VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

OLIMPIA
Fixemos unha montaxe audiovisual para que sexa máis doado preparar a dramatización de final de curso con motivo das Olimpíadas (lameblemente aprazadas). Para ver o vídeo cicla na palabra:

OLIMPIA

Comentarios (0) - Categoría: 4º 2011/12 - Publicado o 04-07-2012 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
Tamén queda pouco para as Olimpíadas Clásicas do San Narciso
Os alumnos/as de 4º da Eso de Cultura Clásica estamos preparando o ambiente para a Olimpíada Clásica que levamos facéndoa dende o 2004 no San Narciso. Esta semana pasada estivemos nas aulas de Primaria explicándolle as orixes dos Xogos, como eran as competicións en Olimpia e o seu valor educativo a través do deporte e a arte, descubrindo como os gregos antigos a verdade do ser humano seguindo o camiño que trazaron os propios gregos hai máis de 2500 anos. O traballo de 4º da ESo en Informática, Plástica e Cultura Clásica fomos preparando unha serie de presentacións para facerlles máis fácil este achegamento ao mundo dos gregos e das Olimpíadas na súa primixenia ubicación.
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2011/12 - Publicado o 03-06-2012 01:09
# Ligazón permanente a este artigo
Xa acenderon a Chama destas Olimpíadas en Olimpia



Comentarios (1) - Categoría: 4º 2011/12 - Publicado o 21-05-2012 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
Axiña comezaremos a preparar as nosas olimpíadas
Este curso, como cada curso no que coincide co celebración das Olimpíadas imos celebrar tamén nós, no centro, as nosas Olimpíadas nas que imos lembrar como eran as probas na Antiga Grecia e cando, como e por qué se realizaron en Olimpia.

Os alumnos/as de 4ºESO de Cultura Clásica imos xogar un papel fundamental na organización e realización desta celebración no San Narciso. Tres son os bloques de contidos que queremos facer chegar ao conxunto do alumnadao dun xeito ou outro, sempre tendo en conta o seu nivel de cara a lograr que sexan coñecedores do significado dos Xogos Olímpicos na Antigüidade. Os bloques de contidos son:

- Localización no espazo e no tempo.
a) Olimpia no mundo e na historia.
b) Cómo era Olimpia.
c) Orixe mitolóxica dos xogos.
d) Xogos na honra de Zeus.
e) A muller e as Olimpíadas.


- Probas das Olimpíadas antigas.
a)Organización dos Xogos.
b)Probas pedestres.
c)Probas hípicas.

- Significado dos Xogos de Olimpia.
a) O deporte na educación dos gregos: o ximnasio
b)Agón e Niké: O sentido da competición e da vitoria.
c) O espido símbolo da procura da verdade sobre o ser grego.
d) Outros xogos e decadencia dos de Olimpia.

Un par de vídeo para ir situándonos, música e escenografía:

Ελευθερία Αρβανιτάκη - Δυνατά

Este outro é da cerimonia de inauguración das Olimpíadas do 2004 en Atenas, especialmente interesantes a partir do minuto 20 aproximadamente.



informavción complementaria sobre os xogos
Comentarios (1) - Categoría: 4º 2011/12 - Publicado o 02-05-2012 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
DECADENCIA DOS XOGOS EN OLIMPIA
OS MACEDONIOS E O PERÍODO HELENÍSTICO

Tras grandes períodos de apoxeo sitúase nos s.VIII ao V a.C o declinar da sociedade grega, a partir do período helenístico IV a.C. comeza a decadencia. Aínda que os poderosos reis macedonios Filipo II e Alexandro Magno edificaron en Olimpia o Filipeo e axudaron ao Santuario e aos xogos. Houbo ocasións en que a tregua sagrada non foi respeitada(ano 388 a.C.), varios osn os casos de violación das normas deportivas. Outro signo da profesionalización das probas atléticas foi a construcción dun novo estadio fóra do Altis. Todo evidencia a perda de relevancia do seu carácter relixioso e a tendencia dos gobernantes a utilizar o enclave sagrado como manifestación das súas ambicións. O esplendor dos Xogos foise apagando trala morte de Alexandro Magno.

