VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

LEMBRADE HORARIO DOS EXAMES DE CULTURA CLÁSICA
Serán o Venres 2 de setembro dende as 12 da mañá ata as 13 horas. Alea iacta est!
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 30-08-2011 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
Da viaxe a Italia
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 11-07-2011 14:40
# Ligazón permanente a este artigo
DAS PROBAS DE SETEMBRO: LUCTOR ET EMERGO!
Para alumnos/as coa 1ª, 2ª e 3ª avaliacións pendentes:TEMAS do Libro: temas do 1-2-3 ( ÉPICA) e apuntamentos colgados no blog relativos á terceira avaliación. Domi militiaeque ( sobre a vida na Roma imperial).

Lectura obrigada na 1ª: Odisea, de Homero: cantos VIII ao XII.

Lectura obrigada de teatro clásico 2ª : Edipo Rey, de Sófocles

Lectura non obrigada recomendada na 3ª: Relatos verídicos, de Luciano de Samósata ( editorial Rinoceronte).

Para alumnos/as coa 1ª e 3ª avaliacións pendentes:TEMAS do Libro: temas do 1-2-3 ( ÉPICA) e apuntamentos colgados no blog relativos á terceira avaliación. Domi militiaeque ( sobre a vida na Roma imperial).

Lectura obrigada na 1ª: Odisea, de Homero: cantos VIII ao XII.

Lectura non obrigada recomendada na 3ª: Relatos verídicos, de Luciano de Samósata ( editorial Rinoceronte).


Para alumnos/as coa 3ª avaliación pendente: Apuntamentos colgados no blog relativos á terceira avaliación. Domi militiaeque (sobre a vida na Roma imperial).

Lectura recomendada na 3ª: Relatos verídicos, de Luciano de Samósata ( editorial Rinoceronte).



MODELOS DE EXAMES

Para 1ª avaliación:

I- Tetis e Peleo que teñen que ver con Troia.

II- Porque Homero insistía en chamar a Aquiles, o dos pés lixeiros. Porque é tan coñecido o seu talón.

III- Desenvolve este tema: Troia a realidade histórica dunha guerra épica ( as campañas arqueolóxicas de Schlieman, Blegen e as máis recentes dos anos 90).

IV- Que significaba o nome de Aquiles? Que relación tiñan con Aquiles e quen eran Quirón e Ifixenia?

V- ILÍADA.Cales son as razóns históricas e mitolóxicas da guerra de Troia? Como aparecen na película TROIA?

VI- A Ilíada comeza no _____ ano do _________ de Troia. Tras da aparición de Criseida e Briseida, explica cal é o tema central do primeiro canto e da Ilíada, en xeral, e qué teñen que ver estas dúas mulleres con el:

VII- VERDADEIRO OU FALSO en HOMERO: Aínda que na película pase, Homero ou a mitoloxía non o contan así:
Menelao morre tras do combate con Paris:
Paris foxe de Menelao envolto nunha néboa grazas a Afrodita:
Patroclo combatía con Héitor coa armadura encargada por Tetis a Hefesto:
Patroclo tiña permiso de Aquiles para entrar na batalla:
Agamenón morre na toma de Troya:
Hécuba era a esposa de Príamo:
Casandra anunciou os perigos que traerían para Troia Paris e o cabalo dos gregos.
Andrómaca vai escapar de Troia con Helena.
Eneas vai ser case que o único heroe troiano que escapa da matanza de Troia.
Aquiles estab dentro do cabalo de Troia

VIII- Relata o Xuízo de Paris.

IX- Lembra cinco personaxes gregos e cinco troianos. Que deuses apoian a Troia e cales a Grecia. Como remata a Ilíada de Homero?

X- O cabalo de Troia que sabemos del pola mitoloxía e pola arqueoloxía?

XI- Sobre a morte de Aquiles, a versión do cine sitúao dentro de Troia, que hai de certo?

XII- Cal é o tema central da Odisea?
Porque leva ese título se o seu protagonista é Ulises?
Cal é a calidade coa que se recoñece a Ulises?
De que illa é rei Ulises?

XIII- Quen vén sendo Laoconte? Que ten que ver con Ulises?

XIV- Como se chaman a esposa e o fillo de Ulises? Aparecen na Odisea? En cantas partes dividirías esta obra?

XV- Ulises vai ser retido nunha illa moito tempo por unha deusa mariña chamada____________?
Logo chegará ao país dos_____________ onde tras ser recibido polo seu rei que é o que fai Ulises antes de conseguir a súa axuda para voltar definitivamente a súa terra?

XVI- Por que motivo tardou tanto Ulises en regresar a súa casa? Ten algo que ver Polifemo con isto?

XVII- Quen pasa na cova de Polifemo?

XVIII- Quen son os lotófagos? Que lles ocorre no seu país a Ulises e os seus?
Quen son Escila e Caribdis? Que pasa coas vacas do Sol?

