Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
AS IMPECÁBEIS TRECE ROSAS DE ANTAS DE ULLA - Vasoiras de xibarda


    Vasoiras de xibarda


Cartafol literario de experiencias, teimas e inquedanzas
"...E ás doce da noite voan dacabalo de vasoiras de xibarda..."
Contos do Valadouro. XP,IF,ML.
O meu perfil
bercedasorixes@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

AS IMPECÁBEIS TRECE ROSAS DE ANTAS DE ULLA
As treces rosas é unha obra coral, breve para o reloxo e intensa no desenvolvemento. Conxugar con éxito estas tres características precisa da habelencia do elenco, se isto non se dera, a manobra de risco ficaría en evidencia e por riba malfadada.
A proba de lume para comprobar que a adptación foi confeccionada con calidade supona un exercicio nada sinxelo: lograr manter o auditorio co corazón encollido; o Grupo de Teatro da Biblioteca Municipal de Antas de Ulla conségueo.
Texto traballado, coidadosamente traducido e pronunciado cunha dicción aceptábel (algo que comeza a se converter en rareza no teatro e fóra del) alíanse producindo unha factura magnífica.
Presenta esta obra unha escenografía elaborada, básica no evidente e complexa no psicolóxico, é dicir, neses matices que o espectador recibe inconscientemente.
O espectáculo comeza con boa parte do elenco empregando
o patio de butacas como espazo escénico, algo que se está a impor na dramaturxia amadora e que vén contribuíndo á necesaria educación dun público que chega ao teatro cunhas nocións básicas acerca da arte dramática.
Considero que o usuario común debe chegar a entender que o teatro é moito máis ca un escenario, pois as táboas constitúeas o mundo todo, xa que a acción dramática é un concepto, nunca unha limitación de ámbitos.
O espectador observará nesta obra a escena auxiliada por unha tea onde a crueldade é ofrecida a contraluz; deste xeito, malleiras e torturas son intuídas sen rostros de vítimas e vitimarios; algo que contribuirá de maneira definitiva a crear unha atmosfera de opresión, silencio e impotencia que o público debe obter desde o principio.
O espectador fetichista gozará dun agasallo inesperado, uns pasquíns
que as trece rosas espallan nos primeiros minutos de representación; mais se os elementos palpábeis coadxuvan na consecución do interese no público, o compoñente simbólico resultará transcendental para que a obra que nos ocupa non sexa esquecida doadamente; parlamentos emocionados e declamación de despedidas valentes non deixarán indiferente a ninguén, independentemente da banda ?ou bando- desde a que contemple a representación desta historia que goza de versións en case todas as artes.
O escenario remata estampado de flores, trece rosas.
En definitiva: Parabéns ao Grupo de Teatro da Biblioteca Municipal de Antas de Ulla.
E unha reflexión que non é consello senón arela: Se un día tornase a seitura maldita, que nos colla fornecidos de espiñas e non de flores.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-10-2016 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0