Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
CRÓNICA DA EXPULSIÓN DUN HÓSPEDE INGRATO - Vasoiras de xibarda


    Vasoiras de xibarda


Cartafol literario de experiencias, teimas e inquedanzas
"...E ás doce da noite voan dacabalo de vasoiras de xibarda..."
Contos do Valadouro. XP,IF,ML.
O meu perfil
bercedasorixes@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CRÓNICA DA EXPULSIÓN DUN HÓSPEDE INGRATO
O sábado 2 de xullo tiven o pracer de participar na presentación de Un año contigo, o testemuño de Raquel Amieiro e Pepe Peinó verbo dunha profunda experiencia: A loita da coautora por recuperar a saúde tras lle ser diagnosticado un tumor mamario.
Raquel optou por verter a súa ansiedade nunhas anotacións e Pepe, escritor con experiencia, propúxolle converter tales apuntamentos en redacción canónica. Grosso modo, esta foi a semente de Un año contigo.
Desde logo, non hai xénero co que clasificar unha narración que peteira nas formas do diario e da biografía, na literatura de viaxes e tamén no suspense vital; mais tampouco é preciso. Un año contigo é unha crónica desa andaina na que, con absoluta determinación, a coautora e protagonista vai caneando os embates da doenza e o tratamento.
Non obstante, neste libro encontraremos moito máis, porque a vida continúa e xorden oportunos amigos, novas doenzas na familia, sofisticados hoteis da Europa do leste e moitas outras vivencias para nutrir a existencia, e por extensión as páxinas desta bitácora de asedio ao asediador.
A crónica, perfilada con determinados logros técnicos, consegue transmitir sensacións como a intriga, a angustia e o acougo, e todo en virtude da xenerosidade de Raquel Amieiro, quen non dubida en compartir episodios circunscritos ao ámbito privado: os primeiros amores, a maternidade, o seu segundo matrimonio ou mesmo as expectativas frustradas pola aparición do “huésped ingrato”.
Esta implicación e entrega á narración lograrán que o lector se sensibilice, até o límite do nó na gorxa, coas vicisitudes duns personaxes absolutamente reais.
Nesta obra destérrase todo pudor ante a enfermidade, naturalizando igualmente os condicionamentos físicos provocados polas terapias agresivas. De tal xeito, o texto logrará conmover sensorial e emocionalmente o lector.
Esta vibrante crónica de combate cuxos beneficios de comercialización se destinarán á investigación do cancro (tras satisfacer os gastos de autoedición), non é unha obra avaliábel desde os baremos acostumados, pois Un año contigo, xa o dixemos, non é novela nin relato senón un libro para reconfortar, e o carácter sereno dos autores lógrao con solidez.
Vivín moitas presentacións de obras literarias, tanto miñas como alleas, sobre a tarima e máis entre o público, non obstante, esta foi a máis emotiva con diferenza.
O pasado sábado en Ferreira do Valadouro, por riba de expor un documento escrito, estabamos a celebrar o triunfo de Raquel sobre o hóspede ingrato.

Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-07-2022 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Estes triunfos son os que paga a pena seren celebrados. N#blgtk08#unca máis un hóspede ingrato pousar nun amieiro.
Comentario por Isaac Pérez Blanco (06-07-2022 23:39)
2 Como sempre, Lionel, unha atinada interpretación do texto. Creo que compartimos inquedanzas literarias e culturais dende hai moitos anos e, coñecéndote, valoro a tú#blgtk08#a opinión máis ca ningunha. Grazas por acompañarnos. Grazas pola túa profundidade e a túa ecuanimidade. Grazas pola túa amizade. Ti si es un hóspede grato. Apertas.
Comentario por (07-07-2022 01:30)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0