GRECIA E OS XOGOS BAIXO O PODER DE ROMA
Grecia foi sometida polos romanos a partir do 146 a. C. e foilles recoñecido o dereito de participar nos Xogos Olímpicos aos cidadáns romanos e a cada vez máis nacionalidades non gregas, pero os xogos seguiron facéndose cun carácter internacional. de todos os países do Imperio Romano chegaban a Olimpia.
Unha gran insolencia foi a de Sila que saqueou o Santuario de Olimpia e festexou a súa victoria sobre os Mitríades obrigando aos atletas a competir na Olimpíada 175 ª en Roma (80 a.C.), transladando alí as Olimpíadas. Coa chegada dos emperadores volveuse a mirada cara Olimpia. Octavio Augusto reconstruíu o santuario.
Na época do emperador filohelénico Adriano, o santuario renaceu de novo. Pero dende o s.III d.C. o seu brillo
A figura romana do gladiador pouco tiña xa que ver co antigo atleta da Grecia arcaica de orixe aristocrática, o atleta romano podería ser un esclavo adestrado expresamente polo seu amo, que era ademais co nome que competía como atleta.

NERÓN NOS XOGOS OLÍMPICOS
Nerón era aficionado ás carreiras de cuadrigas e certames poéticos, musicais e teatrais. Organizou e engadiu outras competicións buscando a súa auto exeltación en Olimpia. Retrasou dous anos os Xogos Olímpicos para poder estar neles e guiou un carro tirado por dez cabalos, pero non puido dominalo e desistiu antes de rematar a carreira. O seu regreso de Grecia entrou en Nápoles, Ancio, Albano e Roma, nunha carroza tirada por cabalos brancos a través dunha brecha aberta nas murallas. Vestía un traxe púrpura e levaba na cabeza a coroa olímpica.

O FINAL DOS XOGOS
Os Xogos Olímpicos achéganse ao seu fin no momento en que se deixan de inscribir aos vencedores no ano 267 d.C. Axiña veu a prohibición das Olimpíadas tras a celebración da 293ª Olimpíada (393 de. C.). Duraran 1168 longos anos.

No 394 d.C. Teodosio o Grande decretaba a prohibición e ao ano seguinte a estatua de Zeus de ouro e marfil foi levada a Constantinopla. Olimpia terminou despoboándose.


Sobre os restos do Santuario ensañouse o afán destrutor do fanatismo cristián ( no ano 426 d.C. ordenouse queimar) e uns terribles terremotos completaron a destrución. Os desprendementos da colina de Crono e as inundacións dos ríos Álfeo e Cladeo cubrírona de terra facendo desaparecer as ruínas. Co paso do tempo Olimpia cambiou mesmo de nome, primeiro Servíana e logo Antilalo.


O DECLIVE INEVITABLE
O factor principal do declive foi a desaparición paulatina do vinculo relixión ? deporte, pero tamén os honores sociais e as prestacións económicas das que gozaban os gañadores. A institución recibiu o golpe mais duro polo comportamento humillante de emperadores como Nerón.



AS EXCAVACIÓNS

En 1829 realizáronse algunhas excavacións no templo de Zeus e na Igrexa Bizantina. Os achádegos consérvanse no Museo do Louvre. Nas primeiras excavacións atopáronse, edificios do Santuario, estatuas, moedas, inscricións, obxectos de barro, de ouro e de bronce. As excavacións continuaron, así coma reconscruccións da Cripta e do templo de Hera. De 1958 a 1961 rematáronse as excavacións que dan lugar ao actual Museo de Olimpia.