XIX- Cal é o agasallo de Eolo? Por que se nega a recibir a Ulises por segunda vez?

XX- A maga Circe, que relación ten con Odiseo? Que lles fai aos seus compañeiros? Por que e como axuda a Ulises?

XXI- Como son as Sereas? Cando se atopan coas Sereas que fai Ulises e os seus compañeiros ?

XXII- Cando chega a súa terra que aparencia toma Ulises? Que o recoñece?
Como remata cos pretendentes da súa esposa?



Para 2ª avaliación:

I- Cales son as orixes do teatro en Grecia

II- Cales son os máis importantes autores dramáticos gregos e que diferencias existen entre os súas obras?

III- Que sabes da Comedia Nova en Atenas e a súa relación coa Palliata en Roma?

IV- Etimoloxía de ENTROIDO TEATRO ORQUESTRA TRAXEDIA

V- Resume os precedentes da traxedia de Edipo, iso que visualizamos na aula (infancia e primeiras desventuras):

VI- Con quen casa Edipo e como se chaman os seus fillos?

VII- A traxedia do autor grego ...................... comeza coa peste e o adiviño cego................... qué lle dí a Edipo:

Cal é a proclama de Edipo? Sinala nela un exemplo de ironía tráxica.

VIII- ¿Que datos aporta un pastor para a solución definitiva do conflicto?

IX- Por que Iocasta lle impide a Edipo continuar as súas indagacións?
Que fai Edipo e como reacciona ela?

X- Resume o final da traxedia a partir de que a nai de Edipo descubre a verdade:

XI- TRADUCE E RESPOSTA: Quod animal est qui mane quattuor pedibus ambulat, meridie duabus et vespere tribus?

XII- Imaxes e conceptos:Identificar as opartes dun teatro grego.




Para 3ª avaliación:

I- Sitúa nun mapa: Roma, Cartago, Lusitania, Dalmacia, Tracia, Exipto, Britania, Galia.

II- MINITEMAS: As clases sociais en Roma antes e despois da Crise da República.

III- Explica cal foi a máis importante transformación do sistema educativo en Roma?

IV- A escoller: B) Que supón a helenización da relixión romana? B) Etapas do Cristianismo no seo do Imperio.

V-Os escravos motor da Antiga Roma ( visión panorámica da evolución do escravismo en Roma).

VI- Dun exército de defensa a un ofensivo.

VII- Por que en toda urbe romana había termas e acueductos? Por que eran tan populares as Tabernae en Roma? Cantas comidas facían os romanos ao día?

VIII- A escoller: A) Epicureismo que era? B) Que era a ? LEX XII TABULARUM??

IX- Define o Principado: Que era un foro?

X- Etapas da conquista da Península Ibérica.

XI- Cales son as razóns da caída do Imperio Romano.

XII- Indicar que representan as seguintes ilustracións:Selección de diversas imaxes de monumentos da cidade de Roma e de indumentaria romana fundamentalmente.

RESPECTA, AUDE SAPERE, CRESCAS!
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 11-07-2011 14:33
# Ligazón permanente a este artigo
OUTROS POBOS ROMANIZADOS

Pobos romanizadosa) Pobos de centros Europa:
1) Galia: Todas as terras habitadas polos galos eran coñecidos polos romanos como Galia, en Roma distinguiu, en plural, porque máis de un, dependendo da súa localización. Por que distinguir entre a Galia Cisalpina (norte de Italia, antes de pasar polos Alpes) e Galia cabelos (o outro lado dos Alpes do norte de Italia), ademais das moitas áreas que aínda non foran invadidas por Xulio César (Galia en coma ou no coiro cabeludo).



Guerra de las Galias, parte 1 por jefeolivers



2) Pobos celtas de Britania: Xulio César fixo dúas expedicións á illa en 55 anos a. C. e 54 a. C., conbatendo ao rei Cassiveliano, pero nunca a consolidou a incursión e inacabada de dominar a illa, desde a revolta na Galia e as presións de Pompello e Craso o obrigoulle a regresar ao continente. Os británicos comprometéronse a xurar fidelidade ao Imperio de Roma e pagar o tributo.
b) Pobos orientais:
Dalmacios: Dalmacia era unha provincia de Roma antiga. O seu nome probablemente deriva do nome dunha tribo Ilíria chamado Dalmatae (dálmata) que vivían na zona da costa oriental do Adriático o primeiro milenio aC C.
Tracios:. É unha rexión do sueste de Europa, a península balcánica, ó norte do Mar Exeo, situada en Bulgaria, Grecia e Turquía europea. Un dos máis famosos na rexión é o gladiador Espartaco.Tracia foi anexada ao Imperio Romano no ano 46, o emperador Claudio.

