Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
O HABITANTE INESPERADO - Vasoiras de xibarda


    Vasoiras de xibarda


Cartafol literario de experiencias, teimas e inquedanzas
"...E ás doce da noite voan dacabalo de vasoiras de xibarda..."
Contos do Valadouro. XP,IF,ML.
O meu perfil
bercedasorixes@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O HABITANTE INESPERADO
O bibliómano adoita acumular libros pensando no futuro, como a formiga das fábulas. Tal práctica proporciona, en moitas ocasións, inopinados praceres.
Quen se afixo a vivir afectado pola bibliofilia, ha ser coñecedor da sensación experimentada ao dar cun volume inesperado na biblioteca doméstica. Se cadra, un título do que se tiña ouvido falar ou que permanecía na listaxe mental ?ou escrita- de lecturas preceptivas? E resulta que esa obra aconsellada ou ese autor aínda descoñecido, moraban na casa desde hai anos!
Tal me aconteceu con Habitante único de Manuel Álvarez Torneiro, un poemario espléndido que repousaba entre outros volumes de lombo verde escuro.
Coñecía boas referencias de Torneiro mais nunca o lera, e manifestouse casualmente, mentres andaba á procura dunha obra de Dieste. Tras o fortuíto encontro, devorei a poesía de don Manuel con fruición.
Trátase dunha obra dividida en tres partes: Baixo tan alto ceo, Óxido de sombra e Días, figuras, nomes.
Habitante único é, non só mais si por riba de todo, melancolía e reflexión. Un visto e prace filosófico da memoria e o pasado. Dito isto, algún lector poderá pensar que tales pulsións constitúen, esencialmente, a ánima dunha manchea de poemarios de todos os tempos. Xaora, mais Torneiro escribe sen présa, rescatando adxectivos do pouso da vivencia e ensamblando sentimentos co agarimo dun fundamentalista da estética. Este refinamento, logrado e sublime, supón unha achega que distingue a poesía de Torneiro en Habitante único.
Non é posíbel ler esta obra sen que a memoria lectora evoque outros poetas; cales? Calquera dos excelentes.
Habitante único exhala ese recendo denso da poesía de alta calidade, a que é labrada con esforzo e dedicación, fertilizando os versos con horas e correccións interminábeis.
Logo se van cumprir os vinte anos desde a publicación deste poemario magnífico, e non é tarde para se achegar a unha obra que non deixará impasíbel o lector afeito.
?Días nos que a desgracia excitaba estrañamente
unha blasfemia de decencia,
rebelión ou ánimo;
días coas súas manufacturas infames
e instrumentos equívocos, e súplicas?
.
Velaí un exemplo da beldade cultivada por don Manuel no poema Prazas, unha das alfaias abeiradas neste cofre do tesouro.
Mais o súmmum atoparémolo en Carpinterías do tempo, un produto de ourivaría sabia e requintada a describir, minuciosamente, a xénese e metamorfose da madeira até devir en moble.
Delicadeza, oficio e sabenza avalan unha obra ben recomendábel, e ben reconfortante.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-12-2016 15:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0