Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
ARLT, MESTRE DE MESTRES - Vasoiras de xibarda


    Vasoiras de xibarda


Cartafol literario de experiencias, teimas e inquedanzas
"...E ás doce da noite voan dacabalo de vasoiras de xibarda..."
Contos do Valadouro. XP,IF,ML.
O meu perfil
bercedasorixes@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ARLT, MESTRE DE MESTRES
Tamén é considerado o pioneiro da novela moderna arxentina, porén, don Roberto, o do apelido impronunciábel para nós, non é un gran coñecido nesta banda do mar.
De xeito ben diferente, na outra beira é reivindicado polos autores que acadaron o parnaso universal, entre eles Julio Cortázar, quen se recoñecía alumno del.
Coido que o segredo da literatura de Roberto Arlt encóntrase na pescuda e manifestación deses pormenores ?nada pequenos- que o mundo decide atesourar baixo as alfombras ou sinxelamente ignorar, tratando de finxir un infactíbel alleamento.
Por exemplo, cantas parellas se terán visto reflectidas en dous contos maxistrais como son Noche terrible e Una tarde de domingo? Realmente formulei mal a cuestión, pois a miña dúbida radica en cantas persoas casadas terían a valentía de admitir que Arlt executou un retrato certeiro e asfixiante das cloacas do matrimonio.
Mais non é esta a nosa misión senón compartir a experiencia da lectura dos contos xa amentados. Verdadeiramente, Arlt é un escritor de oficio, obsesivo como todas as vítimas da profesión e perfeccionista coma calquera gran narrador. Entretén, transmite e provoca o sorriso; ao cabo, pertence a esa gran confraría das letras castelás de América, e fai gala de tal cuño.
Malia que nas primeiras páxinas de Noche terrible dubidei un chisco, a mestría de don Roberto logra cativar o lector e arrastralo cara á conclusión do texto. Transmite as atmosferas que recrea de xeito formidábel e é quen de desencarreirar coa súa intriga o lector máis afeito.
En Una tarde de domingo o autor entrégase ao humor, mais trátase dunha comicidade que non procura a gargallada, senón a reflexión.
Arlt gañaba a vida como xornalista e deixounos unhas coleccións de artigos denominados aguafuertes. Inspirábanse estes retratos narrativos nos lugares aos que era destinado, e debemos saber que na década dos ?30 do século pasado o articulista foi desprazado ao Estado español por un xornal arxentino, desa experiencia xurdiron varias series de ?augafortes?, entre elas Aguafuertes gallegas. Un motivo máis para coñecer a Roberto Arlt.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-02-2017 15:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0