Exipcios: Exipto, despois da invasión romana era unha provincia do Imperio Romano, que incluía a maior parte de Exipto moderno, con excepción da Península do Sinaí. A provincia da Cirenaica, a oeste, e Canaá, ao leste, tiñan fronteira de Exipto. A área ficou baixo o dominio romano en 30 a. C., tras a derrota de Cleopatra e Marco Antonio e Octavio (futuro emperador César Augusto). Serviu como o principal provedor de trigo ao imperio.
Enlaces para máis información:




ALBA MARTÍNEZ Iglesias
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 16-06-2011 01:14
# Ligazón permanente a este artigo
HISPANIA: ROMANIZACIÓN DA PENÍNSULA
1.1 Hispania antes dos Romanos:
Estaba formada por un numeroso numero de pobos de este
a oeste e de norte a sur
estes pobos sostiñanse sobre estructuras esencialmente tribais que permaneceron lonxe dun grado evolutivo ata a chegada dos romanos. 2.1 Motivos do desembarco en Hispania:
O primeiro exército que desembarca en Hispania non vai por intereses de conquita senon por intereses economicos e comerciais e por la loita na segunda guerra punica fronte a cartago este ataque foi realizado polas tropas de Gne Escipion que desembarca nas ampurias e vai conquistando dende o ebro cara abaixo

3.1Etapas de conquista
3.2 Cartago
Foi o primeiro interes dos romanos en hispania xunto coas suas riquezas minerais, Cartago e tomada no 209 AC por Escipion o africano que toma Qart Hadasht renomeandoa co nome de Cartago Nova
3,2Lusitania(155-138. Ac)
Foi unhas das conquistas mais duras, os lusitados sentironse estafados polo consul romano o que probocou unha grande perda so uns poucos lusitanos escaparon o mais coñecido foi viriato que acabou con moitos romanos ate que foi traionado por uns dos seus

3.3 Numancia( 133 A.C)
Era o ultimo que lles quedaba aos romanos por conquistar , foi dos mais duro, os numantinos foraron unha gran resistencia, os romanos optaron por rodeala e desbastecer a cidade , cando os numantinos quedaronse sen reservas suicidaronse e queimaron todos os seus bens asi foi como a conquistaron os romanos.


4.1 Guerras
4.2 Guerras civis
As duas guerras civis tiveron unha grande repercusion en Hispania a primeira despois da guerra entre Mario e Sertorio, este fuxe e levanta unha ofensiva contra Roma fixo de Hispania unha base de operecions no seu tempo ali eliminou a mais de 10000 soldados

A segunda guerra civil que foi a que puxo fin a Republica a guerra entre Cesar e Pompeio tamen desempeñouse en Hispania. Primeiro foron as campañas de Cesar coas que casi acaba co suas tropas pola crecida dun rio Cesar recuperouse e acabou con varias tropas e xenerais de Pompeio ata que acabou co propio Pompeio en terras Hispanas
4.3 Guerras contra cantabros Astures e Galaicos
Estes foron os ultimos 3 pobos sen conquistar en Hispania Augusto tibo moito empeño en conquistalos ata que aeu enfermo, finalmente caeron as mans de Agripa

5.1 Proceso de RomaniacionSon varias causas polas que interesa Hispania
-Creacion de colonis
-Construccion de Vias de Comunicación
-Intercambios Comerciais
Isro desembolveuse en 3 Etapas
O conquistado ata 197
-O conquistado entre 197 e 1544
- Ata o 29 Ac
- Cantabros astures e galaicos



Adrián Almeda Omil

Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 16-06-2011 01:05
# Ligazón permanente a este artigo
O PRINCIPADO ( Os primeiros emperadores romanos)