Comentarios (1) - Categoría: 4º 2011/12 - Publicado o 24-04-2012 23:10
# Ligazón permanente a este artigo
OS OUTROS XOGOS NA ANTIGA GRECIA .
O carácter panhelénico dos xogos.
Os xogos de Olimpia foron os máis importantes, pero non foron os primeiros realizados en territorio heleno, tampouco eran os únicos. Cada cidade tiña os seus propios xogos que se celebraban en todas as rexións colonizadas polos gregos ao longo do Mediterráneo. O espíritu competitivo era unha das características da cidadanía da polis da Grecia arcaica, signo distintivo da aristocracia e un tanto elitista. Ademáis dos Olímpicos só había outros tres grandes xogos de carácter Panhelénico, é dicir, que convocaran a todos os gregos: os Píticos, os Istmicos e os Nemeos.
As especialidades deportivas compúñanse de tres grandes tipos de competicións : ecuestres, atléticas e musicais. Pero nestes xogos houbo tamén competicións teatrais, o teatro era outro dos elementos culturais máis representativos da civilización grega que curiosamente non parece estar presente en Olimpia.

OS PITIOS EN DELFOS
Naceron no 582 a.C. aínda que se dicía foran fundados polo deus Apolo en lembranza da matanza da serpe Pitón. Eran celebrados a cada catro anos no ano anterior ao olímpico. Os vencedores obtiñan unha coroa de loureiro, árbore do deus da lira. Por iso nun primeiro momento só se celebraron concursos de música e canto, peor axiña engadironse probas atléticas e hípicas.

OS ÍSTMICOS EN CORINTO
Realizáronse a cada catro anos dende o 582 a.C. os xogos ístmicos en Corinto adicados a Poseidón. A súa fundación atribuíaselle a Teseo. Os vencedores das probas nas que se incluían, ademáis das usuais, as naúticas era unha coroa de pino.

OS NEMEOS
Celebráronse por vez primeira no ano 576 a.C. en Nemea (na rexiónn do Peloponeso da Argólide), que en conmemoración da victoria deHeracles sobre un temible león e en honra do seu pai Zeus. Celebrábanse tamén nos veráns no segundo e cuarto ano de cada período olímpico. Os vencedores dos concursos atléticos, hípicos ou artísticos recibían unha coroa de mirto ou apio silvestre.

AS PANATENAICAS DE ATENAS
En honra de Atenas, deusa que dá nome a cidade foron fundadas porlo tirano Pisístrato no 568 a.C. e potenciadas co goberno democrático de Pericles un século despois. Fastuosas procesións e premios en metálico nas carreiras no estadio, ademáis das carreiras de cuadrigas e de fachos fan especialmente significativas ditas celebracións.
Outros Xogos de carácter máis local, pero de gran repercusión tiñan lugar en Epidauro, Megara, Platea, Exina e Atenas.

UNHA ANÉCDOTA DOS HIPÓDROMOS
Taráxipo, deus que espanta aos cabalos cuxo altar estaba no hipódromo xunto a nisa oriental que había en Olimpia daba máis temor que os de Istmia ou Nemea, que pode ser un epíteto de Poseidón Hipio. En Delfos no ano 462 aC. correron 41 carros dos que só un chegou a meta, o do rei de Cilene.

Curiosa entrada para saber máis
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2011/12 - Publicado o 24-04-2012 23:07
# Ligazón permanente a este artigo
A MULLER E OLIMPIA
Olimpia era na súa orixe un lugar onde se veneraban deidades femininas. A principal deusa era Xea, a deusa Terra. Pero co cambio da sociedade matriarcal á sociedade patriarcal o lugar pasou a estar baixo a protección de Zeus e ó culto a Xea dirixiuse a outras deusas, sobre todo a Hera. Podería dicirse que a orixe dos xogos olímpicos está íntimamente ligada a este tipo de cultos agrarios da fertilidade e que presentan xa o símbolo atlético como valor cultural en honor da deusa Terra-Nai.



