Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Vasoiras de xibarda


    Vasoiras de xibarda


Cartafol literario de experiencias, teimas e inquedanzas
"...E ás doce da noite voan dacabalo de vasoiras de xibarda..."
Contos do Valadouro. XP,IF,ML.
O meu perfil
bercedasorixes@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ESTÍBALIZ ESPINOSA E AS ACTIVIDADES CON ESTRELA
O pasado domingo, encadrada no programa institucional “Ler conta moito”, puidemos gozar no Valadouro da actividade Estrelas no bico, na fronte un cantar, guiada con voz firme pola polifacética Estíbaliz Espinosa e sutilmente ambientada polo pianista Juanma Varela.
É mágoa que esta sorte de eventos de alta calidade cheguen de xeito esporádico, e non me serve a desculpa de que o público non os demanda ou acode de maneira minoritaria, pois se non creamos a cultura do espectáculo edificante, sen estridencias, nunca deixaremos de alentar un público adepto á pailanada berrona de chiste fácil. Como dixo a propia poeta ao remate do acto: “Somos xente cultivada, temos millóns de bacterias”.
Toda a actividade que nos ocupa é absolutamente defendíbel, mais contou con momentos maxistrais, como as referencias a Rosalía de Castro e as súas repercusións no espazo sideral, ou a lectura do poema Da nasa ao ceo, sublime.
En xeral, unha mensaxe de esperanza nun futuro sen a supremacía da ignorancia e os ignorantes envolve (con doses de ironía) este ecléctico espectáculo onde letras, canción e astronomía ferran perfectamente. Estelar!

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-10-2022 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0