1. Principado
O principado é unha parte da Historia do Imperio Romano que vai dende o ascenso de Octavio Augusto ó poder no 27 a.C., ata a chegada de Diocleciano no 284 d.C.
Durante esta etapa sucedéronse varias dinastías. A primeira foi a dinastía Xulio-Claudia. Esta dinastía comezou no ano 27 a.C. e durou ata o 68 d.C., despois do suicidio de Nerón. O primeiro emperador desta dinastía foi Agusto. Foi o emperador que máis tempo estivo como gobernador en Roma, dende o 27 a.C. ata o 24 d.C. Un año después da norte de César, en 43 a. C., conformou xunto a Marco Antonio e Lépido unha ditadura militar coñecida coma Segundo Triunvirato. Octaviano gobernou Roma e a maior parte das súas provincias coma un autócrata. Coa desaparición so Segundo Triunvirato, restaurou os principios de República pero cunha estrutura por determinar polo que esta etapa coñeceuse como Principado. O seu poder foi crecendo grazas ás súas conquistas e o seu reinado converteuse no modelo a seguir polos seguintes emperadores. o mandato de Augusto iniciou unha era de paz denominada Pax Augusta. Tras a súa morte os seus nomes foron adoptados polos emperadores posteriores na súa honra. Os seu sucesor foi Tiberio quen enemistouse con Agusto pero, trala morte de Caio e Lucio, os outros sucesores, tivo que regresar a Roma e foi nomeado sucesor. O seu goberno debilitouse por mor da morte do seu fillo e deixou o goberno nas mans do seu neto adoptado Calígula quen se converteu no terceiro emperador da dinastía Xulio-Claudia despois de desfacerse de Tiberio Gemelo con quen compartía o mandato. Calígula foi asasinado por un grupo de conspiradores e estes nomearon a Claudio, tío de Calígula, como emperador. Co goberno do que foi a cuarto emperador desta dinastía o Imperio romano expandiu as súas fronteiras. O sucesor de Claudio e último emperador da dinastía Xulio-Claudia foi Nerón . O seu reinado asóciase á tiranía e á extravagancia e acabou suicidado despois dun golpe de estado que se produciu.
Este golpe de estado produciu unha Guerra Civil en Roma onde nun mesmo ano sucederíanse ata catro emperadores. Esta etapa marcada pola inestabilidade coñécese como Ano dos catro emperadores. Esta etapa comezou co nomeamento de Galba como emperador. este foi sucedido por Otón, quen a súa vez foi sucedido por Vitelio. Esta serie de sucesións rematou co ascenso ó poder de Vespasiano que formaba parte da dinastía Flavia, formada por el e os seus fillos Tito e Domiciano, que estaría no poder ata o ano 96 d.C.. Foi unha dinastía que iniciou moitas obras públicas, sendo a máis coñecida o Coliseo.
A seguinte dinastía en chegar ó poder foi a dos Antoninos que reinaría ata o 192 d.C.. Nesta dinastía a sucesión non era hereditaria senón que o propio gobernante elexía ó seu sucesor agás Marco Aurelio que nomeou ó seu fillo Cómodo como o seu sucesor, quen sería o peor gobernador de Roma e fixo que desaparecera esta dinastía.
A última das dinastía do Principado foi a Severa que gobernou ata a crise do século III. Os integrantes desta dinastía foron Septimio Severo, Caracalla, Heliogábalo e Alejandro Severo. O máis destacado desta dinastía foi a participación da muller na política xa que, aínda que os emperadores eran homes, a política era dirixida por mulleres.



ADRIÁN DOCAMPO Hernández
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 16-06-2011 01:01
# Ligazón permanente a este artigo
O Dereito e a Filosofía en Roma.

DEREITO ROMANO
«Dereito romano» designa o ordenamento xurídico que rexeu aos cidadáns de Roma desde a súa fundación ata a morte de Justiniano I.

As fontes do dereito dependen da étapa do Imperio. Así diferéncianse:

- Fontes na Monarquía: os costumes dos antepasados ou ?MORES MAIORUM? que distinguen as normas morais e relixiosas.

- Fontes na República:
- Os costumes anteriores.
- A Lei das XII Táboas ou ?LEX DUODECIM TABULARUM?, texto que contiña as normas coas que se regulaba a vida romana. Foi o primeiro código co que se impuxo a censura.
- Os Plebiscitos ou ?PEBLI SCITA?, normas elixidas pola plebe e que nun comezo só eran válidas para esta ainda que máis tarde os patricios tamén as tiveron que acatar.
- Os Senadoconsultos ou ?SENATUSCONSULTUM?, básicamente eran os consellos dos senadores.
- A Iuris Prudentia, qu era o coñecemento da técnica xurídica.
- Os edictos dos maxistrados, cada ano os maxistrados publicaban nunha parede branca da súa oficina chamada álbum a lista de accións, exceocións etc. que se propuñan conceder ao pobo.

- Fontes no Imperio: as Constitución imperiais foron o primeiro dereito escrito e foron, básicamente, as normas que os emperadores establecían para o poder lexislativo, administrativo e xudicial.

As leis máis importantes eran:

- A ?LEX POETELIA PAPIRIA?.
- A ?LEX HORTENSIA?.
- A ?LEX AQUILIA?.
- A ?LEX OPIA?.
- A ?LEX ACILIA DE INTERCALANDO?.
- A ?LEX VILLIA ANNALIS?.
- A ?LEX GABINIA?.
- A ?LEX ACILIA CALPURNIA?.
- A ?LEX ANTONIA?.
- A ?LEX TITIA?.



FILOSOFÍA ROMANA

Os romanos eran homes prácticos que non se preocupaban demasiado polas teorías sobre a orixe do universo polo que a súa achega filosófica ven das escolas gregas instaladas en Roma. As principais son:

- Epicureísmo: os epicúreos basábanse na procura da felicidade. Non admitían ás divindades nos acontecemento humanos e no Estado. Isto fixo que non arraigase en Roma. Un dos filósofos máis importantes desta escola é Lucrecio.

- Estoicismo: para esta escola o universo está animado por unha chama divina chamada ?Logos? ou mente, da que ten parte todo ser humano. Tamén cre que a finalidade da vida, a felicidade, consiste na Virtude.

Existen 2 épocas nesta escola:
- Época temperá,
na que chega a Roma e se instala. Aquí destacan filósofos como Panecio de Rodas ou Poidonio de Apamea.