As mulleres eran excluídas dos Xogos Olímpicos non só como participantes, senón tamén como espectadoras. Durante a celebración dos xogos, incluso lles estaba prohibido traspasar as fronteiras naturais de Olimpia, os ríos Alfeo e Cladeo, pero podían presenciar os xogos doutros lugares de Grecia, como en Esparta ou Delfos.
Pero había unha excepción: a sacerdotisa de Deméter, a cal podía presenciar os xogos debido ó antigo culto a deidades femininas que se facía en Olimpia.

Os Heraios ou Hereas eran unhas carreiras de velocidade en honor da deusa Hera, anteriores e independientes aos Olímpicos, que tiñan lugar cada catro anos. Estes xogos, segundo a tradición, foron organizados por Hipodamia para render homenaxe a Hera, deusa dos casamentos, polo seu matrimonio con Pélope.

A organización do Heraios corría a cargo de 16 mulleres de nobres familias da Élide, que eran as xuíces dos mesmos. Elas tecían o velo da deusa, deposítabano no seu templo e organizaban unha carreira de velocidade na que participaban mulleres vírxes. Esta carreira equivalía a uns 5/6 do estadio (160 metros).
A gañadora recibía algo da forza de Hera ao comer do animal que sacrificaban na honra da deidade e ó ser coroada cun ramo de oliveira salvaxe.

A muller (koré) que participaba nos Heraios tiña o pelo solto ata os ombros e levaba unha túnica corta por encima do xeonllo que deixaba o seu ombro dereito ó descuberto. Corrían divididas en tres categorías segundo a idade.


A pesar de estar excluídas dos xogos, as mulleres podían participar nas competicións hípicas por medio dos seus aurigas e cabalos, pois nestas carreiras o vencedor non era o xinete, senón o propietario da besta. Por exemplo, Cinisca, filla do rei de Esparta Axesilao II, que gañou en dous ocasións, ou Belistikie, a cal estaba baixo a protección do rei grego de Exipto.
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2011/12 - Publicado o 24-04-2012 22:52
# Ligazón permanente a este artigo
O ESPIDO NAS OLIMPÍADAS
A harmonía do corpo atlético pon de manifesto a orde do Kosmos (a Natureza que os deuses ordenaron) fronte ao Chaos ( a Natureza sen orde). Para os gregos, o ser é físico e non existen outras realidades. A través do nu resáltase o divino que hai nos seres humanos. Esta é unha das claves para entender a complexidade cultural que latexa na celebración das Olimpíadas na Grecia Antiga.


ATLETAS ESPIDOS NAS OFRENDAS AOS DEUSES
Os atletas competiron espidos por unha reflexión filosófica que apareceu por vez primeira no mundo grego que relacionaba a nudez coa moral. Os gregos vían o corpo humano con respeito e veneración, considerábano encarnación de dous conceptos: o do atleta e o do heroe. Esta dimensión heroica reflíctese na arte grega dun xeito prodixioso.


OS ESPARTANOS PUXÉRONO DE MODA
Ao principio, os atletas levaban unha especie de taparrabos nalgunhas competicións. Os espartanos foron os primeiros en impoñer a nudez dos atletas. Segundo Pausanias, o primeiro corredor que competiu nu en Olimpia foi Orsipo de Mégara. No trancurso da carreira caéuselle o taparrabos, pero el continuou e chegou primeiro á meta. Segundo o mesmo autor, o atleta fíxoo adrede para correr máis libremente. En Esparta mesmo as mulleres practicaban o atletismo e facíano tamén espidas.
No comezo o nu completo só estaba vinculado a algúns deportes coma as carreiras pedrestes, pero posteriormente estendeuse a outras competicións.


