o mesmo pastor que o abandonou.
Cando Edipo chega a Tebas nos arrabaldes atopa á Esfinxe, un monstro que se alimenta dos viaxeiros e ten atemorizada a Tebas, que lle propón unha adiviña, Cal é o único animal que anda con dous pés, con tres pés e con catro pés?, que Edipo resolve dicindo que é o home, pois de meniño anda de gatas, mais tarde só sobre os dous pés, e de vello usa un bastón como terceiro pé.
Os habitantes de Tebas danlle como mostra de gratitude o trono baleiro e a man da raíña viúva, Iocasta. Entón comeza unha epidemia en Tebas, que se revela causada pola presenza dun home impío na cidade. Este ha de ser o asasino do anterior rei, que permanece impune. Trala consulta do adiviñador Tiresias, que logo de intentar calar, acaba deixando ver a verdade, que o asasino é o propio Edipo; Edipo acúsao de ser o cómplice dunha conspiración do seu cuñado Creonte para ocupar o trono.
Posteriormente os acontecementos dan unha volta dramática ao chegar un emisario de Corinto anunciándolle a Edipo a morte do seu pai adoptivo, ante o cal ve que a profecía non era correcta. Comentándoo con Iocasta, esta fala do seu fillo, supostamente morto, e da súa profecía. Ambos os dous van falando e percatándose da verdade, polo cal chaman á única persoa que poderá contala enteira, o pastor.
Tras chegar o pastor á corte e contar a verdade, Iocasta afórcase e Edipo cégase cravándose os broches da súa muller nos ollos. Posteriormente, diríxese ao desterro, acompañado das súas fillas, Antígona e Ismene. Diríxense a Colono, onde morrerá molestado polos seus sete fillos, os cales dispútanse o trono da cidade nunha guerra fraticida, que gañaría quen tivese o seu cadáver. Finalmente todos morren.
O mito de Edipo é tratado por diversas traxedias clásicas, dentro da saga tebana, destacando a traxedia Edipo Rei de Sófocles. Outras traxedias desta saga son Edipo en Colono e Os sete contra Tebas.
Edipo tamén dá nome a un complexo psicolóxico, o Complexo de Edipo.
Dicimos ?familia dos labdácidas? a todos os que decenden de Labdaco (o avó de Edipo).