- Época posterior, na que culmina esta doutrina ainda que máis tarde todos os filósofos serían expulsados de Roma. Destacan Lucio Anneo Séneca, Flavio Arriano e Marco Aurelio.

- Platonismo medio e Neoplatonismo: nestas escolas inténtase uni a filosofía platónica e aristotélica. Trátase dunha postura ecléctica que dá tamén entrada ás exixencias relixiosas de tipo oriental, a elementos pitagóricos etc. O máis importante foi Apuleio.

Darío Roldán Fraga
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 16-06-2011 00:59
# Ligazón permanente a este artigo
ECONOMÍA : Moedas, Pesos e Medidas nos Foros.
A ECONOMÍA NA ANTIGA ROMA
Historicamente a economía romana non mostra unha evolución estable. Igualmente nela, aínda que de xeito diferente á era actual, hai sucesións de progreso e crise e cambios das forzas produtivas. Estes acontecementos encontrámolos dende a época primitiva; na monarquía achamos dúas fases: a latina, de formación dun estado unitario, e a etrusca, de grande auxe económico e florecente desenvolvemento dos organismos estatais nos modos clásicos da cidade-estado. Non é senón ata o século IV d. n. e. onde vemos os iniciais avances económicos debido aos logros sociais que proporcionaron unhas colosais reformas, políticas e económicas a un tempo, malia que non se modificasen de forma radical os estilos das forzas produtivas.

Nas súas orixes Roma foi unha pequena aldea de procedencia indoeuropea, que estaban a descubrir a agricultura, como se cree pola presenza de grandes bosques, cuxo nome recordaba a toponimia, como Querquentual, Fagutal, Viminal. Así mesmo a relixión ten evidentes factores de índole pastoral da economía antiga. O particular lenda sobre os inicios de Roma, feita por historiadores gregos, como Timeo e Xerónimo de Cardia, que coñeceron as noticias directamente, tomándoas como fonte primaria, segundo os historiadores posteriores, das poboacións agrícolas da rexión, parece entrelazarse con elementos dunha sociedade pastoril. Investigadores, arqueólogos e naturalistas resaltan a condición silvestre e pastoral de Roma primitiva.

A diferenza doutras economías arcaicas, o medio de intercambio e a medida das multas, antes que aparecese a moeda exercendo as funcións de diñeiro, era o gando o que servía como medio de pagamento. Marco Terencio Varrón (Marcus Terentius Varro) o mais famosos dos economistas romanos, dinos que o nome do diñeiro, «pecunia», se deriva de «pecus», gañado, porque para os pastores, na antigüidade, o diñeiro consistía no gando quen había as súas veces.

Con relación á cría de gañados, a bovina era a máis común dende épocas moi remotas; tanto é así que as normas arcaicas prohibían matar bois, os que se consideraban como compañeiros do home no traballo rustico e ministros de Ceres; que infrinxise esta medida castigábaselle coa morte. Pero esta prohibición pertence a unha época na cal xa se desenvolvera a agricultura.

É importante sinalar que no primeiro período da monarquía latina a economía romana foi unha economía de transición do pastoreo á agricultura. As demais actividades produtivas deberon ser moi limitadas, debido tamén aos obstáculos habituais de intercambio e á escaseza de produtos para a exportación. Igualmente debemos afirmar que Roma era pobre en metais, non dispoñía de minas nin de materias primas. As minas de ferro da illa Elba eran de gran valor, contribuíron ao comercio etrusco, pero Roma apártase con lentitude da máis antiga da cultura de bronce. Non obstante, en períodos prehistóricos, os investigadores non encontran explicación á forma como se difundiu o cobre, o cal utilizaban en barras e o transformaban en bronce e lingotes para os intercambios. Isto lévanos a pensar que os romanos para esa época xa practicaban unha economía aberta, non obstante á condición familiar e domestica das máis primitivas; por conseguinte, o metal nos negocios era un medio de cambio (per aes et libram) e non unha mercadoría que se pagaba con outras mercadorías. Logo, con estas evidencias, podemos afirmar que estamos fronte a unha economía de cambio, se nos atemos á existencia de dúas liñas comerciais coñecidas: a de Oriente a través de Sicilia e outra de Oriente central a través da cidade de Emesa, hoxe Homs (Sirya).