UNHA MULLER NAS CARREIRAS!
A muller que violara a prohibición de presenciar os xogos estaba condenada a ser arroxada dende o alto do monte Tipaión. Ferenice (ou Calipátira), filla de Diágoras, veu dende Rodas a Olimpia co seu fillo Pisirodo que ía participar nas competicións de adolescentes. Vestiu a túnica dos adestradores e entrou no estadio. Cando viu o triunfo do seu fillo achegouse cara a el. Pero ao saltar á pista a súa túnica caeu e púxose de manifesto o seu sexo. Sen embargo foi perdoada por pertencer a unha familia con éxito nas Olimpíadas. A partir dese momento tanto os atletas coma os adestradores debían entrar espidos durante os xogos.






EXPRESIÓN INTEGRAL DO SER GREGO
O home concebido como ente activo no campo das ideas e das ciencias aplicadas debía brillar en toda situación competitiva, tanto na súa situación social e profesional, como no seu corpo, entendido como o vehículo máis idóneo da súa mente e ao cal chegou atribuírlle un verdadeiro culto. O seu afán de superación simbolizado nas competicións, como un compendio de valores relixiosos e político-culturais, tiña tamén a súa expresión na nudez do atleta, amosando a perfección do seu corpo no estadio.




Bótalle unha ollada a este vídeo e se queres afondar vai a este outro enlace: elartevivido

Escultura Griega - motion graphics from Marcelo Chastinet on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: 4º 2011/12 - Publicado o 23-04-2012 06:40
# Ligazón permanente a este artigo
AGÓN e NIKÉ NAS OLIMPÍADAS DA GRECIA ANTIGA
O ESPÍRITU COMPETITIVO,LUCTOR ET EMERGO
O espíritu do agón, o gusto pola superación levaba a competir pola gloria que conlevaba, primeiro un esforzo e mellora das capacidades propias, e pode chegar á victoria que será o orgullo a demostración palpabel do valor para a familia e a polis. Nas últimas olimpíadas pouco importaba xa o lugar de nacemento dos que competían. Atendíase máis ao virtuosismo dun atleta profesional. A gloria da victoria, xa non era tal, quedara orfa en valores e por iso os xogos entrarían en crise. O grego non competía por diñeiro senon polo espíritu de superación, achegarse á perfección corporal que nos mellores momentos das Olimpíadas tamén se sinte como espiritual, por iso o deporte é tamén un ritual relixioso e sagrado de achegarse aos deuses, seres vertebradores da natureza perfecta. Tamén por iso na festa é onde mellor se manifesta este espíritu de superación.

A VITORIA (NIKÉ).
A vitoria non é máis que unha constatación cun alto valor simbólico dese espíritu de superación e das dimensións relixiosas e políticas que os Xogos Olímpicos encerran. Unha coroa de oliveira e a gloria de ser recordado por todos os gregos, gloria compartida pola linaxe e a polis do vencedor. Moitos vencedores son recibidos polos seus concidadáns destruíndo parte das murallas defensivas, todo un símbolo, e grandes honras, erguendo estatuas e adicándolle himnos ( unhas e outros non representan o particular senón o modelo da perfección desexable para un pobo que coñecía o sufrimento e buscaba a felicidade.
O afán de superación das diversas cidades estado e rivalidade exacerbada, lonxe de crear sentimentos de paz e solidariedade entre os gregos, conduciu a unha profesionalización progresiva dos deportistas que foi o único que permaneceu do antigo espíritu olímpico unha vez que perderon a súa independencia. Os premios en metálico exencións de tributos, honores e alimentación a expensas públicas que as cidades concedína aos seus vencedores coaxudaron á xa citada profesionalización e perda dos valores da competición deportiva arcaica e aristocrática, como denuncian xa no século IV a. C. filosofos como Platón ou Xenofonte ? un perigo cultivar o corpo con menosprecio do espíritu?. Había xa unha ?raza de atletas? como dicía Eurípides que se adicaban de por vida ao deporte, de competición en competición, e cando envellecían pasaban a ser masaxistas ou adestradores de novos atletas.




