Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
TOMOGRAFÍA DA SOIDADE - Vasoiras de xibarda


    Vasoiras de xibarda


Cartafol literario de experiencias, teimas e inquedanzas
"...E ás doce da noite voan dacabalo de vasoiras de xibarda..."
Contos do Valadouro. XP,IF,ML.
O meu perfil
bercedasorixes@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

TOMOGRAFÍA DA SOIDADE
A soidade non é unha doenza, nin un síntoma, nin sequera unha moderna patoloxía social; non, a soidade, tal como se desprende da lectura da última novela de Pepe Peinó, representa unha fonte de creatividade. E se nos detemos a reflexionarmos sobre a cuestión, nin sequera encarna ese estado de ánimo que tendemos a rexeitar ou criminalizar.
A Solo no le gustaba su nombre é o primeiro texto que Peinó lanza en castelán. Até agora, toda a súa obra literaria (publicada) fora escrita en galego, malia ter recoñecido que se incorporou á lingua do país na adultez, cando unha praza de mestre o trouxo até o Alfoz do Castrodouro.
Estamos diante un texto sinxelo e sen grandes reviravoltas, unha proposta que ben poderiamos entender como un ensaio sobre a solitude, e que malicio, conserva aruxos diso que agora alcuman autoficción e que antes chamabamos trazos autobiográficos.
Non é esta novela un produto máis da factoría Peinó, pois demostra un xiro cara á madurez no estilo do autor. É verdade que o texto conserva aquela síndrome da adxectivación exhaustiva, mais Solo é unha narración puída e límpida, axustada ao canon dunha estética de pretensións austeras; toda unha declaración de intencións nun autor que chega desde a dramaturxia e a escrita de guións cinematográficos. Non é a primeira novela de Pepe Peinó, mais esta obra (cualificada polo autor como mininovela) non deixa de ser un relato enfundado en roupaxes de novela; sería, segundo a clasificación dos taxónomos, unha nouvelle.
Nos albores do confinamento do pasado marzo, a presentación de Solo xa fora anunciada nos medios, no entanto, a situación desaconsellaba as reunións e o evento acabou sendo cancelado. A consecuencia do incerto ambiente, a nouvelle de 62 páxinas non puido ser presentada en sociedade e houbo de ser proxectada a través das redes sociais.
Neste verán, Pepe Peinó foi galardoado cun premio de literatura dramática e con outro de narrativa. Estamos, ben seguro, asistindo á consolidación dun escritor que peteirou en diversos xéneros até chegar á conclusión de que queda con todos, pois Peinó é un renacentista incorrixíbel, e desde o cinema ao teatro, pasando pola narrativa, nada lle resulta alleo.
En resumidas contas, A Solo no le gustaba su nombre fala moito máis da esperanza que da soidade, do éxito como regalo envelenado, ou da importancia de esconxurar a negatividade mudándolle o nome, non en van, na páxina 36 podemos encontrar a pedra de Rosetta da narración: ?No estoy medio muerto, estoy medio vivo?.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-09-2020 18:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0