Para saber máis

RODRIGO Castro Collazo
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 16-06-2011 00:53
# Ligazón permanente a este artigo
SAÚDE E MEDICIÑA EN ROMA
1. Infraestruturas para a saúde: termas e acueductos
Os acueductos tiñan a función de transportar a auga en forma de fluxo contínuo dende o lugar onde se accede a ela de forma natural ata o punto de consumo, a través dun sistema acoplado a outros. É una obra de enxeñería na Antiga Roma. Aínda se poden apreciar os arcos na cidade, o cal significa una gran atracción turística.
Roma tiña 7 colinas e 11 acueductos. Eran canais construídos con cemento a proba de auga e cubertos con lousas de pedra. A través das cañerías de chumbo, terracota ou madeira, a auga chagaba ata Roma e abastecía as fontes e edificios públicos de auga fresca e limpa.
As termas convertíronse nun feito importante para a saúde pública, un ben común,un centro de reunión accesible a persoas de calquera condición e estatus, eran lugares de encontro, charla e culto ao corpo. Chegáronse a contar centos, algúns públicos e outros privados.
A hixiene en Roma rodeou as termas, que non só eran baños senón conxuntos lúdicos e de ocio con ximnasios, museos, xardíns? era onde cada sexo tiña un baño, o das mulleres chámase Balnea, compartían baños cos homes pero con diferente horario, xa que os problemas cos baños mixtos fixeron que os emperadores instaurasen un horario para non coincidir.
Tiñan centos de persoas encargadas de arranzar as infraestructuras e servizos.
Nas entradas poñían ?Apodyteria? ou vestiarios, logo o Tepidarium sala tíbia na que podías pasar ao frigidarium ou ao caldearium, a primeira desconxestionaba os músculos e o outro todo o contrario, do chan saían tuberías de auga quente.
Os baños estaban rodeados por salas de ximnasia chamadas Scholae, logo un paseo verde con fontes e uns edificios con tabernas, tendas, bibliotecas para cultivar a mente e o corpo, coma os gregos.

2. A medicina nos primeiros temposA medicina romana era medio maxia, medio relixión.Todo se confiaba á protección de múltiples deuses especialistas como Febris( protexe da febre e da malaria), Lucina(presidía o nacemento dos nenos) e Bona Dea( fertilidade, castidade e saúde).
Sabemos que os etruscos eran habilidosos practicantes da adiviñación, eran non menos habilidosos de próteses dental.
Unha lei atribuída polo rei Numa prescribía a cesárea cando a nai morría próxima ó parto, para salva-la criatura. Pero non menciona médico ningún. Probablemente cada un facía o que sabía en caso de apuro.

3. A influencia grega na medicina( escolas médicas)

A medicina grega que chega a Roma vén dividida en dúas escolas:
- A de Hipócrates, convencido da vis medicᾱtrix natῡrae e polo tanto seguidora dun método expectante, consistente en non violenta-lo curso da enfermidade. Hipócrates dicía que o primeiro é non facer mal.
- A de Asclepíades era partidaria de actuar para que a curación se producise cito, tuto ac iucunde (?rápida, segura e agradablemente?) porque quen cura é o médico, non a natureza. Utiliza dietas, masaxes, medicamentos e a música. Chegou a practica-la traqueotomía.
Nas obras de Celso atopamos descritas operacións de ciruxía plástica, extirpación de pólipos nasais, amígdalas, etc.
Galeno(130-200) xa practicaba a disección de cadáveres, pero con animais, porque estaba moi mal visto o estudio anatómico de cadáveres humanos na sociedade pero non se impresionaba polos espectáculos de gladiadores de refinada crueldade.

4. Organización sanitaria
Roma foi moi orixinal neste aspecto. Da época etrusca é xa a cloᾱaca máxima, alcantarillado que ademais introduce en Occidente o arco. A gran aportación de Roma é o sistema hospitalario. Non tiñan nada previsto para un escravo enfermo e levábano á illa tiberina e deixábano alí; así é que a illa volveuse o refuxio de tódolos enfermos pobres;ese foi o primeiro hospital: un morredeiro. Despois viñeron os hospitais militares, que foron precisando conforme as guerras que se facían lonxe de Roma e resultaba imposible mandar para casa ós soldados feridos. Creáronse lugares estratéxicos. Apareceron restos deles en Carnuntum(preto de Viena) e en Novesium.
Os médicos que acompañaban ás lexións eran suficientes: un en cada corpo , en cada barco, en cada destacamento e todos sometidos ó médico da lexión que só obecedía ó dux( xefe). Estaban libres de gardas, combates e traballos e tiñan a consideración de oficiais.
Os hospitais públicos apareceron primeiro nas provincias e co tempo apareceron os hospitais de caridade. O primeiro en Roma creouno unha tal Fabiola no s IV d.C.

5. O material cirúrxicoNon era tan rudimentario como puidese parecer, a xulgar polo que aparece na casa dun médico en Pompei. Hai tamén indicios de que se coñecía o espectáculo dental e as propiedades antisépticas de certas unturas.