A NIKÉ DE PEONIO
Diante do templo de Zeus de Olimpia o escultor Peonio ergueu cara o ano 425 a. C. por encargo dos Mesenios e Naupactios unha personificación da Victoria coa palma que se entregaba aos vencedores na man.

Comentarios (0) - Categoría: 4º 2011/12 - Publicado o 23-04-2012 06:35
# Ligazón permanente a este artigo
O XIMNASIO
OS XIMNASIOS
A palabra ximnasio deriva do grego antigo gimnós (espido). Os gimnasia eran edificios públicos que nunca faltaban nunha polis grega. Unha parte sustancial do seu sentido de entender a cidadanía, unha das manifestacións máis significativas da súa cultura era o cultivo do corpo.Nestes lugares pasaban a maior parte do tempo adolescentes, xóvenes, filósofos, oradores, etc.
A palabra gimnasio identifícase coa palabra colexio polos valores educativos que a palestra e o ximnasio encerraban para todo grego. A formación completa estaba baseada no intelectual, no físico e no musical. A preparación militar e para a caza eran actividades colectivas de gran interese para as cidades. Nos xogos se exaltaban aos vencedores dunha polis como verdadeiros heroes para a cidadanía. A valentía e virtude á vez, o orgullo e nobreza, eran a ?areté? un deses valores cultivados a carón do vigor físico que aparecían indisolubles na mente da Grecia Arcaica, tamén intimamente ligados ao carácter ritual e relixioso co que se entregaban á preparar as competicións, o agón.
Os mozos ían cun gorriño de pel para protexerse do sol e espidos untados en aceite e logo en area e pó, formando unha costra da que logo do exercicio, se desfacían rascando a pel cun instrumento chamado estríxilo antes de darse un baño.
O termo Líkio (Liceo) era o nome dun ximnasio de Atenas adicado a Liceo, Academia era o nome doutro ximnasio ateniense dedicado ó heroe Acádemo. Na Grecia antiga o ideal era ?mente san en corpo san?.

A ALIMENTACIÓN DOS ATLETAS
Nos primeiros séculos, os atletas non facían entrenamentos. A súa dieta consistía en pan, queixo, leite, aceitunas, aceite, verdura, fruta, carne e peixe. Dende o século V a.C. empezaron a seguir unha dieta especial. Houbo un gran cambio de peso e forza nos atletas.Entrenábanse durante máis horas. A súa vida baseábase: entrenamento, alimentación e descanso. O termino ?menciña deportiva?, é a participación activa da menciña no atletismo.
Galeno o médico grego advertía os atentados á saúde que supoñían dietas anormais dos atletas na súa ardua carreira cara a profesionalización.




O SIGNIFICADO DOS XOGOS NA ANTIGÜIDADE
A DIMENSIÓN PATRIÓTICA DERIVADA DA CIDADE ESTADO
As Olimpíadas, que naceron das rivalidades entre Elis e Pisa, logrará o seu apoxeo alimentándose desa rivalidade crecente entre cada vez máis e máis cidades estado. As competicións deportivas como todos os festivais de Grecia eran un dos medios máis importantes que cada polis tiña para espertar o espíritu nacional, o seu amor pola patria. Proliferaban os concursos de todo tipo tanto de teatro, como de deporte no momento de maior vigor económico das polis helenas, froito do comercio, do uso da moeda, das novas colonias ao longo e ancho do Mediterráneo. Os xogos eran o lugar preciso para que aristócratas, reis e tiranos puidesen facer visible o seu poder e gloria ante toda Grecia . Así as épocas de esplendor das Olimpíadas coinciden con momentos como as guerras contra os Persas nos que exhortan mesmo á unión dos gregos fronte a un inimigo común.




Precisamente nas Guerras Médicas, un xeneral persa ao saber cal era a recompensa das competicións dixo: ?Ai Mardonio, trouxechesnos aquí para loitar contra homes que non compiten por riquezas, senón pola virtude? (Herodoto VIII,26)
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2011/12 - Publicado o 19-04-2012 21:33
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0