Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
MOLIÈRE E OS IMPERATIVOS LEGAIS - Vasoiras de xibarda


    Vasoiras de xibarda


Cartafol literario de experiencias, teimas e inquedanzas
"...E ás doce da noite voan dacabalo de vasoiras de xibarda..."
Contos do Valadouro. XP,IF,ML.
O meu perfil
bercedasorixes@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

MOLIÈRE E OS IMPERATIVOS LEGAIS
Tras ler Tartufo, unha obra dramática profunda, amena e con espazo para a reflexión, o lector ficará estrañado perante a resolución da trama, ofrecida nun último acto redactado a posteriori e dalgún xeito, por imperativo legal. Non esperariamos, no momento en que as páxinas desta terceira edición de Cátedra rematan e a obra recende a conclusión, topármonos cun deus ex machina en toda regra, e moito menos cunha machina engraxada por aquelas monarquías de orixe divina. Así e todo, era aquela unha época en que os monarcas auspiciaban o teatro comprometido. Canto recuamos!
Cando o lector extingue o acto cuarto para encetar o quinto, os responsábeis da edición ?Encarnación García e Eduardo J. Fernández- advirten de que aquel acto non formaba parte do Tartufo primixenio.
O gran Molière debeu ter que loitar contra os detractores da súa obra e atopou refuxio nun Luis XIV amante das artes, en troques, el convertiría o monarca nun superheroe. Nada novo, nomeadamente se temos en conta que os inimigos do dramaturgo eran tamén os do rei.
Nos extensos escolios desta edición de 1989, de maneira reiterada, os citados estudosos e tradutores recórdannos a probábel inspiración do parisiense nunha novela publicada tres décadas antes, trataríase de La hija de Celestina, obra do madrileño Alonso Jerónimo de Salas Barbadillo. Sexa como for, eu quixen atopar reminiscencias d?O rei Lear nesta traxicomedia ben enfiada, que de non ser polo obrigado servilismo ao que se viu obrigado o autor, seguramente ofrecería máis trazos de traxedia que de comedia.
Desgrazadamente, os actos inseridos por agradecemento desvirtúan o texto e restan vigor literario a unha obra que fixo do dramaturgo unha referencia universal.
Por outra banda, a dimensión de actos e escenas presentan pronunicadas diferenzas, e esta irregularidade tampouco é allea á magnitude dos diálogos, onde deberemos enfrontarnos con auténticos discursos.
De modo que, o cadro actoral que deba abordar a representación dun Tartufo, haberá exercitar a memoria e quen sabe se resucitar os vellos apuntadores.

Imaxe: Capa dunha edición en portugués.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-04-2018 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0