Sara García Villanueva
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 16-06-2011 00:50
# Ligazón permanente a este artigo
O CULTO DOS ROMANOS ( RELIXIÓN EN ROMA)
Roma era una cidade chea de templos e deuses.Toda vida tanto familiar como publica estaba saturada de relixion. Tal sentimento relixioso nacia, igual que noutros pobos da observación da nartureza e do enfrontamento do home coas forzas e fenómenos naturais que o rebasaban e que el non sabia explicar os gregos buscaron na relixion una explicación ou resposta os misterios naturais valendose case sempre de mitos; os romanos pola contra como pobo campesino e de mentalidade realista e practica, buscaron na relixion a forma de proteserse desas forzas que os ameazaban, mediante ricos oracions , etc?
O termo relixion evoca na nosa cultura un conxunto de vivencias persoais e sociais moi concreto. A relixión no mundo romano era algo diferente e compre, polo tanto marcalas características que tiña:
a) Toda relixion romana e esencialmente culto: un cerimonial rixido e cheo de prescricions minuciosas as que hai que someterse estrictamente para que o rito funcione.
b) O seu primeiro e único obxectivoe ter de man as vontades divinas ,conseguir ante todo estar en paz cos deuses , para que nonfagan mal.
c) E fundamentalmente externa e non se preocupa das disposicions internas da persoa. O home mais relixioso e o mais coñecedor dos ritos e o que mellor os realiza. Non hai emoción ninguna interior, non sendo o posible medode non facer ben o rito ou a ceremonia (confundirse nun xesto ou nunha formula), cousa que anularía a eficacia do acto relixioso.
d) Polo tanto, ten un marcado carácter maxico, que vai unido a un forte mariz xuridico, polo que a relación cos deuses funciona coma una especie de contrato: co rito, coa oración e sobre todo coa ofrenda comprase o dereitop a protección do deus. A execucion exacta e precisa do ritual e a piedade ,non face-lo rito ou facelo mal e ? impiedade?; e excederse pasándose da regra establecida e superstición(superstitio).

Culto domestico
Xa dixemos que a gens e a familia tiñan un forte compoñente relixioso, baixo a potestas do paterfamilias, que era o sacerdote natural dos cultos familiares,practicados exclusivamente polos patricios(índice da desigualdade social).
1) Veneración dos devanceiros
A veneración dos devanceiros , que dun modo ou doutro todos sentimos, dabase especialmente nas familias nobrs que presumían de estirpe e liñaxe. Asi, o fundador da gens, un home xeralmente, era o obxecto de culto. A familia lulia tiña a deusa Venus.
2) O culto o lume
E normal en todalas mitoloxias. Roma tamen o tiña: o culto os Lares. O deus Lar, símbolo e protector do lume familiar e da unidade familiar, tiña o seu altar (lararium) case sempre no atrium da casa, no que sobre una pequeña ara (ara) ou pedestal había un nicho co lume perenne (focus), presidido polas imaxes dos deuses .
3) Os deuses das provisions: Penâtes.
Os Penâtes coidan de que non falten alimentos na despensa (penus). As suas imaxes Conservanse no tablinum nun armario (sacrarium) cunha lampadiña acesa o lado.
4) O culto os mortos: Manes, Larvas, Lemûres
Os Manes son os espiritus dos mortos, que, por lles atribuiren os romanos poderes maléficos, hai que telos a ben. Aplacanse, ademais de cuns bos funerais, sobre todo con flores, coas que, polo tanto, rodeaban as sepulturas os romanos. Parecidos, pero menos pacificos, son os Lemûres, que certas noites voan as suas casas e atormentan os que están na vida amargada e que agora se veñen vingar dos que os fixeron sufrir na vida.

5) O ? Xenio? de cada home : Genius
Cada home ( non as mulleres) ten desde o seu nacemento una divindade menor encargada de tutélalo o longo da vida.Representase de ordinario por una cobrega, excepo o do paterfilias que ten figura humana. Daselle culto no aniversario do nacemento.

6) Organización do culto domestico
Non hai un ritual común a todolos cultos domesticos: cadaquen faino o seu xeito. O pai, ministro deste culto, ensina os fillos as oracions, himnos,etc.. Un deles sustituirao cando morra. Se non ten fillos homes, tera que adoptar un para que perpetue este culto. As fillas non poden facelo, nin participaren sequera no culto ata que casen. Un escravo fai de sancristan, profesión que lle da certa preeminencia sobre os demais escravos.

Culto publico
a) Os deuses
O Estado ten o seu lume perenne; os seus Lares son Romulo e Remo; ten os seus Penates(Penates publici), ainda que loxicamente non ten Manes. O centro dos cultos e o capitolio.
- A relixion autóctona.
? Os Numina.No estado primitivo, que se remonta mesmo a mentalidade indoeuropea,calquera tipo de actividade ou de forza que resultase inexplicable tiña o seu propio deus.Deste xeito había una infinidade de vontades divinas para cada unha das circunstancias da existencia. Tales forzas despersonalizadas chamanse Numina ou Virtutes, sen figuración especial ninguna, pero con algún atributo que as caracteriza: o deus do lume, da auga, da sementeira?
Agrupanse arredor de tres ideas: os elementos naturais (ceo,terra, auga,etc.) , a fecundidade e a guerra. Os principais son:
CARMENTA,deusa das fontes;despois,da predicción
CERES,deusa dos froitos da terra
FAVNVS,deus dos rebaños
FLORA, deusa das flores
IANVS,deus da luz ; abre as portas O seu templo , a entrada do Foro , mentres haxa guerra,esta aberto
IVNO,deusa do matrimonio
IVPPITER, deus do ceo e do trono: da validez os xuramentos
LIBER,deus da viña
MARS,(?Marte?),deus da vexetacion; despois, da guerra
MINERVA, deusa da intelixencia
QVIRINVS,confundido con Marte,; despois, con Romulo
TELLVS ou TERRA MATER,deusa da terra e das colleitas
VESTA, deusa do fogar
VVLCANVS, deus do lume

