Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Vasoiras de xibarda


    Vasoiras de xibarda


Cartafol literario de experiencias, teimas e inquedanzas
"...E ás doce da noite voan dacabalo de vasoiras de xibarda..."
Contos do Valadouro. XP,IF,ML.
O meu perfil
bercedasorixes@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A FUXIDA DE PEINÓ

Todo o que aparece nunha ficción literaria, contén algo ?pouco ou moito- do seu autor; isto é o que se repite até a saciedade nos cenáculos literarios, mais é verdade. Di Manuel Rivas que somos o que recordamos, mais tamén o que esquecemos. Amén.
Ao longo das 833 páxinas d?A fuxida, Pepe Peinó ispe unha parte da súa psicoloxía e tamén da súa xeografía primaria, ofrecéndonos, parágrafo a parágrafo, as vivencias que foron constituíndo o Pepe que coñecemos.
Peinó vén de se sumar a unha moda literaria por pura casualidade, pois a obra lanzada o 22 de decembro leva décadas na gabeta do escritor, agardando o momento máis propicio. Este lanzamento coincidiu cunha época en que os suplementos culturais non cesan de promocionar numerosas ficcións autobiográficas, xénero no que podemos englobar A fuxida se non somos moi ortodoxos á hora de clasificar os libros.
Ficción e autobiografía conforman realmente a novela que nos ocupa, adubiada coas precisas doses de enfeites para mitigar esas coincidencias que a maioría dos autores desexan evitar: nomes reais, fasquías?
Por suposto, un texto escrito ao longo da mocidade máis tenra e rematado aos vinte e seis anos, ten de ser tamén -salvo excepcións- unha bildungsroman (novela de aprendizaxe), e neste caso, houbo selo tamén para o escritor, pois trátase, seguramente, da primeira novela que escribiu, malia ser a segunda por orde de publicación, tras Escombros, moitos escombros en 2015.
Confesounos o autor, que este texto foi escrito orixinariamente á man, ocupando varios cadernos (cando aceptará a RAG o tan galego termo ?libreta??), e algo máis tarde continuado ás teclas dunha máquina de escribir Olivetti Lettera, até que agora na actualidade, foi transcrito a computador.
O traballo non remataría aí, xa que o texto, ao non ser redactado orixinalmente en lingua galega, precisou unha tradución.
Ten A fuxida o sabor saudoso dos anos ?70, dese rural que se contaxiou aos poucos dos hábitos urbanos, desa emigración que trae modos e modas, desa mocidade que mirou cara a fóra, e en definitiva dunha sociedade que osmaba cambios abismais, supondo que eran inevitábeis e por riba de todo, que eran para ben.
Percíbese neste texto a redacción dunha pluma xuvenil, dun escritor mozo a relatar con naturalidade, obsesionado coa introdución dunhas aclaracións e explicacións que en ocasións, poden restar algo de axilidade ao texto, mais non é reprobábel que o narrador teime en manter ben informado o lector en todo momento.
Quen desexe escapar das tramas con inxeccións de violencia e outros instintos primarios, ha gozar extraordinariamente da calma desta fuxida de mozos desorientados, á busca incansábel do que todo ser humano arela, metas onde se deter para recrearse na satisfacción.

Imaxe: Bernardo Penabade, Pepe Peinó e Eugenia Iglesias durante a presentación celebrada o 22 de decembro de 2018 na Laxe (O Valadouro).

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-01-2019 20:05
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0