Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
O ADEUS ÁS ARMAS CONTADO POR IÑAKI EGAÑA - Vasoiras de xibarda


    Vasoiras de xibarda


Cartafol literario de experiencias, teimas e inquedanzas
"...E ás doce da noite voan dacabalo de vasoiras de xibarda..."
Contos do Valadouro. XP,IF,ML.
O meu perfil
bercedasorixes@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O ADEUS ÁS ARMAS CONTADO POR IÑAKI EGAÑA
?Hai que aprender a manexar as armas do adversario, mais co debido noxo?.
Nicolás Gómez Dávila

Lendo El desarme. La vía vasca, un decátase de que ETA xa non existe, ou cando menos, non existe tal e como a coñecemos até hai unha década; porque o adeus ás armas comezou hai sete anos, aínda que en realidade, deu en xestarse moito antes.
O escritor e articulista Iñaki Egaña, autor desta crónica publicada pola tríade Mediabask, Txalaparta e Gara, non aforra datos nin teme caer en reiteracións; todo é pouco para explicar un proceso que ?aínda por rematar- poucos coñecen en toda a súa dimensión.
ETA deixou de ocupar titulares de prensa e o conflito vasco semella ter perdido protagonismo nas sociedades do Estado español, xa que logo, quen viviron de preto o inicio desta andada para ?propiciar un novo ciclo político? (tal é o que transmite o texto de Egaña) deben esforzarse en describir iso que o Goberno español teima en denominar ?a derrota de ETA?.
Todos sabemos que derrotar é o verbo máis empregado na España historiada e o menos practicado na España real; por iso, soamente para contrarrestar a propaganda triunfalista do aparello estatal, convén ler esta oportuna e necesaria crónica.
Chegaremos a varias conclusións tras nos mergullar nas páxinas de El desarme. La vía vasca, e poucas coincidirán coa versión oficial cociñada nas cueiras de gobernos, partidos e medios de comunicación.
Observando os inventarios do desarmamento (reproducidos no libro a partires dos propios documentos elaborados por ETA e con fotos de armas e explosivos) chegaremos ao convencemento de que a sempiterna cantilena da extinción irremediábel, é tan dubidosa como deseñada polos aparellos de propaganda. Un dato obxectivo proporcionaranos unha imaxe que nos foi negada e que nos sandará das intoxicacións mediáticas: os verificadores do proceso foron depositarios de tres toneladas e media de armamento.
Entidades internacionais esforzábanse en mediar e persuadir ás partes da necesidade dun final negociado, o compromiso da poboación de Iparralde (a Euskal Herria baixo administración francesa) estendía o clamor do conflito até o palais de l?Élysée, e por riba de todo, Noruega implicárase na pacificación até límites insospeitábeis. Sirvan estes parágrafos como mostra: ?Tres representantes de ETA estuvieron acogidos en Noruega durante más de quince meses a la espera de una delegación española que nunca llegó.?
Alguén sabía que a intervención do Estado noruegués fora fundamental no cesamento de hostilidades por unha das partes?
En cada páxina acharemos roles e protagonistas que os noticiarios de TVE, Antena 3, Cuatro ou La Sexta non nos descobren, pois a narración dos feitos, como sempre, é transmitida de xeito alterado, mirando de vencer no eido informativo.
Existiu un factor determinante que tampouco transcendeu fóra de Euskal Herria, un profundísimo debate aberto no seo da esquerda abertzale (ese conglomerado formado por sindicatos, partidos, colectivos xuvenís, asociacións culturais, sociais, humanitarias, os propios presos?) até chegar á certeza de que o ruído das armas nada bo traería no momento actual.
A canseira desa parte da sociedade vasca que se autodenomina abertzale (patriota), percibíase desde hai ben tempo, nomeadamente cando as últimas treguas suscitaran unha ilusión que parecía deixar avistar unha solución pactada. Isto non o conta Egaña, isto respirábase nas rúas e corredoiras de Vasconia, onde os máis próximos á clandestinidade viron que o enquistamento da situación (Egaña denomínao ?bloqueo?) favorecía soamente ao Goberno español.
Outra das conxecturas estendidas polo oficialismo que esta lectura disipará é a dun desarmamento en soidade, pois, actores, facilitadores e mediadores colaboraron decontino na viaxe cara á pacificación; desde históricos negociadores noutros conflitos até o Vaticano, desde vasquistas militantes da non violencia até a Confederación Helvética?
Si; grazas ao libro de Egaña advertiremos as numerosas cortinas de fume que boa parte dos medios nos colocan diante os ollos acotío.
A linguaxe desta obra que supera as trescentas páxinas é meramente xornalística, descritiva até a iteración exhaustiva, co manifesto ánimo de achegar nitidez a uns episodios que non todas as partes desexan revelar.
Non ten desperdicio a pasaxe sobre o acontecido en Luhuso, onde se nos describe un momento crítico do proceso en que os propios observadores sofren o acoso policial.
Non hai vitimismo no texto de Iñaki Egaña, nin acusacións feroces contra as institucións que retorceron a información até límites grotescos ou dificultaron a destrución do instrumental da morte, unicamente ilusión no futuro, nun mañá onde as armas, pese a todo, continuarán presentes, pois a unilateralidade foi a compañeira máis fiel na viaxe cara a un proxecto emancipador sen cheiro a pólvora.
Esta obra lanzada en xaneiro deste ano publicouse en éuscaro, francés e castelán; non deixou de sufrir algunha censura na campaña de lanzamento, mais, quen espera que as verdades incómodas experimenten un parto sen dor?

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-04-2018 17:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0