A helenización da relixión romana

Relixiosidade mitolóxica e olímpica. Polo influxo grego os deuses romanos adquiren historia e misión asimilándose o deus grego que tiña a mesma ou parecida idea. Formase asi unha especie de Olimpico mixto greco-romano (Panteon greco-romano) no que a principal aportación mitica e literaria era de procedencia grega.

O culto ó emperadorImitando practicas orientais (Exipto, sobre todo) , a partir de Augusto divinizanse os emperadores:morto Augusto, o Senado elevouno a categoría de deus (divus Augustus). Isto e o que se chama apoteose. Alguns sucesores (Caligula e Domiciano) faranse adorar en vida, con estatuas e templos. Pero os mais recibirán culto so despois da norte. Sobre este culto na Gallaecia podes ver TORRES, C.:La Galicia Romana.F.Barrie,Coruña 1982;

A relixiosidade mistérica orientalUnha nova relixiosidade procedente de Oriente,caracterizada pola busca da salvación persoal., pola insatisfacción do material e polo desexo da xustiza, penetra en Roma o fin da Repuublica e sustitue a formula externa pola vivencia interna, o mito polo rito, a acción publica polo segredo e polo misterio.
.Os misterios de Eleusis, os mais famosos na antiguedade, onde se inician todolos gherandes personaxes da historia política e intelectual de Grecia. O centro era o culto mitico relacionado coa deusa Demeter e o matrimonio da sua filla Persefone con Pluton, o deus dos infernos.
.Dionysos: relacionado con Eleusis esta o culto a Dioniso (Baco ou Liber, para os romanos). Os seus ritos desenfreados (Bacchanalia) e o segredo que obrigaba os seus seguidores motivaron a prohibición do Senadono s.II a.C.
.Cybele:outro destes cyultos mistéricos foi o de Cybele, antiga deusa nai en Asia Menor e Creta. A partir do emperador Claudio colle moita forza, xunto co culto o seu compañeiro Atis,deus que more e renace,como promesa de resurrección para os seus devotos. Cun culto frenetico e sanguiñento, cheo de elementos brutais (castración e norte de Atis, sacerdotes eunucos,devotos castradios, baño no sangue dun touro ?taurobolium-) intenta expresar un profundo simbolismo maxico de norte-resurreccion.
.Isis e Osiris: a partir de emperador Caligula colle importancia en Roma o culto a estas divindades exipcias.Isis e o símbolo da fecundidade e dos froitos da terra. E a muller de Osiris (morto por Set, deus das sombras), que resucita e faise protector dos mortos. Cada ano representase o mito da resurrección, unha complexa ceremonia con sacerdotes rapados e vestidos de branco e multitude de sacrificios, purificacions,penitencias.
.Mithras era un antigo deus persa, símbolo da luz celeste, que tivo éxito sobre todo entre os soldados.Deus viril e forte., loita cun touro e sacrificao;dese sangue vira a vida vexetale animal. Isto fixoo que identificase co Sol,fercundador e enxendrador da vida, e que no seu culto houbese plegarias, ofrendas e mesmo sacrificios cruentos o Sol.

O Cristianismo
Neste ambiente saturado de deuses , cultos e misterios,incide nos tempos de Augusto unha nova relixion tamen oriental: o cristianismo
Predica un deus único (monoteísmo), rexeita o culto os idiolos e o emperador, anuncia unha mensaxe de igualdade e de amor entre todolos homes de calquera clase social, ten os seus ritos de iniciación( catecumenado, bautismo,etc.) o seu misterio de vida ? norte (paixon e resurrección) os seus banquetes sagrados (comunión), o seu culto e os seus sacerdotes, etc. E unha revolución relixiosa e social pero sobre un ambiente moi preparado. Pasa polas seguintes etapas:
-Cristianismo , enemigo público:moitas das mensaxes e formas chocan e producense as persecuccions que empeza con nerón,no ano 40, en forma localizada, e xeneralizanse no 250 con Docio.
-Cristianismo tolerado:desde o edicto de Milan (313) con cristianismo.
-Cristianismo imposto:desde o 382 cerrqanse os templos pagans, disolvense os colexios dos sacerdoes retiranse as estactuas dos deuses e prohibese o seu culto. O cristianismo convertese na relixion oficial do imperio romano.Desde enton e a través dos seculos a igrexa vai calando a sua organización sobre a división política do imperio : dioceses con bispos presididos polo bispo de Roma.

DIEGO FILGUEIRA
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 16-06-2011 00:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0