Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
ANTROIDO E ORALIDADE - Vasoiras de xibarda


    Vasoiras de xibarda


Cartafol literario de experiencias, teimas e inquedanzas
"...E ás doce da noite voan dacabalo de vasoiras de xibarda..."
Contos do Valadouro. XP,IF,ML.
O meu perfil
bercedasorixes@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ANTROIDO E ORALIDADE
O Martes de Antroido as coplas regresaron a Ferreira do Valadouro; e sempre constitúe unha boa nova que calquera manifestación literaria, por popular que sexa e afastada da norma culta que estea, gañase un oco no lecer.
Realmente, estamos a falar dun restabelecemento, pois que os versos, as coplas e nomeadamente a oralidade, sempre estiveron presentes nos antroidos valecos.
As sucesivas actualizacións que sufriu a devandita festividade, as mudanzas nos usos sociais e a eterna maldición demográfica padecida polo país do Douro, fixeron que a lapa literaria fose esmorecendo até desaparecer da celebración carnavaleira.

?Quen nos inventou a banda
foilles o Afilador
Pero se non o conocen e queren saber quen é
é o que esta en Ferreira erguendo e baixando un pé?.


A mediados dos anos ?40 do século XX, unha comparsa percorreu a parroquia de Mor recitando esta copliña polos fogares visitados; ao mesmo tempo lucían as súas caracterizacións e mollaban a palabra, como era costume naquela altura.
Cada comparsa debía levar unha persoa de ?garda? coa face descuberta, garantindo coa súa presenza que os enmascarados eran de fiar.
Os membros das comparsas, case sempre persoas do mesmo sexo, memorizaban unhas coplas satíricas e burleiras coas que deleitaban os veciños visitados.
Como diciamos, tal costume extinguiuse no Valadouro, mais o xénero copleiro e a oralidade permaneceron vixentes en localidades próximas como Foz, onde cada ano o Touporroutou (coplas recollidas previamente por locais comerciais da vila para seren lidas publicamente) congrega centos de persoas.
Por toda Galiza, o Antroido e a literatura oral estiveron irmandados desde sempre, un bo exemplo poden ser os ?atranques? dos xenerais da Ulla, coplas sarcásticas que son recitadas polas aldeas da comarca durante o percorrido dos xenerais a cabalo.
Este Martes de Antroido en Ferreira tivo lugar un touporroutou local, artellado polo escritor e activista cultural Pepe Peinó co apoio da Concellaría de Cultura do Valadouro.
Coplas elaboradas pola veciñanza sobre as carencias do municipio, a unificación de concellos, o prometido polígono industrial ou as actitudes de políticos e funcionarios locais, foron facendo rir e asemade reflexionar á morea de veciños que se achegaron á praza da vila para escoitaren as devanditas composicións.
As coplas foran depositadas por mans anónimas en caixas habilitadas para tal fin nos bares da capital local, e cada poeta ou copleiro foi por uns minutos, o fistor dun auditorio formado por valecos e visitantes.
Noraboa por unha iniciativa que revive e alimenta a rica literatura oral dun val con longa tradición ?acopladora?, de tal xeito era denominada ás beiras do Douro a arte de facer rimas á conta de sucesos e protagonistas locais.

Imaxe: Capa dun cancioneiro recompilado en Rosario de la Frontera (Salta, Arxentina)

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-03-2017 15:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0